Sara Ming é unha nena que chegou da China,da mesma China que fabrica monequiños de Ping e Pong,da que engaiola paxaros para vendelos nas tendas de "todo a cen". Veu para Galicia con so dous anos,delgada como un fieito pequeno e triste coma unha horta sen chuvia.Ao principio choraba por case todo e nin os seus novos pais nin a pediatra sabían a que se debía tanta tristura.Pasaron os días e pouco a pouco con moitos bicos e moita falta de sono dos seus pais parou de chorar. A avoa faláballe a modiño,o avó cantáballe cancións das festas e a súa madriña arrincáballe risos cas cóxegas que lle facía na barriga.Medrou a nosa Sara como medran as rosas nos xardíns ben fertilizados,bicos e mimos a modo de esterco. Pero Sariña non falaba,nin dicía-mamá-nin -papá.Probaron co mandarín estándar baixado directamente da rede e aínda así todo,nada.Xa non sabían que máis facer,a pediatra seguía a dicer que non había problema,que xa racharía a falar,que a nena necesitaba escoitar e escoitar,que xa sairían os froitos. A receita foi cumprida porque todo o día a Sara falábanlle,cantábanlle,non so a súa familia,tamén os veciños,nas tendas da vila,na farmacia..... A ver cando saía o froito porque a semente as veces sobraba. Iso foi o que pasou.Chegaron as festas do Patrón e Sara cos seus tres anos e o seu vestidiño amarelo corría arredor do palco da música.Tanto trouleou que cansadiña terminou no colo do seu pai adormecida.O grupo que amenizaba a verbena voltou do descanso e a música comenzou a soar.Como si dun resorte mecánico se tratara Sara brincou no colo cunha perguiza morrinenta para cantar ben alto:
A saia das Calolinas
ten un lasgarto pintado
cado Calolina baila
o lasgarto dalle ao rabo......
ten un lasgarto pintado
cado Calolina baila
o lasgarto dalle ao rabo......
2 comentarios:
Alguen sabría decirme se se suicidou un chaval de ó redor de 20 anos...e quen é se é verdade?
Si é certo que se suicidou aforcandose o día 24, é de xunto as casas baratas e tiña 21 anos.
É unha lástima.
Publicar un comentario