sábado, 12 de diciembre de 2009

¿SABIDURÍA POPULAR?




Certo, que bastantes veces os ditos, refráns e similares da cultura popular acertan, Sí, cargados de sabiduría estilo "máis sabe o demo por vello que por demo". Claro que é se denota certo galeguismo e moita envidía noutros. Exemplos:

1- Se vos fixades, hai un dito que di:"marzo ventoso y abril lluvioso (ougallá valese para novembro de 2009), hacen a mayo, florido y hermoso". Doutro lado temos o consabido "hasta el 40 de mayo no te quites el sayo". Vamos que ata o 9 de junio non chega o bo tempo...Entonces ¿en que quedamos: ¿mayo será mes de bo tempo ou aínda é cedo?. A resposta, coido que é evidente: depende....Nuns casos botaremos man dun e noutros do outro. O tempo decide e nos rematamos... Así non hai forma de equivocarnos. Senón acerta o primeiro dito, utilicemos o segundo...Así calquera!!!. E destes ditos e refráns contradictorios poderínase mencionar uns cantos. E senón pensade...

2- Vaiamos ó mundo da música: "Ollos verdes son traidores, azules mentireiros, negros e acastañados verdadeiros". Vaia, que cando nazas, xa antes de falar, xa estás sentenciado...Entón, está claro que o destino está máis que escrito. E pregúntome: ¿@ que escribiu esta canción de que cor tiña os ollos? ¿negros ou castaños?...A explicación está clara: é un cantar que sirve de alegoría á envidia de non pode ter uns ollos verdes ou azuis, pero querer telos desa cor...E cando non podes ter o que cobizas, que mellor que poñelos a pan pedir...Vivan os que teñen os ollos verdes ou azuis -un que ten os ollos verdes de traidor non ten nada de nada, máis ben o contrario-.

3- Remato co famoso "Pisar mierda trae buena suerte". Seguro!!!. Se a pisas toca para empezar limparte. ¿E logo, está comprobado científicamente que se a pisas vas ter boa sorte? ¿Onde está ese estudio? ¿Por que entón a xente non adoita a pisala adrede?. Remítome ó punto 2 para reafirmar a miña postura de que alguén que a pisou -para tratar de saír airoso dunha desgraciada acción- se sacou da chistera o de que trae boa sorte. ¿Sería algún actor ou actriz dos que lles gusta desexarse moita mer--? Humm. Nin idea. Iso sí, se ter boa sorte vai depender de pisar mer-- que mer--de mala sorte!!!

3 comentarios:

Anónimo dijo...

para saber, o demo, sabe moitísimo..

Anónimo dijo...

Para FREFUN0616 DEJA YA DE TANTO SPAMMING POR QUE ES MUY MOLESTO.

Administrador dijo...

Non pinchedes en ningún destes códigos de freefun0616 pois leva a publicidade de certas páxinas para lucrarse publicitandoas, e vamos a proceder a censuralo.