lunes, 29 de junio de 2009

SERES MITICOS- A COCA


Esta é a lenda da Coca tal coma ma contaron a min os vellos .


Redondela e unha vila mariñeira do sur de Galicia, situada entre Vigo e Pontevedra, con moita historia, a vila dos viadutos, dos chocos, do mariñeiro Xan Carallas e da Coca.


No s. XVI , non se sabe a dat exacta, na desembocadura do río Alvedosa, cara a ría de Vigo, uns rapaces miraron como se no río, debaixo da auga, estivese fervendo unha ola do cocido xigante.


Quedaron abraiados con aquilo, correndo polo camiño da portela cara a vila e mirando de reollo como, o que parecia unha ola do cocido xigante fervendo, seguia en movemento.


Cando chegaron á rampla que había fronte á ribeira do peixe xa había unha morea de xente asustada, rezando os seus rosarios e pensando que aquilo era a fin do mundo.


Algo empezou a xurdir do fondo do río; era un dragón enorme de color verdosa e con un limo que lle esvaraba polo corpo, con unhas ás, máis ben pequeniñas para o corpo que tiña, e un rabo longo acabado en punta, como a punta que ten a vara de pescar carallotes ou navallas.


Quedaron todos paralizados polo medo mirando semellante aparición. Subindo pola rampla e bufando, movendo a cabeza a dereita e a esquerda, como se estivese buscando algo.


De repente colleu unha rapaza coa boca pola cintura, meteuse no río e desapareceu. Coma se non pasara nada, os veciños resignados marcharon para as súas casas.E desde ese momento todos os anos pola mesma data, a do Corpus Christi, deixábase unha moza na rampla para que o dragón (A coca) quedase satisfeito.


Ata que os rapaces novos da vila non aguantaron máis, aquilo non podía seguir así. Xuntándose todos foron á Forxa de Baldomero e fixeron espadas para matar o dragón.


Todos a unha acabarían con el e deixaría de levar as mozas da vila. Agardaron a noite e cando o dragón apareceu botáronse contra del cravándolle as espadas e acabando coa súa vida.
Celebrouse unha gran festa, os mozos bailando coas espadas ainda ensanguentadas, as mulleres collían as mozas poñéndoas enriba dos seus ombreiros dando voltas ó son das gaitas. Os mariñeiros da vila sacaron viño e peixe seco con pan para todos....e desde ese día en Redondela celebrase a Festa da Coca, onde a danza das espadas, os cabezudos e as penlas son a gran celebración.
[Relato achegado por Xosé Manuel Cabaleiro Santos, de Catapeixe, Cesantes (Redondela), en febreiro de 2009]

9 comentarios:

Ramon dijo...

Por orde de publicaçión deste reçente fin de semana debido ás conseghuintes doses de informaçión que vai reçibindo un mesmo polos medios de comunicaçión, comento:

Sinto moito pesar pola persoa de Michael Jackson, posto que me enterei de que sacrificaran a súa infançia aproveitándose do seu talento como neno prodixio.

Por desgraçia este cadro repiteuse moito ao lonco da historia e tamén con finais tráxicos.

A etapa da nenes tería que ser vivida xoghando cos demais nenos como correspondería a estas idades, non para impedirlle desenvolver a súa persoalidade dun xeito san, equilibrado e deste xeito poder cheghar a sentirse realiçado creando autoestima sufiçiente que lle servirse á hora de estableçer relaçións naturais cos demáis.

Esto foi unha crus que arrastrou toda a súa desafortunada existençia, porque aparte dos éxitos, talento e fama, careçeu da infançia que todo neno debe ter por dereito humano propio.

É un çiclo repetitivo a apariçión de cucarachas e chupasancres que alleos ao mundo da profesión que se exerçe queiran sacar tallada do éxito alleo e tamén a despiadada estrutura explotadora e sen alma da industria discoghráfica que non foi leal coa súa persoa, traballo e froito.

Ghustaríame terche conoçido en persoa e dárche un abraço de verdade como irmán inseparable e confidente persoal.

Abençoado sexas ser desamparado e esquençido da soçiedade na túa vida persoal e solitaria. Oghallá te podas desenvolver libremente rodeado de amor e compañía alá onde te atopes.

Por volcarte nesta terra na búsqueda e compromiso da xustiça cos máis desfavoreçidos, non mereçías ese sufrimento nin esas penas, senón que deberías ter feliçidade e aleghría completa.

Un amigho teu que sempre reconoçerá a túa labor profesional e a túa humanidade na construççión dun mundo mellor.

Destino inxusto para un home bo e xeneroso.

Mereçes a feliçidade eterna que non pudestes ter nesta vida.

Ramon dijo...

A coca ou draghón de Redondela podería ter conexión co draghón do lagho Ness en Escoçia.

Se a lenda tivera sido doutra maneira e non fora conoçida polos feitos así explicados de presas e depredador, soamente façéndose ver ao lonxe como en Escoçia, pudera ter sido unha lughar de pereghrinaxe e misterio.

Así e todo, sendo como é a lenda de transmisión oral que se relata, creouse así mesmo arredor dela unha tradiçión de dança, baile e çelebraçión como festividade e expresión das xentes do lughar festexando este relato tradiçional modelado co paso do tempo en feitos fantásticos.

É curioso que haxa casos e historias de criaturas emparentadas pola súa mesma forma e bioloxía en distintas partes do mundo.

¿Terán existido en épocas pasadas como así existiron non hai moito tempo as aves moa en Nova Selanda que cheghaban a alcançar os catro metros de altura, ou as ághuias Haas, as maiores que existiron tamén nesas mesmas illas, ou outros animais en distintos continentes?

Anónimo dijo...

Michael Jackson foi sin dúbida un dos grandes mitos da música do século XX, deso non hai ningunha dúbida. A mín persoalmente non me gustaba moito,pero si vendeu millóns de discos, eso indica que á maioría da xente sí que lle gustaba.
Donde eu discrepo é no tema da persoa, do mito. Pra mín Michael Jackson foi o prototipo de persoa que se autodestrúe a sí mesma, un mal exemplo para todos o que o adoraban. Un home que non estaba contento con él mesmo e que odiaba as súas raíces. Un home que sendo negro quería ser blanco, que quería permanecer pra sempre xoven meténdose nunha burbuxa, que andaba con mascarilla pola rúa pra que ninguén o contaminase,e que tamén maltratou ós seus.
Un tipo que colga ó seu propio fillo no vacío dende un balcón para que lle quiten unha foto, non pode estar ben da cabeza, nin pode ser ídolo meu.
Seguramente non tivo unha infancia fácil, pero eso non pode ser un motivo para xustificar as súas actitudes.Por exemplo, non xustificaríamos a Hitler por ter unha infancia difícil e problemática.
Non olvidemos tampouco que estivo acusado de cometer posiblemente o delito máis repugnante que un home pode cometer, a pederastia. Eu non entro a valorar si era culpable ou non,pero tampouco vou a caer no erro de engrandecelo, sin ter a seguridade de que todo foi mentira.
En fín... que morreu o home, e con él morreron todas as súas miserias, e naceu o Mito que temos que adorar.

Ramon dijo...

Tampouco son fan ou fanático da súa música. Hai temas que sí me van e outros non tanto, como en calquera artista ou estilo musical.

Os profesionais da música e que se dedican a ela din que o valoran como así o están manifestando, e desde os seus conoçementos pode ser que teñan fundamento para afirmar que era un referente no seu estilo musical.

Enfoquei desta maneira os meus comentarios non porque sexa adicto compulsivo de todo o creado, senón que aparte de obras que podan atraer máis que outras, fixábame na súa persoa e as posibles consecuençias neghativas que a súa "non" infançia poido ter en toda a súa vida posterior.

Concretando, e por falar do cambio de cor da súa pel, deçir que tomando ao pé da letra a informaçión que escoitei por declaraçións televisivas e radiofónicas dalghún amigho çercano a el que desempeñaba a funçión de espeçialista no mundo da música así como doutros asesores na súa evolución discográfica, afirmaban que o cambio de cor era unha parte máis do mercado envolvente da música, acorde co título black and white, debido a que el quería superar o límite da última venta de discos ata ese momento e debido a que non existía mercado físico, creou un elemento enghadido de chamar a atençión para poder superar ese límite de vendas a nivel mundial.

Iso pode dar a demostrar que a súa autoestima estaba polo chan e que algho pasaba aí coa súa infançia machacada polo dedicaçión desde neno para superar niveles de audiençia en proghramas musicales, orde na lista de cançións máis escoitadas, cantidade de vendas dos seus discos,...

Desde o meu punto de vista podía interpretarse que a súa persoalidade foi anulada de cara ao mundo do mercado da música.

Tamén seus amighos persoais comentaban que o atopaban moi frecuentemente dentro dos locais de xoghueterías para comprar xoghuetes e recobrar os anos perdidos que nunca disfrutou.

Eso podería ser un indicativo de porqué sempre se rodeaba de rapaçes e de porqué creou unha mansión chamada Neverland Valley Ranch, o rancho do val de nunca xamáis, unha forma de enfocar a vida como Peterpan, o neno que nunca quería medrar, daí as súas mascarillas e obsesións por poñelas cando saía do seu mundo de nuncaxamais.

Aí tiña cantidade de habitaçións, un soolóxico, un parque de atraççións, eso faime desconfiar de que a ausencia de vida como un neno normal trastornouno para sempre e por eso se quixo dedicar a eles e rodearse de nen@s.

Non entro a valorar as acusaçións contra el e tampouco os posibles problemas familiares.

O de mostrar ao seu fillo pola xanela como o fixo, considero ao artista como un neno dentro dun corpo de adulto, sen conçiençia do perigho que rodeaban çertas actitudes súas, e a inconsçiençia de ter quedado no mundo da infançia sen a ter vivido nin superado.

Supoño que se casou pensando de consighuer apoio e encher ese valeiro que nos primeiros anos da súa existençia o marcaron de por vida.

O que está claro e que todo o mundo ten patoloxías, unhas máis visibles e outras non tanto e que cando son totalmente claras da a entender que tamén pode ter unha orixe clara.

Todo depende do enquistada que estean as causas que o produçen.

Sen pretensión de ofender, paréçeme un pouco exçesivo a comparativa do exemplo sacando a colaçión a Hitler, é un pouco esaxerado, ¿non cres?

Sendo sinçeiro, deixeime levar pola súa persoa como orghaniçador e reunidor de artistas para a loita contra a fame no mundo e a axuda aos máis débiles, coma os nenos.

Tamén seghuín unha coraçonada das súas imaxes de fondo, aparte de toda a parafernalia de vestimenta e cambio de cor, ghuiándome pola miña confiança na súa expresividade, a miña intuiçión na súa boa fe,...

Puden ser algho imprudente e apresurado, tanto para ben como para mal.

¿Estarei equivocado ou non na valoraçión da súa persoa?

O tempo o dirá.

Eu tampouco son partidario de ídolos, solo de buscar as causas que trastornan á xente e que no fondo poden ser persoas de ben.

Anónimo dijo...

Dacordo co anónimo das 13:50. De Michael Jackson haberá que recordar a súa música e non a súa persoa.

Mary Hermo dijo...

De todos aqueles que se converten en MITOS da música ou do cino o que se lembra sempre é o seu traballo, pero nunca a súa vida persoal.

Non sei quen dixo iso de: "O que facemos por nós mesmos morre con nós, pero o que facemos polos demais non morre i é inmortal."

Saúdos a todos e a todas e moitos bicos.

Verdades á luz pública dijo...

Jordan Chandler o chaval que acusou a Michael Jackson de pederastia afirma o día 27 de xuño que minteu inducido por seu pai que lle obrigou a decir mentiras en complicidade coa súa nai, como unha campaña orquestada para sacar pasta.

A estas acusacións sumáronse os porcallentos medios de "comunicación" sen escrúpulos para sacar tiradas de revistas e noticias en televisións e radios, sen importarlles que estaban fundindo a unha persoa irremediablemente.

A partir daí debido á presión e demáis situacións fixo que Michael tomara antidepresivos, etc. facéndose adicto a eles e ás drogas, causando que a súa carreira e a súa vida fora en declive ata o pasado 25.

Pois ben, agora o moi cabrón do chaval debido ao desenlace fatal do músico Michael Jackson, entráronlle sentimentos de culpa e desmínteo.

É alucinante, AGORA?

Agora a sacar máis pasta non fillos de puta.?

Qué basura de xentes e países, individuos sen escrúpulos, pisoteando a un músico que se asustaba por todo e non quería follóns nin conflictos.

Eu creo que Michael Jackson sempre foi un neno con todo o que iso conleva... xa que seu pai rouboulle toda a súa infancia e adolescencia.

E tras o escándalo, de, chamémoslle "pederastia" (do que moita xente se fixo millonaria a súa costa) todos lle xulgamos como adulto a alguén que sempre actuou como un neno acomplexado, con pouca autoestima e caprichoso.

Está claro que estamos nun mundo corrupto onde arruinan a vida da xente polos cartos en menos de nada.

Ramon dijo...

Boeno, verdades á lus pública, non sexas tan duro con Jordan Chandler que seghundo teño ouvido por aí tiña treçe anos no momento en que foi inçitado e manipulado sobre todo por seu pai en complot con súa nai para acusar falsamente ao faleçido Michael Jackson en troques de sacar tallada monetaria.

Eu penso que para desmentir públicamente os feitos e deixar como culpables a seus pais, tamén hai que ter valor e coraxe, sobre todo nestes intres.

Xa bastante é coa cargha que lle queda enriba a este chaval.

¿Ti que opinas verdades á lus pública?

Verdades á luz pública dijo...

Rectificar é de sabios.

Como se suele decir a vehemencia é incompatible coa reflexividade. Tal forma de expresarme non forma parte da miña conducta, e nin pensar en usar palabras feas e groseiras, non obstante froito das circunstancias saíron como mísiles.

Penso que non son acertadas as formas que usei, e por suposto non teñen a memsa culpabilidade os promotores da montaxe como o menor de edade que como se di estaba exactamente nos trece anos por aquel entón.

Claramente non sería xusto que postos na pel do neno usado como instrumento por seus pais para un fin económico, teña que cargar co san Benito por culpa dos seus maiores.

Que cada persoa asuma as súas accións e a repercusión nas súas conciencias.