lunes, 27 de abril de 2009

LUGARES DE PODER- CARNAC ( Un paseo entre soldados malditos)




Karnag -así se coñece a este prodixioso lugar en bretón- é coma unha lingua estirada de pedras que se suceden entre pastos, campos e bosque. Ao longo de varios quilómetros, varios aliñamentos, orixinalmente limitados por círculos de pedra dunha banda á outra, se suceden nunha liña que vai lixeramente cara o nordeste. Liñas formadas por 4.000 menhires, ao carón dos cales sucédense dólmenes e túmulos megalíticos.


Unha cadrícula, unha grella sagrada disposta non moi lonxe do mar. As lendas artúricas falan de como Merlín petrificou aquí a toda unha lexión roman; cada menhir é un soldado aínda en formación.


Masas humanas acompañan aos menhires de Karnag, desfilando en procesión kitsch de aliñamento en aliñamento.


Debeu ser unha obra de centos de anos, construída de xeito paciente por comunidades que se sucederon na banda occidental do mar pequeno, do Morbihan, a ría de Arousa bretona.


As comunidades posteriores comezaron a habitar no seu interior, establecendo as súas aldeas no medio dos megalitos e empregándoos como lindes dos seus agros. Un novo programa de xestión do espazo arqueolóxico está facendo que retornen os usos agrícolas ao xacemento: as ovellas pastan nos menhires de Carnac e permítense algúns outros traballos.


Se vas a Karnag, non é preciso pagar para visitar o xacemento: faino só se queres unha visita guiada explicativa. Varias rutas permiten bordear os xacementos, camiñando ao carón dos bosques, lendo estas sucesións de pedras.






Primeiro comezas polo aliñamento de Menec, e segues por Kermario, Kerlescan e Pétit-Ménec. Son varios quilómetros.



Ao carón, meténdote no bosque dun pazo, poderás visitar túmulos coma o de Kercado, un gran dolmen ainda cuberto do cairn, da coraza protectora de pedras, e outras estruturas megalíticas.


Karnag é o centro dunha área de especial densidade megalítica na Bretaña, con monumentos repartidos por todos os concellos circundantes. Próximo está o túmulo de Gavrinis, nunha illa en Morbihan á que hai que chegar en barco, famoso polos seus gravados dixitais, como se foran pegadas de dedos xigantes.

11 comentarios:

Mary Hermo dijo...

Luís, ti naceches viaxeiro, e queda patente que levabas compaña.
Sigue viaxando e amosandonos todos eses lugares de encanto e tamén con certo encantamento, nunca deixes de facelo e por suposto sempre con boa compaña.
Bo artigo.

Saúdos e biquiños onde queirades, jejeje.

VERDUJO dijo...

Sí vas a Carnac, non o fagas só.
Intenta ir sempre con compaña femenina. É un lugar tan máxico, con tanto encanto, que conquerirás que elas por tí perdan a cabeza.

PETREO dijo...

Oes, vaiche moito eso das pedras..
Esas, ¿pasaron pola pedra?

ATACADO dijo...

¡Por Dios!, mentres non se aclare máis o tema que non viaxe ninguén, non vaia a ser que nos traia a peste porcina para Boiro.

ATACADO AGAIN dijo...

Perdón, quería decir a gripe porcina... E que estou tan nervioso que xa non nei nin o que digo.

Mary Hermo dijo...

Ramón, cando se viaxa un dase conta de que non somos únicos nin existe unha única cultura, probablemente é cando te percatas de que tes moito en común con outras xentes de diferentes lugares que aínda que estean moi lonxe, como pode ser o caso de Asia, ó final todos acabamos por ter en común algo e son creencias e ideais desde distinto punto de vista.

Saúdos a tod@s, e o que máis vos gusta serán os biquiñossssssss.

¡como chove¡ dijo...

Cando viaxas daste conta que distintos e que iguais somos todos. Mudan os vestidos, os alimentos, os deuses, pero fora de todo iso somos igual de distintos que ó veciño de enfrente.
O importante e ter curiosidade polas cousas exteriores que nos diferencian, ves motodos distintos de adatarse as situacións, e sobre todo daste conta que onde que non es o ombligo do mundo, senon que hai outras persoas, outros vivencias e outras situacións. Creo que é coma cando tes dez anos e te das conta de que non es inmortal, que non só morren os demais sinon que a ti che vai tocar, para min sair fora da miña casa foi iso eu non son o mais importante deste mundo, hai millons tan importantes coma min.
O que si tiven claro cando puden viaxar, e xa fai moito que non o fago, e que a pesar de disfrutar do que estaba vivindo, vendo cousas únicas, etc, realmente o que mais feliz me facía era saber que ía voltar a miña casa.

Ramón dijo...

Mesmamente eso é o que quería saber eu de como repercute nas persoas o feito de viaxar e ver outras cultura.

Xa o supoñía pero quería escoitalo doutras persoas que viaxaran frecuentemente para conoçer outros puntos de vista.

Teño que deçir que a intuiçión, o sentido común de cadaquén ou a viaxe interior dentro de un mesmo, tamén pode dar resultados á hora de aplicar soluçións a distintos problemas sen ter visto experiençias ou aplicaçións noutros países.
Exemplo desto é a alambrada de proteççión ou perímetro delimitativo dos menhires de Karnag, xunto coa limpeça ou coidado de todo o arredor respecto dese monumento.

LUIS dijo...

Ramón, o feito de viaxar, aparte de enriquecerche no aspecto cultural, serve para darte conta de que hai outros mundos, outras formas de ver a vida, outras prioridades.
O feito de sair, falar outro idioma, manexar unha moeda diferente, desenvolverte nos aeroportos,.buscar as zonas de fumadores que Santiago non ten, mirar, trens, autobuses, metros, etc, serve non só para contemplar as maravillas que hai noutros sitios,tamén para ver coma as coidan, como cobran entrada en case todas as catedrais do pais, menos na máis bonita, que é a nosa.

E sobre todo para ser quen de ver, que coma o noso non hai nigún sitio no mundo.E que temos que valorar altísismamente o que temos, a paisaxe, a riqueza cultural, a xente, a comida,o clia, e sobre todo, a calidade de vida que aquí temos.

Mary Hermo dijo...

Luís que razón tes cando dis que coma a terriña non hai nada, sempre que se chega de volta daste conta do importante que é o noso e canto se vota de menos cando pasas moito tempo lonxe, de aí a nosa morriña.
Vivimos nun lugar ideal e único por todo o que temos e que non sabemos apreciar ata que saímos a outro sitio.

Mary Hermo dijo...

Esquecíame dicir que canto ben me sentou o voso regalo, fai que poida estar máis neste lugar ideal para falar con todos vós, a pesares de que a dor segue continuamente, hoxe dixen que tiña que votarlle un par de ... para escribir algún comentario.

BIQUIÑOS ONDE MÁIS GUSTEN.

Non esquezades de votarlle unha ollada as páxinas que levo, hoxe puxen as tres, mirade a primeira e veredes que para as FESTAS DO CARME DO CABO DA CRUZ TEREMOS ORQUESTRAS DE RENOME E SE PODEDES VOTADE UNHA MAN. GRACIAS POR ANTICIPADO.