viernes, 23 de enero de 2009

SEN SENTIDO, por Mary Hermo.

Con todo isto, e tanta festa, xa non sei nin o que escribo, e aquí vos deixo algo que escribin sen sentido, espero que polo menos comentedes algo, que ultimamente estades moi pouco faladores, que vamos ter que dicir, a verdade é que esperaba máis aportacións, máis recordos (entendede que a miña cabeza é pequena e ten que deixar sitio para o presente), pero se un se acorda dalgunha anécdota, pode que outros a completen e todos vaíamos lembrando ós poucos.



Os soños esvaecen, as ilusións son vanas, pero acaso conservar o único que ninguen debería perder, quizais o soño mais difícil de todos, quizais imposible, pero que cojones, a libertade que non me abandone pois entón xa non tería nada, sería cemento na masa social; porque amigos, xa non teño grandes “cousas”, disfruto do máis preciado, da familia, de bos amigos e da naturaza, e sego tendo a libertade de pensar ainda que xa perdín a de soñar, e doeme faime sentir atada a non sei que, nen porque.


As veces penso na morte pois é o fin, podería decir tantas cousas sobre a morte, a pesares de que non a coñezo aínda que vin como sigilosamente se arrimaba a min e pedínlle tan só un pouco mais de tempo, e agora que a chamo constantemente non quer acercarse dime que non lle da a gaña, e iso cabreame de tal maneira que non me deixa ver con claridade, hoxe é un día negro quizáis.


Polo día choro constantemente por non poder ver as estrelas e pola noite sego chorando por perder o sol, non sei porque e xa non o entendo, se as bagoas fosen aire esparciranse, pero as bagoas son agua e non esvaecen, permanecen ahi impasibles, observandote, asfixiandote ata gritar.

Deciame alguén que dormir era perder o tempo e non podiamos deixalo ir sen facer nada, sen soñar. Agora entendo pois o seu tempo acabou, perdeuno todo como o perdin eu a él.


Non son quen de lograr voltar vela luz, de librarme dese negrura do meu ser e xa empezo a crer que tampouco me interesa, pois non sei se paga a pena.


Todo é tan contradictorio, tan complexo, pero todo é nada, e iso que significa, quen sabe pode ser que a vida non sexa mais que un pesadelo ou que sexa como o vó dun páxaro moi fácil de abatir. Un gorrión que vive encadeado que pía por sair, e cando chega o momento desa saida tan añorada, perdese e non sabe que facer nen a onde ir. Estou, acaso, eu perdida....


Non podia perder mais do que perdin, pero ¿perdino todo?, e agora ¿que me queda?, ou ¿teño todo?

Mary Hermo.


Agora un vídeo para lembrar outros tempos, que non por ser pasados foron peores pero tampouco foron mellores, jajaja.

De quen se trata, que eu non sei que son estes nin cal é a canción



Premio: UN ¿TESTA? ROSA

5 comentarios:

Anónimo dijo...

Mary,non o tes todo, pero tes moito.
Tes humo como para poñer o video de Boney M.
Por certo fixadevos nos pes de Bobby Farrel.

Anónimo dijo...

humor quería dicir

Anónimo dijo...

VExo que a xente non participa, é normal neste día de temporal,
por unha parte estou con Ramón, esta oportunidade de comunicarnos hai que aproveitala.

Os sentimentos de Mary non son gratuitos, a presenza da negra sombra esta ameazante,hai tempo que non temos notiucias dela no blog,e o simple feito de programar e preparar o dia a dia deste Caderno de Bitácora, denota unha grande ilusión pola súa parte no proxecto.

Sei que non todo o mundo vive o asunto do mesmo modo e as obrigas de cada quen fan que a xente reste importancia.
pero por un momento temos que pnsar se imos deixar á xente ouvearlle á lúa ou sentirse reespaldados pola participación de todos nós.

Nada máis, hoxe é un día gris, día libre, prefería estar no choio e que fixera sol para todos.
LFB

Anónimo dijo...

Negra sombra, temporal, ciclón, día gris...
pero todo cambia cando abres o vídeo de Boney M.
Viches, a que é difícil non mover os hombros.

Anónimo dijo...

Os hombros vale, pero mover os pes coma o cantante xa son palabras maiores.