jueves, 10 de diciembre de 2009

GEORGE HARRISON

George Harrison naceu o 25 de febreiro de 1943 e era o menor de catro irmáns, a súa familia vivía nunha casa adosada con catro habitacións en Wavertree, un barrio obreiro de Liverpool.





O seu pai traballaba como conductor de autobús municipal e súa nai era ama de chaves, segundo lembra George "As habitacións de baixo estaban terriblemente frías en inverno, xa que so había un calefactor en toda a casa e o lavabo estaba no exterior.



Cando cumpreu seis anos a familia mudouse a unha casa mais grande na periferia de Speke e anque a economía familiar non era moi boiante sairon adiante, sendo unha familia moi unida.


Cando xa era adolescente empezouse a interesar pola música e con axuda de sua nai comprouse a sua primeira guitarra, que lle custou tres libras e dez chelins, cifra que pagou a un compañeiro por vendérllela de segunda ou terceira man. Coñeceu a Paul do colexio, sempre ian xuntos no autobús a estudar e nos seus ratos libres sempre se reunía con Paul na súa casa para tocar.





Foi o único dos irmáns que asisteu á escola secundaria, onde se matricularía no prestixioso Instituto de Liverpool. Peor foi eso de estudiar xa que non era o seu e suspendeu tódalas asignaturas, excepto Arte. Como comprobou que eso de estudiar era unha perda de tempo, aceptou un posto de aprendiz de electricista.



Pasado un tempo, cando George contaba con catorce anos Paul presentoulle ó resto do grupo, pero ninguén o invita a unirse ó grupo. George empezou a rondalos e cada vez que lle deixan sobe ó escenario a acompañalos.





Sen darse conta, George comenza a ir ós ensaios e era capaz de tocar solos, a sua interpretación de " Raunchy " valeríalle para integrarse ó grupo. Tomada xa a decisión por parte de John e Paul, eliminan do grupo a Eric Griffiths e George seríoa o guitarrista principal do grupo, esto seria o 13 de marzo de 1958. Después da integración de Ringo Starr, ultimo membro dos Beatles o éxito estaba por chegar.



Cando filmou a sua primeira película cos Beatles " A Hard Day´s Night ", George coñeceu en dita rodaxe á modelo Pettie Boyd coa que se casaría posteriormente. Nesta película George ten a oportunidade de cantar como solista a canción escrita por Lennon " I´m Happy Just To Dance With You ", a que canta á perfección. Anque George tiña boas dotes como vocalista e compositor, sempre estivo á sombra dos seus compañeiros John e Paul os que verdadeiramente lideraban o grupo.





Xa na sua etapa final como membro dos Beatles, cabe destacar cancións tan belas como “Here Comes the Sun”, “Something” e “While My Guitar Gentli Weeps”. En novembro do 68 compón a banda sonora da película " Wonderwall " e ó ano seguinte lanza o seu segundo disco " Electronic Sound ". Despois da separación definitiva dos Beatles, Georeg edita o seu primeiro álbum comercial o triple " All Things Must Pass " que contén a canción " My Sweet Lord " sendo numero un mundial. En 1972 organiza un concerto benéfico a favor do pobo de Blangladesh no Madison, coa colaboración de " Bob Dylan, Eric Clapton, Leon Russell, Ringo Starr e Billy Preston ". Crea o seu propio sello " Dark Horse ", e publica " 33 1/3 " en 1976; " George Harrison " en 1979; " Somewhere In England " en 1981; e " Gone Troppo " en 1982.





A finais dos 80, a sua muller Pettie Boyd abandónao polo seu amigo Eric Clapton. Superado o asunto do seu matrimonio publica a canción " Got My Mind Set On You " coa que obtería un novo número un. Diagnosticáronselle varios tumores dos cales estívose tratando, pero un deles reproducéuselle e o 29 de novembro do 2001 morre nos Ánxeles á idade de 58 anos, rodeado da sua familia.







WHILE MY GUITAR GENTLI WEEPS


CHORA POR TI

Terminan despois de corenta anos unha canción esquecida de George Harrison.

Críase que a canción trataba sobre os desencantos doa mor, pero novas evidencias suxiren que en realidade fala sobre a complicada relación con John Lennon.


O ex integrante da banda, George Harrison, quen morreu en 2001, escribeu os primeiros 10 versos da canción "Silence (Is Its Own Reply)" nun borrador. A letra da canción foi ignorada ata que recentemente o presentador da radio da BBC Spencer Leigh pideu ó compositor Dean Johnson que rematara o tema.

Críase que a canción trataba sobre os desencantos do amor, pero novas evidencias suxiren que en realidade fala sobre a complicada relación con John Lennon.


Compuxéraa George Harrison na década do ’60. Logo o borrador foi entregado ó autor Hunter Davies para unha biografía da banda en 1968, segundo un cable de Ansa.

Na parte oposta do papel estaban escritas instrucións sobre cómo chegar á casa de campo no condado inglés de Sussex do manager dos Beatles, Brian Epstein.

A letra da canción foi ignorada por décadas ata que recentemente o presentador da radio da BBC Spencer Leigh pideu ó compositor Dean Johnson que rematara o tema.

Johnson ó longo da súa carreira tocou en bandas como Wet Wet Wet, Squeeze, un regreso da Electric Light Orchestra (ELO), Albert Lee e o ex Rolling Stone Bill Wyman’s.

Nun principio críase que a canción trataba sobre os desencantos do amor, pero novas evidencias suxiren que en realidade fala sobre a complicada relación entre Harrison e John Lennon.

Un dos versos di: “Faime felis decir que é so un soño. Cando me cruzo con xente coma ti, é so un soño e ti o fas obsceno”.


Segundo Johnson, "a letra é brutalmente honesta e George obviamente estaba escribindo desde o corazón. Tratei o mellor que puden de poñerme na mente de alguén na sua posición”, conclueu.

8 comentarios:

maybe dijo...

I'm appreciate your writing skill.Please keep on working hard.^^

Josecho dijo...

Pero mira como beben los peces en el río...¡ pero mira que andades despistados...rompepelotas¡¡¡ será posible? ala, home ala...

Anónimo dijo...

Non entendo nada do que esta pasando aqui.quen es o rompepelotas?

Mary Hermo dijo...

Felicidades a todas as Eulalias que hoxe están de honomástica.

Anónimo dijo...

Eu penso que Harrison foi o gran responsable da debacle dos Beatles, comeulles o coco a todos cos Mahrashis e a filosofía oriental, e así acabaron.


Josecho, josecho vai tapar o fech....

Marga dijo...

Pareceme a min que todo o mundo e libre de dar a sua opinión sobre os artigos do blog. somos moitos a os que nos aburre soberanamente o que se está publicando nos últimos tempos, e ainda asi temos feito comentarios e contado cousas para intentar animar a xente a participar e tampouco tivemos moito exito, por eso entendo que haia xente que pense que e mellor pechalo blog.
O que me parece impresentable e que se volva o estilo do ano pasado, ou sea que se non estás de acordo co que se publica ou non che gusta o que recibes son insultos e non razóns. Son estas personas as que deberian madurar.

Anónimo dijo...

Estou dacordo no que di esta compañeira.
A xente que insulta e descalifica os que pensan distinto deixa moito que desexar.
E sobre blog decir que hay que saber retirarse a tempo.

Administrador dijo...

As persoas que administramos o blog vamos a reunirnos e tomar unha decisión definitiva, e de momento dado que as colaboracións son escasas e as nosas mentes non dan para poñer artigos todos os días trataremos de seguir poñendo algo cada día.

Espero en breve que tomemos unha decisión, que probablemente sexa non pechar o blog e deixalo aberto sen máis artigos novos, para que quede aí para a posteridade da internet.

Un saúdo a tod@os lectores deste caderno ao longo de todo este tempo e gracias polos vosos comentarios.