Por se fora pouco, despois de enfiar o traxecto e pórme en marcha, caen desde o çeo polo parabrisas abaixo, unha choiva insistente e continua de meteoritos cor lume intenso, que nunca daban rematado.
Esta perçepçión da choiva de meteoritos que nunha situaçión de benestar e equilibrio sería considerado un don sobrenatural de incribe visión espeçial, sen embargho era para min un obstáculo máis que me dificultaba cheghar ata a casa.
A miña realidade do momento presente semellaba a dun moribundo nos últimos momentos de vida, así de penosa, anghuriosa, e desesperada.
Non me quedaba máis remedio que sacar forças para aghudiçar a vista, e tratar de ver a estrada por entre as liñas perpendiculares do bombardeo continuo de meteoritos que caían diante dos meus ollos.
Foron pasando quilómetros dun xeito moi aghobiante e aghoniçante, arrastrando un inmenso malestar, debilidade extrema, ..., pensando que me ía desmaiar, so perigho de saír fora da vía e quedar teso en calquera sitio do camiño. Ao mesmo tempo quería atacarme o sono, e abrín en plena marcha as xanelas dianteiras e traseiras do coche para que me refrescara o aire.
Estaba tan débil que desexaba deitarme, pero debía seghuir adiante. So anhelaba que pasasen axiña os quilómetros para cheghar canto antes.
Como os ollos tendían a pechárseme, puxen a radio, pero estorbábame tanto que incluso a música suave sen voçes, tamén me molestaba. Sexa como for, o escoitar a radio debilitábame física e mentalmente, reactivándoseme as náuseas e induçíndome os vómitos, polo que tiven que apaghala.
Aghuantar, atender, ir para diante, resistir, mirar por onde ir, ... estaba tan mal que esperaba o peor.
Realmente, anque me atopara completamente ben e sen malestar, non coñeço a estrada por onde vou, xa que a estreei vindo para acá, e aghora de volta non me lembro nin polos sitios por onde pasei. Asoçio que pola pendente perighosa estou subindo polas beiras do Sil.
Creo que me vou saír fora da estrada, estoume desmaiando pola debilidade, a todo esto súmase a inseparable sensaçión de náuseas e indiçios de vómitos. Afino moito a vista para ver polo parabrisas entre as liñas perpendiculares da choiva de meteoritos.
Aquí apareçe a ponte de Belesar, e cando a paso vai xurdindo a pendente con moita inclinaçión.
Começa a subir o nivel de altitude do terreo, voume aproximando aos canóns do Sil e as súas ribeiras. Debo ir con moita precauçión posto que os meteoritos cor lume, sighuen caendo continuamente como se fora chuvia que non acaba.
Teño que cheghar, debo cheghar, aghuanta. Coleo as curvas, subo e subo, case non me cruço con nincún vehículo. Serán as tres e pouco da madrugada. Vou so como un fuxitivo solitario.
Como caia polos barrancos e bancais non me encontra ninquén ata sabe deus cando. E que non sei nin por onde vou, so sigho o meu instinto e déixome levar pola miña intuiçión.
Pareçe que se volve activar o estómagho e quere façérseme a boca aghua. Semella que xa se acabaron os canóns do Sil, e xorden ghrandes rectas con chans e subidas, pero sen as curvas das ribeiras do río.
Continúo asçendendo a veloçidade constante, pero cun malestar xeral que xunto á debilidade fanme desfaleçer, aumentando o perigho de saírme fóra da vía. Ademáis, o tempo apremia, xa que sinto apuros por ghomitar e debo atopar un desvío onde poder parar.
Subo e subo, e creo ver un indicador do Monte Faro. Pode ser que despois de superado este porto de montaña haba sitios para aparcar.
Cando chegho ao cume xa se estabiliça o terreo, e apareçe unha ghran chaira. Vou ollando e vexo unha pequena estrada asfaltada que usa a xente da redonda para dirixirse ao seu lughar e ás terras de cultivo, a cal vai paralela á autovía.
Non o penso máis, collo ese ramal e aparco alí mesmo. Saio rápido do coche e agháchome para vomitar repetidas veçes o que me sobraba dentro. Pese a ser soamente líquido, a violençia das arcadas e o malestar non hai quen os saque. Así e todo cando pareçe que non tiña máis que botar, entráronme ghanas de baleirar a vexigha, e así o fixen.
Creo que foi aquí, á intemperie nocturna desta parada, cando me desapareçeu a visión da chuvia de meteoritos. Prefiro non confiarme ata que estea conduçindo, non vaia ser.
Estou fóra do coche en plena noite, e non pasa ninquén, como tampouco vexo nincunha aldea preto de aquí, pero si moito máis lonxe. Sigho só debaixo da bóveda çeleste, mentres as xentes, estean onde estean, dormen nas súas casas.
Silençio, friaxe, soedade, destemplança, desorientaçión e preocupaçión polo que me poda pasar, aparte da responsabilidade de ter que madrughar mañán para ir traballar, eso se é que dou cheghado con vida ata alá.
Presentindo que pararon os vómitos e as náuseas, entro no vehículo e deçídome arrincar para coller camiño de novo.
Comprobo se a vista quere volver perçibir a choiva de meteoritos, pero non. Desta ves penso que xa desapareçeron, sen embargho non me fío, pudera ser que fixera acto de presença en calquera momento.
¿Cando chegharei, cando? Non aghuanto máis, estou moi, pero que moi mal. Case como tres quilómetros despois de ter deixado esta última parada, apareçe o sinal de Rodeiro, antiçipando a cheghada a este pobo.
Son tantas as causas que se xuntan para produçirme esta desesperaçión, afliççión e anghustia, que é como cando tes unha dor terrible e constante que non che deixa e vas tal unha pedra a rolos pendente abaixo.
Sen embargho non podes abandonar o control e a responsabilidade do volante porque neso tamén che vai a vida, anque creo que do tan mareado que estou, voume desmaiar.
Vista con saúde, benestar e calma, é moi bonita.
Ando e ando, e vou subindo, porque sei que despois virá un cruçe que me levará a Lalín.
Aí o vexo, xa apareçen os indicadores sinalándome Lalín – Chantada. Collo o cruçe. Penso que desde o primeiro momento que saín de Monforte, vin abrindo e pechando continuamente as xanelas do coche.
Cando vas mortificado e atormentado, as distançias semellan máis enormes e aparenta que nunca das cheghado. Pese a todo, nestas paraxes camiño de Lalín, desapareçeron as curvas pechadas. Hai ghrandes rectas e numerosas chairas, con pendentes tamén prolonghadas pero sen tanta curva pechada.
Xa vou baixando proghresivamente e así continúo ata cheghar á entrada de Lalín, que me reçibe co seu escudo de pedra iluminado. Non dubido das xeadas que se produçirán nestas chans e o laxo que se formará no piso da estrada durante a estaçión invernal.
Sigho a vía comarcal querendo conectar con Silleda, territorio de semellante severidade no inverno. Trato de non desfaleçer porque estou como para que me veña recoller unha ambulançia, tal cal. Esto é algho sobrehumano, non pode ser. Preçiso atender ao volante e resistir para ghuiar o coche.
Prosigho as ghrandes rectas coas súas chairas, xurdindo ao lonxe no medio da estrada, un monumento á muller labregha, mirando ao alto coa man dereita na fronte, e na esquerda o seu sacho ou leghoña pousado no chan. Estamos na entrada de Silleda.
A partir desta famosa localidade sigho pola rede da bisbarra, confiando ter mirado ben o indicador que sinala proseguir por esta vía. Sen embargho debín coller o desvío da autopista ata Santiagho, xa que tan axiña como entrei nela, aí vexo á man esquerda a paralela na que pasaban os outros coches por onde ata o de aghora viñera eu.
Xa dentro da autopista açelero a marcha, presentindo que estou máis preto do fin da ruta. Diviso ao lonxe as luçes verdes e vermellas da peaxe, que máis tarde sóubeno colocado en Feal, pertençente a San Mamede de Ribadulla.
Atendeume un chaval ollando con curiosidade, seghuramente debido ao aspecto descoidado, sudoroso e demacrado que eu tiña nese intre. Así mesmo, a bolsa da roupa estaba no asento traseiro, previsiblemente medio aberta por mor dos cambios urxentes de tanta transpiraçión, e alghunha prenda podía ser que estivera á vista.
Non sabía se pedirlle axuda alí mesmo, ou tratar de cheghar á casa. Estaba a piques de darme un infarto ou algho así que podería describir como unha fortísima presión no peito, inmensa debilidade e desfaleçemento.
Buscaba aire fresco como podía, haber se dese xeito me puña mellor. Aboei a taxa e levantou a cançela.
Vou a toda mecha pola autopista, hai que alcançar Santiagho canto antes. Entro nela e collo por Conxo para saír a Vidán.
Xa vexo o indicador de Neghreira - Noia, visión que me daba sentido de çercanía, anque naquel momento xa non vía nada, no que se mesturaba a sensaçión de estar moi preto, co efecto de vista borrosa ou nubrada.
Resaltar que cando vas como moribundo no teu andar, e te atopas xa a un paso da túa meta, é cando máis te desesperas por alcançala, semenllando que nunca das cheghado.
Un pouquiño máis, quedou Roxos atrás, e ao remate de minutos interminables chegho á poboaçión final da viaxe.
Queimo as últimas enerxías, e enfíome atoladamente cara a entrada do gharaxe.
Abro o portalón, son as catro en punto da madrughada, hora exacta.
Moi estraño, curioso, e calquera diría que non é pura casualidade, pois cando saín da casa ao abrir o portal, eran as catro en punto da tarde.
Paso e aparco o coche. Desexo saír canto antes do vehículo e entrar por fin na casa.
Collo o bolso xunto con todo o que levei, e diríxome axiña ao asçensor. Se por min fora xa durmía no gharaxe.
Veña asçensor, apura dunha ves, que me vai dar un non sei qué. Aquí está, ábrese e métome dentro.
No seu interior suspiro, falo en vos alta, deixo escapar expresións, autoaxúdome, resígnome.
Preghúntome cómo pudo pasar esto. E haber en que acaba a cousa.
Pensar que xamais me ghustaron as improvisaçións e as cousas intempestivas. Esto nunca foi comigho.
1 comentario:
O mellor de saír da casa e a aventura do que sucede durante o percorrido, a nosa terra é fermosa en toda a súa extensión, e tanto pola noite coma polo día ten un atractivo diferente.
Nunca dúbides en saír pero leva contigo algunha bebida isotónica i enerxetica, tipo Red Bull e Aquarius, e nunca teñas medo, se un día no traballo estas canso non pasa nada, o importante e adentrarse nas terras, coñecelas e fundirse coa natureza, cultura da zona e coas súas xentes.
Disfrutade da vida, pois é o mellor regalo que calquera pode ter.
Un saúdo a tod@s e apertas
Publicar un comentario