miércoles, 9 de diciembre de 2009

JAMES PAUL McCARTNEY



Paul McCartney en Praga o 6 de xuño de 2004.

Información personal

Nome real

Sir James Paul McCartney

Nacemento

18 de xuño de 1942 (67 anos)

Orixe

Liverpool, Bandera de Inglaterra Inglaterra

Cónxuxe(s)

Linda McCartney (1968-1998)
Heather Mills (2002- 2008)

Fillo (s)

Heather McCartney
Mary McCartney
Stella McCartney
James McCartney
Beatrice Milly McCartney

Ocupación(es)

Cantante, compositor, músico, activista

Información artística

Alias

Percy "Thrills" Thrillington

Xénero(s)

Rock
Pop rock
Hard Rock
rock experimental
Rock psicodélico
Rock sinfónico

Instrumento(s)

Baixo, guitarra, piano, ukelele, mandolina, batería

Período de actividade

1957 – presente

Discográfica(s)

EMI
Parlophone
Capitol
Apple
Hear Music

Artistas relacionados

The Beatles
Wings
The Fireman
John Lennon
George Harrison
Ringo Starr
Linda McCartney
Yoko Ono
Stuart Sutcliffe
Michael Jackson

Web

Sitio web

www.paulmccartney.com

Sir James Paul McCartney, MBE (Liverpool, Inglaterra, 18 de xuño de 1942) é un músico multi instrumentista, cantante, compositor, productor musical e activista pro-dereitos dos animais.

Obtivo un recoñecemento mundial como membro do grupo británico The Beatles, xunto a George Harrison, John Lennon e Ringo Starr. Xunto a John Lennon formou unha das parellas de compositores máis influíntes da música contemporánea, escribindo conxuntamente un extenso catálogo de temas mundialmente coñecidos. Tras abandonar o grupo, McCartney empezou unha exitosa carreira en solitario e formou o grupo Wings coa sua muller, Linda McCartney e o músico Denny Laine.

McCartney traballou tamén como compositor de música electrónica, clásica, temas para películas e tamén programas de televisión. Lanzou, ademais, un grande catálogo de cancións como artista en solitario, e formou parte de moitos proxectos musicais para organizacións benéficas.

McCartney figura no Libro Guinness de récords mundiais como o músico e compositor máis exitoso da música contemporánea, con sesenta discos de ouro e vendas en torno ós 100 millons de copias.[1] A súa canción "Yesterday"(Lennon/McCartney) é o tema máis versionado na historia, con perto de 3.700 versions, e foi radiodifundido máis de 7 millons de veces nas televisións e radios radios americanas. O sinxelo de Wings "Mull of Kintyre" supuxo o primeiro single en vender máis de dous millóns de copias no Reino Unido, e sigue sendo o single de carácter non benéfico con máis vendas.[2]

A compañía de McCartney, MPL Communications, é a propietaria dos dereitos de autor de máis de tres mil cancións, incluíndo o catálogo musical de Buddy Holly. Ademáis de música, McCartney tamén desenvolveu unha carreira pictórica e unha forte tarefa como activista a favor dos dereitos dos animais, do vexetarianismo e da condonación da débeda ó Terceiro Mundo, en contra das minas antipersoa e da caza de focas, e é impulsor de numerosas iniciativas benéficas en favor da educación musical como o instituto LIPA.

Foi nomeado, xunto ós outros Beatles, Membro do Imperio Británico o 16 de outubro de 1965 por Elizabeth II e Cabaleiro (Sir) o 11 de marzo de 1997.

Contido

[ocultar]

Biografía [editar]

1942-1960: os primeiros anos [editar]

Paul McCartney naceu no Hospital Walton de Liverpool, Inglaterra, onde sua nai, Mary, traballara como enfermeira na sala de maternidade.[3] Ten un irmán menor, Michael, nacido o 7 de xaneiro de 1944.



Paul foi bautizado pola igrexa Católica. Naceu no seno dunha familia católica e de ascendencia irlandesa, sua nai era da Igrexa Romano Católica.

En 1947, comenzou os seus estudos no Stockton Wood Road Primary school. Continuounos en Josepg Williams Junior School, é ó cumprir os 11 anos foise a estudar ó prestixioso Liverpool Institute. En 1954, mentres iba en autobús ó instituto coñeceu a George Harrison, e fixéronse grandes amigos.[4]

20 Forthlin Road agora como atractivo turístico

En 1955 a familia McCartney trasládase a 20 Forthlin Road en Allerton.[5] O 31 de outubro de 1956, Mary McCartney (quen fumaba demasiado) morre por cáncro de mama. Ó pouco tempo de perder a súa nai coñece a John Lennon, cuxa nai, Julia, tamén morrera, atropellada por un policía en estado de ebriedade. Jim, o pai de Paul, tocara a trompeta e o piano nunha banda chamada Jim Mac's Jazz Band na década de 1920. El quería que os seus dous fillos foran músicos. Despois da morte da súa esposa, Mari, Jim McCartney doulle a seu fillo Paul unha trompeta prateada, pero Paul decideu cambiar a Framus Zenith (modelo 17) por unha guitarra acústica o que lle permitía cantar e tocar ó mesmo tempo.

Paul McCartney escribeu a súa primeira canción, "I Lost My Little Girl", coa Zenith e a guitarra de seu pai, unha guitarra española, cando empezou a escribir cancions con John Lennon. A seguinte canción foi no piano, e chamouse "When I'm Sixty-Four", canción que recuperaría anos máis tarde para o aclamado disco Sgt. Pepper's. O 6 de xullo de 1957 acudeu xunto a Ivan Vaughn, amigo seu e de John Lennon, á feira de Woolton Village. Nela tocaban "The Quarry Men", un grupo de fama barrial, onde cantaba John Lennon. Tras ser presentado por Ivan e tocar "Twenty Flight Rock" a xeito de proba, Paul McCartney ingresou no grupo. Introduceu a George Harrison en "The Quarry Men", debido á ausencia dun guitarrista que renunciou á banda, polo cambio de estilo levado a cabo por John Lennon.

1960-1970: The Beatles [editar]

Artigo principal: Os Beatles

Na configuración final do grupo, que pasou a chamarse The Beatles, Paul McCartney foi o baixista (antes da saída do baixista Stuart Sutcliffe él tocaba a guitarra rítmica) e vocalista principal (xunto a John Lennon), así como coautor de parte das cancións. Como artista multifacético, no estudo tamén grabou guitarras, piano e experimentou con instrumentos e sons novos.

Debido a un acordo entre McCartney e Lennon, tódalas cancións do grupo compostas por calquera deles aparecen firmadas como Lennon-McCartney. Se ben as primeiras composicions son froito dunha colaboración real entre os dous músicos, nas cancions que apareceron aproximadamente a partir de 1965 era máis habitual que cada un escribise por separado.

A través das numerosas declaracions de ambos hai un amplo consenso acerca do grao de autoría de cada un dos compositores en prácticamente todalas cancions dos Beatles. Por este motivo, McCartney propuxo á viuda de Lennon, Yoko Ono, que as cancions en que el fora o autor principal foran firmadas como McCartney-Lennon, petición que foi rexeitada por esta en máis dunha ocasión.

Unha das cancions máis emblemáticas de McCartney cos Beatles é a balada "Yesterday". Outras cancions populares que compuxo nesta época son, entre outras, "Hey Jude", "Get Back", "Lady Madonna" e "The Long and Winding Road".

1970-1980: Wings [editar]

Artigo principal: Wings

O 10 de abril de 1970, tras agres disputas cos seus compañeiros de grupo e a pesares de que John Lennon se afastara dos Beatles en setembro de 1969 para iniciar novos proxectos, anuncia a disolución do grupo. Unha semana despois, publica o seu primeiro álbum en solitario, McCartney, o cal inclúe unha nota de prensa na que fala das súas esperanzas sobre o futuro. En 1971 publica Ram, acreditado a Paul e Linda McCartney. En agosto do mesmo ano, forma xunto ó guitarrista Denny Laine e ó batería Denny Seiwell o grupo Wings, que publica o seu primeiro disco, Wild Life, o 7 de decembro de 1971. En 1972 embárcase nunha xira por universidades de Inglaterra e pequenos estadios de Europa. En febreiro do mesmo ano, o seu single "Give Ireland Back to the Irish" é censurado na BBC.




Paul e Linda McCartney nunha entrevista, ó ser nomeados co Oscar por "Live & Let Die". Dorothy Chandler Pavilion de Os Anxeles, 2 de abril de 1974

En 1973, Paul McCartney consigue o seu primeiro número 1 en Estados Unidos co tema "My Love", do álbum Red Rose Speedway. A finais dom esmo ano, Paul publica con Wings Band on the Run, un dos álbumes máis destacados da sua carreira en solitario. A canción que da título ó álbum consigueu o número 1 nas listas estadounidenses. En 1975, o grupo "Wings" volveu conseguir a primeira posición nas listas de Billboard co tema "Listen to What the Man Said", mentres que en 1976 repiteu éxito con outra das suas composicions máis coñecidas dentro de Wings, "Silly Love Songs". Entre 1975 e 1976, Paul embarcouse na xira Wings Over the World, que daría como resultado o disco en directo Wings Over America.





Paul McCartney e Linda McCartney na xira Wings Over the World en 1976.

En 1977, Wings publicó "Mull of Kintyre", sinxelo que permaneceu no número un das listas británicas durante nove semanas e o máis vendido ata que en 1984 "Do They Know It's Christmas" rompeu o seu récord. En 1978, Wings publicou London Town, do cal extraeu como sinxelo "With a Little Luck", que consigueu un novo número un na lista Billboard Hot 100. Un ano despois, en 1979, Paul organizou o Concerto para a Xente de Kampuchea, no cal reuneu a The Who, The Clash, The Pretenders, Queen y máis artistas co fin de recadar fondos para as vítimas do Réxime de Pol Pot en Camboia.

1980: reacción ó asasinato de John Lennon [editar]

Na mañán do 9 de decembre de 1980, McCartney levantouse coa nova do asasinato de John Lennon ás portas do seu fogar en Sussex.[6]

A morte de Lennon creou un interés mediático sobre os membros superviventes de The Beatles.[7] A noite do 9 de decembro, mentres abandonaba un estudo de gravación en Oxford Street, McCartney foi rodeado por periodistas que lle preguntaron sobre a súa reacción á morte de Lennon. McCartney contestou: "Estaba moi conmovido, xa sabes, é unha nova terrible", e engadeu que pasara o día no estudo escoitando novo material porque "non quería quedar sentado na casa".[8] Cando lle preguntaron por qué, McCartney contestou: "Non tiña ganas". Foi preguntado a continuación cando oeu por primeira vez as novas, ó que Paul constestou: "Pola mañan, nalgún momento", e preguntou ós xornalistas se todos o sabían, ó que contestaron que sí. McCartney dixo enton: "¡Qué rollo!, ¿non o é?".[9] Cando as declaracions foron publicadas, o seu último xesto foi moi criticado, polo que McCartney lamentouse. Asimesmo, dixo que non tivera a intención de ferir, senón que había unha mala interpretación pola perda de palabras.[10] Ademais, recalcou:

Falei con Yoko o día despois de que o asasinara ne a primeira cousa que dixo foi: "John tíñache moito aprecio". A última conversa que tiven con el eramos aínda bos compañeiros. Sempre foi un home moi cálido. Soía baixar as súas gafas, aquelas gafas de avoa, e decía: “Son so eu”. A fachada era so un muro. Un escudo. Eses son os momentos que mais aprecio.[11]

En 1983, McCartney dixo:

Non tería sido tan típicamente humano e tan reservado se soubera que John iba a morrer. Tería feito un maior esforzo por entrar dentro desa "máscara" e ter unha mellor relación con él".[11]

Nunha entrevista a Playboy en 1984, McCartney comentou que fora a casa aquela noite e vira as novas de televisión xunto ós seus fillos e que chorara toda a noite. A súa última conversa telefónica con Lennon e Yoko, antes da publicación de Double Fantasy, foi cordial. Durante a chamada, Lennon comentou irónicamente: "¡Esta ama de casa quere unha carreira!".[8] [12]


No filme "The Linda McCartney Story" poódes apreciar que Paul e Linda visitaran a John e Yoko nun Nadal, as hostilidades que tiñan desde a disolucion do grupo acabáranse e que prevían a posibilidade de tocar algun dia xuntos, tamen na pelicula pódese ver que Paul sofre demasiado coa morte de John.


McCartney continuou gravando trala morte de John Lennon, se ben non levou a cabo ningún concerto durante varios anos.


Ó respecto, Paul comentou que se sentía inseguro sobre un escenario, con medo a ser asasinado.[10] [13]


Iso conduceu a desacordos con Denny Laine, quen quería continuar ofrecendo concertos, polo que abandonou Wings.[13] [14]


En 1981, seis meses despois do asasinato de Lennon, McCartney colaborou con George Harrison e Ringo Starr en "All Those Years Ago", tributo de Harrison a su compañeiro falecido. Tempo despois, McCartney faría o mesmo a través do tema "Here Today".



1980-1990: en solitario [editar]


En 1980, publicou McCartney II, álbum que conten a canción "Coming Up" cuxa versión en vivo "Coming Up (Live at Glasgow)" e tomada da xira europea con Wings volveu colocar a Paul na primeira posición do Billboard Hot 100. En 1982, publicou Tug of War, o cal conta coa producción de George Martin e a colaboración de Ringo Starr. No disco inclúese o seu tributo persoal a John Lennon, "Here Today", así como un dúo con Stevie Wonder no tema "Ebony and Ivory", aclamada melodía "antiracial" que no vran chegou a primiro lugar en Estados Unidos. Antes de rematar o ano, Paul colaborou nos sinxelos "The Girl Is Mine", incluido no album Thriller (1982) de Michael Jackson, e en "Say, Say, Say", novamente xunto a Michael Jackson e incluido no seu album Pipes of Peace (1983).



En 1984, Paul escribe e dirixe a película Give My Regards to Broad Street. O tema "No More Lonely Nights" alcanza o número 1 nas listas británicas, a pesar do fracaso da película.


A finais de ano editou o tema infantil "We All Stand Together" para a película de debuxos animados Rupert and the Frog Song.



Na segunda metade da década, Paul comeza a colaborar con novos artistas. Xunto a Eric Stewart gravará a maioría das cancions que comporán o seu álbum Press To Play (1986).


Sen embargo, será xunto a Elvis Costello con quen conseguirá un éxito relativo nos seus álbumes Flowers in the Dirt (1989), que entra directamente no número 1 das listas británicas, e Off the Ground (1993). A finais de 1989, Paul McCartney embárcase na súa primeira xira mundial. En dita xira actuou de novo en España case 25 anos despois dos seus concertos en Madrid e Barcelona con The Beatles en 1965. En concreto foron dous concertos, os días 2 e 3 de novembro de 1989, no Pazo dos Deportes de Madrid.


Estes concertos comezaba cunha proxección nunha pantalla dividida en tres partes, con fragmentos da historia musical de Paul, destacando as referencias a The Beatles. Ademais de cancións da súa etapa individual, foron especialmente celebradas as pezas da etapa de Beatles, interpretando entre outras "Yesterday", "Penny Lane", "Let it Be", "The Fool on the Hill", etc. Curiosamente non cantou ningunha canción das compostas por John Lennon. O concerto concluía de forma espectacular, tras varias propinas, coa parte final da segunda cara do disco Abbey Road, esto é, a suite de cancions enlazadas que terminan con "The End".



1990-2000 [editar]

Na década dos 90, Paul McCartney abrirase camiño en novos campos da música: en 1991, a Orquesta Filarmónica de Liverpool pideu a McCartney unha peza para conmemorar o 150 aniversario da súa fundación. O resultado foi Liverpool Oratorio, composto xunto a Carl Davis. Outras incursions de Paul na música clásica son Standing Stone (1997), Working Classical (1999) e Ecce Cor Meum (2006). Xunto a Martin Glover, edita baixo o seudónimo "The Fireman" ("O Bombeiro") dous discos de música ambiental: Strawberries Oceans Ships Forest (1993) e Rushes (1998). No 2000, edita Liverpool Sound Collage xunto a Super Furry Animals.



Tras unha nova xira mundial en 1993, Paul reúnese no estudio de gravación con George Harrison e Ringo Starr para traballar no proxectoThe Beatles' Anthology e completar dous demos de John Lennon, "Free As A Bird" e "Real Love". Ambos temas, ó igual que o documental que narra a vida de The Beatles a través de entrevistas concedidas polos seus protagonistas, conseguen un éxito sen precedentes e resucita a Beatlemanía para acercarla ás novas xeracións.



En 1997 publica Flaming Pie, que alcanza o número 2 en Estados Unidos e o Reino Unido e é nomeado como álbum do ano ó Grammy. O 11 de marzo de 1997 é nomeado Cabaleiro pola Raíña Isabel II do Reino Unido, e en 1999 é incorporado como solista no Salón da Fama do Rock and Roll.



Sn embargo, sofre un duro golpe o 17 de abril de 1998 coa morte da súa muller Linda McCartney a causa dun cancro de mama. A pesares dun parón musical, graba o álbum Run Devil Run, no que retorna a suas raíces musicais e interpreta temas clásicos de Elvis Presley, Gene Vicent e Chuck Berry, ó cal sigueu un concerto en The Cavern retransmitido por Internet.



2000 – presente [editar]



No ano 2001 publicou Wingspan, un documental que narra a historia de Wings. O mesmo ano sae á lus o seu novo disco de estudio, Driving Rain. Igualmente, Paul compuso o tema "Vanilla Sky", nomeada ó Oscar á mellor canción orixinal, para a película homónima. O 20 de outubro de 2001 súmase a The Concert for New York City, en homenaxe ás vítimas dos atentados do 11-S.



Apenas un mes máis tarde, o 29 de novembro de 2001, George Harrison falece vítima de un cancro. Un ano despois, o 29 de novembro de 2002, participou no concerto homenaxe a seu compañeiro interpretando "Something" cun ukelele, ademais de "All Things Must Pass", "For You Blue" y "While My Guitar Gently Weeps".

Paul McCartney no Live 8 en 2005.

Durante a maior parte de 2002 veuse envolto nunha extensa xira mundial que o levou a Estados Unidos, México e Xapón. En 2003 levou o seu directo a Europa, incluíndo un concerto na Praza Roxa de Moscú o 24 de maio que posteriormente foi utilizado como documental e editado en DVD. Novamente, no verán de 2004 visitou 14 cidades europeas na súa xira '04 Summer Tour, iniciada o 25 de maio en Xixón, España. A xira finalizou no festival de Glastonbury, Inglaterra, o 26 de xuño, onde interpretou un "Follow Me" como adianto do seu seguinte traballo de estudio. O 2 de xullo de 2005 foi o encargado de abrir o megaconcerto Live 8 en Hyde Park co tema "Sgt. Pepper's Lonely Hearts Club Band" xunto a U2 e de clausurarlo con "Hey Jude".


O 12 de setembro de 2005 publicou o álbum Chaos and Creation in the Backyard, producido por Nigel Godrich, no que toca de novo a maioría dos instrumentos, sorprendendo cun son intimista e un álbum en xeral aclamado pola crítica musical. Catro días despois, inicia unha xira de promoción que lle levará a 37 cidades de Estados Unidos.


O 17 de maio de 2006 anuncia na súa páxina oficial a sua separación de Heather Mills.


Tras meses como noticia nos tabloides sensacionalistas británicos debido ó agre divorcio, anuncia a principios de 2007 un novo contrato co sello discográfico Hear Music, do grupo Starbucks, no cal lanza o 4 de xuño o seu novo disco de estudio, Memory Almost Full. Para a promoción do álbum, McCartney tocou en pequenos clubes de Londres, Os Ánxeles e Nova Iorque, aparcando a sua próxima xira mundial ata 2008.


O 25 de setembro de 2006, McCartney publicou o seu cuarto álbum de música clásica, Ecce Cor Meum. A sua letra alterna o latín e o inglés, e a parte coral é interpretada por un coro de nenos e adultos. O disco entrou directamente no posto 1 das listas de listas de álbumes clásicos o 14 de outubro de 2006. O 3 de maio de 2007, Ecce Cor Meum foi premiado como mellor disco na gala dos Classical Brits celebrada no Royal Albert Hall de Londres. O premio foi votado polos ouvintes de Classic FM e os lectores da revista homónima, competindo polo premio con Katherine Jenkins, Alfie Boe e Sting.


O 26 de xuño de 2007, Paul McCartney figurou como invitado, xunto a seu compañeiro de The Beatles Ringo Starr e as viudas de George Harrison e John Lennon, Olivia Harrison e Yoko Ono respectivamente, no programa da CNN Larry King Live, para conmemorar o primeiro aniversario espectáculo "Love" do Cirque du Soleil e recordar a John Lennon e a George Harrison. O 13 de novembro de 2007, publícase The McCartney Years, un box set de catro DVD que marcan unha retrospectiva da sua carreira musical en solitario desde 1970 ata 2005.

En febreiro de 2008, McCartney foi galardoado co Premio Brit a sua traxectoria musical.[15] O 1 de xuño, McCartney celebrou o ano da sua cidade natal, Liverpool, como Capital da Cultura, realizando un concerto no que colaborou con Dave Grohl de Foo Fighters. Grohl acompañou a McCartney nos temas "I Saw Her Standing There", "Band on the Run" e "Back in the U.S.S.R.", ademais de cantar "A Day in the Life", "Give Peace a Chance" e "Something", en tributo a John Lennon e a George Harrison.

O 5 de xuño, publicou o tema "Lifelong Passion (Sail Away)" como doazón para unha cea benéfica de Adopt-A-Minefield. O tema supuxo unha nova colaboración entre McCartney e Youth baixo o seudónimo de The Fireman e sirveu como adianto dun novo traballo de estudio do grupo publicado en novembro baixo o nome de Electric Arguments.[16] [17] O 14 de xuño, McCartney participou nun concerto memorial do Día da Independencia de Ucrania,[18] reuniendo a mais de 350.000 persoas e convirtiéndose no maior concerto na historia do país. Un mes despois, o 18 de xullo, McCartney faría un cameo no concerto de Billy Joel no Shea Stadium, interpretando "Let it Be" e "I Saw Her Standing There" previo á programada demolición do estadio no que tocaron The Beatles en 1965.[19] Dous días despois, McCartney participou nos actos conmemorativos do 400º aniversario de Quebec cun concerto diante de 250.000 persoas.[20]



O 25 de setembro de 2008, McCartney levou a cabo un concerto no Hayarkon Park de Tel Aviv, Israel, diante de perto de de 50.000 personas, nun evento intitulado polo propio músico como "Friendship First" (o cal pode traducirse como: "A amistade o primeiro)21] Durante a sua visita a Israel, McCartney tamén visitou a Igrexa da Natividade en Belén, onde prendeu velas pola paz entre israelíes e palestinos.

Paul McCartney en Tel Aviv o 25 de setembro de 2008.



O 6 de novembro, McCartney foi galardoado co premio de honor Ultimate Legend pola MTV en Liverpool, a sua cidade natal. O premio foi entregado por Bono, vocalista de U2, quen presentou a McCartney diciendo: "Este é o home que inventou o meu traballo."22]


o 8 de febreiro de 2009 presentouse nos Premios Grammy, no Staples Center de Os Anxeles, California, cantando xunto a Dave Grohl a canción de I Saw Her Standing There.



Vendeu tódalas entradas para o seu concerto do 19 de abril nun casino de Las Vegas en menos de sete segundos.

Os promotores do concerto no Hard Rock Hotel indicaron que a venda de 4 mil entradas podería fixar un récord mundial, xa que os boletos vendíanse a 600 por segundo cando sairon á venda o 14 de febreiro.



O Hard Rock Hotel contratou a Paul McCartney, de 66 anos, para estrear Joint, a sua nova sede musical de 60 millons de dólares.


O 4 de abril de 2009 Paul McCartney volveu tocar xunto a Ringo Starr, no Radio City Music Hall de Nova Iorque a beneficio da Fundación David Lynch.



En xuño Paul lanza unha campaña de non comer carne por un dia á semana para asi evitar o calentamiento global, segundo el se seguimos comendo tanta carne afectara e producira o quentamento global que pode afectar a nosos fillos, Paul foi apoiado pola sua filla Mary McCartney mais unhas celebridades do artista.


Paul McCartney editara un material con ensaios e cancions ineditas de The Beatles.


Xiras [editar]



Logros e rexistros mundiais [editar]



Aparece varias veces no Libro Guinness de récords mundiais:

  • Unha vez por "Yesterday", a canción con máis versións na historia (máis de 3000)
  • Outra por ser o compositor e cantante de música popular máis exitoso, con vendas de 100 millons de singles e 60 discos de ouro.
  • Unha terceira por ter reunido a audiencia máis grande do mundo, cando 184.000 persoas pagaron para velo cantar no Estadio Maracaná de Río de Janeiro en abril de 1990.
  • A cuarta por ser o vendedor de entradas máis rápido da historia cando, en 1993, 20.000 entradas para os seus dous concertos en Sydney, Australia, vendéronse en oito minutos.

En negro, os países onde Paul McCartney cantou algunha vez, e en vermello onde nunca o fixo.

  • Guiness por ser a única persoa á que lle formularon tres millóns de preguntas nunha entrevista por entrevista por Internet.
  • "Yesterday" fue confirmada como a canción máis popular do mundo, con máis de sete millons de reproduccions por radio en Estados Unidos.
  • Recibió un Doctorado en Música honorario da Universidade de Sussex en 2008.
  • Foi o primeiro cantante de rock en recibir a Ord de Mérito en Chile por "servicios á música, a paz, e o entendemento humano".
  • Primeiro receptor dos Swedish Polar Music Awards (o "Premio Nobel da música").
  • No 50º aniversario da Sua Maxestade McCartney tocou diante de mais de 1.000.000 de persoas nos arredores do pazo da raíña.
  • Ganador, xunto cos outros tres Beatles, do premio Oscar na edición de 1970 pola música do documental Let it be, e nomeado 2 veces para mellor Banda Sonora, con Live and Let Die en 1973, e con Vanilla Sky, en 2002.
  • Doctor Honoris pola Universidade de Yale, polas suas contribucións á música durante toda a sua vida.
  • Durante os seus mais de 45 anos de carreira dou mais de 3000 concertos chegando a esta marca en San Petersburgo en 2004.
  • Vendeu 4000 boletos dun concerto seu nas Vegas en 7 segundos.



  • Nos anos 60, e durante moito tempo, correu o rumor de que Paul McCartney morrera nun accidente automovilístico supoostamente en 1966) e fora reemprazado por un imitador, William Shears Campbell. Moitos fanáticos buscaron pistas nas carátulas dos discos e nas letras das cancións, chegando a todo tipo de estranas teorías. Exemplos clásicos foron a carátula do LP Abbey Road, supostamente unha metáfora da morte e o funeral de Paul.
  • Lennon aparecía cun traxe branco na sua condición de oficiante, Ringo Starr vestido de negro representaba á funeraria e George Harrison cuns pantalons vaqueiros raidos facía as funcions de enterrador. Paul McCartney era o único que aparecía descalzo e co paso cambiado e estranamente aparecía cun pitillo na súa man dereita pese a ser zurdo: era a proba "evidente" de que a persoa que aparecía era un doble que suplantaba ó falecido:"Magical Mistery Tour", onde alguns encontraron "oculto" un número telefónico no que (conta a lenda), John Lennon aceptaba a suposta morte do seu compañeiro, e "The Beatles" (tamén conocido como "O Album Blanco"), onde se chegou ó punto de escotiar as cancións ó revés para atopar pistas e mensaxes ocultos. Existe un rumor que di que se se escoita a canción "I'm so tired" de The Beatles, pódese distinguir claramente o verso "Paul is a dead man, miss him, miss him, miss him..." (Paul é home morto, estráñeno, estráñeno, estráñeno, ...) incluso nos anos 90´ en varias entrevistas preguntóuselle a McCartney se "estaba morto", ó que el soía responder: "Non, estou bastante vivo"
  • Tamén, no disco do "Sgt. Pepper's Lonely Hearts Club Band" existe o rumor de que toda a escea da portada é un funeral para Paul. Algunhas cousas obvias que saltan á vista son: o busto de pedra que semella a unha lápida, o "antigo" Ringo Starr que está vestido de negro e sendo consolado polo mesmo Paul, o espazo de terra onde están as flores que len “BEATLES”) sendo a parcela onde se vai enterrar, ademáis doutras.
  • En 1983 participou nunha canción chamada Say, say, say co artista Michael Jackson.
  • McCartney es zurdo.


Discografía [editar]


Artigo principal: Discografía de Paul McCartney


Véxase tamén [editar]

Premios [editar]


Oscar [editar]

Ano

Categoría

Película

Resultado

2002

Oscar á mellor canción

Vanilla Sky

Candidato

1973

Oscar á mellor canción

Live and Let Die

Candidato

1970

Oscar á mellor banda sonora

Let it Be

Gañador


Referencias [editar]

  1. The Independent. «Paul McCartney: When I'm 64».
  2. "The UK's Best Selling Singles" ukcharts.20m.com Consultado o 23 de setembro de 2008
  3. Spitz 2005. p75
  4. Spitz 2005. pp82-83
  5. Photo of Forthlin Road nationaltrust.org.uk - Retrieved 27 January 2007
  6. Bresler, Fenton (1990). Who Killed John Lennon?. St. Martin's Press, ISBN 0-312-92367-8.
  7. The Last Day in the Life time.com. Consultado o 6 de decembro de 2006
  8. a b Miles 1998. p593
  9. McCartney on John's death - 9 de decembro de 1980 youtube.com Consultado o 9 de decembro de 2007
  10. a b Miles 1998. p594
  11. a b The Paul McCartney Encyclopedia, article "Lennon, John"
  12. McCartney’s 1984 Playboy Interview Consultado o 14 de outubro de 2008
  13. a b Bonici, Ray. Paul McCartney Wings It Alone, Music Express issue #56, 1982. beatles.ncf.ca - Consultado o 11 de xuño de 2006.
  14. Lewisohn 2002. p168.
  15. «Sir Paul McCartney picks up special Brit award in London». NME.COM. Consultado o 5 de xuño de 2008.
  16. http://www.paulmccartney.com/news.php#1218/2008-06 PaulMcCartney.com: New McCartney Track For Adopt-A-Minefield
  17. PaulMcCartney.com. «The Fireman Finds His Voice With Brand New Album». Consultado o 29 de setembro de 2008.
  18. McCartney plans huge Ukraine show
  19. Glenn Gamboa. «Paul McCartney helps Billy Joel say goodbye to Shea Stadium», Newsday, 2008-07-20. Consultado o 2008-07-19.
  20. «Québec, je t'aime!». Radio-Canada. Consultado o 22 de xullo de 2008.
  21. «50,000 attend McCartney's TA concert», The Jerusalem Post. Consultado o 26 de setembro de 2008.
  22. 20 Minutos. Paul McCartney e Britney Spears, estrelas nos premios MTV Europa. Consultado o 14 de novembro de 2008.
  23. Go Vegetarian, with Sir Paul McCartney - PETA
  24. «McCartney stamps to go on sale». BBC News. Consultado o 2009-02-07.

Enlaces externos [editar]

Wikiquote

Obtido de "http://es.wikipedia.org/wiki/Paul_McCartney"

Categorías: Paul McCartney | Baixistas de Inglaterra | Cantantes do Reino Unido | Gañadores do Premio Ivor Novello | Guitarristas do Reino Unido | Paseo da Fama de Hollywood | The Beatles | Nacidos en 1942 | Vexetarianos | Deseñadores de estampiñas | Multiinstrumentistas


6 comentarios:

Anónimo dijo...

por favor ¡ que aburrimento¡ ,pechade dunha vez a porta¡

Anónimo dijo...

Non sexas crí@.

Ninguén está obrigad@ a entrar nun sitio que non lle goste.

Hai moito que comentar, posto que o publicado é moi extenso.

Pódese concluír igualiño que o dito polo anónimo do publicado sobre os bosquimanos do 7.12.2009

Coa nosa mentalidade paréceme ridícula esa postura de crítica.
Poden subxacer no interior dos que emiten eses comentarios varios motivos:

- sabotaxe.
- nen@s caprichos@s e comodóns-onas á hora de aportar algo.
- espíritu pasivo.
- ...

Polo contrario, eso sí, van xurdindo comentarios que non apoian a supervivencia dun ente creado para tod@s nós.

A creatividade non é unha fábrica diaria de churros. Ten que haber de todo tipo materias ao longo do tempo.

Ademáis, a xente non está dedicada as 24 horas do día a unha soa cousa, polo que é maravilloso a pervivencia deste ente creado pola decisión duns poucos compañeiros e que poda seguir vivo ata o final e de aí en diante xa se verá...

Anónimo dijo...

A verdade é que me parece super interesante este articulo, no sabía todo esto d paul Macartney.

De todeasnformas lennon gustame máis.

Anónimo dijo...

Eun non creo que isto o lea ninguén.

ramiro dijo...

Non fagades caso dos rompecollons, que se dan como as labazas e son malas de arrancar. Animo para os que ainda tedes algo positivo que aportar que cando queredes tedes unha conversa moi interesante. Bicos a todos (tamén para os rompecollons).

Administrador dijo...

É moi fácil críticar cando non se aporta nada, con esa postura non existiría ningún blog nin foro en internet.
Aportade ideas, relatos e artigos que vos poidan ser de máis interés.
Por outro lado non todo pode ser a gusto de tod@s os que leen cada día este blog.
Agora vou facervos unha pregunta a tod@s en xeral, e espero respostas:
¿QUE QUEREDES QUE POÑAMOS NO BLOG CADA DÍA?

Saúdos a tod@s en xeral, hai moita xente que lee isto aínda que non comente nada.