Benquerido Angel Abalo, desexo seghuir mantendo a nosa amiçade sen entender as causas que nos unen.
Non pretendo comprender as diferentes formas de ser das persoas, posto que xa é difíçil conoçerse un a sí mesmo, e por descontado aos demáis.
Aghora pola foto dóume conta de ti. É verdade que foi na EXB onde nos conoçemos. Vexo nesta foto que tiñas mellor pelo ca min, anque polo que che reconoçín foi pola expresividade da túa cara e sobor de todo polos teus marcados beiços. Non sei se a estas alturas sighues máis ou menos co mesmo físico ou se houbo cambios importantes.
Prevíase que co paso do tempo se iría deduçindo a verdade da historia que ti mesmo desmentistes. Nesa postura podía esperarse unha perturbaçión no sentir do ánimo da xente a través dos seus actos reflexos. Sendo ese o teu propósito como así comentas, supoño que terías asumido con antelaçión sufiçiente o que se entendía que tiña que cheghar, tarde ou çedo.
Referente a alcançar unha determinada meta por medio das lembranças das persoas, cada un toma distintos camiños que poden cheghar a ser desconçertantes ou enredantes respecto dos sendeiros habituais nos modelos de relaçións humanas estableçidas pola xeneralidade do común.
Un propósito "temerario e de vértixe" que rematou sendo aclarado.
No teu escrito aclaratorio vexo moita formaçión e traballo na construççión das ideas e o seu desenvolvemento. Un esquema que podería seghuir dando os seus froitos de aquí en diante no caso de intentalo.
Estou buscando alghunha fábrica de soños para poder aprender a soñar, en ves de reflexionar. Non loghro atopala.
Como dixo alghuén, o home é un deus cando soña e un mendigho cando reflexiona.
Prefiro soñar porque sempre se pode aproximar á feliçidade a que nunca debíamos ter renunçiado. Cos ollos dos nenos todo é máis fáçil. ¿Alghún adulto o consigheu?.
Ata onde se poda. Saúdos.
R. Laíño
13 comentarios:
Acabo de chegar á casa despois de sufrir o caos de barajas, e quedo asombrado..¿ese é Ramóm?
Como hemos cambiado!
Non entendo nada, se o da foto e Ramón, porqué éste fala como si o da foto fose o dichoso Abalo, a ver si mo aclarades,.
Un rapaz coma este non podía pasar desapercibido e eu creo que de eses beizos e de eses ollos acordarianse moitas e polo que parece tamen moitos.
Gustanme moito as túas colaboracións, quizás menos elaboradas e artísticas que outras, pero máis directas,máis faladas, improvisadas.
Gracias Ramón sigue así.
como pasou este moso polo instituto e non nos decatamos? By the way, eu tampouco non entendo quen ven sendo, Ramón ou Abalo? en calqueira caso estaba coma un queso.
Ramón pasou polo instituto, e daquela levaba pantalóns a cuadros moitas veces, moitos coñeciano como Ramón "O Filosofo", e foi a cena.
Imaxino que fala de Abalo por aquel escrito que fai un tempo enviara Angel Abalo (no que falaba que coñecia a Ramón), aquel escrito que era un tanto raro e que despois o mesmo Abalo desmentira. Asi que esto é unha reflexión sobre aquelo que escribira Abalo.
Ramón sigue asi.
Si, pero ¿QUÉN É O DA FOTO? PORQUE SI E RAMÓN NON ENTENDO QUE ÈSTE O DESCRIBA COMA SI FOSE ABALO?
Aclaremos o da foto é Ramón.
Ramón refirese a unha foto que Abalo mandou no seu artigo cando desmentira todo aquilo que dixera no seu primeiro artigo. Por eso Ramón cando veu a foto que enviará daquela Abalo se deu conta de que si o coñecía.
Este artigo de Ramón, era para publicar en contestación a aquel artigo de Abalo, o que pasa que naquel momento non se puido publicar por problemas alleos a administración do blog.
Ramón sigue escribindo, e ese lugar onde existen os soños e a felicidade está dentro de cada un de nós.
Saúdos a todos.
Ramón, non pensaba que o da foto foses ti, cantos anos tiñas nesa foto?
Espero que sigas contando mais cousas, menos mal que entre Luis e ti que estades escribindo cousas no blog facedes que siga vivo.
carallo ramón! ¿onde che vai esa melenaza? a verdade e que cambiaches no físico,pero segues sendo un filósofo puro e duro.segue así.
luis acaba de chegar do caos de praia xardín e xa está no blog.
hoxe é san amaro e houbo gaiteirada en goians,onde o amigo pedro naceu e pasou moitos anos.mañán hay festa en escarabote,no muelle , cunha orquesta e carpa incluída por si chove.para que vos enteredes todos.
NORABOA RAMON POLAS TUAS REFLEXIÓNS, SEGUE ASÍ AMIGO E CÓNTANOS MÁIS COUSAS. UN SAÚDO
Eu tamén prefiro soñar, Ramón, pero cando a veces hai que pensar cara a diante. O pasado tennos que servir coma un trampolín non coma un sofá.
Seguimos existindo e iso xa é dabondo.
Unha aperta.
Ángel Abalo
Publicar un comentario