Hai moitos anos apareceu un pobre percorrendo a cidade de Valverde, chegou a unha casa pedindo e dixéronlle:
— iVáiase, que eu non lle podo dar!
E chegou a outra casa dunha señora con dúas criaturas xémeas. A señora dixolle que non tiña nada para dar, pero que ía botar unhas bolas no forno e que se esperaba lle daría delas.
— Ben, pois espero —dixo o pobre.
Esperou, e a muller botou a bola no forno e deulle un pedazo,
0 pobre (que era Xesucristo) díxolle:
— Mire, señora. Aquí hai xente mala e van ter un desengano. Colla por ese camiño arriba e non mire para atrás e será salvada.
— ¿E as miñas criaturas? —díxolle a señora.
— Non se preocupe. Déixeas no camino, que Deus, que ben as ve, xa gobernará.
Entón el marchou e ela colleu por un camiño arriba pero sentiu un ruido, deulle un desmaio e quedou morta.
Apareceu todo inundado, pero as dúas criaturas aboiaron no berce e salváronse. De aí vén o nome de Doniños.
GONZÁLEZ REBOREDO, Xosé Manuel. 1983. Lendas galegas de tradición oral, Ed. Galaxia, Vigo. (Versión recollida po-lo autor en Doniños en 1975).
6 comentarios:
Non sei si e de leer tantas lendas e tantas historias de urcos, que cada día teño mais pesadelos.
Mañá penso ir a praia por ahí, a que praia me recomendades ir?
A augha coma o lume continuamente está presente nas moitas historias que conclúen con diferentes leççións ou ensinanças.
Por outra parte se esta sustançia que forma parte de tódolos orghanismos vivos e apareçe en compostos naturais, incluído o ser humano no que aproximadamente se compón dun setenta e çinco ou oitenta por çento de augha, fora todo viño, ¿que pasaría co tabernerio?
Ou, postos na outra beira, ¿que pasaría cos supostos clientes?
Calficativos para o taberneiro e os clientes, dependendo da banda na que se atopen, e condiçión de cada quen.
No comentario de Voto a bríos perçibo un contexto feminino debido ao uso de palabras que semellan indefensión fronte aos posibles perighos que poden rondar polas esquinas, como unha presa diante dun depredador.
Con toda seghuridade, penso que detrás destas sensaçións está a man dunha muller.
Dependendo do afán por sentirte protexida, ou da túa coraxe na exposiçión ao aire libre, poderían dárse distintas opçións na eleççión da paraxe a elexir.
¿Qué paraxes che van mellor?
Eu non quería que morrese a nai.
Ben polas criaturas terse salvado, pero sabendo con anticipación do desengano que ocorrería, ¿por qué tivo que morrer a nai?
Os taberneiros continuamente ocuparon o papel de intermediarios á hora de desinhibir a moita xente por medio dos brebaxes.
Estiveron aí para escoitar e acompañar a quen necesitara desafogar as súas penas, e participando dos seus entusiasmos.
ramon, es vidente ou csi?, creo que me tes collida a man, da igual o apelativo que use. sinto ter tardado tanto en escribir pero viñeronseme os plans abaixo e o meu viaxe a eses lares foi visto e non visto.
Publicar un comentario