miércoles, 16 de diciembre de 2009

O ROMANTICISMO DOS HOMES

HOMES MADUROS

1. Hai unha indescifrable e tentadora beleza na persoalidade de moitos Homes que hoxe están na idade madura. Claro, a regla enteira ten as suas excepción, ec ada idade ten o encanto e o seu propio valor. Sen embaro, con toda a consideración e respeto ás outras idaade, destacarei unha clase de Homes aquí, ese tip ode Homes que so nunha agradabilísima compañía. Os cuarentóns, cincuentóns e de máis idade tamén. Nótase cunha certa comodidade, a sensibilidade dos seus corazóns, a devoción que eles teñen para o máis fermoso: O sentimentalismo.







2. Eles son máis intelixentes, viviron, encantaron...Eles saben o que din, e saben falar a tempo. Eles cativan, saben facer agasallos sen incomodar. Eles saben conquistar unha boa amizade. Polo que se refire ás relacións, eles cambian a cantidade pola calidade, saben tratar a unha muller con respecto e afecto. Son Homes especiais, románticos, interesantes e atractivos por ese encanto que posuén na súa forma de ser, de pensar e de vivir.








3. Na forma de enfrontar a vida, son máis poéticos, máis sentimentais, máis emocionais e máis conmovedores. Os Homes maduros teñen a confianza en sí mesmos máis grande no tratamento coas mulleres, eles saben recoñecer as suas cualidades, son mais espirituais, discretos, entendidos e mais educados. As razóns polas que moitos Homes maduros posúen estas cualidades son debidas a varios factores. A opcion de ser e de vivir de cada un, as suas persoalidades, a propia e familiar formacion, as suas raices, sabiduria, os sabores individuais, etc... Creo que en parte, hai unha boa porción influenciada no xeito de vivir dun tempo... películas, música, sentimentos que deixaron recordos bos de xuventude, un tempo non tan remoto, pero coa certeza de que non volve mais.







4. Viviron a xuventude (tempo que marca a vida de todos nós) nun dos períodos máis bos do noso tempo: Os anos 60/70, considerados a "década de ouro" da xuventude, cando o romanticismo foi vívido e cantouse en verso e prosa. A influencia saudable dun tempo, provocada por tantos eventos importantes que hoxe se quedan na memoria e cambiaron a vida de moitos. Un tempo en que o mellor da festa era bailar lento e moverse ó ritmo suave das baladas románticas. A lus da lua inspirándoos... Os domingos con sol eran so felicidade. ¡Tardes de domingo de " xuventudes”... canta dicha!







5. Os vellos tempos, os días “bonitos”. Eles eran e aínda son, os Homes que mais souberon namorar: o noviazgo debaixo das escaleiras, a aperta de mans, abrazo suave, con respecto e con amor, os ollos nos ollos tiñan mais valor... A moda era amar ou sufrir de amor. Moitos viviron de amor... Outros morréronse de amor.... Estes homes maduros de hoxe, nunca foron Homes para “xogar”.







6. A xuventude pasou, pero deixou "gravado" neles, a forma mais sublime e romántica de vivir. Hoxe eles posúen un "equipaxe" de coñecemento, experiencias, madurez e intelixencia que foron aumentando co pasar dos anos. O tempo encargouse de distinguilos dos outros, deixando os seus cabelos cor de prata, os movementos mais suaves, a voz mais lenta, sen embargo mais resoante, hoxe eles son Homes que marcaron unha época. Teño a felicidade de ter a algúns deles como amigos virtuais, e noto estas características a través das súas palabras e xestos.








7. Moitos deles hoxe "dominan" con habilidade e destreza estas “máquinas virtuais”, demostrando que nin o progreso da tecnoloxía lles enfriou os sentimentos, porque aínda encantan cos versos, as rimas, a música e as verbas de amor. Non reduciron a gran capacidade de amar, sentir e expresar os seus sentimentos. Moitos fixéronse poetas, outros aman a poesía. Porque o máis importante non é a idade denunciada nos detalles das súas fisonomías e sí os valores das súas persoalidade. O importante é notar que os seus corazóns son xóvenes...








8. Eles son os Homes maduros, e nós, as mulleres, temos o privilexio de admiralos. ¡Por favor, restauren o que había de bo nese tempo! A xuventude hoxe necesita saber o que é o verdadeiro. AUTOR DO TEXTO: JC ROMANTICISMO.

3 comentarios:

Anónimo dijo...

Eu son maduro. Espero que me se me peguen máis das que se me pegan porque teño moito que dar.

Anónimo dijo...

Eu máis que maduro estou podre

Anónimo dijo...

O que está podre é por visio, porque hasta ajora aínda somos quen de ajuantar o tipo.

Érache boa, podre ó noso tempo. Pero bueno!