Esta noite deixounos o maior icono da música Pop dos anos 80, polo tanto toca homenaxe
¿Lembrades este home?
Tamén cambiou bastante, pero no seu caso, ademáis da idade, tamén houbo outras circunstancias que o fixeron cambiar física e psiquicamente.
Era o principio dos anos 70 cando das mans de Eddie Holland, Brian Holland e Lavon Dozier saltaban á fama con un grupo que era unha imitación de Frankie Lymon and the Teenagers, a discográfica de Detroit, Tamla Motown, volvía pola senda do éxito, senda que nunca deixara de todo, xa uqe tivo sempre grandes nomes coma Smokie Robinson, As Supremes, Stevie Wonder, Marvin Gaye (asasinado polo seu pai), Martha Reeves and the Vandellas, The Temptations, etc, etc.
Éxitos como I want you back, ABC, Ben ou Blame it on the Boogie, fixeron grande ós Jackson 5.
Chegaron os 80 e o pequeno Migueliño empezou a voar só, o seu album Thriller chegou a números insospeitados iniciando unha nova era na música pop, a era do videoclip, nese album destacaban cortes como o propio Thriller, Billie Jean ou The girl is mine, que se editaron como cara A dos vellos 45 rpm.
Con BAD, refrendou a súa figura de Nº 1 do pop, excelente cantante e bailarín, pasou ó cine cun filme para o seu lucemento Moonwalker, con excepcionais canción como Man in the mirror ou Dirty Diana, adicada á líder das Supremes.
Pero amigos, ahí empezou a costa abaixo, a súa obsesión por cambiar de color, comprobada co título de seu seguinte disco Black or White, xunto cos escándalos e acusacións de pederastia das que saiu sempre inocente, fixeron que saltase ós tabloides por todo menos pola música, e os anos 90 foron un tormento para o outrora rei do pop.
A emerxencia de novas figuras xunto co cambio de tendencias e as súas extravagancias, fixeron que pasara ó olvido e que pasase a ser un esperpento, unha sombra do que foi, casou coa filla do Rei, tentando estabilizar a súa vida, pero foi un sonoro fracaso.
Do vello Miguel, non queda nada, só o recordo do que foi, Norma Desmond loitando contra o tempo, din que vai volver, non sei, xa non pega, mellor deixalo no que foi, porque está claro que Calquera tempo pasado foi.....Anterior.
Quedamos co seu recordo, cos bós ratos que nos fixo pasar na pista do Baile de Outeiro naquel Guateque do 84, na Frama, en Disco 3,no Suki, na Golden e outros tantos sitios.
Miguel seguirá camiñando sobre a lúa nos nosos recordos, seguirá namorado platónicamente de Diana Ross, e seguiremos lembrando o seu Thriller que no 84 nos pareceu tan real, con unha transformación digna do filme Un home lobo américano en Londres, unha coreografía cadavérica, e un final inesperado.
Moonwalk(pasos de baile)
BEAT IT
4 comentarios:
Michael Jackson un ídolo de masas os case 51 anos deixanos, ao que moitos admirabamos polo seu traballo, a súa música e o seu baile serán irrepetibles. Deixando aparte a súa vida privada, recoñezo que bailei moito e disfrutei dos seus éxitos coma o que máis.
Estaba preparándose para dar unha serie de concertos en directo en Gran Bretaña, xa non poderemos volver velo moverse por un escenario que él sabía encher mellor que ninguén.
A Farrah Fawcet era a que eu quería semellarme cando vía a seríe, loitou contra o seu cancro e fai uns días dicia que esperaba que Deus fixese o miragre, pois non sei moi ben que lle entendeu Deus pero levouna con 61 anos.
Que estean alá moitos anos sen nós, pero seguiremos escoitando a Michael Jackson e vendo a Farrah Fawcet.
Saúdos e biquiños para tod@s.
NO MEU PRIMEIRO ANO DE INSTI, FUN A RIBEIRA, IVAMOS NOS BUS, E A CANCION QUE MAIS ME GUSTABA NAQUELA EPOCA ERA A DE BILLIE JEAN, SEMPRE ESPERABA ESCOITALA NOS TRAYECTOS DO BUS, E NON FALLABA, SEMPRE SALIA, SE NON ERA A IDA ERA A VOLTA, FOI A PRIMEIRA VEZ QUE OIA FALAR DE MICHAEL. ESTA VISTO QUE TODOLOS GRANDES IDOLOS TEÑEN UN FINAL TRAXICO. NO RECORDO UNHA BOA DISCOGRAFIA.
Ultimamente estamos pouco faladores. Parece como si nos houbera comido a lengua o gato...
Bueno, perdón... parece como si nos houbera comido o teclado o gato, quero decir.
Este era un tipo que traballaba de albañil. Tódolos días el e máis outro tipo ás des e media fasían unha pausa para comer o bocadillo, e sentábanse nun banco.
O noso protajonista sacáballe o papel albal o bocadillo, e desía:
¡Merda, outra ves de chouriso!Non o quero!. Entón ajarraba o bocadillo e jindábao polo aire.Tódolos días de nuestro señor o mesmo espectáculo ó que o outro tipo que estaba con él asistía impasible.
Pero un día sentáronse no banco e o noso protajonista ajarrou o bocadillo, e SIN ABRILO, jindouno polo aire como fasía sempre.
Entón o que se sentaba co él extrañado prejuntoulle: ¡Pero por que o tiras xa,si non o abristes, e non sabes si é de chouriso ou de outra cousa que che juste máis!.
Entón o noso protajonista respondeulle: ¡Boh, non me jodas!.
¡Ti pareses parvo, carallo!Cómo non vou a saber de que é o bocadillo si o fajo eu.
Publicar un comentario