jueves, 22 de enero de 2009

CRONICAS DO CAMIÑO - 21.OS SEÑORES DO CASTELO - EPISODIO XXI - LEXIONARIOS LICENCIADOS - LUIS FERREIRÓS.



CAPITULO XXI-LEXIONARIOS LICENCIADOS

Desde Runs ata a casa quedaba unha carreiriña dun can, apenas tres kilómetros e case todo costa abaixo, primeiro unha costiña arriba ata chegar ó matadoiro de Xarmea, e despóis todo era cuestión de afroxar as patas e facer as zancadas o máis longas posibles para aforrar esforzos.Estaba claro que iamos facer o traxecto curto, todo pola beira da estrada, posto que estabamos cansos e o sol empezaba a caer por detrás da Curota, polo tanto emprendemos a baixada de Runs para cruzar o Rubicón pola ponte , esta vez xa licenciados, e emprender o derradeiro esforzo antes de chegar á casiña.



Unha vez chegados ó cruce de Coroño , cruzámonos con Luis o Fosón(un home con dous carnés de identidade, cada un con nome e número diferente) nunha vella Mobilette co escape aberto;A estridencia do son e a cantidade de CO2 que aquel aparatiño botaba pola parte traseira non eran deste mundo, a suposición máis certera facíanos ver que o mentado aprendiz de Angel Nieto, ía para a súa casa, sita no lugar de Coroño, ó lado da taberna, para poder precurarse, pasar un peine e marchar para a movida que xa daquela empezaba a facer furor entre a xuventude da comarca, polo daquela os sábados iase ó Suky a botar unhas bailas e tomar uns cubaslibres, porque o que era disfrutar da música era unha cousa bastante improbable, posto que Juan do Suky sufría ás veces arrebatos de euforia e autosuficiencia que facían que tomase o mando da cabina do pincha e empezase a poñer pachanga a toda mecha, baixo os gritos de “GHERRA”, que o mesmo dono do local emitía a micro aberto para asombro de toda a plebe alí concentrada.

Alcanzamos o matadoiro de Xarmea sen novidades salientables e comenzamosa a baixar pola beira antes de chegar ó transformador de Fenosa, cada vez que pasaba por alí víñame á cabeza lonxanos recordos da nenez na casa dos meus avós subindo e baixando a costa nunha bicicleta de marca Honor, que o meu rescatara das silveiras no vello talller da Tenecia, eu quería unha Bicicross, pero era o que había, unha vella bici de cuarta man, e con máis quilómetros que un Alvarez Entrena, aínda así, fun o neno máis feliz do mundo cando meu pai tivo a ben decidir que xa non se podía vender, polo tanto era mellor aproveitala.


Enriba desa montura tiña pasado tardes de arriba abaixo,agarrado ó manillar de cornos e ós mandos dos freos metálicos e ríxidos, botaba carreiras con Montserrat a Cabeca que tiña unha bici máis grande, taménás veces levaba a Marisa na barra de ferro que atravesaba a bici de proa a popa, pero a miña condición física non permitía grandes alardes e normalmente agababa agotado e mandando á nena volver á casa andando.


Outra vez, despois de conseguir de forma furtiva a BH que Manola mercara por Reis despois de atopar 3000 pesetas no chan, foramos Marisa e máis eu facendo unha carreira por Xarmea abaixo, ata que os freos fallaron e a miña destreza non foi que de controlar a montura, de forma que os meus blandos ósos acabaron tirados no medio dunha silveira cuneta abaixo, foi máis doloroso levantarse que caer posto que daquela os rapaces estabamos feitos dunha especial aleación mezcla entre a goma e o titanio , e toda caida era superable e con rápida recuperación,… pero levantarse apoiando as mans nas silvas,.... penso que acabei con espiñas ata debaixo das uñas e tiveronme que extraelas unha por unha con pinza de depilar e para os golpes, pois bañarme en vinaghre, que era o mellor para a dor.


Ou eso era o que pensaba miña nai, posto que tiña frecuentes dores de cabeza e co fin de palialos metíase na cama cun pano bañado en vinaghre na cabeza, ata que o meu irmán pequeno espetoulle con toda a súa candidez:


-"Pareces Mcenroe", ....catro aniños e tan listiño Dios o dou!, Bendita inocencia!


Xarmea abaixo chegamos ó Catadoiro, a antiga casa de mamá Consuelo, a miña bisavoa, da cal teño vagos recordos, unha mulleriña miuda con gafas de cú de vaso e xa nas últimas.Non sei que anos tería cando morreu, pero debeu ser alá polo 74 ou 75, cando pasou a mellor vida , polo tanto os seus recordos quedan reducidos a un par de visitas na pronta nenez e pouco máis.



Foi nese punto cando cruzamos co furgón do peixe, unha Citroneta de cor branco que pasaba a última hora pola Ponte, tras pitar varias veces, as mulleres saían ás portas e a señora do peixe podía desa forma de liquidar as existencias que non poideran ser vendidas, normalmente a precio de ganga, e desa maneira, solucionar a comida dos domingos ós meus avós e de gran parte do lugar, posto que tocaba besugho ó forno cortado ó modo de barra de pan con cuartos de limón metidos en cada fenda que co coitelo era practicado no Ollomol.



Tamén por alí pasaba o pan, pero eso unha DKW que pasaba a media mañán , as conseguintes pitadas facían que a xente acudise ó bendito alimento, sen ter desa forma ter que desprazarse ata a vila ou á tenda máis cercana, que era a da difunta de Genucha a muller de Paquito o Maroño, na Ponte Goians,ó lado da casa de Mari Fé, que pintaba o colorete con barra de labios,... xusto antes do almacén de Uralita que todavía sobrevive ó paso do tempo.


Foi alí nese punto, pasada a casa dos meus avós, en chegando á fonte diante da casa de Ramoniña e Esclavitud, cando fixo a súa aparición, coma se dun espiritu falaramos, unha persoa que, eu particularmente, non quería que aparecese.



Crónicas do Camiño "A Vaca E O Carriso"


Crónicas do Camiño "Noite de Defuntos"


Crónicas do Camiño "Os Señores do Castelo" Episodio I


Crónicas do Camiño "Os Señores do Castelo" Episodio II

Crónicas do Camiño "Os Señores do Castelo" Episodio III

Crónicas do Camiño "Os Señores do Castelo" Episodio IV

Crónicas do Camiño "Os Señores do Castelo" Episodio V


Crónicas do Camiño "Os Señores do Castelo" Episodio VI

Crónicas do Camiño "Os Señores do Castelo" Episodio VII


Crónicas do Camiño "Os Señores do Castelo" Episodio VIII

Crónicas do Camiño "Os Señores do Castelo" Episodio IX

Crónicas do Camiño "Os Señores do Castelo" Episodio X


Crónicas do Camiño "Os Señores do Castelo" Episodio XI

Crónicas do Camiño "Os Señores do Castelo" Episodio XII

Crónicas do Camiño "Os Señores do Castelo" Episodio XIII


Crónicas do Camiño "Os Señores do Castelo" Episodio XIV

Crónicas do Camiño "Os Señores do Castelo" Episodio XV


Crónicas do Camiño "Os Señores do Castelo" Episodio XVI

Crónicas do Camiño "Os Señores do Castelo" Episodio XVII

Crónicas do Camiño "Os Señores do Castelo" Episodio XVIII

Crónicas do Camiño "Os Señores do Castelo" Episodio XIX

Crónicas do Camiño "Os Señores do Castelo" Episodio XX

7 comentarios:

Anónimo dijo...

Había prototipos de individuos que non se preparaban moito á hora de saír de marcha. Non tiñan consçiencia de sí mesmo, nin da súa apariençia, e dos que presinto que careçendo de complexos podían cheghar a lighar máis que ninquén.
Tamén sempre nos quedarán no recordo as imaxes de familiares e persoas queridas que non tivemos a oportunidade de conoçer
Os nenos daquela, se é que sobrevivían, cheghaban a ser máis duros.
As caídas nas silveiras nunca son aconsellables, porque aparte do gholpe en sí, que xa é doloroso, veñen despois as espiñas cando un se levanta.
Naquelas épocas as biçicletas aproveitábanse fosen de quen fosen e estiveran como estiveran, porque para rodar e explorar valían ben.
Os que máis flexibilidade tiñan para acomodarse en calquera parte da biçicleta, sexa na barra, no manillar,... eran as rapaças, que supoño que lles encantaba presumir de que alghuén as levase no seu "coche", a pesares da posible incomidade.
¿É así ou non chavalas? ¿Sighue sendo así en calquera etapa da vosa vida por ser vós como sodes?
Para surtirse de alimentos nos fins de semana á hora de preparar a comida, non façía falta tanta previsión coma hoxe en día que teñen que ter todo aberto para comprar. Comíase do que había e se non era do día, non tiña mal nincún.

Anónimo dijo...

Si señor, pasban polas casas a ofrecer alimentos.. aínda pasa agora.

Os rapaces eran máis duros antes,,, agora son un spitiminis sobre protexidos por nós as nais.

Anónimo dijo...

No entiendo lo de Macenroe

Anónimo dijo...

Antes as persoas poñían unha tira con vinaghre na cabeza para pasar o dolor..
Asçi parecería macenroe..moi bó

Anónimo dijo...

¿Luis o Foson é oq que estaba no Farmassia ?

Anónimo dijo...

Ja, ja ...O de macquenroe estivo moi ben.

Anónimo dijo...

Estou dacordo en que os rapaces de agora non saben facer nada mais que xogar ás dichosas maquinitas e,por suposto, que é culpa nósa(das nais)pero tamén dos pais que se poñen a ver o futbol e no nos axudan en nada.(e é que o fútbol é un rompe-familias).