miércoles, 23 de diciembre de 2009

AS ESTRELAS E O PODER DO CORAZÓN

Sabes por qué ós astrónomos e ás xentes lles gusta mirar as estrelas...?






Eu insinuareicho...


Enredándose no ceo entre o vento, os meus cabelos e os meus ollos, de alegría se enchen tamén de nostalxia e algo de melancolía. A morna lus da noite estrelada tráeme a paradoxa de ser Lus: Onda e partícula, materia e alma.





Esa trémula lus enfeitízache e non sabes por qué, poi eu cho suxerín, ...

A lus mediando entre o Ceo e Terra coa sua natureza virtual-ondulatoira atrapa toda a maxia virtual dos soles, estrelas, planetas, as suas criaturas e cousas...Esa mornura pálida que contén o pasado lonxano de galaxias polo tempo tal ves esquencidas e o presente do teu sistema solar, atrapa sen limitacións o que hai por dentro e fora das cousas. Na cara oculta da lus viaxa a contraparte virtual da mesma, aquelo que non é partícula pero si onda, aquelo que é a alma da materia dos seres e cousas. Aquelo para o que non hai limitacións de arriba abaixo dentro ou fora.





Aquelo que a muller ve, porque ademais de mirar sabe ver. E sabes por qué, por fin cho mostrarei pero so se as tuas hormonas son algo mais que masculinas, porque sendo muller se pode ver o que non se ve...





Os ollos da muller non ven nin sinten ou entenden a vida como os do home. (A clave está na diferenza esencial ó procesar a lus e por tanto na captación dos seus niveis de información...





=============================================================

Todo esto ten moito que ver cos efectos digamos " psicodélicos " da lus, debidos a sua natureza e velocidade. Exemplo, o tempo que pasaría lento para os viaxeiros dunha nave espacial que viaxase a velocidade lus





A sua influencia na depresión, nos embrións de tartarugas e crocodilos, no sistema nervioso endocrino circadiano, no carácter e comportamento das xentes e pobos do Norde e do Sul, etc.

A enerxía electromagnética (Lus) viaxa á velocidade de 300.000 Km/s., polo cal para a lus comparándoa con nós, apenas existe O Espazo-Tempo coas suas limitacións de arriba, abaixo, "dentro – fora", perto ou lonxe, etc.







Debido a eso e outros temas...na lus ou imaxes luminosas viaxa contida a información psicofísica de cómo son as cousas por fora e por dentro (Esencia)...(Teñamos presente a dualidade onda-partícula da lus e por eso a natureza da información que pode portar en ambos casos...)





Como ocorre que o cerebro e ollo da muller debido a seu menor tamaño de área preóptica e poboación neuronal (menos da metade), somete á lus que recibe, (para recoller a sua informacion) a unha menor transformacion ou degradacion, interpretación ou conversión en enerxía electroquímica, para que o cerebro gris poda procesar esa información, pois perde menos información daquelo que hai no interior da imaxe luminosa e que viaxaba máis en forma de enerxía electromagnética ou onda (Alma) que partícula... Tal parte da información é a menos sensual, concreta, material e “evidente”. É a parte mais subliminal. É a parte que pola sua natureza case atemporal e aespacial está en contacto directo con todo e todos... sen as barreiras que tanto limitan ó resto dos sentidos. É en parte a causa dunha certa intuición ou clarividencia subliminal que moitas mulleres posúen...






O home, realizando unha maior conversión ou degradación da imaxe luminosa electromagnética en enerxía electroquímica, captaría mellor a mensaxe “externa psicofísica” que porta o aspecto partícula da lus, pero non o interno que pola sua natureza e en consecuencia especial información, permite saber subliminalmente que hai tras un rostro, unha situación familiar, unha imaxe visual, unha compresión

Por eso a muller percibe na sua relacion coa vida, os nenos, etc., unha comunicacion superior á masculina en xeral...





É normal que esto ocorra así, pois a muller pode ser nai e eso e as suas hormonas posibilítanlle unha complicidade moi grande coa vida e a sua lus para poder crear vida. NON esquenzamos que a vida comezou na auga pola lus, etc... Estamos feitos de lus, auga e un puñado de sales...

O maior secreto está na lus. Unha televisión capta ondas electromagnéticas que supoñen películas, documentais, etc. que so se perciben se son transformadas en enerxía "electroquímica" no cerebro. Toda imaxe real teñen alma virtual, e quen sabe decodificala accede a maiores e mais profundas canles de informacion non tan sensuais...A television do home, en certo sentido é moi tosca noutros non...



Metafísica das tres forzas Linfáticas do Corazón


Ó corazón van parar tres forzas linfáticas: “maravillosa e misteriosa líquida trinidade psicofisiolóxica de altísimo valor racional, emocional e espiritual”. “Non esquencer a capacidade de aprendizaxe e memoria inmunolóxico-linfática...”





Antes que a ningún outro órgano, ó corazón chega a linfa procedente do pulmón esquerdo-Yang (expansiva forza enerxético-linfática, intuitiva, altruista, etc.).






Do pulmón dereito chégalle ó corazón a linfa (Yin) masculina, estructurante, centrípeta forza concretizante, amalgamadora...e por tanto racionalizante e diferenciadora, etc.)





Do cerebro chega ó corazón a linfa cargada de forza ou vontade neutralizante reguladora da diferenciación e unificación (Unidade-multiplicidade). As tres forzas fisiolóxicas, psicolóxica e espirituais triunifícanse no por eso incansable, intuitivo e amoroso corazón, para transmitir o seu latido divino...

Non convén abusar do alcol, tabaco, excesivas comidas, etc.; porque enturbian a linfa, acédana en exceso e distorsionan a conexión corpo-mente ou ó menos crean un corpo demasiado condicionado, díscolo, indolente ou pouco receptivo ás insinuación da alma daqueles que de por si, xa son pouco receptivos ó asunto...





O secreto da Linfa reside no Ph alcalino ou funcionalidade dos seus átomos de hidróxeno...verdadeiro dial de comunicación corpo-esencia...



3 comentarios:

Anónimo dijo...

Agradecese o cambio da cor nas letras: todo azul resultaba "incómodo".
Felices Festas na compaña das vosas familias.

Anónimo dijo...

¿qué ides a cenar mañá? eu vou de invitada, bueno a fregar e o mellor a facer vieiras e a levar o postre.
En calquer caso que o pasades todos o mellor posible.

Anónimo dijo...

miña nai sempre fai un ghalo da casa e arrimaremolles uns langostiniños.