martes, 29 de diciembre de 2009

PICARESCA, TROULA, ENTROIDO, SEXO

A muller que capa os homes vive no campo de Noia. Fuxe home, fuxe home, velaí ven a capadora.


(Versión dun randa) - Velaí ven a capadora, a muller que capa ós homes. Vaite home, vaite home que che capa aghora.


Unha vella moi ben vella faiche coma unha ghavota, canto máis vella máis loca.


Vaite lavar porcona, vaite lavar. Se non che chegha o río tírate ó mar. Tírate ó mar porcona, tírate ó mar. Vaite lavar porcona, vaite lavar.



Dunha ves unhas fulanas, unha ghalegha e outra polaca empeçaron a berrar. ¿Como lle diría unha a outra?. ¿Non o sabes?


Polaca: - Ghalleghona, galleghona.

Ghalegha: - Polacona, polacona.


Meu ghalegho marido mandade unha carta para saber se estás morto ou vivo, que eu xa estou servida.



Pola cona bebemos e pola cona comemos e pola cona paghamos o que debemos e aínda cona temos.


(Outra versión): Pola cona bebemos e pola cona comemos e pola cona desempeñamos o que temos e aínda cona temos.



O carallo foi á cona pensando de beber viño, meteu a cabeça dentro, ghomitou polo fuçiño.



ENTROIDO:


1- O barco foi feito en Cures din que aghuanta moita tormenta e na primeira viaxe embarrancou en Moimenta, e con moito disimulo foino paghar o Chaveiro e mailo Gharulo.


2- Ai, adeus meu antroidiño, sempre fostes un ghandulo, por tres días de preada (talladas, graxa), sete semanas de aiuno.


3.- O entroido a cabalo do teu coiro.


4- Cálate / Ándate burro animal que estamos no tempo do carnaval.


5- Vaite entroidiño que sempre fostes un ghandul, por tres diíñas de chea e sete semanas de aiuno.


6- Adios meu santiño antroido. ¡Ai, adios meu queridiño. Hasta dominco de Pascua non como máis touçiño!.


7- (Outra versión): ¡Ai, adios meu entroidiño, hasta dominco de Pascua non che como máis touçiño!.


8- Do Entroido á Pascua hai sete semanas. As últimas tres semanas da Cuaresma son San Lázaro, dominco de Ramos e dominco de Pascua.


9- No dominco de Entroido poxábanse os pés de porco, típicos desta época, no adro da ighrexa para sacar cartos e ter misas a San Antonio. Despois o recadado dábanllo ó cura coa fin de telas misas.



Fórmula da poxa que levaba o sacristán collendo cada ves un pé de porco e ensinándoo e téndoo en alto:


Sancristán: - Haber, este pé.

Xente: - Calquer de entre a xente daba un preçio en alto.

Sancristán: - Á unha, ás dúas, ás tres. Pé para fulano.



Campo Xuño viva Nebra e vivan as miñas polainas que me quedan antre a herba.



As veçiñas quéreno e non llo dan e tocan a pandeireta co corno na man.



Un vello veu a un xoven enriba dunha chavala trebellando e ó ver que non lle daba xeito díxolle:

- Sácate daí rapas que é mellor façelo que / ca mandalo.



Para comer estou listo, para traballar non quero. Que traballe meu irmán que está ghordo coma un can.


(Outra versión). Señor mio Jesucristo, dios y hombre verdadero, para comer estou listo para traballar non quero.


Chamásteme conecheira, heiche mandar prender. ¿En cantas feiras me vistes cas conachas a vender?


Bailador baila con ela que che ten unha cariña, pareçe unha Madanela.


Bailador baila con ela, sacude ben os calçóns que pareçe que levas dentro un ferrado de abellóns.



D´oxe nun ano n´hai (non hai) outra, d´oxe nun ano n´ai outra. Árdello forno miniña, árdello forro da roupa.

[Outra versión]. D´oxe nun ano n´ai outra, d´oxe nun ano n´ai outra. O que mal lle pareçera árdello forro da roupa.


Érache unha muller e máis o seu home. El era bastante apaxocado. Marchou para naveghar e cando volveu atopou a muller a parir e dille el:


- ¿Pero María, como estás preñada de tanto tempo?


- Eh logho Xoseíño, que o rapas é o do seu tempo.


- E verás, ¿pero como é do seu tempo?


- Mira meu homiño, mira:

Abril, abrilete é o mes que se mete, son tres.

Maio, maiolo é o mes de meter o pistolo, son seis.

San Xoán, San Xoanás é o mes que naçe o rapas, son nove meses.

Así que o rapas é o do seu tempo.


- Tes raçón María. O rapas é do seu tempo.



Nós daquí e vós daí somos tantos coma vós. Nós comémolo carneiro e os cornos son para vós.



Dunha ves era así un medio apampado e chamábanlle tolo. Deçía el:

- A min me chaman tolo, tolo os do meu lughar que traballan e non comen, eu como sen traballar.



/ A mi me llaman loco, loco los de mi lugar que trabajan y no comen, yo como sin trabajar.



Se é rico e ten diñeiro cantarémosllo enteiro. Se é pobre e non ten nada unha mala foliada.

(Outra versión) – Se es rico e tes diñeiro cantarémoscho enteiro. Se es pobre e non tes nada, vaia para a terra, vaia.



¿Non sabes como dí o cura cando vai fóra?:


Copla: - O cura cando vai fóra déixalle dito á criada, veña tarde, veña çedo déitate na miña cama.

Dille ela como enghadido de prosa e falada:

- ¡Ai sí, hei de ter a cama quente para cando veñas ti!. ¡Ai, ¿ques que che quente a cama?. ¡Ven çedo e quéntala ti!.





Era o cura e mailo sancristán e aínda eran moços. O cura debía de estar sabido das oídas da muller do sancristán.


Cheghou un día no que o cura subeu ó campanario e veu á muller e ó sancristán a cabalo dela.

E despois díxolle o cura ó sancristán: - ¿E ti paréçeche ben estar en público como estabas ca muller?


Contéstalle o sancristán: - Pois non foi çerto señor cura.

Respóndelle o cura: - Súbete pois aghora ó campanario has de ver como che pareçe.

Sancristán: - É ben çerto señor cura que pareçe.




- Se mo destes non mo deras, eu pedir non cho pedín. Déstesllo a quen quixestes, tamén mo destes a min.



Joseíño se te vas déixame unha prenda túa, déixame a túa navalla para seghala verdura.


Esta noite vai de ronda, a que vén de parranda, para a outra que vén teño que durmir contigho na cama.

(Outra versión): - Esta noite vai de tuna, a que vén de parranda, para a outra que vén durmirei contigho na cama.



Para ir á Pobra (ás mulleres) hai que ter “cordel”. (“Retranca que dá lughar a unha ambigüedade entre a leria ou o membro sexual”)


Victorino da Chaparra quixo façer un fouçiño e saleulle unha machada. (“Chaparra” alcume dunha casa de Cadarnoxo).


Abriron a ferramenta e ven o resultado, eran todos de Moimenta.


As mulas teñen sete ideas, e unha é de derrubalo dono. As mulleres teñen sete ideas e unha é de matalo home.


Un chaval andaba estudiando e díxolle outro que estaba por alí de parranda aturuxando: -¡Aturuxa chaval!

Contéstalle o chaval: - Yo no se atrujar. (Tiña por menos o seu idioma e quería presumir falando o castelán)

E respóndelle o da parranda: - Pois entón ladra coma os cans para escorrentar os lobos ou o raposo.


Dunha ves foron os moços de Cures a unha fiada a Mosquete, e eles presentáronselles a elas, diçíndolle a verdade de onde eran eles. E as moças en correspondençia botáronlles esta copla:


- “ ¿De onde son, de onde serán?. Sonche da canle de Cures daquela terriña chan.”


Non quero lebre corrida que outro ghalgho a correu. Lebre que ha de ser miña téñoa de correr eu.


/ No quiero liebre corrida que otro galgo la corrió. Liebre que ha de ser mía la tengo de correr yo.


Asubía que vai vento, asubía que vai vento. Tamén eu asubiaba cando era do teu tempo.


O viño tinto é meu primo, o blanco meu parente. N`hai (Non hai) festa nin romaría onde meu primo non entre.


Pasoulle coma a outra que estaba lavando o bocoi e tiña medio corpo fóra e outro medio coa cabeça dentro para poder freghar o fondo do barril. Cheghou un por detrás dela e chantoullo e despois el marchou sen mostrarse quen era. Ela saeu para mirar por velo e saber quen fora, pero non pudo conoçelo. E logho de todo esto dille ela ao que marchaba:


¡Ai, marchastes!. Non che conoçín. Se che ghustou has de volver.



Era un sapateiro e outro home que cantaban así:

Para sapateiros, Noia. Para pérteghos, carballos. Para cautivalas nenas bonitas a cabeçalla do carro.

E sae outro diçindo: - A cabeça do carallo.



Un amo tiña un criado e mandouno á horta para que trouxese uns poucos fighos maduros da fighueira.

O criado así como os collía, así os escollía para separar os maduros dos hinchados aínda sen madurar. O cantar da escolla do criado era así:

- Figo maduro para mi culo, figo hinchado para mi amo.

Cheghou á casa e díxolle o amo:

- ¿Pero non había máis fighos maduros que estes?

- Pois non.

- ¿Coméstelos ti, non?

- ¡Ai, eu non que a min non me ghustan!

- Entón para a próxima ves non vaias máis.



O que lle pasou a un moço e máis a unha moça. O moço foille a el e dille ela:

- Métemo á metade, non mo metas todo.

Pero el meteullo todo. E di ela:

- Ai, métemo un pouquiño máis!.

Dille el:

- O trato é trato. (Xa non tiña máis para ofreçer).


Era un moço e máis unha moça, e díxolle el a ela:

El: - Xoana, ¿imos a unha romaría?

Ela: - E vamos.

El: - E mañán imos para outra.

Ela: - ¿E non será moita?

El: - Eh, non.

Ela: - Váisenos o tempiño todo dunha romaría noutra.

El: - Eh. Non faghas caso.



Cando a ovella ten máis lan é cando o carneiro está enriba dela.



O paxaro de María non sei que demonio ten, alá ás des da noite ponse o paxaro de pé. (Un home e maila muller cando van para a cama).



Borrachiño sen beber, borrachiño sen beber. Cuartillo e medio de caña aínda non me fai caer.



Unha vella estaba escarranchada ó pé do lume e pasou un ghato co rabo levantado por debaixo das pernas dela. Dille a vella:

- ¡Ai ghatiño, volve outra ves que fun moça e son vella e nunca tuven ghusto coma ela!.



Non te aghaches, non te aghaches. Non te aghaches na silveira.

Non te aghaches, non te aghaches que se che ve a monteira. (= a ghorra).



Baixei por Covelo abaixo, boteille a man a un loureiro.

Vivan as moças de Cures e mailas de Carboeiro.


(Outra versión): - Baixei por Covelo abaixo, caín / escorrín nun toxo.

Vivan as moças de Cures e mailas de Cadarnoxo.




Eu vou e ti tamén vás á feira do çinco comprar un rapas.



Árdello eixo, árdello carro, árdello eixo, bótalle barro.

Árdello eixo carballeiriña, árdello eixo miña miniña.



O conto de Françisquiño:

Françisquiño era ghaiteiro e cando morreu metéronlle a ghaita antre as pernas. A muller no velatorio deçía chorando:


- ¡Ai Françisquiño, cantas veçes me tes divertido ca ghaitiña que levas antr´as pernas.



Unha ves era un ghato çirolo, caghou para ti solo.

Outra ves era un ghato marqués, caghou para ti e máis para tres.

Unha ves era un ghato pinto, caghou para ti e máis para çinco.



Ide bailar moços todos, se rompédelas botiñas teño uns socos novos.




Eran dúas vellas e unha delas botou un peido, e díxolle a outra:

- ¿Brúache o pucho, María?

E dille a que o botou:

- ¿Oístelo, señora Pepa?




Estou rouco que o sinto, estou rouco que o sinto que me fixo enrouqueçer un vaso de viño tinto.



San Pedro peghoulle a Cristo cunha pedra nos collóns e respondeulle San Roque esas non son diversións.



Viva ramboia, ramboia viva, viva ramboia anque sea noite e día. (bis)

(Outra versión): - Viva rumboia, rumboia viva, viva rumboia anque sea noite e día. (bis)

(A ramboia ou rumboia é andar de festa, ruada, troula, esmorgha ...)



No la llames que no viene, no la llames que no viene que está tomando la sombra debajo de los laureles.



O cura vendeu a besta / burra por non lle dala çebada. (bis)

Aghora vai ós enterros a cabalo / enriba da criada.



O viño é cousa santa que naçeu na çepa torta. A uns quítalle / prívalle o sentido e outros non çertan da porta. (O viño é borracho.)



Moçiñas dalá dabaixo non valedes para nada, acheghadoras do lume, çiscadoras da borralla.



Pelona sen pelo, catro pelos que tiñas vendéstelos a extraperlo, pelona sen pelo.



Aí vai, aí vai, aí vai carallo, aí vai.

Os de Ourense son a ostia coa roda de afiar.


¿A qué andas Xaquín? (Pai dos Caseiros de Cures)

Ás corres. (= Vimbios para abater viñas, façer çestos, ...)

¿E para qué son?

Para façer un çesto.

¡Aiii Xaquín!. ¿Podíasme façer un a min?

Ahhh. O que che façia a ti unhas buçeiras para os peitos. (As buçeiras son unha espeçie de çestos pequenos feitos de aramio que se lle poñen ás vacas no fuçiño)

¿Uns sosténs para o peito?

Non, non. Unhas buçeiras. (Porque ela tiña uns peitos moi ghrandes)

2 comentarios:

Mary Hermo dijo...

Esto está para rir, menuda recopilación fixeches ao longo de toda a túa vida, é de agradecer que alguén se lembre destas cousas para que non queden no esquecemento e poidamos telas para que os máis cativos algún día as saiban tamén.
Coñecía algunha pero outras non.

Os mellores desexos para o novo ano.

Biquiños a tod@s onde máis vos gusten.

Anónimo dijo...

non te extendas tanto, macho, que temos que ler moito