Episodio XXV- O TROVADOR
Baixaba Antonio o do Boiro coa carretilla baleira, dando mostras da súa robustez e hercúlea complexión, facía que o aparato fose dando botes camiño abaixo sobre a súa única roda dianteira,normalmente baixaba a media tarde, pero suponse que aquel día quedar rezagado por algunha ignota razón, e polo tanto ía buscar herba á leira, que posteriormente tería que transportar costa arriba, facilitando de aquel modo a mellora da súa forma física.
Detrás viña Jose Luis o Carballeiro co seu can ó que chamaba Cola-cao, viñan enfrentados nunha carreira, poñendo a proba quen era o máis rápido, o home con can ou o home con carreta, e digo homes, porque a pesares da súa curta idade, eran uns mozos feitos e dereitos, xa tiñan traballado moitiño do nuestro señor toda a xente alá por aqueles tempos.Baixaban polo novo asfalto da via,qeu sustitueu ás antigas, pedras, lousas e pandullos que atopabas no camiño, sempre coa sorpresa engadida de algún charqueiro ou lameira en condicións no que poder facerlle a puñeta a algúén salpicandoo cos zapatóns.
Era moitiña a vida que o camiño levaba ó seu lombo, séculos de historia pasaran pola súas gastadas pedras ata que alá polos anos 70 algunha mente lúcida tivera a ben pasar unha capa de chapapote coa consabida alegría dos usuarios de carros e coches e a sincera tristura da xente partidaria de conservar o entorno, a historia,a harmonía….Os días que estaban a pasar o alquitrán era moi fácil camiñar polo lugar sen enterarte do que estaba a acontecer e acababas cos tenis completamente empichados, menuda faena! ..Sacar o piche dos tenis era unha tarefa fartamente complicada, nen con aguarrás Dispitol ou pedra pómez saía o demo do piche, ….quen non empichou un teni algunha vez na súa vida?...
Alí convivían novos e vellos, guapos e feos, listos e menos listos, no vello camiño vello, e alí…xusto na xunción que separa os dous mundos, os dous Boiros, estaba emplazada a casa das panadeiras, , dúas irmás que facían da fenestra o lugar mási cómodo da casa, vendo de esa froma rebulir o xentío e a veciñaxe, testemuñas da vida dos veciños, de Manolo o Comeuñas, de Sara a da “Casa de los niños”,de Ermitas a de Jaime a do “42”, de Fabeiro o avoghado, de Consuelo,de Maria a Pinchuda,de Sofía,de Pepita Caamaño, de Nicolasiña,de Celso, da Sastrería de Blanquita, do Señor Ventura o Zapateiro, de Doña Evarista,.. do taller do meu pai, dos anos oscuros e posterior renacer da parte baixa da vila, do espertar do pobo o sábado á tardiña,… da vida.
A morada das señoras era punto estratéxico de parada para Candidiño, un velliño da Ponte Goians,….. boina calada, barbiña de catro días,pel curtida, ollo dereito derramado,mirada triste, pena na alma, chaqueta marrón cruzada, pantalón de mahón e zapatillas rusas,trovador na miña nenez coa súa musiquiña onde quixera que estaba… xa non nacera moi ben o probe do home e arrastraba a súa penuria por toda a vila coa súa constante poesía….
Sempre foi vello,hai vinte anos era vello e agora aínda é vello, posto que aínda vive,agora con unha sobriña, daquela coa irmá na casiña na curva da ponte; …hai sesenta anos o meu pai levou unha “pallera” por culpa del, posto que o home , acuciado pola fame , a insensatez e o pouco sentido da propiedade, entrou na casa da miña avoa e apropiouse indebidamente, coa inocencia que só un home coas súas limitacións pode ter,dunha tallada de touciño,……. e a culpa levouna Manolo Catodoiro, que cobrou da súa nai co pau da escoba de xestas, ata que ó día seguinte apreceu Candidiño, saltando e carpindo coma sempre…---- “-Merseedes, non che roubo máis o tousííííño,”.
Sempre foi vello,hai vinte anos era vello e agora aínda é vello, posto que aínda vive,agora con unha sobriña, daquela coa irmá na casiña na curva da ponte; …hai sesenta anos o meu pai levou unha “pallera” por culpa del, posto que o home , acuciado pola fame , a insensatez e o pouco sentido da propiedade, entrou na casa da miña avoa e apropiouse indebidamente, coa inocencia que só un home coas súas limitacións pode ter,dunha tallada de touciño,……. e a culpa levouna Manolo Catodoiro, que cobrou da súa nai co pau da escoba de xestas, ata que ó día seguinte apreceu Candidiño, saltando e carpindo coma sempre…---- “-Merseedes, non che roubo máis o tousííííño,”.
Home de costumes moi arraigadas,perdido sen unha rutina que poder seguir, adoitaba ir todos os días aliviar a vexiga nunha gran pedra sita na curva, enfrente da casa de Faluco, ata que chegou o progreso arramblando con todo para poñer quitamedos,… quitamedos dos conductores e medo do pobre do home, que andaba desorientado, aguantando as gañas de mexar, sen saber onde facelo, ata que reventou e tomou por costume facelo noutro lugar, …aquel día coa pedra quitaron un cachiño da vida de Cándido, un cacho da vida do pobo.
Pero él continuou adiante e seguía a saltos, mordendo a man dereita chorando e repetindo constantemente a súa cantinela con sonsonete a ritmo de 3 por 4..-“Peeeghoume Pápaa, peghoume pápa..:”, ó que había que responderlle…” Vaite Candidiño que non che peghan máis”.. e o marchaba máis tranquilo repetindo o refrán.
Eu tíñalle medo, eran o Home do saco, O Lute, Manolo Carolo(matou á muller con sete cuchilos e un alfiler) e Candidiño os meus obxectos de temor,para min so era un velliño tolo que atopaba no camiño da Ponte, gritandome “Voute peghar, voute peghar..”, e polo tanto eu escapaba case sempre, pero Marisa achegábase a él e tranquilizabo decíndolle, “non lle peghes Candidiño que non é malo” e o bo do vello marchaba pola Ponte arriba repetindo “Peeeghoume pápa, peeghoume pápa”…. Coa súa musiquiña sen apenas chamar a atención dos transeúntes, acostumados á escea.
Unha vez, alá polos anos do instituto, cando non existían as beirarrúas diante do centro, nunha das moitas horas libres que tiñamos ou faciamos nós pola nosa conta, poidemos escoitar o triste cantar de Cándido achegándose provinte da praia,…alá viña o velliño con un impresionante cesto de corres cheo de arghaso pousado enriba da cabeza, pero eso non era impedimento para que seguira con seus saltiños, esta vez máis leves, e os seus prantos,..non seu canto pesaría a carga, pero moitos quiliños de nuestro señor viñan enriba da boina do noso amigo, que sin mediar palabra chegou ante cancela do centro, e cunha tremenda fortaleza, agachou o baixo lombo e ergueu os xeonllos tras baixar os pantalóns e sen que o cesto ladeara nen un centímetro da súa cabeza, soltou dous tremendos pinos para alegría de moscas verdes que acudiron á chamada da fame….naturalmente escarallámonos de risa, pobres, mentras continou coa faena e sen pasar nen un fieito por detrás tirou bandeando costa arriba co seu triste cantar , a silueta do velliño, rural Carmen Miranda co seu cestiño de arghaso,perdeuse por diante da tenda da señora Juanita cara á casiña da Ponte.
As panadeiras tiñan a ben facer uso de boa veciñanza invitando a Cándido a tomar café ou leite con galletas cando o probe do home pasaba polo Cano, e él, xente agradecida, paraba diante da fiestra e repetía unha e outra vez,-“Loola, venm’ abrir a porta, Loola venm’abrir a porta….”, ata que por fin..a boa de Lola, abreulle a porta.
Crónicas do Camiño "A Vaca E O Carriso"
Crónicas do Camiño "Noite de Defuntos"
Crónicas do Camiño "Os Señores do Castelo" Episodio I
Crónicas do Camiño "Os Señores do Castelo" Episodio II
Crónicas do Camiño "Os Señores do Castelo" Episodio III
Crónicas do Camiño "Os Señores do Castelo" Episodio IV
Crónicas do Camiño "Os Señores do Castelo" Episodio V
Crónicas do Camiño "Os Señores do Castelo" Episodio VI
Crónicas do Camiño "Os Señores do Castelo" Episodio VII
Crónicas do Camiño "Os Señores do Castelo" Episodio VIII
Crónicas do Camiño "Os Señores do Castelo" Episodio IX
Crónicas do Camiño "Os Señores do Castelo" Episodio X
Crónicas do Camiño "Os Señores do Castelo" Episodio XI
Crónicas do Camiño "Os Señores do Castelo" Episodio XII
Crónicas do Camiño "Os Señores do Castelo" Episodio XIII
Crónicas do Camiño "Os Señores do Castelo" Episodio XIV
Crónicas do Camiño "Os Señores do Castelo" Episodio XV
Crónicas do Camiño "Os Señores do Castelo" Episodio XVI
Crónicas do Camiño "Os Señores do Castelo" Episodio XVII
Crónicas do Camiño "Os Señores do Castelo" Episodio XVIII
Crónicas do Camiño "Os Señores do Castelo" Episodio XIX
Crónicas do Camiño "Os Señores do Castelo" Episodio XX
Crónicas do Camiño "Os Señores do Castelo" Episodio XXI
Crónicas do Camiño "Os Señores do Castelo" Episodio XXII
Crónicas do Camiño "Os Señores do Castelo" Episodio XXIII
Crónicas do Camiño "Os Señores do Castelo" Episodio XXIV
8 comentarios:
¿Ainda vive Candidiño?
Cantas veçes teño visto a ese homiño na época do instituto, cando eu ía andando con destino ao cruçe de Ponte Gheáns a façer dedo, á altura de mobles Muñis, e logho continuar camiñando ata a casa dependendo se parasen ou non.
Unhas veçes víao coa súa irmán na súa casiña que está xunta un pequeno outeiro situada na curva fronte á casa de Rafael Trasbach e por detrás da casa de Faluco.
Súa irmán era unha mulleriña representativa do noso mundo, delghada, correeira, mans osudas de traballo, con roupas escuras, un pano cor neghro na cabeça e coa responsabilidade de coidar do seu irmán que non se valía por si mesmo.
Outras veçes víao pasando por diante da forxa do ferreiro, que daquela aínda traballaba alí un señor maior que façía de ferreiro, a cal está a carón das escaleiras da casa de Faluco.
Noutras veçes, cando xa estaba eu situado entre as casas de Moncho o de Elvira, (tamén non era ben dado), e a tenda de mobles Muñis, a esperar porque parara alghuén, víao pasar camiñando pola curva do cruçe de Ponte Gheáns rumbo a cruçala ponte.
Sempre levaba o bo do home unha chaqueta e pantalón de terghal cor grís, coa sua pucha (boina) na cabeça, un jarsé, e unhas sapatillas rusas. O uso destas prendas era de a diario.
Así mesmo a cotío levaba o çesto na cabeça para a herba ou calquera outra çeifa da aghricultura, e outras veçes un caldeiro ou valde para coller aghua na fonte.
Víseo por onde o vise en calquera parte de Boiro, cantaba co seu xeito persoal, con arranques e paradas no ritmo dos seus cantares, coma se no seu mundo interior houbera un neno que se fóra queixando.
Tiña unha pel curtida e con sucos, queimada pola intemperie.
Sei que xa hai anos súa irmán tuvo que ser inghresada por enfermidade e creo que faleçera.
Non sei últimamente que foi de Candidiño.
Son persoas que nos deixan a súa historia natural e sinxela ó pobo e ás súas xentes. É resaltable e salientable a altura humana e directa destas persoas. Exemplos como: Ramonçiño da Arousa, Andresiño da A Cuncheira, Manolo de Mieites, etc...
Ghraçias a todos por existir e por façernos ter presente quen somos ou deberíamos ser.
Non vos olvidedes de "Andrea a Cacaia" de Rianxo!
Acórdome moi ben de Ramón o da Arousa porque cando eu era pequena viña moito por Taragoña,a miña amiga e mais eu tíñamoslle pavor sen motivo, posto que nunca nos fixo nada, se embargo o seu aspecto serio, a sua indumentaria e o saco que levaba colgado ó lombo non axudaba moito a que non fose así, ademáis os nosos pais aproveitábanse de este temor que tíñamos hacia o pobre de Ramón para que non marcháramos sen avisar ou voltáramos cedo para a casa.En fin, que tempos aquéles!
Luis, pero todo o que nos contas nos 24 episodios de crónicas do camiño, ¿pasouche nun só día?.
¿Qué foi de Moncho o de Elvira?, ¿De Candidiño e de tantos outros e outras?
MIRA QUE TILDAR A CANDIDIÑO DE TROVADOR; ESO É POSÏA E NON A DE NERUDA
Dios mio!, non me digas que aínda vive CANDIDIÑO, eu pensaba que xa levaba moito tempo no outro lado. Ves como esto ten que continuar que nos pos ó día de todo. Xenial, publicade xa o seguinte porque está do mais interesante.
Publicar un comentario