jueves, 24 de diciembre de 2009

NOITEBOA E TRADIÇIÓNS MÁXICAS EN CURES, por Ramón Laíño

A noiteboa en Galiça começa o día 24 de deçembro ao anoiteçer, preparando a çea de noiteboa que é tradiçionalmente a çelebraçión máis íntima do ano na que acoden á casa prinçipal tódolos fillos e netos arredor da mesa para deghustar os platos máis típicos.
Hai que deçir que o dos platos típicos é moi reçente, máis ben de hoxe en día, exçeptuando as clases pudentes ao lonco do devir dos tempos, posto que na inmensa maioría das casas na época de nosos avós, bisavós, ..., e como non, na infançia e xuventude de nosos pais, o máximo ao que nestas datas podían aspirar a poñer na mesa era un “plato” prinçipal: caldo con máis carne que de costume, semellante aos días de festa da parroquia, unha voda, ..., posto que ao lonco do ano era máis ben lambido ou aghuado, con alghunhas verduras, e case nada de carne.
Había outra posibilidade como plato prinçipal que era o bacalao con verduras da horta, porque a coliflor, prácticamente, coma quen di, é reçén cheghada, ou polo menos a súa introduççión aquí foi tardía. Este plato de bacalao, sexa con verduras da horta ou máis tardiamente, coliflor, era un plato moi apreçiado antighamente.
O de obter pan de propia sementeira na casa, foi moi tardío. Lembra miña nai que se botaba millo, que falta façía para os animais, e case o consumían todos eles. Outra parte do millo reservábase para a xente para elaborar a boroa. So cando se melloraron as calidades do millo e começou tamén a existir maior produççión na casa e fóra, foi cando co paso do tempo se pudo aproveitar alghunha leira para sementar o trigho e poder ter pan de trigho para días espeçiais.
Así nestas datas farían o seu propio pan para pór na mesa, ou alghunha empanada de trigho. Pero realmente nesas épocas de carestía, nas leiras botábase millo, posto que as petadas de boroa enchían máis á xente e conservábase máis tempo.
Preçisar que de existir alghunha casa que pudera botar millo e neçesitaran tódalas leiras para esta planta por mor de alimentaren os animais e tamén para a xente da casa, enfornábase unha ves á semana para façer unha petada de pan de millo ou boroa que tiña que durar unha semana, posto que había que repartir moi ben a materia prima. Con tanta neçesidade, tanto os nenos coma os xóvenes tiñan a picaresca de ir ao forno,
(Forno da casa materna, onde eu estiven moitas veçes con meus avós a carón do lume na lareira.)
sen que ninquén os visen para coller cachos da petada de boroa que alí se ghardaba despois de coçida, porque os seus estómaghos medio baleiros non aghuantaban ata as horas de comer na mesa. Peores casos había cando se escoitaba en casas veçiñas a nenos queixarse por non ter que comer: “Mecagho en tal, dádeme de comer, que teño fame. Eu quero comer."
De tódolos xeitos, en datas espeçiais, como nestas festas do nadal, quen non cultivase trigho, ou incluso millo, poderían, no caso de teren alghún medio para eso, comprar algho de pan trigho ou a fariña para elaboralo eles.
Para beber, as casas que tiveran viñas, servirían na mesa os seus mellores viños. De non teren viñas, os que puderan comprábanllo ás casas veçiñas que o tuveran, ou nas tendas da época.
Os licores, por este territorio, era a caña de uva ou caña blanca, como tamén a caña de herbas. Como é sabido, este licor proçede do viño, polo que se deduçe que as casas que produçiran alghún viño, terían alghunha reserva de caña.
Ao longo do ano o costume da xente das casas ao erghuerse polas mañáns, xóvenes e maiores, era desaiunar con alghún leite fervido directamente da vaca, con boroa. Pero de non quedar leite porque a vaca non dera nincún por estar enferma, ou dera pouco e non cheghaba para todos, pois tomaban un aghua fervida cun pouco sucre e boroa. E antes de saír da casa acompañábano cun chato de caña, seghundo a idade da xente, xa que os nenos cun sorbiño xa lles cheghaba, e de paso levaban un codelo ou un carolo de boroa que podían ir remoendo para rematalo polo camiño ou façelo durar ata a hora da comida. Este combinado, caña-boroa mantiña á xente en pé de paso que iban para os seus traballos, prácticamente relaçionados co mundo agrhrícola, ghandeiro e forestal. Un exemplo eran os nenos que tiñan que levar o ghando da casa ó monte e estar con el, antes de baixar para comer. Alí safábanse como podían con ese sustento, así como con xoghos, se é que tiñan con quen xoghar. Costume moi extendida tamén entre os canteiros, os carreteiros, e todo o mundo do campo. Todo esto tiña un fundamento de soporte corporal, dada a escases e falta de alimentos na época.
Os postres no nadal (Noiteboa, Noitevella e Reis), escaseaban, ou nalghúns anos non se puñan. Eran moi sinxelos, como por exemplo alghunhas castañas coçidas, ou uns poucos fighos pasos, alghunhas uvas pasas, un cacho de membrillo, rosca no caso de ter os seus inghredientes para elaborala (manteigha da vaca, ovos que se vendían e non se tiñan na casa, fariña de trigho, fermento, sucre, ...) Estes eran os postres típicos destas festas. Se a xente tuvera medios para adquirilos nestas çelebraçións, púñanse nunha bandexa ou plato no medio da mesa, para que cadaquén fora servíndose el mesmo.
Lembrar que daquela a maioría non dispuña de cartos, e seghundo os medios económicos dos que dispuxesen, compraban a ghranel, por peso, pequenas cantidades do que podían: un pouco de castañas, posto que as castañas dos castiñeiros daquí eran pequenas e non daban ben a tona. Alghún pedaço de membrillo, fighos pasos, uvas pasas. Aclarar que se mercaba en pequenas cantidades, ou algho de todo, ou unha cousa en detrimento das outras, dependendo do ghusto e capaçidade de cada casa, pero entendendo que a neçesidade imperaba na vida.
Era posible que nalghún ano non puderan alcançar a poder façerse con este tipo de postres, enunçiados anteriormente para eses días tan espeçiais, e tiñan que pasar sen eles.
Unha tradiçión que había nesta data de Noiteboa por alghunha casa desta aldea e supoño que por mimetismo, no resto da aldea, parroquia e lughares çercanos, entre outros costumes que pasarei a relatar, era que na hora da xuntança dos familiares arredor da mesa, púñase un mantel propio desta data concreta: de cor vermella o pano, e tiña na caída do mantel unha çenefa açul adornada con debuxos nela.
O mantel e a súa çenefa son de cores invertidas ás de Noitevella.
Así mesmo a cubertería e louça combina, dalghún xeito, en cor ou tamén con debuxos, coa cor do pano do mantel ou coa súa çenefa.
A familia tiña, particularmente, espeçial coidado en colocar dentro da mesma mesa dos vivos e entremesturados con eles, sillas baleiras para os defuntos e posibles ausentes en vida da familia, poñéndolle ighualmente a louça e cubertería neçesaria, pero sen a comida, a diferençia dos vivos.

Este ritual de deixarlle sitio aos defuntos e ausentes, entre os familiares presentes, simboliçaba a forte posibilidade de que nesta noite máxica, as súas almas acompañaran aos vivos na mesa e tamén ao calor da lareira.
Un costume moi típico de por aquí na noite do 24 de deçembro, constatado seghundo conversas con alghuna persoa maior desta aldea de Cures, era o “Cachopo de Nadal ou de Noiteboa”, que se practicaba nesta aldea, e creo que por toda a redonda. Consistía en que nesta noiteboa despois de ter prendido coma sempre o lume na lareira, e ver que xa arrincara, botábaselle un cachopo ou toro de carballo ao lume, apoiado na súa beira para despois poder apartalo cómodamente antes de arder de todo.
Deixábase queimar o cachopo ata a metade, aproximadamente, e apartábase o resto a unha beira da lareira para volver arder cando houbera treboadas, tormentas, tronos, raios, pedraçeiras, ..., ata que durase para usar en próximas tormentas.
Cando se apartaba a un lado da lareira o pedaço do cachopo sen arder, este apaghábase por si mesmo. Entón o carbón e a borralla, ambos tamén con propiedades, que quedara onde ardera o cachopo, íbase arrrastrádoo para non queimarse, meténdoo debaixo ou peghado ó cachopo, para que fora arrefiando e apaghándose por si mesmo.
Por eso cando xurdiren novas forças desmesuradas da natureça, botaríase de novo o cachopo a arder na lareira para arredar a treboada, os tronos, pedraçeiras, raios, .... xa que deçían que consideraban que tiñan propiedades máxicas, e podían espantar os tronos e resto dos elementos.
De acabarse totalmente o cachopo por consumilo en casos de neçesidade,..., quedaría so a súa borralla e tamén o carbón.
O carbón iríase recollendo suçesivamente nas distintas ocasións nunha saqueta de fío ou tea, ou nun cacharro, e colocábano nun currucho da coçiña para ter a man cando viñesen días tormentosos,... Posiblemente tamén a borralla estaría a un lado da lareira, para cando xurdira de novo un día deste tipo, ....
Así terían materia máxica a súa disposiçión, alghún pedaço de carbón ou un puñado de borralla, de ser neçesario, para botar ó lume.
Como o cachopo de carballo tiña estas propiedades, ighualmente tamén o seu carbón e a súa borralla posuían estes poderes máxicos que espantaban os tronos e os seus elementos.
Nesta noite non se podía apaghalo lume da lareira que debía morrer por si so, nin barrela coçiña ata o día seghuinte para non botar da casa as posibles ánimas que estiveran dentro.
Esta borralla do cachopo de carballo, de non ser neçesaria empreghar para botar ó lume en días de treboada, tamén iba á borralleira, xunto coas çinsas do resto do lume desa noite e doutros días do ano que estaban na borralleira. Toda esta borralla aprovéitana hoxe en día, como antighuamente, para botar e estender polas terras de cultivo: leiras, brañas, viñas, ..., servindo de abono. Desto dedúçese un verdadeiro rito fertiliçante de maxia aghraia.
Máis tamén, tanto o lume da lareira en sí, incluíndo toda a leña, como mesmamente o cachopo de carballo, o carbón e a súa borralla, todo en conxunto ten relaçión coa presençia das ánimas da familia na noite de Nadal, arredor do lume.
Na noite de Nadal, 24 de deçembro, ou en Noitevella e Reis, como façía meu avó materno, anque podía ser calquera membro da propia familia dentro da súa casa que soubera estes cantares, dirixía o canto da prosa ou aghuinaldo, cantándolle a todos da casa, nenos e maiores, arredor do lume da lareira e posteriormente fronte á coçiña de ferro. Tamén eran frecuentes os contos.
Indicar que existía un costume moi típico que era cando daban as doçe da noite deste 24 de deçembro, calquera persoa da casa, xoven ou maior, iba a súa horta, ou por leiras máis distantes da casa onde soubera que había árbores froitais que non daba froita, con idade sufiçiente para dala, e con ela levaba un pao ou vara.
Entón, máis ou menos sobre esa hora, dáballe unhas vareadas ao tronco do frutal de paso que completaba unha volta arredor do seu tronco, e ao mesmo tempo deçía, seghundo o tipo de frutal que fose:
- "Laranxeiro, dá laranxas." E aí quedaba rematado o ritual.
De ser outro frutal, enunçiaría o seu nome cos seus froitos.
Outra posibilidade, en ves de dárlle coa vara ou pao, era poñerlle unhas pedras en cada ghalla que saía do tronco, ao xeito do corpo e en proporçión á resistençia de cada ghalla, deixándollas alí ata que se obtivera o seu propósito e pudera conseghuir dar froita.
Non se puñan nas ponlas porque podían caer enriba da xente. So se usaba a parte baixa do tronco coas súas ghallas.
Rematada esta fecundaçión aghraria, volvíase para a casa logho da misión cumprida.
Cando unha arbore frutal non daba froita, a xente deçía deles que eran palanquíns.
Anécdotas. Deçíalle unha nena a seu tío.
- Tío. Este frutal non dá froitas.
- É que é palanquín.


PROSA OU AGHUINALDO DE NOITEBOA, NAVIDÁ OU NADAL (DA PARROQUIA DE CURES E POR EXTENSIÓN ATA ONDE SE DILÚA A SÚA INFLUENÇIA. ESTO ERA O QUE SE CANTABA EN NOITEBOA EN CADA CASA, E DE RUADA POLAS ALDEAS E LUGHARES.)
Señores pido liçençia, señores liçençia pido, porque no dighan mañana, pícaro fuiste atrevido, pícaro fuíste atrevido, señores liçençia pido. 

¿E logho vai, ou non vai? 

– Vai.
Esta noche de Nadal, por ser noche de alegría, camiñando vai José e maila Virghen María.
Caminan para Belén por ver si lleghan con día, cuando a Belén llegharon la medianoche sería.
Fué José pedir posada a un mesón desconoçido.
Le dijo el dueño de casa, ábrele a los peregrinos.
Mira que dos gitanillos, dijo el bruto mesonero. Aquí no se da posada al que no traigha dinero.
Hay una vos que deçía: - Entre un paso más adentro. En el portal de Belén ha de ser su naçimiento.
En el portal de Belén parió la Virgen María, a un niño como una rosa, como una rosa florida.
En el portal de Belén naçió el niño Jesús, y los profetas deçían que ha de morir en la crus.
Los pajarillos cantaban, çelebraban noche y día, dighamos en voçes altas, viva Jesús y María. Dighamos en voçes altas, viva Jesús y María.
A rosa na maravilla. Viva o amo da casa e maila súa famila, e maila súa familia. A rosa na maravilla.
Días antes de noiteboa, había moços e moças de distintas casas, e incluso de aldeas diferentes, deçididos a xuntárense para cantala prosa, tamén conoçida como cantar o aghuinaldo, en todos os días espeçiais desas festas: Noiteboa, Noitevella e Reis.
Deçir que o canto da prosa ou aghuinaldo de Noiteboa é pareçido a Noitevella e Reis, so que fai referençia ó naçemento do neno Xesús no portal de Belén.
Para eso, por exemplo un mes antes das datas prinçipais deçidían ensaiar nun cuberto, ou casa, varios días pola semana dentro dese mes para preparar e perfeççionar a prosa. Estes ensaios, aparte de adaptar as voçes uns cos outros, tamén incluía os instrumentos típicos tradiçionais, que sempre había xente que os tiñan. E todos xuntos trataban de acoplarse. Xa moi tardiamente, foron incluíndose xunto ós instrumentos tradiçionais tamén alghún, por exemplo clarinete. Toda esta innovaçión é de época actual.
Comentar que dentro do ghrupo, tanto nos ensaios coma á hora de cantar polas aldeas, façían dous bandos de cantores, para ir á competençia e causar máis entusiasmo tanto entre eles como cando cheghase o día de cantar polas casas.
Así mesmo, ao ir açercándose os días, debían concretar a hora que tiñan que xuntarse despois de acabar de çear cada un coa súa respectiva familia, e o sitio onde quedaban de esperarse, así como as aldeas e casas polas que farían a súa ronda.
Botaban toda a noite cantando e çelebrando en ruada de noiteboa e parte do día de Nadal, 25 de deçembro, como tamén a noitevella con primeiro de ano, e víspora de Reis con día de Reis, eso dependendo do que lle aghuantara o corpo ou lles apeteçese.

Cheghaban de cantar a prosa, frecuentemente á mañán seghuinte deses días festivos (25 de Nadal, 1 de primeiro de ano e 6 día de Reis), xusto á misa que se estaba çelebrando neses momento e, á saída delas púñanse a cantar a prosa ou aghuinaldo diante da xente. Verso vai polo cantor do bando dese ghrupo e verso vén polo compañeiro cantor do outro bando dentro do mesmo ghrupo.
En pleno transcurso da noite cando iban de ronda polas aldeas e lughares, pedían liçençia en cada casa para saber se lles admitían cantar a prosa (o aghuinaldo) ou non. Se vían todo apaghado posiblemente xa pasaran de largho ou intentaban pedir permiso.
De estar sabedores de que nesa casa os seus habitantes estivesen con problemas de saúde, con dó por desapareçidos, ou por outros problemas, pois pasaban de largho.
Se ignorasen tales çircunstançias, e se puxeran a pedir liçençia, xa a mesma xente da casa, diría desde a xanela que se fosen, podendo sacar un pano en sinal desa situaçión, e incluso se lles indicaba que viñeran ó día seghuinte para reçibir o aghuinaldo, anque non pudesen cantar alí.
Cando unha casa lle daba liçençia, prendíanlle a lus de fóra, e podía ser que os mandasen pasar dentro, ou escoitalos fóra.
Había casas que lles ofreçían de beber, outras de beber e picar algho, e despois podía ser que lles desen o aghuinaldo (cartos) ou non llo desen. Tamén a xente das casas de paso que os escoitaban podían partiçipar a bailar, pero non se acostumaba a acompañalos a cantar porque a prosa xa estaba preparada polos cantores e podíanlle desbaratar os seus cantos.
Cando lle daban o aghuinaldo (cartos), había un chaval ou chavala do ghrupo xa encarghado de recoller o que lle daban. Podía ser que lle valese o seu propio peto, posto que os cartos, como se imaxinan daquela, eran escasos.
Logho de rematadas estas datas, despois de Reis, xuntábanse os cartos reunidos durante eses días e dispúñanse a façer a çea branca, que era unha comida para tódolos integhrantes do ghrupo que cantaron a prosa ou aghuinaldo.
Dispuñan o tipo de comida que se faría e polo tanto os víveres que se mercarían. Iban determinando a persoa ou persoas que se encargharían de preparala. Suponse que cada un dos integhrantes tería que elaborar algho na súa casa, por el mesmo ou coa axuda de nais e avoas. Posteriormente marcaban un día e buscaban unha casa ou cuberto libre para çelebrala.
Existía a posibilidade de que ghrupos de adolesçentes moi novos, co permiso dos seus propios pais, tamén se deçidiran a cantar o aghuinaldo ou prosa por aldeas çercanas durante a tarde pero tendo claro que había que rematar antes de çear. Ao xurdir neles o ánimo de cantar, este ghrupo ou ghrupos de rapaçes moi novos, non interfería no ghrupo de maiores, posto que estes façían a súa ronda despois de çear ata, probablemente a madrughada, se o corpo lle aghuantara.
Eventos importantes çelébranse por esta época coma os Santos Inoçentes, con data do 28 de deçembro, destacada polas trasnadas, inoçentadas, …, pero cunha orixe máis tráxica como foi a matança en Belén de tódolos nenos menores de dous anos ordeada polo rei Herodes para desfaçerse do neno que el entendía como naçido para reinar Xudea.
O Nadal ghalegho primixenio, dentro das orixes cristiáns do terçeiro século, ten unha clara relaçión aghraria, posto que debido ó mal tempo e ós días curtos, a xente çéntrase en traballos artesanos dentro da casa e tamén na matança do porco, data esta que acostuma cadrar polo San Martiño, arredor do 11 de novembro, con vistas ás festas do Nadal, e tamén por ser un tempo que se presta a conservar mellor a carne. Se non se sacrificara polo San Martiño, outra data estimada do sacrifiçio é antes da çelebraçión do Entroido, moi relaçionado cos alimentos que se toman tamén nesas datas.
Como di o refrán:
“En / Polo San Martiño mata o porquiño.”
E estoutro cantar-refrán relaçionado tamén coa matança:
“- Mata o porquiño, mata o porquiño, non o deixes enghordar.
- Non quero matalo porco que teño açeite a rodar.”
Avós, fillos, netos, ..., reúnense a carón do lume onde nestas datas, que seghundo a tradiçión, tamén se conghreghan as ánimas dos antepasados mortos na Noiteboa. Costumes que, xunto cos cantos, os aghuinaldos (donativos ó cantar “a prosa ou aghuinaldo”), constitúen as tradiçións nadaleiras que hoxe se conservan.

2 comentarios:

Paco do Martelo dijo...

Moi interesante a súa entrada, unha vez máis lévame a tempos da miña nenez, especialmente cando ía coas vacas de meus avós de A Graña pola serra, ou coas ovellas e cabras cando tocaba a quenda.
Rotábase e cada día tocáballe a un veciño de A Graña, Balteiro, Sabuceda e Noceda, e salvo raras excepcións, de volta cada rabaño dirixíase pola noite só para a súa aldea ou corte.

Nós a auga con boroa nomeabámola coma carolos, porque carolo era a parte de arriba da boroa.

Boas festas.

Anónimo dijo...

BOAS FESTAS A TODOS