jueves, 17 de diciembre de 2009

TEMPO E LIBERDADE OBXECTIVA

¿Quén foi primeiro? : o Pasado o Presente ou o Futuro.

Antes de nada e para poder comprendelo:






O Azar ou Deus do Científico morreu e con el o seu mellor argumento para o materialismo.


Non hai algo en sí como azar ou determinismo nos extremos do par de opostos, nin mestura deles no centro. O que hai é unha fusión que alumea un terceiro valor que non é azar nin causalidade pero que se parece ós outros anque é diferente.





Segundo se plantee o experimento ou a observación que fagamos para estudalos creremos ver como real ou independente un deses polos do par. Eso da lugar á evidencia das apariencias ou verdade relativa-sensual. É o misterio da Trinidade: tres deuses distintos pero en realidade un so Deus verdadeiro: Liberdade ou fusión do azar e causalidade.


O átomo de hidróxeno representa moi ben o misterio desa trinidade: Un electrón, un positrón e un neutrón asociado ó positrón para formar o protón. Un deles, o electrón, representa á casualidade expansiva e centrifuga. O positrón asociado ó neutrón representa a masa ou estrutura centrípeta da racionalidade. O neutrón representa o punto medio ou holístico, é dicir, a liberdade Intelixente Coherente.


No átomo, a metafísica pasa a converterse en física. As forzas atómicas non son medios ou axentes inertes. Senten, pensan e viven mais que nós. Son o pensamento do Todo encarnado virtualmente. Anque para a nosa relativa verdade ou mente pareza que o medio é mais impersoal que as persoas, tampouco é así.





Co Espazo Tempo dáse o mesmo misterio da trinidade. Pois pasado, presente e futuro son unha única fusión da que en realidade so existe algo parecido a eles que é o presente tan misterioso e incomprensible e “inexistente” como o pasado e o futuro. Ningún dos tres tempos pode existir independente. So é posible a fusión trina. Só un Tempo unitrínico verdadeiro que é tempo e non tempo indefinible.





O pasado non pode existir sen o presente. O presente non pode existir se perde a sua conexión co pasado, pero tampouco é viable se non pode desprazarse deica un futuro existente. Se non existise á ves o futuro e o pasado, o presente non podería alcanzalos ou existir. NON podería interaccionar con eles.





O futuro non pode existir sen o pasado nin o presente e viceversa...

¡Quen foi primeiro?: o pasado, o presente ou o futuro.
============================================
En si e independentemente, ningún deles, nin sequera dous tempos asociados poden comezar ou existir. So os tres deuses unidos poden ser o Ser ou Deus verdadeiro ou Trinidade...
________________________________________

A LIBERDADE OBXETIVA

A liberdade está feita dun tecido metafísico trino, que resulta en apariencia da fusión indivisible do pasado, futuro e presente ou Azar, Causalidade e a forza que en conxunto fai posible a fusión trina de xeito viable, libre e intelixente. Dando como resultado o tecido primeiro metafísico e logo físico da Liberdade.





Este tecido ten o seu maior expoñente no átomo de hidróxeno e a sua funcionalidade psicofisiolóxica situada no noso sangre e sobre todo linfa (debido a seu Ph algo máis alcalino e por tanto mellor conexión e funcionalidade corpo-mente) do cerebro e corpo, espazos sinápticos. Así como no desenvolvemento e interacción da sustancia branca, negra e gris cerebral que proxectan ó Ser ou Alma metafísica ó mundo mensurable...desde o campo cuántico ó cerebro electroquímico.





Tódalas persoas son libres, agora o que cada consciencia pode facer é función da sua intelixencia obxetiva.


As bases dunha liberdade superior ou intelixencia obxetiva requiren a posible superación da anquilosada e retórica filosofía e Psicoloxía occidental que prácticamente desde Kant e Nietzsche, continúa na sua aparente torre de marfil sen aportar en esencia nada relevante...




5 comentarios:

Anónimo dijo...

Cada día cheiro mási a podremia.....

Anónimo dijo...

Pois haberá que ir ó médico, antes de que sexa tarde, a non ser que expliques mellor de que tipo de podremia se trata.

Ramon dijo...

Cando o mundo çientífico está intentando investighar algho, neste caso concreto merghullándose no campo da mecánica cuántica, tende a ocorrer na soçiedade que continuamente hai xente sen reparos e con atrevemento disposta a usar esta Teoría para o seu benefiçio, porque só é unha teoría sen conclusións reais por parte de quen as estudian, e que polo de aghora está nos seus iniçios.

Teñen a lixeireça de xuntar sen máis nin mais, Çiençia e Metafísica, e incluso os haberá, con máis descaro e desenfreno que identifiquen Çiençia e Relixión.

Todo esto cando aínda non se ten comprensión exacta e completa do que se está empeçando a estudiar.

Sempre é aconsellable imitar a prudençia e modestia dos çientíficos porque son consçientes de que non hai nada concluínte, xa que por aghora, coma quen di, están abríndose as portas a este campo.

Mary Hermo dijo...

Esto tamén se pode aplicar a que foi antes o ovo ou a galiña, pois un sen o outro non poden ser reais e palpables. Ó final todo é enerxia en todas as súas diferentes formas de transformación.

Biquiños a tod@s onde máis vos gusten.

Anónimo dijo...

¿De dónde sacáchedes este artigo? Calquera rapaz de secundaria sabe que un átomo de hidróxeno está formado por un protón e un electrón (dúas cousas, non tres). Xuntar palabras grandilocuentes sin sentido non garantiza mas que eso: un "sinsentido". Igual ten un sentido poético, sin embargo, !quen sabe!