martes, 16 de junio de 2009

LENDAS- ARA SOLIS


De seguro, foi profundo o acoro e a pavura que infundiu aos antigos a visión que experimentaron ao chegar a estas terras, lugares nos que só se ollaba un infindábel mar no que se mergullaba o sol, como se o océano o devorase, ao tempo que se escoitaba un fondo laio, crenza que aíinda hoxe compartillan algunhas xentes desta finis terrae.

A lenda da Ara Solis, quizais de orixe grega, refire que o pobo caldeo, que adoraba o sol, decidiu un día buscar o escondrixo do astro durante as horas da noite. Abandonando o seu país, os caldeos comezaron o seu camiño cara a Occidente.
O derradeiro lugar ao que chegaron foi Galiza, onde se decataron de que o mar lles impedía continuar, ó mesmo tempo que descubrían que o Sol se afundía no océano. Convencidos de que entre as augas pasaba o astro adorado as horas da noite e abraiados perante aquel prodixio, decidiron construír naquelas terras un altar ao que puxeron de nome Ara Solis.

Hai quen afirma que o cáliz e a hostia do escudo de Galicia son unha representación simbólica ou filtrada pola relixión cristiana do sol sobre a Ara Solis.

5 comentarios:

al alba dijo...

¡que dificil e poder escoitar o son do silencio¡, so se pode acadar a certas horas e en certos momentos. Deixas que todo pase sen fixarte en nada mais, dache unha gran tranquilidade.
O peor son e o da dor, o da dor físico e terrible, pero o da dor mental creo que ainda o e mais. A sensación de impotencia que produce non poder axudar ó que tes o teu caron, que non importa o que lle des xa que non lle pasa quitalle a un toda a vontade.
Por eso aproveito a esta hora para oir o silencio, con eso me quedo.

Ramon dijo...

Çertamente debe ser difíçil e desesperante vivir unha situaçión persoal dese calibre, sobre todo cando non existe efectividade dos medios que podan aliviar tal situaçión.

Oghallá que a quen coides poida dárche moitos momentos de silençio e tranquilidade.

Posiblemente che conoçamos e seghuro que es da nosa xeraçión, pero, de tódolos xeitos supoño que te queres manter na sombra.

Se expulsar toda ese sufrimento e impotençia interior che axuda a liberarte desa opresión, non dubides en seghuir façéndoo.

Asi mesmo, se optas por dar datos máis claros da túa situaçión, serás escoitada-o por todos nós, e con toda seghuridade terás o noso apoio en todo o que estea nas nosas mans.

Un bico a ti e a tod@s

Ramon dijo...

En Carnota, está o Monte Pindo, conoçido como o Olimpo Çelta, lughar estrano onde fighuras curiosas labradas pola erosión chaman poderosamente a atençión. Dependendo da hora do día ou incluso da estaçión do ano seméllannos fighuras humanas, ou de animais....

Preto deste Monte Pindo e situado enriba da pedra plana conoçida hoxe como a Moa, situábase o Ara Solis, o cal, como lughar de culto, estaba composto por catro columnas de pedra ghranítca rematada nunha media laranxa de cúpula. Este altar era o primeiro en reçibir os dons do sol.

Tamén era un santuario para a fertilidade pois as parellas que quixeran conçebir acudían alí reghularmente

Máis tarde este altar foi destruído pola doutrina cristiana.

O lughar con poboaçión máis próximo a este promontorio era Duggium, poboaçión dos ártabros, hoxe Duio, que foi un emporio comerçial e porto na rota do estaño.

Naquela praia de Duggium erghuíase noutro tempo unha çidade comerçial inmensa, a máis orghullosa da península desde o Atlántico e Cantábrico ata o Mediterráneo. Na bahía, hoxe deserta, resoaban entón milleiros e milleiros de voçes, cando as naves e o comerçio de toda a terra se conçentraba en Duio.

O medo que sinteu o xeneral romano Décimo Junio Bruto así como todo o seu exérçito ao ver extinghuirse o sol sobre as aughas, pensando nunha catástrofe cósmica xa fora experimentada en diferente medida pola notiçia da lenda do río Límia-Lethes ou río do esquençemento e como esa lenda pudo frear a este exérçito máis poderoso do mundo naquel entón.

O Ara Solis templo da fin do mundo, destruído por unha relixión que consideraba paganas ás demáis; as ladeiras do Monte Pindo queimadas polo lume da ignorançia, ¿cando começaremos a apreçiála nosa terra?

Anónimo dijo...

Al alba, estou contigo, coma cando nos encontramos polo mundo adiante.

al alba está mellor dijo...

Gracias, miña reina, a ver si nos seguimos encontrando.