miércoles, 2 de diciembre de 2009

ROBINSON CRUSOE

Robinson Crusoe é a obra máis famosa de Daniel Defoe, publicada en 1719 e considerada a primeira novela inglesa. É unha autobigrafía ficticia do protagonista, un náufrago inglés, que pasa vinteoioto anos nunha remota illa tropical. A historia tivo como inspiración uns feitos reais ocorridos a Pedro Serrano e Alexander Selkirk. O título completo é A vida e increíbles aventuras de Robinson Crusoe, mariñeiro de York; quen tras ser o único supervivinte dun barco mercante, náufrago vinteoito anos completamente so nunha illa deshabitada perto da desembocadura do río Orinoco de América, e posteriormente liberado insólitamente por piratas; escrito por el mesmo.






Interpretacions [editar]


James Joyce veu en Robinson o prototipo do colonialismo británico (a illa considerouna desde un principio como da sua propiedade, chegando a esclavizar a un indíxena), así como un símbolo do puritanismo: o home feito a si mesmo, a perseverancia incluso nas mais difíciles condicións, a apatía sexual, o autocontrol, etc. Cabe tamén ver na obra unha alegoría da propia vida de Defoe que crebara económicamente e debeu sobreporse a esta situación con dureza e traballo. Por outra pare, anque acaso non estivera nunca no designio do autor, o lector ha de enfrontarse filosóficamente á novela como metáfora do espido humano diante das forzas abrumadoras da natureza, como posta en evidencia da denodada loita diante desas forzas para sometela se así crear un mundo habitable e cómodo para o home (tal como a “cultura” e a “técnica” o fixeron na historia humana.



A illa, que Defoe sitúa no delta do Orinoco, pode verse como unha especie de terra prometida á que o traballo laborioso dun home branco pode convertir nun verxel.




O éxito da novela foi inmediato e universal, considerada a novela inglesa mais popular de tódolos tempos e o segundo libro máis lido despois da Biblia. Hai 100 anos xa levaba 700 reimpresions, traduccions e imitacions.



Defoe escribeu unha continuacion menos coñecida, Novas aventuras de Robinson Crusoe.



Economía [editar]




Na economía clásica e neoclásica, Robinson Crusoe é frecuentemente usado como instrumento para ilustrar a teoría da producción e a elección do consumidor en ausencia de comercio, cartos e prezos. Baixo tal contexto, Crusoe debe elixir a combinación óptima de tempo dedicado á producción e tempo dedicado ó ocio. A sua vez, debe elixir que cousas producir no tempo que dedica á producción (usualmente as alternativas consisten en recolectar cocos ou elaborar ferramentas de caza e pesca). A parábola complétase coa chegada de Venres á illa, o que permite introducir o comercio entre individuos.




Selkirk e Serrano como fontes de inspiración [editar]


A novela está baseada, tomando elementos dunha e doutra, nas historia reais de dous náufragos.


Un deles, un mariñeiro escocés, Alexander Selkirk, que foi rescatado en 1709 tras pasar 4 anos nunha illa deserta que hoxe leva o seu nome, no arquipélago Xoan Fernándes fronte a Chile, onde tamén está a Illa Robinson Crusoe, que pasou a chamarse así en honor á fama mundial deste título literario.






O outro, un capitán de marina español chmado Pedro Serrano, que sendo o único supervivente do naufraxio dun patache español nun banco de area do Caribe, pasou 8 anos illado ata que foi rescatado en 1534. O banco dea rea sigue existindo hoxe, co nome de Banco Serrana.



Robinson Crusoe no cine [editar]


Esta novela Robinson Crusoe coñeceu múltiples adaptacións cinematográficas, desde as mesmas orixes do cine: o cineasta francés Georges Meliès dirixeu unha versión en 1902.

Das películas sobre Robinson Crusoe cabe destacar a dirixida polo director español Luis Buñuel, rodada en Hollywood, en inglés.





A contribución da novela de Defoe ó cine non só se limita ás versións levadas á pantalla, senón ó feito de crear un subxénero do cine de aventuras: o do náufrago nunha illa deserta.


Incluso Tom Hanks deixóuse cativar desta historia e propuxo o film de Cast Away (O naufrago), na cal o persoaxe cae nunha illa deserta e toma a unha pelota de voleibol chamada “Wilson" como seu amigo, esto pasa igual neste libro, so que aquí Robinson tópase con Venres que é un ser vivo.

8 comentarios:

Marga dijo...

Eu tiña unha amiga que un dia namorouse, ela era de cabeza forte e corpo débil e él de corpo forte pero de mente mais débil,e asi formaban unha boa parella.
Quixeronse moitisimo e unha parte moi importante da sua rélacion era a comida, encantaballes comer todo tipo de viandas, marisco carne,postres, de todo. Un día a miñ amiga douse conta de que o mozo estaba enfermo e que necesitaba axuda asi que deixou todo para apoialo e que saiara adiante. Seguian sendo moi felices a pesar de todo pois uniaos aqueles manjares que poñían na mesa, iban a restaurantes, viaxaban pero a comida era algo que os´unía .
Pero por desgracia fai uns anos a enfermedade foi a mais e de repente na mesa solo había polo cocido. A miña amiga non lle importaba pois como ela dicia nas boas e nas malas. Pero eu preocupabame pois cada día estaba mais decaida e color da sua pel parecíase cada vez mais a do polo cocido, estaba delgada, demacrada e triste, cando ela sempre fora alegre. Falou co marido pero el dixolle que xa non podía comer nada mais que polo cocido; e ela resignouse, non tiña forza moral para deixalo, eu dicialle que era xoven, que agora era cando mais podía disfrutar da comida, pois sabia catala, disfrutala e saber si estaba boa ou mala.
Hoxe a miña amiga cando ten dias malos acurrucase no sofa cunha manta e lee libros onde se toma te inglés con pastas e sandwiches salados,ve películas donde todo xira arredor da comida. Di ela que eso axudaa a superalo.
Siguen xuntos querense moito, pero a miña amiga faltalle vida, e ainda asi siguen cada día sentados a mesa falando, sempre claro diante dun plato de polo cocido.

Ramon dijo...

Esta historia podías mandala ao correo do instituto para publicala, pagha a pena.

¿Preghúntome, se realmente todo este comentario terá alghunha conexión contigho, non so por amistade coa túa amigha e o seu compañeiro, senón máis íntimamente coa túa persoa?

Mira como salen historias dun xeito natural.

¿Tes relaçión con Marga do venres pasado? ¿Qué paisaxes che rodean arredor da túa morada? ¿Poderías describilos?

Josecho dijo...

JUa,JUa Jua, qué ben está¡ o principio non caía pero unha vez que o pensaba de camiño o traballo, dinme conta do que falabas. Eu teño un problema parecido pero desde o punto de vista contrario, eu a miña muller, poñelle unha tortillas, uns pinchos e unhas croquetas para chuparse os dedos, pero ela nada, sempre di que lle sentan mal e lle fan doer a cabeza.
Gracias por alegrarme a mañá.
Por certo, alegrome que sexas bilingue e escribas tanto en galego coma en castelán. Un saúdo

Anónimo dijo...

a min tamen me gustou moito, e ainda que produce gracia dispois de pensalo ben da moita pena. Ou Marga ou a sua amiga" estano a pasar mal.

Mary Hermo dijo...

¿Pode ser que coñezamos a Marga?
Ao mellor é alguén que necesita votar fóra sentimentos que lle pasan por non poder comer outra cousa, pero de seguro que esa etapa de que él non poida comer máis que polo cocido pasará e logo volverán os manxares, seguro que sí.
Marga é coma Robinson Crusoe.

Xa se achega o Nadal e en Boiro xa está colocado o aluimeado, xa comezan os escaparates a estar decorados con motivos navideños, o único lugar que aínda non está decorado desa maneira é un que eu adoito frecuentar a miudo pero espero que en breve comecen a decoralo para alegrar un pouco máis ese ambiente que de por sí é un pouco triste, frío e as veces ata desconsolador.

Biquiños a tod@s con todo o meu cariño.

Marga dijo...

A ver, primero Mary te conozco por las fotos de la fiesta, pero no hemos coincidido nunca. Segundo, estoy hablando de algo que me entristece y habla de una amiga mía que por supuesto ni es de Boiro ni ha estudiado nunca allí. Y por último una se esfuerza a veces en sacar temas que puedan mantener o crear interes en la gente que visita el blog, poniendo muchas veces cosas personales o que conoce porqué son reales y cercanas y al final es lo que le interesa a la gente. Los tochos de internet, con todo mi respeto para el que los busca y se los trabaja no parecen estar dando ningun buen resultado.
Por último creo que lo importante no es quién diga las cosas sino lo que tiene que decir.

Anónimo dijo...

Hoxe estivoche o día ven entretido e agora como diria Pemán, boas noites e ata mañá.

Mary Hermo dijo...

Para Marga:
Darche as gracias pola túa aportación, a túa forma de relatar o que sucede o teu redor e as túas amistades é moi boa, e quixera pedirche que nos votaras unha man, escribe algo para poñer na páxina principal do blog e poder comentalo, pois eu hai cousas que me pasan que non sei como expresalas tan só coa poesía, pero tampouco estaba dando resultado e iso significa que as persoas que leen o blog non ten interés en ler poesía; por iso che rogo que escribas algo a dirección de correo do blog para poñelo
25aniversarioiespraiabarrana@gmail.com

Biquiños a tod@s.