martes, 23 de junio de 2009

A PROCURA

A PROCURA

Fuxín buscando a sapiencia,
encamiñando a cidade;
mais asaltoume a saudade
por causa do meu pensar
nese arrecendor a mar
e na ria que asolaga
sempre con magna insolencia;
talmente coma unha praga..
fai voltar á adolescencia.


Aumentei o meu saber,
pero esperar non é xusto,
botei fora máis dun lustro
e voltei ilusionado
sempre agardando que o fado
teña a ben abrir as portas
para ó fin volver lecer..
Sentín baixar pola aorta
bulir un novo querer.

Achei a miña procura
parolando co silenzo
co teu sorriso de lenzo
viñeches ó meu camiño
camiñando paseniño
adorable Mona Lisa !
O meu mal de ser ten cura
e desafiando á brisa
fuxiu a miña tristura.


Dun corazón moribundo,
galopando polas veas..
amoriños a mancheas.
Ti ocupas o meu pensar
e xa non pode parar ,
non nacín para estar solo,
un querer xa tan profundo.
Teño ansia do teu colo
cariátide do meu mundo.

3 comentarios:

Mary Hermo dijo...

Eu tamén penso en que algún día teremos que irnos, esa mala chamada da morte non perdoa, pero o que queda é o máis importante AS LEMBRANZAS DOS MOMENTOS VIVIDOS COA PERSOA QUE NOS DEIXA.

O día que eu me vaia todo terá que ser festa, pois ese día o sufrimento xa non acompañará o meu corpo e deixará libre o meu espiritu para voar tan alto como soñei.

Biquiños a todos e a todas que temos que sorrir que xa chegou o verán para facernos ir de festa en festa, de parrillada en parrillada na casa dos amigos e sempre coa boa compaña dun bo vaso de viño.

Mary Hermo dijo...

Xa sabía eu que este poema tiña que ser de Luis Ferreirós, para que vexades que ten tamén sabe escribir poesía, e creo que xa sei a quen está adicada e por que.

Espero amigo Luis, que sigas escribindo poesía, sumerxete nos teus sentimentos e deixaos voar libremente e verás como se converten en poesía.

Biquiños

Ramón dijo...

Bonita poesía, e profundamente emotiva.