martes, 6 de enero de 2009

SAÍDAS PARA DIVERTIRSE E ANÁLISE IDENTIFICATIVO, por Ramón Laíño.




Estimado Anxo Pérez, fose onde fose que vos atopásedes no voso percorrido de camiño á diversión, estivérades na Fonte do Sequelo, ou na ponte de Escarabote façendo equilibrios para atravesala en plena etapa de construççión, incluso xa no punto de chegada a Boiro, vexo que un tipo coma ti, ben presentable, simpático, campechano, co estilo de baile de Jhon Travolta, con cubatas ou sen eles, estaría rodeado de chavalas cando quixera.

O que me dá un pouco de temor e que retornárades á casa pola ponte de Escarabote xa con algho de licor no corpo.

Explicaba alghún compañeiro que os autobuses de Salvador Muñiz conduçidos por José e que iban a toda mecha desde Escarabote a Boiro sansanicaban o cu nos asentos de madeira. Non sei se iso vos axudaría a desenvolver o estilo de baile tipo muelle que alghúns tendes a sorte de poseer.


Lémbrome de José de autobuses Muñiz. Un tipo bromista, parrandero e pavero que paraba na taberna de meus pais cando levaba á xuventude os fins de semana desde Boiro ata o baile do Son, que aparte de recoller aos que estaban nesta parada, tamén levaba a dúas persoas de “boa fe”, que lle faltaban unhas ferveduras de miolo e eran moi sinxelos. Preghuntáballe se querían ir ao baile cos demáis e por suposto deçían que sí. Entón peiteábaos un pouco, afeitábaos, collía dous bocadillos para eles e uns refrescos, e cheghados á sala de festas, pedíalles un favor ás distintas chavalas que alí había e que consistía en dignarse a bailar algho cos dous inoçentes ao tempo que se alternaban entre elas. Logho á volta deixábaos na parada de orixe.


Non hai moito que a xente se movía a pé para traballar e asímesmo en ghrupos para ir ás festas, romerías, e máis antighamente ás fiadas. Téñenme contado que iban cantando polo camiño, contando historias e contos, façendo paradas ou mesmo moçeando entre eles e elas. Dependendo como estivese o tempo e o terreo levaban calçado vello ata çerto punto do camiño e antes de chegar ao lughar da festa descalçábanse e poñían o calçado novo, metendo o vello nunha bolsa que agachaban nun sitio do monte. Ao retornar de noite á casa se non levaban lus consigho e non habendo claridade da lúa podía dárse o caso de non atopar o calçado vello e ter que ir sen el.


Téñenme contado que nos tempos dos avós e incluso, anque con menos intensidade, na época dos nosos pais, existían unhas fronteiras virtuales entre aldeas e parroquias, que aparte de influír dun xeito táçito e patente no vivir diario das xentes, nas súas diversións, faenas de traballo, ..., tamén se perpetuaban no feito de buscar parella e a súa posterior reproduççión.


Relátanse de ves en cando, feitos e batallas da xuventude de calquera lughar que iba divertirse ás festas ou fiadas doutra aldea dunha parroquia diferente. Se vían que calquera individuo que non perteneçera ao seu ghrupo territorial trataba de falarlle a unha moça do ámbito deles, enfrontábanse a el, podendo armarse unha pelexa, individualmente ou entre os dous bandos completos.


Estas pelexas podían ser tamén derivadas por provocaçións directas e dun xeito orquestado polo ghrupo para deçidir que aldea era a máis forte físicamente e quen se destacaba dentro delas, anque actuasen unidos, cada un partiçipaba seghundo as súas cualidades.


Nestas batallas campales entraban todo tipo de artiluxios, desde as propias trompadas cos puños, ata paus, paraghuasos,... e incluso había navalladas de xente desalmada que ten feito perighar a vida dalghunha persoa.


Contárame un vello do lughar que un chaval de Taraghoña víñalle façer as beiras nos días acostumados de moçear que eran os xoves, sábados e domincos a unha chavala de Cadarnoxo. Daquela todo se sabía xa que o mundo enteiro estaba no propio lughar, e ao exterior só se saía en contadas ocasións por alghunha neçesidade que non se pudese cubrir desde dentro. Dese xeito, os forasteiros detectábanse doadamente polos cans e a propia xente.


Resulta que alghún chaval gharabulleiro e ocorrente desa aldea sabía do conto. Tiña visto como o moço viña ben vestido cun abhrigo de tres cuartos e de boa tea, gharabata, sapatos novos... e tamén como pasaba polas corredoiras deica a casa da moça a cal estaba interesada nel. Debido á persoalidade deste armadanças do lughar, ocorréuselle chamar a dous máis do seu entorno que se sumaron ghustosos ás feitorías do randa. Deçideu coller un caldeiro e fixeron os tres as súas neçesidades sólidas e líquidas dentro del, á espera de que no próximo día que viñera o esperado “Romeo” polas corredoiras xunto a “Xulieta” deixarlle caer pola vestimenta vistosa todo aquel composto orghánico.


Todo ocorreo como tiñan planeado, e do pobre home nunca máis se soubo así como do proxecto da ilusionada muller que o esperaba.


Incluso os nomes das persoas tiñan a súa propia raighame. Entroncando con çertos comunicados que manifestaban indeçisións nos diversos comentarios relativos ao nome propio das persoas, direi que anque de neno e de adolesçente che conoçeran como Angel penso que non tes porque dubidar nin arrepentirte na eleççión do nome actual de Anxo. A cotidianeidade dun nome non elixido por ti e usado polos compañeiros pode ser cambiado. Cando o elixes dun xeito raçional, persoal e libre, e con máis motivo sendo consçiente e estando plenamente informado, debe ser tido en conta polos demais.


No momento de sermos bautiçados nós non pudemos elixir o nome. Ademáis os proxenitores actuaban condiçionados pola historia que lles inculcaron, polo seu autodesconoçemento, polos prexuiços persoais e soçiais. O máis subxughante é que o poder estableçido prohibíalles rexistrarnos cos nomes propios destes lares e façelos ofiçiais, no caso de que comprenderan e tiveran esa intençión.


Hai que ter en conta que ata determinada época da nosa historia coa que temos unha relaçión actual que cheghou ata nós, os pais bautiçaban con nomes nativos aos seus fillos. Era o máis normal do mundo porque ese mundo no ámbito cultural e idiomático era noso.


Debido a çertos avatares históricos perdemos o dominio propio en tódolos ámbitos preferentes da vida. E no caso persoal que nos ocupa referente á escolla dos nomes das persoas, direi que a Ighrexa e o Xulghado como instituçións alleas á nosa realidade dende uns séculos atrás e ata parte do noso presente prohibían bautiçar cos nomes vernáculos e posteriormente rexistralos, como parte dun puzzle moito máis amplo.


Sei que como individuo dunha comunidade na que un se integhra, cando se toma consçiencia de todas estas referençias nas diferentes escalas que correspondan, e en base a todo iso se deçide actuar dun xeito concreto e coherente, deberíamos açeptar en consecuençia a deçisión desa persoa, por xustiça para ela, para nós e para toda unha comunidade represaliada e reprimida ao lonco do tempo, asumindo a súa escolla e levándoa á práctica no noso uso diario.


Ramón Laíño


2 comentarios:

Anónimo dijo...

Acabo de recibir unha mensaxe supostamente de "cruz Roja". Non sei se ven con virus...por eso só copiei o texto sin direccións. Por si acaso fágovolo saber:

"PASADLO AL MAYOR Nº DE PERSONAS POSIBLE.

ES MUY IMPORTANTE. LO HAN PASADO DE LA DIRECCION GENERAL DE LA POLICIA, Y DEL MINISTERIO DEL INTERIOR.

NO RECOJAIS NINGÚN MOVIL QUE ENCONTREIS Y LEED ESTO ATENTAMENTE :
POR DETERMINADAS CIUDADES ESPAÑOLAS, INCLUYENDO MADRID, BARCELONA Y VALENCIA, SE ESTAN PREPARANDO ATENTADOS INDISCRIMINADOS CON LOS DETONADORES ROBADOS RECIENTEMENTE EN 'GRENOBLE' POR E.T.A.
EL 'MODUS OPERANDI' ES ACOMPAÑARLOS DE UNOS GRAMOS DE DINAMITA E INSERTARLOS EN TELEFONOS MOVILES, LLAVEROS, ETC... QUE LUEGO SE ABANDONAN POR LAS CALLES. TIENEN POTENCIA SUFICIENTE COMO PARA ARRANCAR UNA MANO.
ALERTAD AL MAYOR NÚMERO DE PERSONAS QUE PODAIS."


Aínda que sea un bulo ou unha broma pesada..Nunca está demais ter precaución ...
Saúdos.

Anónimo dijo...

y yo el otro dia recogí a una chica en una curva........que resultaba estar muerta........cuidado si veis a una chica haciendo dedo en el Sequelo......