miércoles, 17 de junio de 2009

REFRÁNS 1- Ramón Laíño

REFRÁNS


Hoxe febreiro e mañán candeeiro. (Día da Candelaria).


Febreiriño rabo torto, cos teus días vinteoito, se levaras máis catro non quedaba can nin ghato, nin corviño nin miñato.


Março, marçal, pola mañán cara de deus e pola noite cara de can.


No março por moito que quente o sol na plaça, non déixela capa na casa.


Deixa vir meu irmán março que che ha de façer andar cos pelicos no reghaço / ou debaixo do braço.


(En março apareçe o calor e produçe chaghas no corpo, e en maior medida nas partes onde se máis suda como debaixo dos braçoas. Así mesmo é cando lle caen os pelexos ás culebras ou cando os animais se atafeghan co calor.)


En maio te mollas e en maio te enxughas. / O que en maio se molla, en maio se enxugha.


Aghua en maio, pan do ano.


Entre últimos de maio e San Xoán tanto da o pan coma o quita.


En San Xoán non faltou un día para cardarse a lan.


Por San Cristovo tapa o covo. / Por San Cristovo millo ó covo.


En setembro arden os montes e secan as fontes.


San Mighueliño das uvas maduras, tarde vés e pouco duras.


Cando está bo tempo por San Roquiño, chóvelle polo Carme.


A partir de San Viçente nin cuarto nin creçiente.


Por San Martiño trompos ó camiño.


Se o que coida non colle / ten, o que non coida colle / ten menos.


O millo mesto, nin carro nin çesto.


O que trata en aves de bico nunca será rico.


Moito e ben non hai quen.


O que tarde se embarca un remo torto nunca lle falta.


Fai ben e non mires a quen.


Éramos poucos e pareu miña avoa.


Volta á bola que é de millo toda.


Canto máis arriba máis forte é a caída.


En tempo de ghuerra n´hai (non hai) carta a favor.


Fillos criados penas dobladas.


(Outra versión) – Fillos criados traballos doblados.


Vale máis mal arreghlo que bo pleito.


As curvas enderéitanse e os dereitos tórçense.


Morra a marta e morra farta.


Moitos ofiçios ten Xan e de nincún ghana pan.


Barco ghrande ande non ande.


O que de moço bailou ben aínda de vello lle da xeito.


Home de bighote excusa dote.


Poucas e boas.


Sopa e teta non cabe na boca.


O que se abrigha na folla dúas veçes se molla.


Con aghuas pasadas non moe o muíño.


O que dí a verdade non mereçe pena.


A bisnetos chegharás, a tataranetos non os verás.


Os tontos e os porfiados manteñen o estado.


Os moços queren saber e os vellos queren morrer.


Polo pouco ghanar ninquén se perdeu.


O que come de pé nunca farto é.


Se che doi a barrigha freghar cunha estrigha.


O ferreiro da maldiçión cando ten (se ten) aghua non ten carbón.


Cada un o seu que somos de Ribadeo.


Na terra dos lobos hai que ouvear coma todos.


Cagha o rei, cagha o papa e sen caghar ninquén se escapa.


(Outra versión). Jicha o rei, jicha o papa e sen jichar ninquén se escapa.


O caldo sen pan no inferno o dan.


O que pagha e minte o bolsillo o sinte. (Calquera que vai a unha feira, plaça,... e pagha o que lle piden e logho dí que o comprado valeulle menos, el mesmo se enghaña porque a cantidade a desembolsar foi a que foi.)


(Outra versión). O que vai á plaça e minte o bolsillo o sinte.

Para cortar unha ves hai que medir dúas ou tres. (Traballo do xastre)


Antes que te cases mira lo que haces.


Unha ves te casarás e mil te arrepentirás.


Entrar tarde, non oír misa nin comer carne.


(Outra versión) – O que chegha tarde non vai á misa nin come carne.


A pedir ghanas pouco e a dar ghanas menos.


Orade frades cos rapaçes nunca trates.


Ghato moi berrador nin por eso máis rateador.


O que ben se precura çen anos dura.


O que con rapaçes se deita caghado / mexado se levanta.


Aquí non mandan collóns que mandan ghalóns.


O que fai burla do veçiño vénlle a súa polo camiño.


O que se rí do veçiño vénlle a súa polo camiño.


Todo que veña que non se deteña.


Nin polo malo te mates nin polo bo te aghaches.


Na casa do ferreiro coitelo de pao.


Rei morto rei posto.


Para conseghuila hai que seghuila.


(Outra versión) – Hai que seghuila para conseghuila.


As posesións nin perdelas nin collelas.


O que teña tenda que a atenda ou senón que a venda.


O esquençido nin é reghalado nin vendido / aghradeçido.


Na miña casa non hai miseria dous candiles e unha vela.


O que lonxe vai casar ou chata leva ou a vai buscar.


Vale máis un casqueiro á porta que unha tabla no pinal.


Unha mentira ben posta, pouco vale e menos costa.


Vale máis viño demo que aghua santa.


Non as faghas, non as as temas.


A ghana de comer fai á vella

14 comentarios:

Ramon dijo...

Derradeiro refrán incompleto:

"A ghana de comer fai á vella correr"

Anónimo dijo...

Por San Xoán, mes de calor, había que trasquilar as ovellas para cardar a lan e façer ou elaborar as mantas, alfombras, roupa,..

Coa lan desfeita e ablandada a gholpes de pao, façíanse xalghóns (=colchóns) para as camas.

Estes xalghóns adoitaban de ser tamén de follatos secos de millo, ben colocados.

Supoño que non se daban os xalghóns combinados de lan e follatos secos de millo.

Ao cheghar a çerto tempo de uso dos xalghóns, renovábanse con nova lan ou con follatos.

Para impermeabiliçar os xalghóns das camas sobre todo cando neles durmían nenos pequenos por culpa do mexo e dos excrementos, usábanse pelexos de carneiro, cabra, ...

Anónimo dijo...

“O que lonxe vai casar ou chata leva ou a vai buscar.”

A quen se lle poña chata, esta debería ser bastante clara e xustificada, porque sería inxusto que unha boa moça ou bo moço fora abandonada-o á súa sorte, incomprendid@, non entendid@s e despreçiad@s polos seus complementos do territorio indíxena.

Todo cae naquel dito de que ninquén é profeta na súa terra.

O dichoso control ou sentirse observado polos demais limítache á hora de poder abrirte con naturalidade ás túas preferençias.

Deçir tamén que a falla de deçisión ou claridade no que buscas, así como a inhibiçión á hora de comprometerte ou saber se ese é a túa vontade definitiva á hora de elixir e dar o paso defintivo, por non ter idea do que queres encontrar, como tamén cales son as túas prioridades ou preferençias na vida, acaba rematando nun fieito seco ou nun obxectivo estéril.

En fin, se tes chata, @s orixinari@s veráncha e calificaráncha neghativamente.

Se non é verdade, no territorio de acollida tendo a fortuna de poderen captar a túa valía e a chegharen a entender, darán boa conta de ti, polo que alghún ou alghunha valoraracha positivamente, sempre e cando sexa entendible.

Como resulta sempre, o desconoçido ou novedoso sempre é máis atraínte.
Tamén esto choca co: "Vale máis o malo conoçido que o bo por conoçer."

Anónimo dijo...

Ramón, parece que hoxe non che apetece falar nadiña.

Anónimo dijo...

Refrán:

"YO SOY JUAN PALOMO,
YO ME LO GUISO,
Y YO ME LO COMO".

Exemplo explicativo do significado deste refrán: Eu escribo un artigo no Blog do instituto, e despois dedícome a escribir todos os comentarios sobre o mesmo.

Anónimo dijo...

cando se peche o blog,que oxalá non se faga aínda, que faga ramón un él só

Anónimo dijo...

Relativo aos refráns de mercar na feira ou na praça, ou por extensión, en calquera lughar de compra-venda, nunca entendín á xente que á hora de comprar sempre ten a teima de mentir no que pagha polo preçio das cousas, afirmando que desembolsou menos do que realmente aboou.

Ao fin de contas a verdade sábea el e máis a súa carteira.

¿Qué consighuen con esto?

Seghuramente nada. Enghañarse a sí mesmos.

Anónimo dijo...

¿Hai moita leña xunta para as foghueiras de San Xoán?

¿Está preparada a carne para o churrasco e as sardiñas xa cheas desta época para mollar o pan? ¿E o viño?

Moi ben polos orghaniçadores, e polos partiçipantes.

Espero que tamén empeçen a renaçer as foghueiras de maio que como dixen nunha ocasión eran as típicas e únicas que se façían por toda a canle do Barbança.

Se se consideran que as de maio nestas alturas non atraerían moito pola falla de material ghastronómico, poderían incluírselle tamén, ighoal que nas de San Xoán.

Anónimo dijo...

Ah, festas de San Roquiño de Tállara.

Hai que ir alá a comer o carneiro preparado con patacas e complementos, nas tabernas de enfrente do campo da festa.

Mollalo tamén cuns bos vasos de viño do país, branco, tinto ou catalán roxo, sen desbotar calquera outro acompañamento que se presente.

Anónimo dijo...

"O que tarde se embarca un remo torto nunca lle falta."

¿Na actualidade seghuirá sendo verdade?

Se calquera persoa deçide buscar o que busca, dando por suposto que se fai fora de çiclo estableçido para tal fin ¿non haberá algho digno para ela-el?

¿Haberá seghuridade en calquera destas afirmaçións?

¿O que estea ghardado para unha-un estará aí con tempo, sexa tarde ou çedo.?

Anónimo dijo...

"Fai ben e non mires a quen."

Façer ben se cho pide o teu "corpo" non debería causar conflito interior a ninquén.

Façelo sen ter en conta se a persoa de enfronte che é máis compatible ou menos, amén de posibles hostilidades manifestas, sería un camiño de açercamento ou apertura para o restableçemento dunha relaçión danada por algho real, ou simplemente por unha incompatibilidade química ou de caracteres diferentes.

Se tes aptitudes naturais para poder levalas a cabo, que mellor que sensibiliçarte e dignarte a aplicalas.

Sempre está ben intentar levar á práctica actitudes positivas e reconfortadoras no vivir de cada un.

Ben para ti, ben para os demais, ben para todos.

Anónimo dijo...

"Vale máis mal arreghlo que bo pleito".

Esto demostra a boa vontade das persoas.

Daí que para evitar o çírculo viçioso da xustiça onde terías que dispór de fondos para sufraghar os ghastos dos xuíços, ven sendo preferible un acordo mutuo e benevolente entre os litighantes en contraposiçión á récua pendençieira e traiçioneira da xente, así como ós subterfuxios leghais da xustiça.

Se o acordo entre as persoas de ben coxeara de moitas imperfeççións, sempre haberá posibilidades e tempo sufiçiente de soluçionar e perfeççionar os acordos, porque as portas entre eles seghuirán estando abertas debido á boa vontade e á predisposiçión de cheghar a un acordo xusto entre as dúas partes.

Anónimo dijo...

"Moito e ben non hai quen" ou "Poucas e boas"

Esto é totalmente çerto. O concreto e conçiso soe ser máis perfeççionado, ben estruturado e con ideas claras e ben lighadas na súa exposiçión.

O extenso pode dar lughar a ambighüidades, confusións, mesturas de ideas sen explicar ben cada unha. Risco de non ghardar unha liña explicativa ben definida e correlativa no tempo e na forma,...

Algho me está influíndo este refrán, porque coa cantidade de comentarios a expoñer, os intervalos intermitentes da publicaçión e o baile no correr á hora e elixir unha identidade, fanme cambiar as tornas á hora de poñerme como anónimo en ves do meu nome propio.

Así que ten bo fundamento o dito de "Moito e ben non hai quen", como o de "Poucas e boas".

Anónimo dijo...

"Vale máis un casqueiro á porta que unha tabla no pinal"

Pese a que un casqueiro é unha parte do pino de peor calidade e estéticamente inferior que unha táboa, sempre é preferible telo xa formando parte da porta da casa, antes que esperar a cortar o pino do pinal para façer unhas boas táboas de calidade e con elas preparar a porta da casa.

Con esto querse deçir que o que espera por algho bo en detrimento dunha cousa de inferior calidade que a ten a man e que xa dispón dela, coma con este refran pudera ser que se lle queimara o pinal, e alá se lle iban os pinos e as táboas para a carpintería.

Ighual que o conto da leiteira.

Vale máis o aquí e o aghora que o que virá.

O mesmo que o refrán: "Mañán ou morrerá a burra ou quen a arree"

"Vale máis paxaro na man que çen voando"