John Lennon (Liverpool, Reino Unido; 9 de outubro de 1940 – Nova Iorque, Estados Unidos; 8 de decembro de 1980) é o nome artístico de John Winston Lennon, un dos máis famosos músicos e compositores de música pop e rock do século XX, tanto nos anos 60, á fronte do grupo The Beatles, probablemente o máis influínte da historia da música popular, coma nos setenta, xa en solitario. O 22 de abril de 1969 engadeu o apelido da súa esposa Yōko Ono ó seu, chamándose John Winston Ono Lennon.
En The Beatles, Lennon cantaba e tocaba principalmente a guitarra rítmica, a armónica e o piano, ademáis doutros instrumentos de teclado e, por exemplo, o banjo, e asinou ademáis a maior parte do material xunto ó seu compañeiro Paul McCartney, anque en realidade na maioría dos casos traballaron por separado. Moitas destas composicións, dada a repercusión mundial do grupo, convertéronse nalgunhas das melodías máis coñecidas do século XX. O mesmo pode decirse das cancións da súa etapa en solitario, entre as que cabe destacar "Imagine", convertido desde o principio nun himno pacifista coñecido en todo o mundo. Lennon foi asasinado por cinco disparos realizados por Mark David Chapman, un fanático que estaba obsesionado con él, en 1980.[1
John Winston Lennon nació en Liverpool, Reino Unido, el 9 de outubro de 1940, durante un bombardeo aéreo nazi. Daí que, nun xesto de patriotismo, seus pais lle impuxeran como segundo nome o do Primeiro Ministro británico nese momento, Winston Churchill. O seu pai, Alfred Lennon, abandonou a sua muller, Julia Stanley, e a seu fillo recén nacido, enrolándose nun mercante con destino a Estados Unidos para evitar ser movilizado polo exército británico e enviado á guerra.
Tras cumprir John os cinco anos sen que seu pai dese sinais de vida, a súa nai volveu casarse cun home que non desexaba criar a un fillo do anterior matrimonio da súa esposa, polo que Xulio deixou a John ó coidado da sua irmán Mimi e do marido desta, George Smith, de quen John lembraría que lle ensinou a resolver crucigramas e comproulle unha armónica. Non obstante, Xulia non abandonou nunca a seu fillo, a quen visitaba frecuentemente na casa da "tía Mimi", e de feito foi súa nai quen lle inculcou a Lennon o gusto pola música e, incluso, ensinoulle a tocar algún instrumento. O enorme amor que John sempre tivo pola súa nai compiteu moi de perto co que tivo por súa tía Mimi, que o criara: anos despois, cando foi nomeado Membro do Imperio Británico xunto cos outros tres membros do grupo, John regaloulle a condecoración a súa tía, quen a tivo na súa propiedade con grande orgullo (colgada na parede, sobre o televisor) ata a súa morte.
Cando John tiña dezaseis anos, súa nai morreu nun accidente de tráfico, atropellada por un policía ebrio. Este feito causou a Lennon un trauma do que nunca chegou a recuperarse, que reflectiría por exemplo en dúas das súas composicións, "Julia" (1968) y "Mother" (1970), na que entremestura a dor pola perda da sua nai cando mais o necesitaba e abandono por parte de seu pai. Deste non volvería a saber ata que, tendo alcanzado xa fama mundial con The Beatles, reapareceu na súa vida cando traballaba de camareiro nun hotel. John aceptou o reencontro con alegría e ocupouse del económicamente ata o seu falecemento (na citada "Mother", Lennon canta "Father, you left me, but I never left you...", "Pai, ti abandonásteme, pero eu nunca te abandonarei a ti...).
Durante a súa xuventude, Lennon asisteu á escola de Bellas Artes da súa cidade e alí coñeceu a Cynthia Powel, que co tempo convertiríase na súa primeira esposa. Interesado desde a sua infancia na música, antes de formar The Beatles participou noutras bandas, como The Quarry Men, Johnny & The Moondogs e John & The Silver Beetles, nas que estivo acompañado por amigos da súa escola, entre eles Stuart Sutcliffe.
En 1957, durante unha actuación nunha festa, un amigo común de John e Paul McCartney, Ivan Vaughan, presentounos. John invitou a Paul a unirse ó grupo porque sabía tocar a guitarra e, ademáis, afinarla, o que chamou a súa atención. Máis tarde entraron na banda George Harrison, proposto por McCartney, e, ante a necesidade de ter un baterista propio, Pete Best, que ademáis era fillo da propietaria do clube "The Casbah" e por tanto aportaba unha seguridade na continuidade das súas actuacions. Posteriormente, tras unha proba na compañía discográfica Parlophone o produtor artístico, George Martin, suxireulles un cambio no baterista e os tres membros fundadores tomaron a decisión de fichar a Ringo Starr, entón baterista do grupo Rory Storm and the Hurricanes. O nome do grupo evolucionou de John & The Silver Beetles a John Silver & The Beatles e posteriormente ó nome co que pasarían á historia. John foi quen ideou o nome "The Beatles", uniendo o anterior de "Beetles" ("escarabellos") coa palabra inglesa beat ("ritmo"), polo xénero que tocaban entón, a música beat.
En 1962 comenzou o éxito en Inglaterra do cuarteto co seu primeiro sinxelo, "Love me do", e en agosto dese mesmo ano John casouse con Cynthia, coa que tería o seu primeiro fillo, Julian, que tamén se dedicaría á música.
En 1963 o grupo grabou o seu primeiro elepé, Please Please Me. Máis tarde, ese mesmo ano, conquistaron o mercado norteamericano co seu disco With The Beatles. A partires dese momento a fama do grupo non fixo senón medrar, transformándose nun fenómeno de masas a nivel mundial, cunha enorme influencia non so na música popular senón tamén no comportamento da xuventude.
En 1966 produceuse un feito que evidencia a persoalidade rebelde e combativa de Lennon, ó afirmar nunha entrevista «The Beatles son máis populares que Xesucristo». A frase, difundida moi axiña pola prensa, creou un gran escándalo e incluso algúns fans en Estados Unidos chegaron a queimar os seus discos do grupo en público. John alegou posteriormente que fora malinterpretado e explicou: «Non dixen que The Beatles son mellores que Xesucristo, dixen que somos máis populares, como o pode ser a televisión ou calquera outra cousa».
Ese mesmo ano, John coñeceu á artista plástica xaponesa Yoko Ono mentres visitaba unha exposición súa en Nova Iorque. Yoko convertiriase no grande amor da súa vida e ambos contraerían matrimonio en Gibraltar, 1969, tras terse divorciado Lennon de Cynthia. Yoko induceuno a experimentar con novos tipos de música e influeu definitivamente na persoalidade de Lennon, que cambiou o seu xeito de pensar e actuar. Moitos fans consideran a Yoko a causante da enemistade entre John e Paul, unha das causas que dou lugar á ruptura do grupo en 1970. Durante ese mesmo 1966, Lennon resideu durante mes e medio en Almería (España), durante a rodaxe da película How I won the war de Richard Lester, con quen xa traballara na rodaxe da primeira película de The Beatles, A Hard Day's Night. Nesta película Lennon apareceu públicamente por primeira vez con gafas, xa que ata entón se intentara ocultar a súas fans a súa necesidade de usalas. Desde ese momento, as súas características gafas redondas convertiríanse nun dos seus sinais de identidade.
1968 Lennon actuou por primeira vez en público sen os seus compañeiros durante a grabación do especial de televisión The Rolling Stones Rock and Roll Circus. Fíxoo á fronte de The Dirty Mac, unha banda efímera creada única e especialmente para a ocasión e na que tamén participaron Eric Clapton, Keith Richards e Mitch Mitchell.
En 1969 produceuse a disolución práctica do grupo, para o que Lennon asinou en compañía de McCartney a maioría dos temas, anque en realidade a participación de cada un nos temas do outro foi cada vez menor. Anque existen numerosos estudios e libros publicados sobre o tema, é difícil saber ata qué punto se producía esa participación de cada un nos temas do outro, existindo por exemplo cancións que se sabe compostas exclusivamente por un deles pero que non obstante también firmaron como Lennon e McCartney. De feito, anos despois, McCartney comenzou a acreditar algunhas desas cancións, da súa autoría, a McCartney e Lennon.
Os anos 1970 [editar]
En 1970, tras disolverse oficialmente The Beatles, Lennon, cunha cada vez maior influencia na xuventude de todo o mundo polas súas opinións políticas e o seu compromiso compromiso pacifista e antibelicista, comenzou a súa carreira en solitario, que co tempo incluiría outras novas cancións que se convertirían igualmente en clásicos. Non obstante, os seus primeiros traballos fora do grupo foron tres álbumes experimentais grabados en compañía de Yoko que terían unha mínima repercusión comercial: Unfinished Music No.1: Two Virgins, Unfinished Music No.2: Life with the Lions e Wedding Album, o primeiro grabado en 1968 e os outros dous en 1969, ano en que tamén editaríase o directo Live Peace in Toronto 1969 a cargo do grupo conceptual The Plastic Ono Band, no que, ademáis de Lennon e Ono, participaban outros músicos que variaban para cada ocasión e baixo cuxo nome a parella editaría os seus futuros álbumes.
En 1970 sae á venda John Lennon/Plastic Ono Band, realmente o primeiro álbum de estudo de Lennon en solitario, con temas como Mother, dedicada a seus pais, Working class hero, que mostra o pensamento máis esquerdista de Lennon, ou God, toda unha declaración de principios na que chega a renegar do grupo que lle dera fama mundial.
En 1971 publica un novo disco, Imagine, que contén a que sen dúbida é a súa canción mías famosa, o himno pacifista «Imagine». Anque xa se fixera patente nalgunhas das súas primeiras composicións en solitario a rivalidade que arrastraba con McCartney desde os tempos de The Beatles, nas primeiras edicións deste traballo esto fíxose evidente, xa que na portada aparecía unha fotografía de Lennon suxeitando un porco, un suposto insulto deica McCartney. De feito, a imaxe parodiaba a portada do álbume Ram de McCartney, na que este suxeitaba un carneiro; en dito álbume de McCartney, a canción "Too Many People" era unha mofa a John Lennon.[2] Noutro tema do disco, "How do you sleep?" ("¿Cómo podes durmir?"), tamén hai claros ataques a seu ex compañeiro.[3] [4]
As tendencias políticas de Lennon evidenciáranse desde a época de The Beatles, pero exacerbáronse por exemplo con cancións como "Power to the people", editada nun sinxelo tamén en 1971. De feito, cando nesa época o músico decideu mudarse de Londres a Nova Iorque, tivo problemas para tramitar o visado debido ás reticencias do goberno de Estados Unidos pola súa actitude pacifista e a súa influencia sobre a xuventude, así como pola súa presunta contribución económica ó grupo liberacionista e antirracista dos Panteiras Negras. Finalmente consigueu instalarse na cidade, desde onde donde iniciaría varias campañas moi politizadas con concertos e manifestacions a favor da paz e que lle valería o título de "Persoa non grata" na cidade.
Nos seus discos seguintes, Some Time in New York City (1972), Mind Games (1973), Walls and Bridges (1974) e Rock 'n' Roll (1975), mantivo un estándar de calidade, con boas cancions e ocasionais contribucions de Yoko e amigos como George Harrison, Billy Preston, Harry Nilsson, Elton John ou David Bowie. O tema Whatever gets you through the night, con Elton John no piano, sería número un na lista Billboard.
En 1973 e por espazo de 18 meses, Lennon e Ono separáronse brevemente por problemas maritais. Ese período, que o propio Lennon chamou “The Lost Weekend” (“Fin de semana perdido”), consisteu nunha relación sentimental que o músico sostivo coa súa asistente persoal May Pang. Curiosamente, a iniciativa do amorío proveu da propia Yoko Ono. Durante este lapso Lennon grabó os discos “Mind Games”, “Walls and Bridges” e “Rock ´n Roll” antes de regresar definitivamente a sua antiga relación sentimental.
Coincidentemente, foi o período de maior acercamento co seu primeiro fillo Julian e a última vez na que grabaron de novo Lennon e Paul McCartney fora de The Beatles. Esta cita ocurreu en 1974, en California.
En 1975 cando a parella Lennon-Ono se reconciliou, e despois dun aborto, Yoko da a luz ó único fillo do matrimonio, bautizado como Sean Taro Ono Lennon. A partir de entón, mentres a súa esposa se encargaba do aspecto financieiro do matrimonio, Lennon ocupouse da educación e coidado do seu fillo, abandonando a súa carreira musical activa. Non obstante, e pese a que ó regresar ó mundo profesional da música cinco anos despois declararía que durante todo este tempo abandonara a música (nunha entrevista afirmou que tivera a guitarra colgada da parede sen usala), en realidade eses anos non foron de total inactividade musical, pois sigueu compoñendo cancións e grabando demos caseiros das melodías e letras que iba escribindo.
Morte e repercusión [editar]
En 1980, cinco anos despois do seu último traballo, Lennon sacou á venda o seu esperado regreso: Double fantasy, que se abría co tema "(Just like) starting over". Foi tal o éxito que Lennon regresou ó estudo para grabar un segundo álbume inmediatamente: Milk and honey. Sen embargo, o traballo e a vida de Lennon veríanse interrumpidos polo seu asasinato o 8 de decembro dese ano, mentres volvía paseando ó seu apartamento do Edificio Dakota, acompañado de Yoko, tras unha sesión de grabación, a mans de Mark David Chapman, un fanático que disparou cinco veces sobre o cantante cun revólver. Catro das balas alcanzaron nas costas de Lennon, que morría en brazos da súa esposa minutos despois, ás 23:15, nun coche patrulla da policía camiño do hospital. Anos despois rodaríase unha película Chapter 27 (O asasino de John Lennon), que relata a historia de Chapman e a súa chegada a Nova Iorque para asasinar a Lennon.
Remataba asía a vida dun dos músicos máis influíntes da música popular do século XIX, elevado polos seus seguidores á categoría de mito, e ó que en anos posteriores se homenaxeou en centos de tributos, como por exemplo sendos concertos en Liverpool e Nova Iorque diante, respectivamente de 40.000 e 120.000 persoas. No ano 2000 a súa cidade natal, Liverpool, decideu cambiar o nome do seu aeroporto, que desde entón denomínase Aeroporto John Lennon.
Un claro exemplo da preocupación pola influencia que o músico podería ter na xuventude polas súas ideas pacifistas e especialmente pola súa oposición á Guerra de Vietnam, é o seguemento persoal do músico que fixo o FBI durante os seus primeiros anos de estancia en Estados Unidos. En 2006 dito organismo admiteu a espionaxe ó que sometera a Lennon e veuse obrigado por unha orde xudicial a publicar tódolos documentos secretos que elaborara sobre el entre 1971 e 1972.
En outubro de 2007 fue inaugurado un monumento na Illa de Videy (Islandia) chamado Imagine Peace Tower, obra de Yoko Ono quen estivo acompañada para a ocasión polo seu fillo Sean, Ringo Starr e Olivia Harrison, viuda de George Harrison[5]
Discografía [editar]
- Unfinished Music No.1: Two Virgins - 1968
- Unfinished Music No.2: Life with the Lions - 1968
- Wedding Album - 1969
- Live Peace in Toronto 1969 - 1969
- John Lennon/Plastic Ono Band - 1970
- Imagine - 1971
- Some Time in New York City - 1972
- Mind Games - 1973
- Walls and Bridges - 1974
- Rock 'n' Roll - 1975
- Double Fantasy - 1980
- Milk and Honey - 1984
- Live in New York City - 1986
Referencias [editar]
- ↑ Les Ledbetter (12/1980). «John Winston Ono Lennon» (en inglés). The New York Times. Consultado o 9 de agosto de 2009.
- ↑ Revista Playboy (1984). Playboy Prensa (ed.): «Playboy Entrevista con Paul e Linda McCartney». Consultado o 2008-08-23.
- ↑ Blaney, John (2005). John Lennon: Listen To This Book, pp. 89. ISBN 0-9544528-1-X.
- ↑ «Lennon - Imagine». Consultado o 2007-01-20.
- ↑ Islandia, iluminada por John Lennon
2 comentarios:
Cando morre o artista nace o mito e segue xerando cartos, moitos millóns de euros apesares de que está morto, cousa que semella increíble.
Loitou pola paz e foi asasinado, houbo moito tipo de rumores sobre a súa morte, algúns quizais certos e outros probablemente falsos, pero o caso é que se convertiu nun mito dos grandes.
A min gustabame máis o Lennon desenfadado dos Beatles, penso que na seggunda etapa, Harrison , coa filosofía Hindú, e aas influencis de Yoko Ono, xunto coas drogas, fixeronlle unmal á música.
Droghados !!!
Publicar un comentario