jueves, 8 de enero de 2009

A PRIMAVEIRA ESTÁ DENTRO DE MÍN, Por Mary Hermo.

Espero que vos guste esta poesía, espero que poidan saír publicadas en breve, e que algunha editorial queira sacar adiante este proxecto, senón, terei que facer iso que se chama autoedicción, que aínda que custa cartos haberá que intentalo.
Lembrade que teñen propiedade, aínda que non sexan grandes poemas.

A primavera está dentro de min,

corre pola sangue

como auga tibia dun río.

Xa arrecende a rosas,

a xazmíns, a lilas,

a azucenas, a orquídeas.

Renace a paixón,

no máis profundo dun corazón,

o cariño e o amor

fai que sexamos nenos,

¡Iso é a primavera¡

Pois amase coa alma enteira,

sen atallos nin barreiras,

con tenrura,

sen malicia, sen codicia…

todo é suave e leve

coma brisa,

como o ceo,

onde as estrelas e os luceiros

xa iluminan os escuros sendeiros.

Máxico, pracenteiro.

A primavera levase dentro,

non o esquezas,

por que vai contigo

a onde ti queiras.

Mary Hermo


6 comentarios:

Anónimo dijo...

Creo ue co ano novo, deberiamos facer reconto de cantos seguimos este blog.

Anónimo dijo...

as doce e media e nadie se reporta, ben digo eu...

Anónimo dijo...

Joder Mary, a primaveira está dentro de tí, precisamente o día que mási frio fai de todo o inverno.
A poesía é bonita pero odía para poñela non é o mási indicado.

O blog debe seguir polo menos ata o verán

Anónimo dijo...

Fai un bo día, pero vindo das festas non digo que a primavera este dentro de min, máis ben o outono, agora a facer réxime.
un abrazo Mary.

Anónimo dijo...

Eu tamén esou bastnte contenta, a primavera esta dentro de min tamén, aínda que non teña o sangue alterado

Anónimo dijo...

Pois a min a primavera faime esbirrar.