jueves, 3 de diciembre de 2009

PASADO, PRESENTE E FUTURO



O pasado é a clase de acontecementos que «inflúen» en nós, pero non recíprocamente.O pasado xérase pola morte. O presente é o campo dos acontecementos ligados por relacións de reciprocidade en canto á transitividade da comunicación. O presente está sempre inmerso nunha época, e unha época é, xeralmente, unha sucesión de presentes. Ao presente podería dárselle o radio (tomando como centro a nosa xeración) dun século, pois mais ou menos ocupan un século os homes vivos que inflúen sobre a miña xeración e aqueles nos que a miña xeración inflúe.



Propoñeríamos como característica do noso presente á que poderíamos denominar «conceptualización virtualmente integral» de tódalas partes do noso mundo (do mundo do presente). Mentres que nun pasado non moi lonxe cabía aínda atopar «terras virxes» (e non so no sentido xeográfico: tamén no histórico, lingüístico, político, &c.), é dicir, terras non roturadas polas tecnoloxías ou polas ciencias positivas, no noso presente esto é prácticamente imposible.



Tódalas partes do noso mundo están conceptualizadas (con maior ou menor rigor, sen dúbida) mediante conceptos tecnolóxicos ou científicos, e, por tanto, só a través dos conceptos, podemos, no noso presente, enfrontarnos co noso mundo dun xeito crítico (unha crítica que pode afectar, desde logo, ós propios conceptos).



Nós, agás que practiquemos a poesía, non poderemos falar inxenuamente da auga como o facía Tales de Mileto; a auga do noso mundo está conceptualizada pola ciencia física e química. Comprenderase, segundo esto, a pertinencia de tomar ao «noso presente» como criterio para diferenciar as diversas maneiras segundo as que pode entenderse a filosofía, en función precisamente a como estas diversas maneiras se refiran ó presente. O futuro é a clase de acontecementos nos cales nós podemos podemos «influir» pero de sorte que eles xa non poden influír sobre nós.

7 comentarios:

Mary Hermo dijo...

Eu creo que sí podemos influír no futuro, pois o noso futuro depende da elección que tomemos á hora de realizar ou levar a cabo actos na nosa vida, dependendo do que elixamos o futuro será dun xeito ou doutro, así que dalgunha maneira influimos no futuro sen darnos moitas veces conta ata que punto pode ser esa influencia.

Margarita dijo...

Es una suerte creer que podemos cambiar el futuro según las decisiones que tomemos. A mi me gustaría creer eso, pero no se si es por ser creyente o porqué yo soy absolutamente determinista. Creo que nacemos con un destino y las decisiones que tomamos y los diferentes caminos por los que caminamos ya estában decididos.
es verdad que existe el libre albedrío y supuestamente cada uno decide su vida, pero la experiencia a mi me ha enseñado que eso no así en absoluto.
Vulgarmente diriamos que hay gente con estrella y gente que nace estrellada y por mucho que haga nunca le sale una buena carta.
Lo de ser estrellada me lo tomo a coña porqué sino apañada iba, lo mejor es asimilarlo y hala, tirar para delante intentando sufrir lo menos posible.

l

Anónimo dijo...

Doime unha moa.Terei que tomar ibuprofeno a ver si me pasa porqué mañá teño unha cita. Dispois de dous anos sin mollar teño posibilidades asi que vou tomala pastilla para calmala dor. Desexademe sorte.

Pili dijo...

Maryyy ¡ son Pili, supoño que non e por desinterés senon por a miña falta de pericia ca informática, informoche que fai mas de unha semana che mandei un relato seguido de varios correos preguntandome porqué non o poñíades. Parece claro que non teño ben a vosa dirección asi que si che interesa mandame un correo e eu reenviocho co relato. En caso contrario non pasa niente.

Mary Hermo dijo...

Pili sinto pero estiven con problemas de saude e non mirei o correo, perdoa pero en seguida poñerei o teu relato.
Gracias por avisar.

Pil dijo...

Solo quería saber si tiña ben o correo. Alegrome que estés un pouco mellor. Bicos

Anónimo dijo...

¿cando se podera saber si o anonimo-a do 3 de decembro xa esta ben da moa e sobre todo se mollou?