viernes, 25 de diciembre de 2009

ARMONÍA


Miña nena ben que sabes

o que dis o que te calas

a noite non ten estrelas

cando fai dano lembralas

sempre tes nun recunchiño

un sorriso cando falas

o sorriso que agarima

a mellor onda na praia.



Castelos fanse na area

ven o mar e os desbarata

desparapillasen os sonos

papaventos nas suas alas

e voan lonxe moi lonxe

onde o mar non ten compaña

e sona ser una onda

espida de sal moi branca

o corpo feito de espuma

vestida de amor e algas

alá vai noite tras noite

lonxe do mar e da praia...



Miña nena ti ben sabes

o que dis e o que calas...



Domingo, 01 de xuño de 2008 by macarey

No hay comentarios: