Capitulo XXIV- A ATALAIA NO CAMIÑO.
A escea que alí acaecía provocou en nós unha risa bastante boba, supoño que pola tontería da adolescencia non fixemos máis que expresar o noso reir ante o tabú ,o prohibido, e xa que era un mundo vetado, alí estabamos contemplando o espectáculo con pouca sorpresa, posto que por aquel tempo dos primeiros oitenta, en cada esquina da vila veiase repetida a mesma escea e sempre coa mesma protagonista…a “Chuspi”.
“Chuspi” era a cadela dos da Molinera, unha femia palleirán, fea con avaricia, de cor castaña, media altura, chea de carrachos ata por debaixo do rabo e obxecto de burlas e pedradas furtivas da rapazada da vila..Naquel semicaluroso día do prontoverán andaba no seu estado de celo espertando as calores de todo can que tivese a ben captar os seus efluvios e o seu arrecendor a feminidade, e polo visto durante eses días, os cans do pobo tiñan ben agudizado o sentido do olfacto.
A pelexa case sempre acababa en táboas, sempre había algún can, con ou sen pedigree que tiña a ben pasar pola pedra a tan lozana doncela, que aparte de fez era moi puta, pero puta coas catro letras en maiúscula, máis puta que as ghaliñas, que xa teñen bastante puterío enriba, pero claro, a natureza chama, e a xente axuda, xa que os rapaces do pobo poñían o seu gran de area para facela caer na promiscuidade, apurrándolle cans á pobre da cadela.
Un sinfín de lendas urbanas circulaban sobre ela mancillando o seu bó nome,”que si unha vez virona enganchada con un pastor cola no punto da xunción, que si fora vista en situación comprometida na compaña dun lobo, en fin, un sinfín de burradas de contido erótico-festivo froito ou non da imaxinería dos rapaces, co fin de saciar a súa curiosidade nos temas sexuais daquela vedados nos que todos andabamos pouco versados.
A loita continuou durante uns poucos segundos, ata que a selección natural escolleu a un galán de rasa loba que ipso –facto colocou as súas patas dianteiras sobre o seu lombo e gozou da súa compaña, metres o resto miraba con ansiedade e “quentaba pola banda” á espera do momento en que o gañador rematara a súa improvisada performance para intentar facerlle o esperado relevo.
O peepshow canino desapareceu con un par de pedradas e correasos do máis vello de nós, que desa maneira deixou o camiño aberto ós nosos pasos, que avanzaron con firmeza para avanzar ata alcanzar o taller de Carollo onde estaba congregada toda a rapazada que deixara deserto o lugar do Currillo para dar estreo a un balón de cuero caucho de marca “Caplan”que a José María o de Outeiro tivera a ben regalarlle a súa madriña polo seu aniversario; Xogaban un emocionante partido de fútbol modalidade “un goleador” co balón con uns bares de exceso de presión e alí …Genaro emulaba a Arconada dende a meta, marcada con tella no portalón verde do taller, e o resto dos nenos emulaban a Schuster, Juanito ou Satrústegui.
José María miraba con satisfacción como o seu irmáns Paco facía de pulmón e o difunto de Daniel (que deixou a vida nunha noiteboa nas malditas curvas de Vilas) facía de Quini, de executor.
Tamén estaba Arturito, os Carrasquillos (xa morreron tres), os Tarulos (morreu un deles), e máis rapaces dos que non lembro o nome,…Sempre preguntei que tipo de Deus maldiciu aquel fermoso recuncho da vila, para que gran parte da súa mocidade caera en todas as desghracias habidas e por haber, dende atopar o final na estrada, ou na enfermidade ou caer no escuro mundo da adicción, moitos…moitiños mozos e mozas do lugar sucumbiron ante a vida e o malfado.
Os nenos pararon un instante ante a orde de “Dejar pasar oh” por parte do gardamenta, e pasamos trunfantes polo corredor que os cracks do balón deixaban para darnos paso cara á seguinte etapa, todo baixo a atenta mirada de Merencho de Venerando que dende a súa atalaia construida en forma de terraza na fermosa casa sita no alto do camiño e que domina o Cano, lugar de separación entre os dous Boiros, o novo e o vello, o camiño e a estrada, nós os nenos do Currillo e outro invitado especial que por alí apareceu.
Crónicas do Camiño "A Vaca E O Carriso"
Crónicas do Camiño "Noite de Defuntos"
Crónicas do Camiño "Os Señores do Castelo" Episodio I
Crónicas do Camiño "Os Señores do Castelo" Episodio II
Crónicas do Camiño "Os Señores do Castelo" Episodio III
Crónicas do Camiño "Os Señores do Castelo" Episodio IV
Crónicas do Camiño "Os Señores do Castelo" Episodio V
Crónicas do Camiño "Os Señores do Castelo" Episodio VI
Crónicas do Camiño "Os Señores do Castelo" Episodio VII
Crónicas do Camiño "Os Señores do Castelo" Episodio VIII
Crónicas do Camiño "Os Señores do Castelo" Episodio IX
Crónicas do Camiño "Os Señores do Castelo" Episodio X
Crónicas do Camiño "Os Señores do Castelo" Episodio XI
Crónicas do Camiño "Os Señores do Castelo" Episodio XII
Crónicas do Camiño "Os Señores do Castelo" Episodio XIII
Crónicas do Camiño "Os Señores do Castelo" Episodio XIV
Crónicas do Camiño "Os Señores do Castelo" Episodio XV
Crónicas do Camiño "Os Señores do Castelo" Episodio XVI
Crónicas do Camiño "Os Señores do Castelo" Episodio XVII
Crónicas do Camiño "Os Señores do Castelo" Episodio XVIII
Crónicas do Camiño "Os Señores do Castelo" Episodio XIX
Crónicas do Camiño "Os Señores do Castelo" Episodio XX
Crónicas do Camiño "Os Señores do Castelo" Episodio XXI
Crónicas do Camiño "Os Señores do Castelo" Episodio XXII
Crónicas do Camiño "Os Señores do Castelo" Episodio XXIII
12 comentarios:
E verdade o Currillo é un lugar maldito.
Mira que te fijas
Que bó o do peepshow canino!
Varios veciños meus están baixo terra por culpa da puta heroína, foi unha xeneración maldita, non foi só no Currillo.
Angel
Creo que Luis ten razón, no Currillo había pouco mozos e case todos acabaron mal.
Escarabote é un lugar máis grande polo tanto con máis posibilidades de que a xernte caera, pero no Currillo n on se librou nin un, o que non foi na carretra foi pola drgoa ou está actualmente en rehabilitación, ou acaboiu en Conxo, etc..
Bueno, quedou Abeijon.
Xa vexo que non se che olvida ninguén dos que te cruzastes con eles, a verdade é que é impresionente, porque hai xente que fai anos que non se ven por aquí (evidentemente non falo dos que xa morreron). Eu, comparado contigo, teño memoria de peixe.
Xenial, sigue recordando cousas que así tamén recordamos nos.
Unha aperta.
No entiendo,alguien me puede explicar que es un peepshow?
só che podo decir que eu intentei ir a ver un co meu mozo en París pero ó final quedámonos cas ganas.
"o peepshow canino desapareceu con un par de pedradas...".
Imos a ver, está moi claro o que é un Peeshow: É UNHA RASA DE CAN PARESIDA Ó CHOW CHOW OU Ó SHAR PEI, PERO CON TENDENSIA MÁIS LUJURIOSA QUE ÉSTAS.
Total que no me estáis aclarando ninguna duda con respecto a lo del peepshow,más bien me estais haciendo un lío:si el peepshow es una raza de perro¿por qué hay que ir hasta París para verlo?no entiendo nada!
Milladoiro.
Alto, moreno, ojos verdes, bien parecido. Se ofrece para explicar graficamente lo que es un peepshow.
Copa jratis y vídeo.
PEEPSHOW ya lo dice la palabra, es PEPE (PEEP ) con la xouba (SHOW)
Heu hestou moi hinterezada en que "Zi a todo" me hesplique jrafikamente o do peechon.
Pozdata:peldón polas fartas de hortojrafría pero como komprenderedes non e fazil para unha Cadela poder hezcribir este komentario.
Publicar un comentario