lunes, 1 de junio de 2009

REFRANS- Ramón Laíño

REFRÁNS

Pascuas molladas, sinal de boas anadas. Pascuas enxoitas, nin poucas, nin moitas.


Por Santa Mariña, esfolla a túa viña, se boa a tes, boa a vendimas.

Se ques mel, por San Mighuel. Se ques abellas para as Candeas.

Por San Martiño trompos ó camiño.

Nin casa á beira do río, nin viña ó pé do camiño.

O que con rapaçes se deita, mexado se levanta.

Cada un onde naçe e o boi onde paçe.

Por ben que che vaia non cómala raia.

Dominco de Ramos asolla os teus panos que a semana maior choverá ou irá sol.

(Asollar significa pór ó sol a roupa para sacar a humidade e o balor que colle nos armarios)

En março espigharço. (Cando espighan os froitos. Cando purghan, floreçen,...)

Matrimonio que non é reñido, non é rexido.

Hasta San Cristovo aínda pode ir o millo ó covo. (Polo mes de San Xoán)

Bromas de home, patadas de burro.

Para ben chover de noite ten que ser.

Dichoso mes que entras con Santos e acabas / sales con San Andrés. (Novembro)

Se canta a rula, sementa sen duda.

Se canta a bubela, millo á terra.

Se chove vai o inverno fóra. Se ri está por vir.

De velles, nenes.

O comer e rañar todo malo é empeçar.

(Outra versión). O comer e rañar querse empeçar.

Se a Candea chora, inverno fóra. Se ri, está por vir. Que ría, que chore, temos corenta días de mala xorna.

Vale máis quen Deus axuda que quen çedo madrugha.

Fuçiño de can e cu de muller non quenta hasta o verán.

Despois de xantar, pouca ghana de comer e menos de traballar.
(Outra versión con remate de fonalidade distinta dos verbos infinitivos): - Despois de xantare, pouca ghana de comere e menos de traballare.

A moda non encomoda.

O almorço é o que malla o pan. (A comida máis importante do día e a máis cómoda e a que máis se ghasta á hora de traballar).

Por San Martiño vai bo tempo.

Deixa andar o can ca roca e o ghato na masaroca. (Deixa andar a cousa)

Se está encarnado o monte, colle os bois e méteos na corte.

Se está encarnado o mar, colle os bois e vai labrar.
(Cando o çeo por riba dos montes ten unha cor encarnada espérase que vai haber mal tempo. Se está encarnado o çeo por riba do mar, confíase en que o tempo virá bo).

Quinçe días, tres semanas, poucas son as malas fadas.

Mal o dente que come a semente.

O que non ten pan xa çeou.

O que non lle tira ós seus é un porco.

A pereça non pon mesa.

Cando chove e non vai vento non hai mal tempo.

As pernas dun can ás altas alturas pareçen molduras.

Mulleres hainas a millares e nai namais que hai unha.

Antes de San Martiño, pan e viño. Despois de San Martiño, fame e frío.

O can ladrador nunca bo é.

O can ladrador é pouco mordedor.

Catro anos de can novo, catro anos de bo can, catro anos de can vello e catro anos de mal can.

A cabalo reghalado non se lle mira o dente.

As silveiras son orelleiras. (Os axexadores, escoitadores)

Avoghados das silveiras. (Cantan pero non entoan. Queren saber pero non saben).

Os de Boiro sacan o coiro.

Non hai pouco que cheghue nin moito que non se acabe.

Se queres ter viño poda / coida as viñas polo San Martiño.

14 comentarios:

Anónimo dijo...

Vexo que aínda se xuntan refráns, cando as persoas se poñen a recopilar.
E os que haberá por aí pendientes de recoller.

Anónimo dijo...

¿Por qué se comparan os vellos cos nenos?

Anónimo dijo...

ENORABOA OS RAPACES DO CLUB DE REMO DE CABO DE CRUZ POLO TITULO ACADADO ANTE EN CASTRO. CAMPEONS DE ESPAÑA XUVENILS. FELICIDADES A TODOS E A CELEBRALO POR TODO LO ALTO POR QUE O MERECEDES.

Ramón dijo...

Enhoraboa tamén da miña parte, campeóns.

E a seghuir loitando duro, leóns. Que as camisetas continúen sudándose.

Tamén, para as chavalas, leonas do clube de remo que non hai moito conseghuístedes premios importantes en Cantabria.

Así se fai, dando o peito todos e todas, nunca mellor dito.

Ramón dijo...

Para o anónimo das 10.04, que preghunta por qué se comparan os vellos cos nenos.

Eu creo que é porque cando se está na terçeira idade, téndese a valorar as relaçións humanas máis que nunca.

Debe ser tamén que nesa etapa da vida as individualidades tenden a desapareçer porque a persoa, debido á pérdida de facultades e fortaleça física e psíquica ten que depender moito máis que nunca dos demáis que o rodean, prácticamente o mesmo que os nenos pequenos.

Vense aos nenos, sobre todo aos netos e netas, como uns compañeiros de xoghos e de compañía. Posiblemente se vexan reflexados neles cando tiñan a súa idade. Os nenos escoitan aos maiores, danlles cariño, comprensión, amor,... E os maiores síntense satisfeitos de poderlle transmitir toda a súa sabiduría e experiençia.

Ramón dijo...

Unha curiosidade. Transcribo esto:

- "Catro anos de can novo, catro anos de bo can, catro anos de can vello e catro anos de mal can."

E para a xente en comparaçión co can, ¿cal sería o reparto de idade para tal semellança?

Ramón dijo...

Nesta cultura de vida que temos nós por aquí, á hora de alimentarnos, destaca máis o xantar e a çea que o almorço.

Sen embargho, noutras terras é aplicable este refrán: "O almorço é o que malla o pan. (A comida máis importante do día. A máis cómoda e a que máis se ghasta á hora de traballar)."

Se esta parte do día fora a máis importante na nosa cultura á hora de alimentarnos, ¿existiría tanta variedade ghastronómica como temos?

¿Podería sosterse a persoa cun bo desaiuno, un xantar pequeno e unha çea suave.?

Anónimo dijo...

No teu cancioneiro hai un refrán que ten que ver coa sobrecarga de alimentos que da lugar a incomodidade á hora de traballar, sobre todo se hai xornada partida:

"Despois de xantar, pouca ghana de comer e menos de traballar.
(Outra versión con remate de fonalidade distinta dos verbos infinitivos): - Despois de xantare, pouca ghana de comere e menos de traballare."

Anónimo dijo...

Ocórreseme que de seren posibles os implantes biónicos, xa non nos afectaría, como ti dis, o compararnos coa idade do can.

Estaríamos en plena forma, fose can novo, bo can, can vello ou mal can.

Incluso para un can ou outro animal que o precisase, daría resultado.

Anónimo dijo...

O refrán do can, aplicado ó home/muller, tería que acomodar períodos de 20-25 anos (mais 20 que 25)

A min o refrán que mais me gusta (ou que me fixo rir polo ben que describe a realidade) é o seguinte:

Fuçiño de can e cu de muller non quenta hasta o verán.

Ramón dijo...

Ao anónimo das 16.19.

Adiantástesme polo pelos respecto ao comentario do refrán de: "Fuçiño de can e cu de muller non quenta hasta o verán."

Estaba para comentalo porque a min tamén me fai rir.

Eu creo ou intúo que os traseiros das mulleres como parte bastante destacada e sobresaínte do seu corpo, xa sexa por almaçenamento de ghraxa para épocas de carestía, xa pola funçión de parir, xa tamén pola estética que hipnotiçan e alteran çertas sustançias químicas,
que como digho, por ser partes do corpo que como o naris sobresaen máis ao exterior, cheghan a ter a temperatura do ambiente: frío ou calor.

Creo que non quedará máis remedio se se quere que a súa temperatura se adecúe ao ambiente, que esperar ata o verán.

Anónimo dijo...

Estou dacordo con Ramón. Os cus das mulleres están casi sempre frescos, incluso no verán.

Anónimo dijo...

Creo que a expresión anterior queda un pouco "fea". Debería decir, mais que "cus", "cachas".

Mary Hermo dijo...

Noraboa os Campións Xuvenis de España de Trainerillas, o ano pasado foron as rapazas e este os rapaces.
Cabo de Cruz ten algo especial co remo e unha tradición que lembro de moi cativa, xa durante ás festas había unha regata de gamelas, antes de existir o clube de remo.

Saúdos a tod@s.