lunes, 22 de junio de 2009
A XANELA ILUMINADA, por Ramón Laíño
Xanela que resplandeçes como pintura de acuarelas á lus do día e da noite clara de luar
Atalaia solidaria fiel ao serviço dos demais sen que os meteoros che impidan a a túa misión continuar.
A través de ti podo ver os nenos xoghar, os animais bulir, os coches pasar, por ti podo ver as paisaxes do meu lughar.
Desde aquí perçibo o respirar das xentes, os seus desexos, anhelos e medos, porque invisible permaneço ao seu andar.
Ollando nas alturas desde a miña cadeira sentado, unha ave maxestuosa planea debuxando çírculos no ar.
Coa criatura máis diminuta á máis imponente, á súa beira camiño, perçibindo toda a súa enerxía e o seu palpitar.
Contemplo ao lonxe no mar ghrandes barcos anclados con pequenas embarcaçións rodeados no que todo á lus da lúa se converte nun remanso de plata.
Con andar cansino camiña a muller en plena xestaçión que enxendrará un novo ser a través da súa preparaçión a unha nova experiençia.
Lus creadora de toda vexetaçión e vida, que como enerxía alimentas o seu creçemento, entra e inunda a miña estançia.
Xanela clara pola que me transporto a un mundo de resplandor e sen forma.
Corpo diluído sen peso nin ataduras do cal me elevo flotando no aire como unha suave dança.
Espaçio que se abre ao exterior e por onde fuxo á terra dos meus soños tanto tempo ansiado.
Como aves migratorias ergho o voo para planear na inmensidade desde a que albiscar o meu paraíso.
Nubes brancas de algodón que paseo suavemente e desde as que vexo a choiva e o raio caer sen que me molle nin me fulmine.
Sol radiante que ilumina, dá calor e enerxía a toda vida, sen que ao achegharme me queime nin me dane.
Todo está tan perto!, semellando maravilloso e fasçinante. A integhridade que me faltaba, todo o meu ser a ela con lediçia se dirixe.
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
4 comentarios:
Opino o mesmo que os tres últimos comentarios do venres, Mari Hermo, Anónimo e Can de Palleiro.
Descansar nas vacaçións porque moitos de nos deixamos de ter aççeso e contacto coa rede para volver con enerxías renovadas.
A opçión b) sería moi válida. Repoñer e ir sumándolle novas aportaçións.
Sí, parece axeitado poñer un paréntesis ata outubro. Dende logo, en agosto no creo que moita ande conectándose tódolos días.
Hoxe volvín á miña casa paterna. Levaba moito tempo sin ir por alí, dende que morrera miña nai. Abrín a porta, respirei fondo, e entrei. Fun abrindo tódalas persianas da casa e deixando que a luz o invadira todo. Subín as escaleiras e entrei na miña antiga habitación que tamén estaba totalmente a escuras. Igual que fixera abaixo, abrín a persiana e a luz do sol iluminou a habitación. Arrimeime á xanela e ollei cara ó xardín.
Cando antes miraba por ela, podía ver a meus pais e avós traballando ou falando fóra,a meus irmáns pequenos xogando, un continuo ir e vir de xente... Pero esta vez non, esta vez só se podía ver unha horta medio abandoada e o piar dun pequeno paxaro que rompía un silencio case sepulcral.
Foi nese intre cando me veu á cabeza o relato da xanela iluminada que hoxe publicaba Ramón, e me invadiu a tristeza e a soedade.
Ás veces tamén unha mirada dende a xanela pode ser unha triste e irrefutable proba do paso do tempo,do efímera que é a vida,de que os seres queridos se nos van, ó igual que se vai a nosa xuventude pouco a pouco, e de que nada dourado permanece.
El primer matiz de la naturaleza es dorado,
y para mantener su verde más intenso,
su hoja temprana es una flor
que vive tan sólo una hora.
Y entonces la hoja muere para caer;
Así se hundió el Edén muy a su pesar,
así el Alba desciende día a día,
pues nada dorado permanece.
(Robert Frost)
Dios....qué triste :-((((
Publicar un comentario