viernes, 19 de junio de 2009

MARIA SOLIÑA

Xente de ben, remata o curso 08-09, polo tanto remata o 25 aniversario, polo tanto sería lóxico que rematase o blog o día 30 de Xuño.
Vemos que o blog fixose un lugar de encontro e as visitas son abundantes, polo tanto::.

Temos tres opcións:

a) Dar por rematado o tema e volver dentro de catro anos polo asunto do trinta aniversario.

b) Seguir adiante co tema, pero repetindo entradas e engadíndolle as colaboracións.

c)Arrimar todos o ombro e facer que esto siga, a cabeza non nos da para tanto, non teñen porque ser relatos ou cousas escritas por vós, poder ser cousas sacadas da internet, lendas, viaxes, historias, contos, fotos, etc.

Votade nos comentarios, entre cerca de cen entradas (poñamos 50 persoas)que ten o blog ó día, con que buquedes na internet unha cousiña á semana, temos para tempo.Vos enviades, nós montamos as entradas
Esta que ven á continuación saqueina da internet, foi copiar e pegar.Espero que vos guste....
-------------------------------------------------------------------------------------------------

MARIA SOLIÑA
Entre 1619 e 1628 numerosas mulleres de Cangas (Pontevedra) foron xulgadas polo Tribunal do Santo Oficio (Inquisición) por suposta "bruxería". Hoxe en día sabemos que aquelas desgraciadas, que acabaron confesando atrocidades a forza de espantosos tormentos, foron en realidade víctimas dunha invención dos inquisidores.


A "caza de bruxas" estivo directamente provocada polo emprobecemento xeral que seguíu á invasión turca de 1617. A pequena nobreza víu descender as súas rendas de xeito alarmante, polo que buscou por tódolos medios os recursos necesarios para mante-lo seu nivel de vida. A Inquisición, integrada case exclusivamente por membros deste grupo social, foi un eficaz medio para logra-lo seu propósito.



O obxectivo primordial era arrebatar a certas persoas os seus "dereitos de presentación" en capelas e freguesías. Consistía este dereito en que os sucesores do fundador dunha igrexa podían propoñer ó seu titular cando quedase vacante, e á súa vez participar dos beneficios que aquela xerase.

Para disimular o seu reprobable propósito, mesturaron algunas que si os posuían con outras que eran "pobres de solemnidade". Moitas delas atopábanse totalmente desamparadas, por ter quedado viúvas tralos tristes sucesos de 1617.

Este foi o caso da máis famosa das supostas "meigas" de Cangas, ou polo menos a que máis trascendeu do seu tempo, inmortalizada en cantares como o que di:


“polos camiños de Cangas a voz do vento xemía ,ai que soliña quedaches,María, María Soliña"


Esta cantiga parece indicarnos que as xentes a lembraron, maís que como maléfica e perniciosa bruxa, como unha pobre e desgraciadísima muller, reflexo de tódolos sufrimentos do pobo.

María Soliña, posuidora de dereitos de presentación en Aldán e Moaña, entrou nos cárceres secretos da Inquisición no 1621. Todo o proceso foi dirixido a demostrar que esta inofensiva muller gozaba de poderes demoníacos, capaces de provocar incontables males, e que entregara a súa alma ó diaño. Pero foron as propias confesións de María Soliña, provocadas polo suplicio, as que chegaron a roza-lo paroxismo. Asegurou ser bruxa dende había máis de 20 anos, e ter tido actos nefandos co demo durante longo tempo, o cal se lle aparecía en forma de home.

E mentres isto declaraba, María Soliña suplicaba clemencia ó Tribunal e proclamaba o seu arrepentimento, pois aseguraba que xamais renegara de corazón de Noso Señor, senón só de palabra. Todo isto revela a desesperación anímica desta muller, como consecuencia dunha terrible tortura física e psicolóxica. O 23 de xaneiro de 1622 chegou por fin a sentencia.

Foi condenada cunha confiscación de bens, debendo porta-lo hábito penitencial durante medio ano. Non sabemos se chegou a cumprir toda a pena, pois probablemente a súa vida non durou moito máis. As secuelas físicas do tormento non podían deixar de notarse nunha muller de 70 anos de idade. A súa acta de defunción non foi atopada aínda. Tal vez algún día descubramos onde repousan os seus castigados restos.

Outras moitas "bruxas" foron xulgadas durante estes anos. Mulleres como Catalina de la Iglesia, que confesou ter matado a cinco criaturas. Ou como Elvira Martínez, Teresa Pérez, María dos Santos,…estas pobres infelices merecen o respeto dos heroes anónimos dun pobo que houbo de sufrir, estoicamente, os abusos e a avaricia infame dus poucos. Tal vez próximas investigacións aporten nova luz sobre as súas vidas, pero a memoria colectiva as lembrará non como meigas, senón como o que realmente foron, persoas de carne e óso, con tódalas súas miserias e grandezas.

10 comentarios:

Bos días pola mañá dijo...

Sinceramente creo que si hai xente disposta a plasmar as suas cousas, ideas ou relatos, está moi ben que sigamos. Agora si cada dous por tres tense que estar pedindo colaboracións como si de unha limosna ou pola contra unha obligación se tratase pois mellor ata aqui chegamos.
A min daríame moita pena xa que fora de uns meses que tiven estar desconectada, e algo que me gusta seguir a diario.
En calquer caso gracias ós que escribiron, os que se esforzaron tanto en manter esta bitácora aberta e para os que lle sirveu coma escape en algun momento do día para poder olvidarse das cousas que queremos que se vaian pero que non dan marchado.

Ramon dijo...

Eu optaría pola opçión b), porque a vexo máis viable e realista.

b) Seguir adiante co tema, pero repetindo entradas e enghadíndolle as colaboracións novas.

Tamén aghradeço ós que escribiron, ós administradores, comentaristas e a tódolos lectores.

Quen sabe ata onde pode cheghar o blog do instituto anque se escolla a modalidade de alternar a reposiçión das entrada antighas sumándolle novas aportaçións.

Bueno, se funçionara a opçión c) de aportar todos algho, mellor que mellor.

marikiña ñam dijo...

A min encantariame que seguira o blog pero, sexamos realistas, ainda que saia elexida a opcion a ou b, a xente non vai a colaborar e terán que seguir esforzándose os mesmos de sempre, así que, con gran pena do meu corazón, haberá que deixa-lo blog.

Ramon dijo...

Pero marikiña ñam que me ghusta o teu nome,
marikiña da miña posta de sol, cando ao fin da tardiña o calor vai perdendo intensidade,
e se respira moito mellor ao teu carón,
vendo como o astro rei vai caendo por detrás das montañas,
e no çeo as nubes en estratos ou en formas distintas co avançar das horas van formando fighuras de múltiples cores,
rosadas, vermellas, violetas, brancas,... mirando esa maravilla como brilla na túa cariña de rosa e nos teus olliños fermosos.

Vai xurdindo unha brisa tenúe que se açentúa e
refresca os nosos corpos espidos entre a arboleda,
vendo toda esa posta de sol, mentres nos deçimos cousas bonitas suavemente,
desexando que ese momento non acabe nunca.

Como me inspira o teu nome, marikiña ñam do meu coraçón.

Un bico nome bonito.

¿Non cres mariquiña ñam que a opçión b) sería viable a todas luçes, desde o palpitar da profundidade do teu recuncho de amor?

marikiña ñam dijo...

Vaia, Ramon!.Non sabia que o meu pseudónimo che poidese inspirar tanto, senon escribiría antes.De todos xeitos, aledome de coñecer esta faceta tua tan romántica. Eu xa teño un gusy-luz que alumbra as miñas noites pero douche as gracias por esa poesía tan fermosa.Eres un sol!

Anónimo dijo...

Eu OPTO POLA c OU POLA b, PERO QUE ARRIME O HOMBRO A XENTE, QUE TODO CAE SOBRE A MESMA XENTE..
POR CERTO RULA..DEIXA DE LIGAR CON RAMÓN, A VER SE A IMOS TER NEGHRA.

Ramon dijo...

Se cada persoa que le o blog intenta extraer algho de internet para publicar por semana, sumando toda a recopilaçión da xente, xa se tería para moito tempo.

Aparte disto, se xurde calquera creaçión propia de quen estea inspirado ou lle apareça un momento creativo, pois, mellor para ir sumando ao que se extraia da rede.

A outra posibilidade de repoñer as entradas antighuas xunto con novas aportaçións ou creaçións da xente, tamén é viable.

Desde estes planteamentos, eu vexo posible que o blog poda seghuir por moito tempo.

Mary Hermo dijo...

Non sei que dicir nestes intres, por un lado quixera que este caderno seguira adiante con novos artigos, pero como todos sabedes a miña saúde non é moi boa, e non teño xa moito máis de onde sacar.
Luis atópase na mesma situación cos miolos exprimidos ata o máximo.
Ramón que gracias a él ultimamente cos seus refráns e con todo o que ten recopilado que aínda daría para máis.

Pero o problema estar ata onde chegar e cando poñerlle punto final, e sobre todo como, e espero que todos vós que ledes a diario este caderno digades que facer, pero iso si, lembrade que a opción c significa colaborar e sei que moitos non tedes tempo e outros por medo ou por timidez non sodes capaces de mandar artigos.

Así que decantadevos por unha delas e desta vez poñede o voso nome por favor,
a) pechar o blog o remate do curso.
b)continúar repetindo artigos e añadindo algunha nova colaboración.
c) que todos arrimemos o hombro e que cada un mande algo polo menos unha vez por semana.

Saúdos e gracias a tod@s, e como non biquiños esta vez con moito cariño.

Anónimo dijo...

Outra opción diferente ás tres plantexadas podería ser a de deixalo agora e retomalo con novos folgos despois do verán, cando comence o curso.

can de palleiro dijo...

Eu creo que esta última e a solución mais atinada. No verán todos mudamos dun xeito ou doutro os nosos hábitos, eu por exemplo deixo de ter acceso diario o ordenador durante ó menos mes e medio e coma min haberá xente que por outras razóns tampouco acceda a páxina.
Qué rollo votei, hoxe non me saen as ideas, vese que non é bo levantarse tan tarde.
De todolos xeitos gracias a Mary, a Luis e a Ramón, a aqueles que de forma esporádica escribiron no blog coma Juan Saborido, os Pedros, Oliva, etc... e como non a xente que collia ese pouco tempo que podía para leer e participar no blog ainda que fora de forma anónima, coma e o meu caso.