O Urco é unha figura mitolóxica existente en Galicia. É un animal fantástico, especie de can negro, de extraordinarias proporcións, con cornos e orellas longas, a presenza do cal é considerada de mal agoiro. Segundo a mitoloxía popular, o urco habitaba nas beiras do río Lérez, nunha tebrosa paraxe que chamaban borrón. A lenda do urco deu lugar nos anos 1877 e 1878 á celebración duns festexos de Entroido en honra do fatídico monstro.
En Asturias existiu tamén a crenza no urco, pero no tocante a ese nome e a ese animal fabuloso di o mitólogo asturiano Constantino Cabal: «En tiempos antañones se debió llamar huerco todo lo que llegaba hasta nosotros como aviso de la tumba. Huerco, la sombra del futuro muerto; huerco, el ataúd en que se metía; huerco, el perro que aullaba por la noche...; y huerco, todo animal agorero de igual significación».
Descrición
O Urco é unha sorte de can de grande corpo, negro coma a noite e peludo tal que un castrón ; cunhas orellas moi cumpridas e uns cornos pequenos, ademais dun rabo mouro tamén como toda a pelaxe, semellante á do can, máis cunha presa de cabelos coma dun xeme de longo no cabo, imitante a un pincel.
O Urco non adoita verse doadamente - e máis vale así - pois agáchase nas fochas entre os penedos das ribeiras do mar, e a súa presenza coñécese polo seu oubeo. Porque este oubeo é coma un forte e chión asubío laioso, que parece que, ó se escoitar, xea o sangue nas veas e estarrece o corpo todo nun arreguizo de pavura, coma se a un lle chantasen un coitelo no peito.
E ten que ser así, porque sempre que o laio mendoñento de tal oubeo se deixou ouvir, aconteceu unha desgraza: alguén morreu sen se saber como nin por que, pois aparentemente os accidentes non tiñan explicación posible.
14 comentarios:
eu vín o urco bebendo babuxa do mar na praia de barraña fai uns cantos anos.cheiraba que apestaba e seguíanno mais de 10 cans ladrando e ouveando
iba ás catro patas,pero cando se cabreou e quixo espantar os cans que o seguían, púxose ás dúas patas,foi realmente impresionante e non o volvín a ver nunca máis.fai agora 35 anos,aínda non se fixera a ponte que une escarabote con boiro e foi ahí, no lado da praia de barraña onde o vín
podedes decir que é mitoloxía e nunca existeu,pero alá cada quen.eu sei moi ben o que vín, naquel verán de fai 35 anos ás 11 da noite
¿Que sensaçión interior che causou cando o vistes?
¿Veuche el a ti ou estaba atendendo aos cans que o perseghuían e non se percatou de ti?
Vira un documental sobre un ser extraordinario de dimensións enormes que comera cantidade de xente alá na seghunda metade do século XVIII, entre 1764 e 1767, no çentro de Françia, rexión de Gévaudan, actual departamento de Lozére. Era conoçida como "a besta de Gévaudan".
Non sei ata que punto podería ter relaçión co urco mitolóxico ou nada que ver.
Outra curiosidade é como fai a xente para incluír ou expór vídeos ou imaxes de fotos no blog e por extensión na rede.
Un saúdo
Ramón, se estás interesado no relato da bestia de Gevaudan, recomendoche a película EL PACTO DE LOS LOBOS, nara a historia, e entro do misterio que a cousa foi en sí, pódese dicir que é bastante fiel.
Tamén para o anónimo, estaría interesado en que fixese unha descrición do Urco, para ver se se axusta á infinidade de descricións que hai del.
Gracias.
¿E posible que existan espeçies diferentes e esquivas non conoçidas polos naturistas e sen aínda ter sido fotoghrafiadas?
¿Os seres que lle chamamos mitolóxicos ou de lendas, serán liñas evolutivas distintas das que conoçemos hoxe e sighan existindo na mesma época que vivimos nós dun xeito clandestino e totalmente apartados dos humanos?
Está claro que toda mitoloxía está basada nunha realidade distorsionada.
A ciencia da criptozooloxía vai avanzando cada vez máis e co tempo estase demostrando que cousas que se creían mitolóxicas ou simplemente lendas resultan ser reais.
Cada ano descubrense centos de especies novas, animais coma o Okapi, creiase que era imaxinación e descubreuse no século 20.
O mítico Kraken resulta que en realidade agora coñecese coma Architeutis ou Calamar xigante,
o Orang Pengdeg de Sumatra creese que pode ser o Homo Floresciencis, así coma o yeti e as súas variedades locais ( Barmanu, Sassquascht, Big foot) poden ser en realidade unha rama evolutiva do gigantopitecus.
Animais que se creian extinguidos coma o Celacanto atopáronse no Índico.
O primeiro que veu un dragón de Komodo debeu de botar as mans á cabeza.
Quedan todavía animais por descubrir, quen sabe se o noso Urco será un deles?
Pois como exista, coas historias aterradoras que me teñen contado de pequena algúns veciños de Escarabote sobre O Urco, como para que sexa real, mellor seguir crendo que é un ser mitoloxico e nada máis.
Saúdos a tod@s e moitos biquiños.
Moi ben comunicado e informado dun xeito preçiso pola túa parte, Luis.
Unha aperta
Saúdos e bicos a tod@s
Un momento.
Polo que se ve, e seghundo contou o anónimo, así como Mari Hermo, as historias sobre o urco está moi estendido por esta franxa costeira.
Teño que façerlle preghuntas ós maiores do meu lughar haber se teñen na súa memoria algho que non teña recolleito.
¿Qué vos contaron por Escarabote ou por esas sonas?
Un saúdo a Mari e a todos-as.
Ando a durmir. O anónimo das 14.40 son eu.
Aghora que me lembro téñolle recollido a meu tío paterno, Domincos do Caseiro, a palabra "urco" que el asoçiaba a oso, a cal fighura nas miñas notas, pero non sabía ou non me contou nincunha historia en profundidade deste ser.
Non é xusto que se lle chamen bestas, ou monstros a diversas espeçies de animais, reais ou mitolóxicos que pola súa neçesidade de alimentarse teñan que depredar outros seres vivos coa fin de seghuir subsistindo.
¿Quen somos nós para xulghar desa maneira a outras criaturas que coma nós teñen o dereito de existir nesta terra?
Aí queda esto para quen queira afondar neste interroghante.
boas a todos, eu tamen fun rapaz
que por os anos 60 tamen me asustaban co URCO para que me fora
pra a cama, e co medo que tiña a veces non podia nin dormir, pero eso si, sin rechistar pra a cama como deus manda, parece mentira que ainda se recorden estas cousas, eu levo moitos anos fora de esa terra e son da Madalena.
Bueno saudos a todos
non iba eu solo.ibamos 2 amigos que volvíamos do cine de d.gonzalo,e cruzábamos o río ca marea baixa cando vimos a ese animal,por que sentimos ladrar e oubear ós cans que o seguían.era grande coma unha vaca, de cor negra,bebía babuxa do mar e cando se puxo a dúas patas,coremos coma tolos para as nosas casas.cheiraba que apestaba a moitos metros del él cabreabase cos cans que lle formaban un circulo arredor e intentava largarlle patadas.foi real coma a vida mesma,pero xa fai moitos anos.
Publicar un comentario