O planeador non tripulado de Estados Unidos recorreu
Pasaron algo mais de 188.600 días desde o Descubrimento de América. Desde a consquista da Lúa, bastante menos: uns 14.600. O planeador non tripulado e sen motor Scarlet Knight (Cabaleiro escarlata) , foi devolto onte en Baiona ás autoridades científicas de EE.UU., tras cubrir uns 7.400 quilómetros no Atlántico, ó ser botado desde Nova Jersey o pasado 27 de abril. Segundo os artífices do proxecto, as tres xestas teñen algo en común: a audacia.
Foron so 221 días de travesía (propulsado con impulso das correntes submarinas e co apoio de baterías), pero a fazaña quedará escrita con letras indelebles na historia da ciencia de Estados Unidos. Este pequeno artefacto, de solo 50 quilos de peso, navegou unhas 5.300 horas baixo a superficie do Atlántico. Pero o reto, segundo dixo a este diario o representante da oficina da Casa Branca de EE.UU. Jerry Miller, «é o principio de moitas cousas e non o final».
A misión do planeador foi recoller datos do segundo maior océano do planeta, como a densidade da auga, a salinidade ou a temperatura, coa intención de contribuir a un mellor coñecemento do mar no proceso de cambio climático e o seu impacto nas infraestruturas portuarias. A singularidade deste artefacto é que se trata dun artefacto de mergullo limpo, que prescinde da enerxía contaminante, polo que poderías er o primeiro paso para empregalo de xeito frecuente en estudios oceanográficos e incluso, no futuro, para desenvolver un novo sistema de transporte marítimo entre os distintos océanos do planeta.
O planeador submarino mantivo durante a travesía unha velocidade media de
O Goberno elixeu Baiona para a entrega do robot por tratarse da poboación á que arribou hai cinco séculos a carabela A Pinta, despois de que os seus tripulantes chegasen desde o Novo Mundo. Desde Galiza, o Scarlet Knight será transportado hoxe a Washington, onde está previsto que Barack Obama o deposite nun dos museos da Institución Smithsonian, onde tamén se expoñen o Spirit of St. Louis , o mítico avión que foi o primeiro en cruzar o Atlántico sen escalas, ou o modulo de mando do Apolo XI tras aluar.
No hay comentarios:
Publicar un comentario