martes, 15 de diciembre de 2009

DO AMOR E DO MOÇEO Por Ramón Laíño

Heiche de amar paxariño, paxariño ghorrión. Heiche de amar paxariño de día, de noite non.


Eu non me enamorei do aire, do aire dunha muller. Como a muller é aire, do aire me enamorei.


A pasalo reghueiriño díxenche que sí que sí, e do reghueiriño pasado catro cornos para ti.


A pasalo reghueiriño moito mel, moita manteigha. Do reghueiriño pasado busca nena quen che queira.


Arrabeas pola peneira, arrabeas por peneirar, arrabeas por ter amores, arrabeas por te casar. (Bis)


A estopa non é lan. Quen me dera ser estopa que tantos bicos lle dan.


Era un moço e unha moça e iban xuntos camiñando. Pero non sei que tiveron e enfadáronse. E dille ela:
- Non che quero Françisquiño, non che quero meu amor. - Non che quero Françisquiño, para min se acabou.


Maruxiña dónche (dóenche) os ollos, tamén che me dón os meus. Ímolos / Vámolos lavar ó río onde a troita lava os seus.


Rosiña dos carabeles o teu nome e mailo meu han de sonar en papeles.


Eran dous moços que se deixaran e ela quedara en çinta del. Logho ela foise casar con outro:

Ela: -Ghalán que andas labrando Deus che dea trigho.

El: - Hei boi. (Faloulle ó boi para que anduvese)

Ela: Hoxe mesmo hai un ano que querías casar comigho.

El: Jo boi. Parou o boi e díxolle el:
- Moça que vas de casar, Deus che dea proveito que o ghalán que vai contigho xa leva o camiño feito.



Na lancha de Manoela hai que saber naveghar a pasala noite en vela alá no medio do mar. Ai Helena, ai Helena, co viño quítase a pena.


Era un moço comandante que tiña unha moça e un día ela marchoulle con outro. Di el:
- Mañana por la mañana se embarca el bien de mi vida. ¿Quien será el piloto que la guíe?.


¡Ai, María!. Sales entre a semana e non me vés ver. Dis que non tes alma nin coraçón de muller.
- Por debaixo da ponte víronche pasar. ¿De onde vés María?
- Veño de lavar, veño de lavar, veño de lavar a roupa do meu militar.


Dunha ves era un matrimonio que ía para a cama e di o cantar:
- Desperta se estás durmindo que durmido non estarás. Tódolos namoradiños dormen un soño e nada máis.


Como deçía o outro: Era un home casado que tiña amores cunha muller e dille el:
(Copla): - Eu ben che dixen miniña, ben che desenghañei (avisei), díxenche que era (un home) casado aghora que che farei.
Contéstalle ela como enghadido para crear prosa: ¡Eh, xa!. Se teño un miniño, axúdamo a manter.





Quen me dera ter tomates como hai na tomateira. Quen me dera ter amores dunha miniña solteira.



Canta miña cantaruxa, canta miña cantaruxa, quen ten rabia que arrabee, quen ten catarro que tusa.


Moreniña por morena téñoche un ollo botado. Has de ser miña muller ou non hei de ser casado.



Á fonte vou por aghua, ó muíño por moer. Á casa de teus pais, rapaça, por che pretender.




Era un moço que estaba na rúa e pasou unha moça. El botoulle esta cantar para aghradala: - Co aire que leva a carrilana, co aire que leva ninquén lle ghana, ninquén lle gana nena, ninquén lle ghana, co aire que leva a carrilana.





Heiche de dar queridiña, heiche de dar que o teño. Heiche de dar queridiña o anillo para o dedo / (do meu dedo).



O río vai para baixo arriba n`a de volver. O que non foi queridiña o que non foi ha de ser / pode ser.


Miniña do loito, loito, se queredes cantar ben non ábrala boca moito.



Unha chavala tiña unha moço que se lle foi con outra. Alghuén llo contou á chavala e díxollo do seghuinte xeito:

¡Ai!. O fulano vaiche cunha moça. Respondeulle ela: Copla: ¡Ai!. Se se vai deixa ir. Deixa o camiño libre para outros que han de vir.



REGHUEIFA ENTRE UN MOÇO E UNHA MOÇA.

Estas coplas botábanas como releos entre a moça e o moço en bailes de pandeireta ó aire libre que adoitaban ser en días santos, e domincos. Polo verán xeralmente çelebrábanse ó aire libre en cruçes de camiños, en eiras, en calquera punto axeitado dos camiños, tamén á beira dos cruçeiros, en leiras,... En troques, no inverno façíanse en fiadas dentro de cubertos (= alpendres, = alboios),... Todo esto podía levarse a cabo en calquera época do ano. Consta dun conxunto de oito coplas que son como sighuen:
Copla 1. Ela: Anque botes e rebotes e volvas a rebotar, anque che leven os demos, por riba non has (n´has) de quedar.

Copla 2. El: Eu ben che vin, ben che mirei, ben che vin caer no río pero as mans non che botei.

Copla 3. Ela: Cara de porco neghro, esterco do meu corral, se che levo a vender, por ti non dan un real.

Copla 4. El: Chamásteme porco neghro façendo burla de min. Porco neghro si o son pero non che quero a ti.

Copla 5. Ela: Anque botes non tes moito que botar, aínda teño un saco cheo e outro por valdeirar.

Copla 6. El: Teño de plantar un pino enriba do teu tellado e cando o pino bote flores, andarei por teu mandado.

Copla 7. Ela: Cara de ghaliña choca xa che botan de comer polo burato da porta.

Copla 8. El: ¡Ai, cara de sapo rachado, xa che dan de comer polas ripas do tellado!




Moreniña por morena téñoche o ollo botado, has de ser miña muller ou non hei de ser casado.



Amores que pasa dun ano olvidalos non hai raçón que sempre deixan quedar raíçes no coraçón.



As estrelas miudiñas traen o çeo a chover, como hei de pasala noite queridiña sen che ver.


Moçiñas dalá dabaixo vinde lavar ó meu río. Anque a aghua non é miña, naçe no meu labradío.

Moçiñas dalá de baixo, cas alas do meu sombreiro heivos casar a todas en tendo moito diñeiro.

6 comentarios:

Ramon dijo...

¡Qué fáçil é para min conectar con todo esto cando aínda sigho tendo un vínculo íntimo e persoal con este mundo natural todavía vivo e sen extinghuir e espero que nunca se acabe!

Non hai máis que perderse por montes, ríos, praias, piñeirais, arboledas, brañas, leiras, corredoiras, falar coa xente que mantén este vivir na súa alma e a ser posible saír da xunghla urbana cando se poda, antes que che arrastre e anule a túa sensibilidade.

Tan liberador e terapéutico é perderse por aí e conectar co que en esençia somos, que me pareçe ridículo formar un mundo alleo ao noso propio ser.

Reclamo a restauraçión do que verdadeiramente somos e que sempre estivo esperando por nós, da que nunca sei se nalghunha etapa da humanidade fomos quen de conectarnos e sintoniçarnos.

Ramon dijo...

Hai dous cantares no exposto de hoxe que dan que pensar a efectos do xiro na vida das persoas que están implicadas nese feito.

- Un é a aventura a sabendas e con constançia por parte dunha chavala solteira cun home casado, quedando ela en estado.

- Outra é o noviasgho dunha parella na que se deixan e ela queda en çinta, casándose con outro. Pasa ela por xunto o exnovio logho de vir de casar cando el está labrando co boi nunha leira.

Dun xeito ou doutro dase a çircunstançia de que ambas quedan preñadas do seu amante e do exnovio, respectivamente, e a desçendençia ven nun ambiente desarbolado ao desamparo dun dos proxenitores biolóxicos, que de calquera maneira son os pais naturais.

Pero se non existía amor ou proxecto común de futuro entre esas parellas de noivos formais, ou por serlle difíçil ou imposible formar futuro nunha relaçión de amantes clandestinos debido a que unha das partes era casado ou casada, ¿cómo ou por qué deberían unirse nunha unión pública de por vida, a pesares de xurdir unha desçendençia non esperada?

¿Cal será o sentir de quen leva a cargha na súa barrigha e despois a súa criança?

Por outra parte, para o pai natural, ¿como vai manifestándose o seu sentimento natural de pai non exerçido cando por çercanía ou por casualidade vai vendo a súa imaxe reflectida no “fillo ou filla”, cómo medra e cómo evoluçiona, sen ter podido ou sen ter querido estar con ela ou el?

¿Qué dirá a todo este ese fillo ou filla naçido-a nese contexto?


Todo esto era unha situaçión soçial frecuente daquela época, conoçida como “fillos bravos” non reconoçidos oficialmente fora do matrimonio.

Ramon dijo...

Copla: "Moreniña por morena téñoche o ollo botado, has de ser miña muller ou non hei de ser casado."

¿Cal podería ser o canon de propiedades ou cualidades das chamadas na nosa terra: "mulleres dispostiñas e mulleres xeitosiñas"?

Seméllanme mulleres de forte agharre á terra, de paso seghuro e desenfadado, de andar saleroso e activas á hora de amañarse nas tarefas emprendidas.

Moi cariñosas e resolutivas, que por eso non perden o seu encanto feminino,comprensión e afecto.

Poderían definirse como encantos sensibles, de comportamento natural, envoltos en corpos xeitosos de sensualidade e erotismo non finxido, cunha mente adaptada ao vivir sen artifiçios, encadrados nunha cultura natural do pobo chan.

¿Alghunha outra variable ou apreçiaçión deste pareçer?

Ramon dijo...

Os fillos naçidos nun contexto de noivos da cal non se chegha a formar parella estable, ou dunha relaçión formada e frustrada, ou por aventuras inconsçientes, ..., que quedan instaladas nun esquema de "fora de xogho" estableçido soçialmente, paréçeme moi inxusto, como unha desfeita e carençia que poderían arrastrar esas crianças.

Quixera saber como se senten estes fillos incluso no suposto de que esas nais refaghan a súa vida formando parella cun home que pasa a ocupar o papel de padrastro.

Pil dijo...

as de alá de arriba, cando van co gando, collen unha vara e bailan o tango, e bailan o tango e maila muiñeira, às de alá de arriba non hai quen as queira.
Esto cantabamo sempre miña nai a min e agora á sua neta.

Ramon (por dar a conoçer) dijo...

Ramón (por dar a conoçer) dijo...
Menos mal que hai alghuén que herda tamén cantares dos maiores.

Ben por túa nai, por ti Pil e pola túa filla. Vai por vós.

- Como miña nai nincunha que me quentou a cariña co caloriño da súa.

- Coma miña nai nincunha, lavou a miña camisa dentro das mancas da súa.

- Eu veño aquí, miña nai mandoume. Se quere, quere, senón voume.

- Eu queríame casar, miña nai non teño roupa. Casa miña filla (meu fillo) casa que unha perna tapa a outra.

- Mi madre / Miña nai doume unha tunda co aro da pineira. Teña verghonça mi madre que vén a xente da feira.

- Miña nai ten tres ovellas, todas m’as ha de dar. Unha coxa, outra çegha e outra xa non pode andar.


- Eu queríame casar, miña nai dime que é çedo. Ela como casou, non sabe a ghana que teño.


- Miña nai mandoume á herba, vai no carallo o fouçiño. Non me mandou miña nai furala pipa de viño.


- Miña nai e maila túa viñan xuntas da romería, a miña /unha viña borracha e a túa / outra xa non se tiña.


- Sei cantar, sei bailar. Sei tocala pandeireta que me ensinou miña nai a costa dunha peseta.


- Miña nai por me casar ofreçeume bois e vacas, aghora que estou casada, doume unha taça de papas.