Onde había frustracións,
bordo ilusións,
maduro os soños,
maltrato angustias,
a alma non quere
as caricias mustias.
Asasinando penas que
para o corazón non son boas,
atan a esperanza con cadeas…
Bordo ilusións…
con fíos de seda, para que o amor
todo o poida…
Basta de chorar,
de largas esperas,
basta de rogar
a ese amor que non chega,
porque a unha Muller
nunca soubo amar.
Deixou feridas
que hai que cicatrizar,
e co olvido poidan curar,
a un corazón gravemente ferido.
Bordando ilusións,
a miña alma acomoda emocións,
non teño grandes aspiracións,
nin pretensións,
tan só espero un amor verdadeiro,
sinxelo e sincero.
Abro a porta á tenrura,
haberá un ceo estrelado,
a lúa coquetea con rizos prateados
dándolle a benvida ós namorados.
Creceranos alas, bordadas con rosas,
voaremos sen retorno e sen escalas,
nesa viaxe onde o amor
será a única equipaxe,
e esta emoción,
esta ilusión
xa é a dona do meu corazón.
Mary Hermo.
4 comentarios:
Que poesía tan fermosa, non che coñezo pero demostras ter unha gran calidade humana e só por iso debes de sentirte afortunada,o amor seguro que xa o tes preto de ti porque, sendo así, debe haber moitas persoas que te queren.
Sen duda hai moitas persoas que lle teñen moito cariño a May , a pesarde coñecelapouco, a súa ilusión e gañas de rir fan que sexa moi querida.
Non si?''
Aqui che vai un regalo: para ti Mary (que o disfrutes mentras soñas!)(a min gustame moito....espero que a ti tamen.
http://www.youtube.com/watch?v=qOVwokQnV4M
Mary, averdade é que escribes con moito sentimento, da gusto ler as túas poesías. por certo Luis ten moita razón a xente quéreche un monton, e dendo logo o blog non seria o mesmo sen estas poesias tan especiais. Non cambies e séguenos deleitando con elas. Un forte aperta.
Publicar un comentario