lunes, 8 de junio de 2009

BOIRO MÁXICO- A FERVENZA DE CADARNOXO


Invítovos a que coñezades a Fervenza de Cadarnoxo(Boiro). Podedes chegar ata aquí seguindo a estrada provincial que une Noia con Boiro.

É un lugar moi fermoso, . . .onde os amantes da natureza poderedes desfrutar dunha paraxe que ofrece a compañía do monte e das árbores. Alí podedes atopar a serena calma das augas que caen dende a Serra do Barbanza e que van camiño da Ría de Arousa.

8 comentarios:

Mary Hermo dijo...

Realmente é un lugar moi fermoso no que calquera pode abstraerse de tal xeito que chega a desconectar coa realidade para vivir un momento de ensoñación.

Eu xa fai anos que non podo acceder ata alí, e gustaríame poder voltar algún día, pero vexo case que imposible.

Saúdos a tod@s, e unha aperta forte.

Anónimo dijo...

a ver se me leva ahí o meu homiño lindo!

Ramon dijo...

Así debía ser o mundo, en estado salvaxe, puro, primixenio, virxen.

Todo ese torrente, esa oleaxe, eses cachóns de aghua a caer, façendo escuma e remuíños de aire, con toda a súa enerxía, rompendo nas pedras e nos outeiros, sempre con máximo caudal en épocas de ghrandes choivas e tormentas. Nunca menos.

Crebrando, rachando e levando todo por diante. Con toda a súa bravura e potençial. Indomable. Fresco. Sen adornos. Como un mundo inexplorado, en penumbra, escuro, vivificante.

Orixinador de tanto estrondo, rebumbio dos seus elementos naturais como a aghua, o vento, ..., que a xente non se ouvise a falar nin anque estivesen ao teu carón.

Os elementos silençiando as palabras articuladas da xente e os seus sons.

A natureça en estado salvaxe, imponente, rompedora, VIVA, sen interferençia humana.

Façéndonos sentir çeibes e non atados nin domesticados.

Bruando e arrasando todo ao seu paso, sen obstáculos no seu propio e lexítimo camiño.

Todo é adaptarse a ela e comprendela.

Tantas veçes estiven alí tratando de englobarme nela, querendo imaxinarme o seu misterio oculto.

Anónimo dijo...

Esa natureza fermosa, que asociamos ós lugares donde florece a vida, está presente só nun pequeno anaco deste planeta. Hai vida desde o mais profundo do océano ata cerca das cumbres mais altas, pero aínda así é unha pequena rexión comparado cos 13000 kilómetros do diámetro da terra. Si pensamos nunha bola do mundo de 60 cm das que hai nas escolas, a vida estaría limitada a unha fina capa de barniz que lle déramos cunha brocha.

Pero hai moitos sistemas solares parecidos ó noso por ahí fóra na inmensidade do espacio...

Ramon dijo...

Lémbrome dunha anécdota sobre este río que pasa por Cadarnoxo e Cures da que me contaran alghúns chavales más vellos ca min na década dos oitenta.

Deçir que lle pasara a un chaval da aldea da Ameán que está no lughar da Ighrexa de Cures.

Estaba el paseando por este río á altura supoño que da Ponte Ghrande que é unha ponte antigha de pedra que hai por debaixo das Ameáns, no lughar chamado de So Hermo.

Pois nesto que andaba el por alí polo río e ve a dúas chavalas loiras e altas río arriba.

Resultaron ser dúas turistas nóridcas que deçidiron façer unha incursión por esta rota.

Debérono ver bastante atractivo e seghundo el non sei que lle dixeron no seu idioma nórdico ou en inclés, porque as moi lançadas perseghuírono río arriba ata as Fervenças de Cadarnoxo cun afán claramente luxurioso.

Era tal o desenfreno das chavalas, polo que se vía, máis experimentadas que el, que tomou semellante impresión porque en ves de façerse deixar, fuxeu todo desconçertado á altura das fervenças, deixando atrás ás dúas nórdicas.

Mira ti por onde apareçen rotas inesperadas con posibilidades de ghuías turísticos.

Hoxe en día debido á aççesibilidade da pista e do pequeno aparcamento na entrada da fervença, aproveitan as parellas para aparcar os coches e deixar constançia das súas faenas polas peghadas dos ghlobiños de plásticos e os seus envoltorios que alí quedan.

E de máis antigho, cantas historias do noso patrimonio inmaterial terá habido por esas fervenças, xa que un pouco máis á dereita dela e case á súa altura, mirando de fronte, hai un muíño datado do mil seteçentos e pico entre as silveiras, nese lughar de Cadarnoxo.

Imaxínome as aventuras de amor, de medo, de sustos provocados polos armadanças, de cantares de muíño,... que nese ambiente e contexto de épocas çercanas e máis lonxanas se terán dado.

Arben dijo...

É un pracer visitar esta fermosa fervenza e sempre que podo doume unha volta por alí.
Por outra parte, é unha honra que das 2 fotos escollidas para promocionala, unha sexa das varias que tomei o 19 de abril de 2008, que poden ver moito mellor na galería de Flickr.
Tamén na canle de youtube baixo o nick de Arben1312, poden contemplala nun pequeno vídeo, baixo un ruído enxordecedor. Adícolle esta información especialmente a Mary Hermo que non coñezo persoalmente, pero leo cousas súas.
Parabéns á iniciativa que levades feito con motivo do 25 aniversario do voso colexio e perdoade pola publicidade subliminar.
Un saúdo dende Nebra.

Mary Hermo dijo...

Gracias Arben pola túa adicatoria, verei ese vídeo en youtube, e se podes mandarmo a dirección seguinte moito mellor aínda 25aniversarioiespraiabarrana@gmail.com

Un saúdo e unha aperta.

Mary Hermo dijo...

Xa lle votei unha ollada ás fotos que tes en Flickr, e tamén puiden ver a foto denuncia desa beirarrúa de Boiro, se virás entón as que temos en Cabo, gustaríame se tes algunha máis de Boiro ou incluso de Cabo que mas remitises a seguinte dirección: cabocruz@gmail.com

Na web de Cabo tamén temos un albúm de foto denuncias, pero a miña cámara non é moi boa para coller ben as beirarrúas, ou as escaleiras do famoso Centro Social de Cabo que se está a construir, ten unha gran entrada que todo son escaleiras e que son insalvables para unha persoa en cadeira de rodas.

Un saúdo e unha aperta.