O libro dos mortos é un título convencional que designa unha recopilación de fórmulas máxico-funerarias dos antigos exipcios. Os exipcios coñecíannas como O libro da saída á luz e o título moderno foi inventado polo exiptólogo Karl Richard Lepsius cando publicou unha selección en 1842.
Libro dos mortos do escriba Nebqed, arredor de 1300 a.C.
Non se trataba dun "libro" como os actuais: o texto gravouse inicialmente no exterior do sarcófago e, a partir da XXVIII Dinastía (século XVI a.C.), en vendas e papiros que se colocaban entre as pernas da momia para que as tivese a man. Os primeiros escribíronse en hieroglifos; desde a XXI Dinastía fóronno en hierático e posteriormente en demótico. O libro dos mortos acompañábase frecuentemente doutros textos, incluído o hypocephalus ("baixo a cabeza"), que era unha versión reducida do texto completo.
O Libro dos mortos era unha colección de encantamentos, feitizos, contrasinais e outras fórmulas máxicas para uso do finado no alén. Pretendían guiar ao morto através das probas que atoparía e garantir unha pasaxe sen incertidumes. Os textos describen moitos dos elementos básicos da mitoloxía exipcia e considerábanse imprescindíbeis para desfrutar da vida eterna.
Os temas céntranse no mito de Osiris, señor do alén, no xuízo do difunto (psicostasia) e na existencia após a morte. O Libro dos mortos ilustrábase con imaxes que mostraban os personaxes e probas coas que se atoparía o defunto. A máis importante era o momento en que se pesaba a alma contra Ma'at (a "verdade"), que levaba a cabo Anubis; o deus Thoth levantaba acta do resultado e o monstro Ammit agardaba, disposto a comerlle o corazón se non superaba a proba.
As versións máis antigas datan do século XVI a.C., durante a XVIII Dinastía. Incorporaban en parte dúas coleccións anteriores de literatura relixiosa coñecidas como os Textos dos cadaleitos (arredor do ano 2000) e os Textos das pirámides (entre o 2600 e o 2300), que foron sendo substituídos polo Libro dos mortos. O texto máis completo é o Papiro de Turín, de época ptolemaica, que está subdividido en 165 fórmulas ou "capítulos".
No ano 1888, o doutor E. Wallis Budge, daquela axente de compras do Museo Británico, prestou atención a algúns rumores sobre un achado arqueolóxico espectacular no Alto Exipto, e así atopou, nunha tumba da Dinastia XVIII, cerca de Luxor, "o maior rolo de papiro que vira nunca, suxeito cunha ancha banda de papiro, e en perfecto estado de conservación". Era unha copia do Libro dos Mortos, escrito en torno ó ano
O texto en si particularizábase para cada finado, de xeito que non hai dúas copias iguais. Hai, porén, catro grupos:
- A versión heliopolitana, editada polos sacerdotes do colexio de Annu e utilizada entre as V Dinastía e a XI Dinastía e nos muros das tumbas até finais do século III;
- A versión tebana, que contiña só hieroglifos e se utilizou entre a XX Dinastía e a XXVIII Dinastía;
- unha versión en hieroglifos e hierático, moi próxima da versión tebana, sen orde fixa de caracteres e utilizada fundamentalmente durante a XX Dinastía.
- A versión saíta, que ten unha orde estrita e se empregou após a XVI Dinastía.
No hay comentarios:
Publicar un comentario