martes, 22 de diciembre de 2009

REFRÁNS POPULARES Por Ramón Laíño

Disque febreiro tiña tantos días coma os outros meses do ano. E resulta que veu aghosto e rouboulle un día e calado quedou. Entón veu maio rouboulle outro día e tamén calou. E así sen dous días febreiro quedou.



Hoxe febreiro e mañán candeeiro. (Día da Candelaria).



Febreiriño rabo torto, cos teus días vinteoito, que se levaras / duraras máis catro non quedaba / deixabas can nin ghato, nin corviño nin miñato que os levas todos no papo



Março, marçal, pola mañán cara de deus e pola noite cara de can.


No março por moito que quente o sol na plaça, non déixela capa na casa.


Deixa vir meu irmán março que che ha de façer andar cos pelicos no reghaço / ou debaixo do braço.

(En março apareçe o calor e produçe chaghas no corpo, e en maior medida nas partes onde se máis suda como debaixo dos braçoas. Así mesmo é cando lle caen os pelexos ás culebras ou cando os animais se atafeghan co calor.)


En maio te mollas e en maio te enxughas. / O que en maio se molla, en maio se enxugha.


Aghua en maio, pan do ano.


Entre últimos de maio e San Xoán tanto da o pan coma o quita.


En San Xoán non faltou un día para cardarse a lan.


Por San Cristovo tapa o covo. / Por San Cristovo millo ó covo.


En setembro arden os montes e secan as fontes.


San Mighueliño das uvas maduras, tarde vés e pouco duras.


Cando está bo tempo por San Roquiño, chóvelle polo Carme.


A partir de San Viçente nin cuarto nin creçiente.


Por San Martiño trompos ó camiño.


Se o que coida non colle / ten, o que non coida colle / ten menos.


O millo mesto, nin carro nin çesto.


O que trata en aves de bico nunca será rico.


Moito e ben non hai quen.


O que tarde se embarca un remo torto nunca lle falta.


Fai ben e non mires a quen.


Éramos poucos e pareu miña avoa.


Volta á bola que é de millo toda.


Canto máis arriba máis forte é a caída.


En tempo de ghuerra n´hai (non hai) carta a favor.


Fillos criados penas dobladas.

(Outra versión) – Fillos criados traballos doblados.

Vale máis mal arreghlo que bo pleito.


As curvas enderéitanse e os dereitos tórçense.


Morra a marta e morra farta.


Moitos ofiçios ten Xan e de nincún ghana pan.


Barco ghrande ande non ande.


O que de moço bailou ben aínda de vello lle da xeito.


Home de bighote excusa dote.


Poucas e boas.


Sopa e teta non cabe na boca.


O que se abrigha na folla dúas veçes se molla.


Con aghuas pasadas non moe o muíño.


O que dí a verdade non mereçe pena.


A bisnetos chegharás, a tataranetos non os verás.


Os tontos e os porfiados manteñen o estado.


Os moços queren saber e os vellos queren morrer.


Polo pouco ghanar ninquén se perdeu.


O que come de pé nunca farto é.


Se che doi a barrigha freghar cunha estrigha.


O ferreiro da maldiçión cando ten (se ten) aghua non ten carbón.


Cada un o seu que somos de Ribadeo.


Na terra dos lobos hai que ouvear coma todos.


Cagha o rei, cagha o papa e sen caghar ninquén se escapa.

(Outra versión). Jicha o rei, jicha o papa e sen jichar ninquén se escapa.


O caldo sen pan no inferno o dan.


O que pagha e minte o bolsillo o sinte. (Calquera que vai a unha feira, plaça,... e pagha o que lle piden e logho dí que o comprado valeulle menos, el mesmo se enghaña porque a cantidade a desembolsar foi a que foi.)

(Outra versión). O que vai á plaça e minte o bolsillo o sinte.


Para cortar unha ves hai que medir dúas ou tres. (Traballo do xastre)


Antes que te cases mira lo que haces.


Unha ves te casarás e mil te arrepentirás.


Entrar tarde, non oír misa nin comer carne.

(Outra versión) – O que chegha tarde non vai á misa nin come carne.


A pedir ghanas pouco e a dar ghanas menos.


Orade frades cos rapaçes nunca trates.


Ghato moi berrador nin por eso máis rateador.


O que ben se precura çen anos dura.


O que con rapaçes se deita caghado / mexado se levanta.


Aquí non mandan collóns que mandan ghalóns.


O que fai burla do veçiño vénlle a súa polo camiño.


O que se rí do veçiño vénlle a súa polo camiño.


Todo que veña que non se deteña.


Nin polo malo te mates nin polo bo te aghaches.


Na casa do ferreiro coitelo de pao.


Rei morto rei posto.


Para conseghuila hai que seghuila.

(Outra versión) – Hai que seghuila para conseghuila.


As posesións nin perdelas nin collelas.


O que teña tenda que a atenda ou senón que a venda.


O esquençido nin é reghalado nin vendido / aghradeçido.


Na miña casa non hai miseria dous candiles e unha vela.


O que lonxe vai casar ou chata leva ou a vai buscar.


Vale máis un casqueiro á porta que unha tabla no pinal.


Unha mentira ben posta, pouco vale e menos costa.


Vale máis viño demo que aghua santa.


Non as faghas, non as as temas.


A ghana de comer fai á vella correr.



O que moito apura pouco dura.



O que moito corre non vai a lonxe.



Muíño quieto non ghana maquía.



As contas da casa non dan cas da plaça.



O roubo xeitoso fai ó home ladrón.



O home e o can van a onde llo dán.



A muller e a sardiña canto máis pequena máis riquiña.



Palabras neçias, oídos xordos.



Cama ben feita ben se dorme nela.



Non me apuran os detrás pero tampouco me esperan os de diante.



Cardaduras de lan, senón chove hoxe chove mañán.



A coser e a descoser vanse as liñas.



No día da boda non se afeita a novia.



Meu santo San Freixo, de lencua non me queixo.



Xente de Noia campana de pao.



Cada un ten o que quere ou o que pode.



Unha ves home e dúas veçes rapas.



As silveiras teñen oideiras. / As silveiras teñen orelleiras.



Se a tormenta non para en tres días, bota nove.



En toda boa familia sempre ha de haber alghunha mancha.



Un pai que ten moitos fillos, uns salen direitos e outros torçidos.



O que non rouban apareçe.



Medio día caldo quería, fun ó pote e non había.



Carpinteiro da merda tira a terra antes de sacala pedra.



Bendita sexa a tallada que trae outra apeghada.



O que dá consellos non da diñeiro.



Hai homes pequenos e rapaçes medrados.




Ás nove déitame home e ás des durme se ques.



O que non dorme está desperto.



Comer e rañar todo malo é empeçar.



Se non se barre a casa non se casa.



Mañán ou morre a burra ou quen a arrea.



Lincua aghuda costilla dura.



Tres cun burro perdidos van pero catro algho (lle) fan.



Cada un trata do que mata.



Hasta o corenta de maio non tírelo saio.



Correr lixeiro e andar a modo.



Con fariña e fermento faise enchimento (anchimento).



O lobo de toda a carne come, menos da súa que a lambe. (Refírese ás súas crías ou prole familiar que as respeta e quere).



O mellor feixe é o que está enriba do eixe.



Encomódanse as comadres porque lle din as verdades.



O home e o can van a onde llo dan



Mañán tras mañán o carneiriño vai perdendo a lan.



O que come a nai para o fillo vai.



Sacha ben, sacha mal, sacha ben polo carreiral.



Moito e ben non o fai ninquén.



O braço no peito e a perna no leito.



Un anda coxo e o outro trenco. (cos pés para dentro).



Non hai peor cuña cá do mesmo pao.



Vai cos da feira e vén cos do mercado.



O que non chora non mama.



¡Ai miñas tetas, onte daban leite e hoxe están secas!.




A lúa pon os cornos para o mar, mal tempo. A lúa pon os cornos para o Levante, bo tempo.

7 comentarios:

Ramon dijo...

É ben boa verdade. De cumprir as súas neçesidades básicas fundamentais non escapa ninquén, nin rei, nin papa, sexa quen for e o que for.

Anónimo dijo...

qué, tocouvos a lotería?

Anónimo dijo...

a min tocoume merda, coma sempre

malamadre dijo...

E a min caghallóns...

Anónimo dijo...

Somos finos eh? pois a min tamen me tocou o de sempre, arrepentirme de gastar o que non debía para acabar tirando con todo. Outro ano será.

Anónimo dijo...

Pois a TV dixo que por Boiro algo caeu. Seguro que vos tocou e téndolo moi calado...

Mary Hermo dijo...

A min tocoume a pagar, menos mal que non merquei case nada, dúas participacións de nada é punto, por que sempre toca a pagar.
Pero sí, na administración do Bocacho venderon uns 10 décimos, así que algún afortunado haberá por ahí que o ten calado. Estaba a tele é todo.

FELICES FESTAS DE NADAL A TOD@S QUE AS POIDADES DISFRUTAR CON SAÚDE, PAZ E AMOR.