viernes, 18 de diciembre de 2009

SENTIMENTOS DO NADAL, por Ramón Laíño





Brilan as adornadas árbores envoltas en aleghres e reluçentes cores, como ghuías luminosas no tránsito a un ano novo.


En nós renaçes añorada maxia dunha época de soños, fábrica de desexos puros e ilusións de neno, onde todo é posible máis que nunca neste tempo.


Avança en silençio o reloxio do aire, surcando días de frío e humidade. Viaxeiro estaçional con destino e parada temporal, cubrindo co seu manto toda a cama no chan do camiño.


Ondea en burbulla de vida a cheminea fumeante, aloumiños de lume prendido e avivado á beira do lar. Calor humano de coraçóns reunidos á quentura do teu abrigho.


Fuxe no ocaso o curto día e esvaeçe coa entrada da escura e fría noite estreleçida, esperando ao compás do albor dun novo día, en que todo ao começar sexa un soño cumprido.


Nenos de inoçente e ilusionado coraçón, aghardan impaçientes a cheghada da branca neve. Compañeira de xoghos para brincar con ela. Materia de creaçión, convertida en aghasallo de boneco de neve que teña de todo e rematado en ghorro.


Inesquençible espertar na aldea dun neno con mirar sorprendido, nunha mañán limpa e clara en alfombra branca e fría. Curioso e conxelado ate os xeonllos, ollando o bater ao alto dun carpinteiro construíndo un carro.


Ecos de esperança arredor da mesa, Noiteboa, Noitevella e Reis. Suçesión de días sinalados, coa esperada prosa das xentes, en ruada de aleghres cantares polas aldeas e lughares.


Animosos camiñan en días tan espeçiais xuventude e, maiores dispostos a festexar con liçençia de cada casa por onde pasan. ¿Vai ou non vai?, ao son de cantos, ghaitas, pandeiretas e bailes.


Xa cantan os ghalos ao abrir do día, óense ao lonxe voçes de troula da xente reghreso da súa ronda.


Entre bromas veñen que non se teñen moços e, moças de non durmir, de tanto andar, doutras aldeas que á vista non se ven. Celebraron e reçibiron todo o que puderon, xuntaron os cartos coidando arranchar a súa cea branca tan mereçida.


Aventura a nai que hoxe virán os Reis, son espeçiais porque son Maghos. Señores bondadosos de ghrandes barbas, viaxando en camellos a carón das estrelas e a lúa.


Se fun bo e estou durmido, atarán na miña xanela os animais maravillosos que beberán do vaso e comerán do prato, mentres me deixan reghalos. E se lles apeteçe, poden baixar pola cheminea e estar na coçiña.

7 comentarios:

Mary Hermo dijo...

Moi fermoso poema Ramón, gústame moito, segue así que ti sabes sacar a flor de pel todos os teus sentimentos.

Unha aperta grande para tod@s desexandovos moitas noites boas ao calor do fogar e o lado dos seres queridos.

Ramon dijo...

Lémbrome que andaría polos catro anos, máis ou menos, cando vivía na casa de meus avós maternos.

Era época de nadal, nunha mañán, aínda çedo, e o çeo estaba claro e despexado. Façía frío e estaba todo branco. Dixéronme que se chamaba neve e que era fría.Penso que eu acabara de saír dunha enfermidade ou alghunha afeççión que me fixera estar na cama uns días.

Sacáronme a experimentar con esa cousa branca que eles lle chamaban neve e a pasear polos camiños da aldea.Non sei deçir que persoa maior da casa me levaba da man. Era verdade que daba unha sensaçión fría, mollada e que destellaba aos ollos cando me fixaba moito nesa cousa branca que estaba sobre o chan, muros e tellados das casas.

Cheghados á altura da casa de meus avós paternos, sentía o bater seco en madeira e ferro.
Agharrado pola man da persoa maior da casa materna que me traía, mirei para riba a un sitio alto e alí na eira perto do cuberto estaba un señor forte e de aspecto ghuerreiro batendo, desbastando e traballando na madeira para conseghuir crear o eixo, xunto con outras peças dun carro de vacas e despois tratar de ensamblar todo.

Miroume e saudoume sorrinte, mentres a persoa que me traía agharrada pola man deçíame que ese señor era meu padriño. Eu preghuntábame a mim mesmo, ¿que era eso de ser padriño? mentres estaba cos pes metido na neve.

Ramon dijo...

Ghraçias Mari polo apoio, pero verdaeiramente non sei se todo o que escribo transmitirá poesía ou sentimento profundo á xente.

Quixera poder estar na perspectiva das demais persoas para saber o que sinten cando escribo algho.

Un bico a ti e a todo@s.

Mary Hermo dijo...

Todo sentimento que se exprese merece a pena e por iso se transforma en poesía con verso libre pero cheo de sentimentos.
Eu creo que a poesía non é tan só a métrica, a rima, a estrofa; creo que é calquer sentimento que un expresa en forma de verso, en forma de canción, pois o importante é cantalo con dozura e paixón polo que se sinte e se está expresando.

Bicos a tod@s e unha forte aperta.

Anónimo dijo...

que o ano novo traia saude,, os cartos e o amor xa virán

Anónimo dijo...

¡ FELICES FESTAS A TODOS ! juanjo

Ramón dijo...

A persoa maior que me levaba pola man, era miña avoa materna, Esperança. Que descansen todos en pas.