lunes, 7 de diciembre de 2009

OS BOSQUIMANOS


Na Reserva do Kalahari 23/05/2009

Botsuana confíscalle as cabras aos bosquimanos

Survival denuncia a presión do goberno ao pobo 'san', acosado desde a volta ás súas terras tradicionais.


En 2005, o chamado Nobel alternativo, homenaxeaba o pobo bosquimano na persoa de Roy Sesana, quen na altura dos seus 76 anos preside a organización para os dereitos humanos First People of the Kalahari. Este colectivo traballa desde os anos 90 na defensa do tamén chamado 'pobo san', chamando a atención da comunidade internacional sobre a política de "discriminación étnica" aplicada polo goberno de Botsuana e denunciando os desprazamentos impostos aos bosquimanos, obrigados a marcharen das súas terras ancestrais.



A presión sobre a comunidade bosquimana non mudou estes anos, malia a vitoria xudicial conseguida polos indíxenas en 2006. Daquela, os tribunais determinaron que a expulsión anos antes que lles impuxera o goberno de Botsuana fora "inconstitucional e ilegal". Dese xeito, a xustiza estabelecía que podían volver ás terras de onde foran expulsados. Atrás do conflito aparece a cobiza de administración e empresas pola explotación dos recursos da zona, principalmente das minas de diamantes que hai nas terras dos san.




Esta mesma semana, camións cheos de policías e gardas forestais chegaron á Reserva de Caza do Kalahari Central (RCKC) e confiscaron as cabras das tribos. Explican desde o colectivo Survival que as cabras son fonte esencial da dieta dos bosquimanos, especialmente durante a estación seca, xa que o goberno prohibiulles ademais o uso do seu vello pozo. Recordan ademais que o pobo san levan dous anos tratando de sentar co goberno para falaren dos seus dereitos sen máis resposta que o acoso e prácticas como a acontecida estes días.



"Os bosquimanos da RCKC pensabamos que os nosos problemas co goberno resolveríanse e rematarían, pero a postura que está adoptando o Ministerio de Turismo significa que non hai negociacións", láiase Jumanda Gakelebone, membro de First People of the Kalahari. "Nós, como bosquimanos, facemos un chamamento á poboación de Botsuana e alertamos de que a batalla está empezando", engade.

2 comentarios:

Josecho dijo...

creo que os administradores deste blog deberían plantearse pechalo dado o exito que ten nos últimos tempos. No último mes comentaron seis personas, sempre as mismas, i e realmente unha pena que a xente pase traballo para nada.

Anónimo dijo...

Se non che interesa vaite Josecho, telo naberto on fai mal a nadie, se a xente non comenta pode leelo igual, eu leo, pero non comento.

Creo que seguen esperando a túa colaboracción, que non da chegado.