jueves, 31 de diciembre de 2009

NOITEVELLA E PROSA OU AGHUINALDO DE NOITEVELLA / FIN DE ANO E ANINOVO, por Ramón Laíño



Festividade de remate do ano, que como o seu nome indica, çelébrase na derradeira noite do ano, como paso ao começo dun novo ano.


É xunto con noiteboa, unha çelebraçión de ámbito familiar, na que se poden reunir tódolos membros máis directos como intercambio rotatorio á hora de asistir á casa do familiar que antes fora invitado á nosa casa en noiteboa, e que aghora tocaría na del. A eleççión dun determinado foghar, de existiren eses costumes de intercambio para festexalo no ámbito da familia, é variable, posto que a quenda rotatoria non é de por sí obrighatoria, senón táçita ou amoldable aos momentos çircunstançiais de cada quen.


Incluso mantendo nestas festividades a estrutura tradiçional de convivençia interfamiliar, por lóxica deductiva e desde os seus iniçios douse a existençia de teren partiçipado so o núcleo familiar da casa na çelebraçión do paso dun ano ao seghuinte, debido a motivos de malas relaçións, ou simplemente pola pequena cantidade de membros en cada unha.


Por eso se sobreentende que os estados de ánimo e a diversa coxuntura interna e externa interrelaçional entre cada membro do clan, pode deixar provisional e transitoriamente sen efectividade estes costumes tradiçionais e culturais.


A tradiçión de tomar as doçe uvas, remóntase a prinçipios do século XIX. Este costume é exclusivo deste estado. A súa orixe non foi por motivos relixiosos ou culturais, senón máis ben por intereses económicos.


Na noitevella do 1909, os colleiteiros idearon o rito de tomar as uvas da sorte na última noite do ano, para desfaçerse do exçedente de uvas daquel ano. Con ela damos paso ó anonovo que çelebramos na conoçida como Noitevella: unha tradiçión neste mundo oççidental que se remonta aos iniçios do Imperio Romano onde adicaban xaneiro ó deus Janus que mira diante e detrás: o ano que se vai e o prinçipio do que vén, representados en dous rostros de home vello e moço. Entón os romanos convidaban a xantar ós amighos e intercambiaban mel con dátiles e fighos para que o ano empeçase con bo sabor. Co mesmo fin de boaventura ofreçerónse tamén as lentellas, mentres que na Idade Media a Ighrexa tratou de opoñerse a estes vellos costumes, o que non consigheu.


Hai puntos en común da Noitevella que podemos contrastrar co PUBLICADO SOBRE A NOITEBOA, deste 24 de deçembro de 2009. Os puntos en común son os seghuintes:


1. Os platos típicos, que serían dous, e non sempre posibles tendo en conta a orixe, condiçión soçial e situaçións históricas en que viveu a poboaçión, onde imperaba a neçesidade e carestía da vida ata ben entrada a etapa de madurés de nosos pais. Estes platos típicos son o bacalao con verduras da horta e posteriormente con coliflor, ou o caldo un pouco máis consistente que ao lonco do ano. Elixíase un en detrimento do outro, máis que nada por falta de medios.


2. Co mesmo problema de aççeso e como acompañante, pan de trigho e boroa, dentro dos impedimentos para poder conseghuilo, obter a materia prima ou preparala, seghundo as posibilidades de cada casa. Véxase ighualmente como curiosidade a picaresca dentro da casa dos seus propios membros á hora de ir ao forno para ghatuñar (=coller) anacos de boroa sen que os demais os visen. Existía un sustituto á defiçiençia ou inexistençia do desaiuno o cal se suplía cun cacho de boroa, que podía ser un carolo, e un ghrolo de caña antes de marchar para as tarefas que se encomendaban façer.


3. Semellantes atrancos podían darse coa consecuçión referida ao viño, a caña blanca e a caña de herbas.


4. Idéntica comparança para os postres: castañas coçidas, fighos pasos, uvas pasas, ghalletas, membrillo, rosca no caso de ter os seus inghredientes para elaborala (manteigha da vaca, ovos que se vendían e non se tiñan na casa, fariña de trigho, fermento, sucre, ...) Os postres púñanse nun plato ou bandexa no medio da mesa, para servir a eito e surtidos ou non, pero polo xeral en pouca cantidade, porque non había.


5. Prendíase o lume na lareira, pero xa sen o cachopo de carballo de Noiteboa. Quen dispuxera de coçiña de ferro tamén a ençendería, como un lughar de estançia máis.


6. A todo esto, tanto en sí o lume da lareira, como o da coçiña de ferro, e todo en conxunto, ten relaçión coa presençia das ánimas da familia en Noitevella, arredor do lume.


7. Permaneçe o rito máxico aghario de usar a borralla da lareira e da coçiña de ferro como fertiliçante das terras de cultivo e pradeiras.


8. Nesta noite non se podía apaghalo lume da lareira que debía morrer por si so, nin barrela coçiña ata o día seghuinte para non botar da casa as posibles ánimas que estiveran dentro.


9. Aghora en Noitevella tamén se pon un mantel propio desta data: de cor açul o pano, e coa çenefa vermella adornada con debuxos nela.

Como se ve, o mantel e a súa çenefa son de cores invertidas ás de Noiteboa.

Así mesmo a cubertería e louça combina, dalghún xeito, en cor ou tamén con debuxos, coa cor do pano do mantel ou coa súa çenefa.


A familia tamén tiña espeçial coidado en dispoñer dentro da mesma mesa dos vivos e entremesturados con eles, sillas baleiras para os defuntos e ausentes en vida da familia, colocándolle ighualmente a louça e cubertería neçesaria, pero sen a comida, a diferençia dos vivos.

Este ritual de deixarlle sitio aos defuntos e ausentes, entre os familiares presentes, simboliçaba a forte posibilidade de que nesta noite máxica, as súas almas acompañaran aos vivos na mesa e tamén ao calor da lareira. 


10. A preparaçión e proçeso do canto da prosa ou aghuinaldo de noitevella para cantalas de ruada polos lughares ten o mesmo modus operandi que na exposiçión sobre a noiteboa.


A prosa ou aghuinaldo de noitevella tamén era cantada dentro da sua mesma casa polos maiores ou demáis membros da familia que a souberan cantar, como prolonghaçión da de noiteboa, pero referida neste caso ao fin do ano.


Así mesmo, os menores de idade se quixeran cantar a prosa ou aghuinaldo de noitevella pola aldea e lughares máis próximos, poderían façelo sempre co permiso dos pais e coa condiçión de estar de volta antes de çear.


Esto non se cruçaba coa prosa dos máis maiores que sairían despois de çear ata, posiblemente, a mañán seghuinte seghundo o corpo resistise e como remate frecuente, de seghuiren en pé, sería na ighrexa cando a xente saíse da misa.


PROSA OU AGHUINALDO DE NOITEVELLA (=FIN DE ANO) E ANONOVO NA PARROQUIA DE CURES E LUGHARES DE IDÉNTICA TRADIÇIÓN. ESTO ERA O QUE SE CANTABA EN NOITEVELLA DENTRO DE CADA CASA, E DE RUADA POLAS ALDEAS E LUGHARES.

-------------------------------------------------------------------------------
De la medianoche en punto los ghallos quieren cantar, los años viejos despiden, los nuevos quieren entrar.


Despídete año viejo con alegría y contento, que naçió el niño Dios la noche del monumento. 

Hoy es día de año nuevo, el prinçipio de buen año y por eso le pedimos a ustedes el aghuinaldo. 

Hoy aquí nos van a dar una muy rica dadiva, un señor muy caballero, una señora muy linda. 

Vivan los que nos la dieron, nosotros que la llevamos. Quédense con Dios señores, hasta el año que volvamos. 

Y si es que no venimos a concluír este año, pidamos todos a Dios que nos tenga de su mano. Pidamos todos a Dios que nos tenga de su mano.
-------------------------------------------------------------------------------------



Ao día seghuinte, no primeiro de ano, o xantar e çea da casa era co que sobraba do día anterior, ou podía prepararse máis. 


O xantar e a çea de día de anonovo era de festa, por eso estaba implíçita a çelebraçión, pero podían levar consigho un ambiente de maior partiçipaçión e troula de existir alghún Manuel na familia, porque o primeiro de ano çelébrase como día de San Manuel.

miércoles, 30 de diciembre de 2009

COMO FUNCIONA O AR ACONDICIONADO? CREANDO FRÍO CON SUSTANCIAS REFRIXERANTES.

Ar acondicionado, climatizador, refrixerador. Agora que estamos sometidos ao calor do verán moitas casas e coches utilizan sistemas capaces de enfriar o ar e de diminuír a capacidade de sufrimento dos seus habitantes. No inverno facemos o contrario e buscamos maneiras para quentar o ambiente, como queimar combustíbel ou acender aparatos eléctricos.O calor é relativamente fácil de conseguir mais, como se crea o frío?



Enfriar algo consiste en reducir a enerxía cinética das partículas que o forman mais, como todos sabemos, a enerxía non se pode eliminar -nin crear- así sen máis. Nos sistemas de refrixeración que hai en neveiras, habitacións e coches esta redución de enerxía conséguese extraendo calor, ou mellor, movendo calor dun lado para outro. Trátase de aparatos que enfrían por un lado e quentan polo outro, o importante e por a parte que enfría mirando para o lado correcto.






As máscaras da materia


O desenvolvemento dos sistemas de refrixeración foi posíbel grazas a que coñecemos algunhas propiedades físicas fundamentais da materia. Nas condicións físicas en que transcorre a vida na Terra hai 3 estados básicos da materia: sólido, líquido e gas, e a transición dun estado a outro implica perdas ou ganancias de calor. O paso de líquido a gas chámase evaporación e -isto interésanos especialmente- neste proceso absórbese calor. A transición contraria, de gas a líquido, chámase condensación e é un cambio que emite calor. Estas transformacións de estado están tamén influídas pola presión, de tal xeito que controlando temperatura e presión é posíbel domesticar os estados da materia e cambiar dun a outro a vontade.


(Antes de seguir falando dos aparatos de refrixeración, un comentario á marxe. Ademais dos tres estados comúns da materia, hai polo menos outros dous que son menos familiares na nosa vida cotiá, aínda que moi abundantes no Universo. Un deles é o plasma, estado parecido ao gasoso mais formado en condicións de moita máis enerxía, nas cales os átomos rómpense e orixinan ións -partículas cargadas electricamente-. No Universo hai enormes cantidades de plasma por todas partes: é a materia das estrelas, e tamén encóntrase en capas altas da atmosfera terrestre, como na ionosfera ou na magnetosfera. Nas nosas casas podemos encontralo, en menor cantidade, dentro das lámpadas fluorescentes. Outro estado da materia, de momento pouco coñecido e moi estudado, é o condensado Bose-Einstein, detectado pola primeira vez en 1995 (os investigadores que o conseguiron gañaron o Premio Nobel de Física no ano 2001). Este estado conséguese a moi baixa enerxía, a temperaturas próximas ao cero absoluto (-273 grados Celsius)).





Unha sustancia ideal difícil de encontrar


Seguindo co funcionamento dos aparatos que “crean” frío, o obxectivo é carretar calor para outra parte mais, como se fai iso? En primeiro lugar é preciso encontrar unha sustancia que pase facilmente de líquido a gas e viceversa. A principios do século pasado a compañía DuPont sintetizou unha familia de clorofluorocarbóns (CFCs) que chamou colectivamente co nome comercial de Freon. Estes gases teñen propiedades que os fan idóneos para ser utilizados como refrixerantes, solventes e propelentes de aerosois: posúen temperaturas de ebulición moi baixas -son gases a temperatura ambiente- e ademais son incoloros, inodoros, non corrosivos, non inflamábeis, inertes quimicamente e non tóxicos. Máis tarde, ao descubrirse que os CFCs en realidade si son “tóxicos” para o planeta porque destrúen a capa de ozono intensificouse a busca de compostos similares e non daniños para o ecosistema. Na actualidade o Freon xa practicamente non se utiliza -as distintas variantes desta familia de sustancias están en vías de prohibición total-, e os novos aparatos de refrixeración levan un hidrofluorocarbón (HFC) chamado R-134 que non estraga a atmosfera -porque non leva cloro, o compoñente que reacciona co ozono-.






Exercicio de transformismo


Nun aparato de ar acondicionado o obxectivo é facer circular sustancia refrixerante (Freon, R-134, etc) por un circuíto pechado de tubos, de tal xeito que esta absorba calor ao pasar de líquido a gas, e o bote de novo para fora ao pasar de gas a líquido. Se todo funciona ben e non hai fugas o refrixerante pode durar moitos anos, xa que nunca sae da instalación de tubos, dando voltas unha e outra vez. O funcionamento é o seguinte: o refrixerante almacénase a alta presión en forma líquida e, cando é preciso, libérase por unha válvula a unha zona con moita menos presión. Esta parte do circuíto é a que enfría e chámase “evaporador”: ao diminuír a presión a sustancia tende a pasar de líquido a gas, evaporándose, proceso no cal absorbe calor. Os tubos ou resistencias desta parte do circuíto póñense en contacto co que se quere enfriar, por exemplo o ar impulsado polos ventiladores do teu coche. O seguinte paso da ruta consiste en volver o refrixerante a estado líquido, traballo no que colabora un compresor, que aumenta a presión e facilita a condensación, proceso que ten lugar na rexión do circuíto chamada “condensador” e na cal emítese calor ao exterior (un exemplo é o radiador que hai na parte de atrás das neveiras. E falando de neveiras, tamén é doado escoitar o compresor traballando, sobre todo polas noites). Xa temos de novo o refrixerante en estado líquido, listo para evaporarse e roubar calor ao ar infernal que nos baña algúns días de verán.






Este sistema ten outra propiedade moi útil que permite regular a humidade ambiental -por iso fálase de “ar acondicionado” -: o ar, ademais de enfriarse, deshumidificase, xa que o enfriamento provoca a condensación do vapor de auga. Na rexión do “evaporador” fórmanse gotas de auga a partir do ar que está sendo enfriado, que son recollidas e eliminadas (esta auga é, por exemplo, a que pinga o teu coche pola parte de abaixo ao utilizar o climatizador).


Xa sabes, se pasas frío: comprímete, condénsate e evapórate; non hai nada como converterse en refrixerante.

martes, 29 de diciembre de 2009

PICARESCA, TROULA, ENTROIDO, SEXO

A muller que capa os homes vive no campo de Noia. Fuxe home, fuxe home, velaí ven a capadora.


(Versión dun randa) - Velaí ven a capadora, a muller que capa ós homes. Vaite home, vaite home que che capa aghora.


Unha vella moi ben vella faiche coma unha ghavota, canto máis vella máis loca.


Vaite lavar porcona, vaite lavar. Se non che chegha o río tírate ó mar. Tírate ó mar porcona, tírate ó mar. Vaite lavar porcona, vaite lavar.



Dunha ves unhas fulanas, unha ghalegha e outra polaca empeçaron a berrar. ¿Como lle diría unha a outra?. ¿Non o sabes?


Polaca: - Ghalleghona, galleghona.

Ghalegha: - Polacona, polacona.


Meu ghalegho marido mandade unha carta para saber se estás morto ou vivo, que eu xa estou servida.



Pola cona bebemos e pola cona comemos e pola cona paghamos o que debemos e aínda cona temos.


(Outra versión): Pola cona bebemos e pola cona comemos e pola cona desempeñamos o que temos e aínda cona temos.



O carallo foi á cona pensando de beber viño, meteu a cabeça dentro, ghomitou polo fuçiño.



ENTROIDO:


1- O barco foi feito en Cures din que aghuanta moita tormenta e na primeira viaxe embarrancou en Moimenta, e con moito disimulo foino paghar o Chaveiro e mailo Gharulo.


2- Ai, adeus meu antroidiño, sempre fostes un ghandulo, por tres días de preada (talladas, graxa), sete semanas de aiuno.


3.- O entroido a cabalo do teu coiro.


4- Cálate / Ándate burro animal que estamos no tempo do carnaval.


5- Vaite entroidiño que sempre fostes un ghandul, por tres diíñas de chea e sete semanas de aiuno.


6- Adios meu santiño antroido. ¡Ai, adios meu queridiño. Hasta dominco de Pascua non como máis touçiño!.


7- (Outra versión): ¡Ai, adios meu entroidiño, hasta dominco de Pascua non che como máis touçiño!.


8- Do Entroido á Pascua hai sete semanas. As últimas tres semanas da Cuaresma son San Lázaro, dominco de Ramos e dominco de Pascua.


9- No dominco de Entroido poxábanse os pés de porco, típicos desta época, no adro da ighrexa para sacar cartos e ter misas a San Antonio. Despois o recadado dábanllo ó cura coa fin de telas misas.



Fórmula da poxa que levaba o sacristán collendo cada ves un pé de porco e ensinándoo e téndoo en alto:


Sancristán: - Haber, este pé.

Xente: - Calquer de entre a xente daba un preçio en alto.

Sancristán: - Á unha, ás dúas, ás tres. Pé para fulano.



Campo Xuño viva Nebra e vivan as miñas polainas que me quedan antre a herba.



As veçiñas quéreno e non llo dan e tocan a pandeireta co corno na man.



Un vello veu a un xoven enriba dunha chavala trebellando e ó ver que non lle daba xeito díxolle:

- Sácate daí rapas que é mellor façelo que / ca mandalo.



Para comer estou listo, para traballar non quero. Que traballe meu irmán que está ghordo coma un can.


(Outra versión). Señor mio Jesucristo, dios y hombre verdadero, para comer estou listo para traballar non quero.


Chamásteme conecheira, heiche mandar prender. ¿En cantas feiras me vistes cas conachas a vender?


Bailador baila con ela que che ten unha cariña, pareçe unha Madanela.


Bailador baila con ela, sacude ben os calçóns que pareçe que levas dentro un ferrado de abellóns.



D´oxe nun ano n´hai (non hai) outra, d´oxe nun ano n´ai outra. Árdello forno miniña, árdello forro da roupa.

[Outra versión]. D´oxe nun ano n´ai outra, d´oxe nun ano n´ai outra. O que mal lle pareçera árdello forro da roupa.


Érache unha muller e máis o seu home. El era bastante apaxocado. Marchou para naveghar e cando volveu atopou a muller a parir e dille el:


- ¿Pero María, como estás preñada de tanto tempo?


- Eh logho Xoseíño, que o rapas é o do seu tempo.


- E verás, ¿pero como é do seu tempo?


- Mira meu homiño, mira:

Abril, abrilete é o mes que se mete, son tres.

Maio, maiolo é o mes de meter o pistolo, son seis.

San Xoán, San Xoanás é o mes que naçe o rapas, son nove meses.

Así que o rapas é o do seu tempo.


- Tes raçón María. O rapas é do seu tempo.



Nós daquí e vós daí somos tantos coma vós. Nós comémolo carneiro e os cornos son para vós.



Dunha ves era así un medio apampado e chamábanlle tolo. Deçía el:

- A min me chaman tolo, tolo os do meu lughar que traballan e non comen, eu como sen traballar.



/ A mi me llaman loco, loco los de mi lugar que trabajan y no comen, yo como sin trabajar.



Se é rico e ten diñeiro cantarémosllo enteiro. Se é pobre e non ten nada unha mala foliada.

(Outra versión) – Se es rico e tes diñeiro cantarémoscho enteiro. Se es pobre e non tes nada, vaia para a terra, vaia.



¿Non sabes como dí o cura cando vai fóra?:


Copla: - O cura cando vai fóra déixalle dito á criada, veña tarde, veña çedo déitate na miña cama.

Dille ela como enghadido de prosa e falada:

- ¡Ai sí, hei de ter a cama quente para cando veñas ti!. ¡Ai, ¿ques que che quente a cama?. ¡Ven çedo e quéntala ti!.





Era o cura e mailo sancristán e aínda eran moços. O cura debía de estar sabido das oídas da muller do sancristán.


Cheghou un día no que o cura subeu ó campanario e veu á muller e ó sancristán a cabalo dela.

E despois díxolle o cura ó sancristán: - ¿E ti paréçeche ben estar en público como estabas ca muller?


Contéstalle o sancristán: - Pois non foi çerto señor cura.

Respóndelle o cura: - Súbete pois aghora ó campanario has de ver como che pareçe.

Sancristán: - É ben çerto señor cura que pareçe.




- Se mo destes non mo deras, eu pedir non cho pedín. Déstesllo a quen quixestes, tamén mo destes a min.



Joseíño se te vas déixame unha prenda túa, déixame a túa navalla para seghala verdura.


Esta noite vai de ronda, a que vén de parranda, para a outra que vén teño que durmir contigho na cama.

(Outra versión): - Esta noite vai de tuna, a que vén de parranda, para a outra que vén durmirei contigho na cama.



Para ir á Pobra (ás mulleres) hai que ter “cordel”. (“Retranca que dá lughar a unha ambigüedade entre a leria ou o membro sexual”)


Victorino da Chaparra quixo façer un fouçiño e saleulle unha machada. (“Chaparra” alcume dunha casa de Cadarnoxo).


Abriron a ferramenta e ven o resultado, eran todos de Moimenta.


As mulas teñen sete ideas, e unha é de derrubalo dono. As mulleres teñen sete ideas e unha é de matalo home.


Un chaval andaba estudiando e díxolle outro que estaba por alí de parranda aturuxando: -¡Aturuxa chaval!

Contéstalle o chaval: - Yo no se atrujar. (Tiña por menos o seu idioma e quería presumir falando o castelán)

E respóndelle o da parranda: - Pois entón ladra coma os cans para escorrentar os lobos ou o raposo.


Dunha ves foron os moços de Cures a unha fiada a Mosquete, e eles presentáronselles a elas, diçíndolle a verdade de onde eran eles. E as moças en correspondençia botáronlles esta copla:


- “ ¿De onde son, de onde serán?. Sonche da canle de Cures daquela terriña chan.”


Non quero lebre corrida que outro ghalgho a correu. Lebre que ha de ser miña téñoa de correr eu.


/ No quiero liebre corrida que otro galgo la corrió. Liebre que ha de ser mía la tengo de correr yo.


Asubía que vai vento, asubía que vai vento. Tamén eu asubiaba cando era do teu tempo.


O viño tinto é meu primo, o blanco meu parente. N`hai (Non hai) festa nin romaría onde meu primo non entre.


Pasoulle coma a outra que estaba lavando o bocoi e tiña medio corpo fóra e outro medio coa cabeça dentro para poder freghar o fondo do barril. Cheghou un por detrás dela e chantoullo e despois el marchou sen mostrarse quen era. Ela saeu para mirar por velo e saber quen fora, pero non pudo conoçelo. E logho de todo esto dille ela ao que marchaba:


¡Ai, marchastes!. Non che conoçín. Se che ghustou has de volver.



Era un sapateiro e outro home que cantaban así:

Para sapateiros, Noia. Para pérteghos, carballos. Para cautivalas nenas bonitas a cabeçalla do carro.

E sae outro diçindo: - A cabeça do carallo.



Un amo tiña un criado e mandouno á horta para que trouxese uns poucos fighos maduros da fighueira.

O criado así como os collía, así os escollía para separar os maduros dos hinchados aínda sen madurar. O cantar da escolla do criado era así:

- Figo maduro para mi culo, figo hinchado para mi amo.

Cheghou á casa e díxolle o amo:

- ¿Pero non había máis fighos maduros que estes?

- Pois non.

- ¿Coméstelos ti, non?

- ¡Ai, eu non que a min non me ghustan!

- Entón para a próxima ves non vaias máis.



O que lle pasou a un moço e máis a unha moça. O moço foille a el e dille ela:

- Métemo á metade, non mo metas todo.

Pero el meteullo todo. E di ela:

- Ai, métemo un pouquiño máis!.

Dille el:

- O trato é trato. (Xa non tiña máis para ofreçer).


Era un moço e máis unha moça, e díxolle el a ela:

El: - Xoana, ¿imos a unha romaría?

Ela: - E vamos.

El: - E mañán imos para outra.

Ela: - ¿E non será moita?

El: - Eh, non.

Ela: - Váisenos o tempiño todo dunha romaría noutra.

El: - Eh. Non faghas caso.



Cando a ovella ten máis lan é cando o carneiro está enriba dela.



O paxaro de María non sei que demonio ten, alá ás des da noite ponse o paxaro de pé. (Un home e maila muller cando van para a cama).



Borrachiño sen beber, borrachiño sen beber. Cuartillo e medio de caña aínda non me fai caer.



Unha vella estaba escarranchada ó pé do lume e pasou un ghato co rabo levantado por debaixo das pernas dela. Dille a vella:

- ¡Ai ghatiño, volve outra ves que fun moça e son vella e nunca tuven ghusto coma ela!.



Non te aghaches, non te aghaches. Non te aghaches na silveira.

Non te aghaches, non te aghaches que se che ve a monteira. (= a ghorra).



Baixei por Covelo abaixo, boteille a man a un loureiro.

Vivan as moças de Cures e mailas de Carboeiro.


(Outra versión): - Baixei por Covelo abaixo, caín / escorrín nun toxo.

Vivan as moças de Cures e mailas de Cadarnoxo.




Eu vou e ti tamén vás á feira do çinco comprar un rapas.



Árdello eixo, árdello carro, árdello eixo, bótalle barro.

Árdello eixo carballeiriña, árdello eixo miña miniña.



O conto de Françisquiño:

Françisquiño era ghaiteiro e cando morreu metéronlle a ghaita antre as pernas. A muller no velatorio deçía chorando:


- ¡Ai Françisquiño, cantas veçes me tes divertido ca ghaitiña que levas antr´as pernas.



Unha ves era un ghato çirolo, caghou para ti solo.

Outra ves era un ghato marqués, caghou para ti e máis para tres.

Unha ves era un ghato pinto, caghou para ti e máis para çinco.



Ide bailar moços todos, se rompédelas botiñas teño uns socos novos.




Eran dúas vellas e unha delas botou un peido, e díxolle a outra:

- ¿Brúache o pucho, María?

E dille a que o botou:

- ¿Oístelo, señora Pepa?




Estou rouco que o sinto, estou rouco que o sinto que me fixo enrouqueçer un vaso de viño tinto.



San Pedro peghoulle a Cristo cunha pedra nos collóns e respondeulle San Roque esas non son diversións.



Viva ramboia, ramboia viva, viva ramboia anque sea noite e día. (bis)

(Outra versión): - Viva rumboia, rumboia viva, viva rumboia anque sea noite e día. (bis)

(A ramboia ou rumboia é andar de festa, ruada, troula, esmorgha ...)



No la llames que no viene, no la llames que no viene que está tomando la sombra debajo de los laureles.



O cura vendeu a besta / burra por non lle dala çebada. (bis)

Aghora vai ós enterros a cabalo / enriba da criada.



O viño é cousa santa que naçeu na çepa torta. A uns quítalle / prívalle o sentido e outros non çertan da porta. (O viño é borracho.)



Moçiñas dalá dabaixo non valedes para nada, acheghadoras do lume, çiscadoras da borralla.



Pelona sen pelo, catro pelos que tiñas vendéstelos a extraperlo, pelona sen pelo.



Aí vai, aí vai, aí vai carallo, aí vai.

Os de Ourense son a ostia coa roda de afiar.


¿A qué andas Xaquín? (Pai dos Caseiros de Cures)

Ás corres. (= Vimbios para abater viñas, façer çestos, ...)

¿E para qué son?

Para façer un çesto.

¡Aiii Xaquín!. ¿Podíasme façer un a min?

Ahhh. O que che façia a ti unhas buçeiras para os peitos. (As buçeiras son unha espeçie de çestos pequenos feitos de aramio que se lle poñen ás vacas no fuçiño)

¿Uns sosténs para o peito?

Non, non. Unhas buçeiras. (Porque ela tiña uns peitos moi ghrandes)