(Foto dos moços da aldea e parroquia de Cures nunha "çea branca", arredor do ano 1955. A foto e, esta comida, fixérona cos cartos reunidos dos aghuinaldos que lle daba a xente, cantando a prosa de Noiteboa, Anonovo e Reis, polas aldeas de perto e lonxanas. A primeira do fondo da esquerda mirando de fronte á foto, é miña nai Isolina, que daquela tiña 15 anos. Na fila superior, o cuarto pola esquerda é seu irmán Moncho. Xusto, debaixo del, está Benedicta, curmán de ámbolos dous.)
Comentan as persoas maiores do lughar que o entroido tivo atrancos históricos reçentes durante a ghuerra çivil.
Ditouse unha lei que prohibía a súa çelebraçión. Existía a posibilidade de poder festexalo pero so coa cara destapada. De tódolos xeitos, incluso así, estaba vedada ou impedida toda crítica ao sistema estableçido, estamentos e representantes das súas distintas escalas.
Con todo esto, o espírito do Entroido quedou desvirtuado e anulado, converténdose nunha pantomima de xogho de nenos. Como resultado destas mordaças aseghurábase un entroido inofensivo, dirixido e controlado polo réxime, que cortaba toda posibilidade de denunçia.
O pretexto que levaba ao réxime usurpador a implantar estas medidas, era o medo que lle produçía saber que estas datas podían ser unha oportunidade para que os sometidos e reprimidos, como tamén os familiares dos mortos pola represión, puderan façer xustiça amparándose no anonimato, ou incluso por venghanças doutro estilo que pudese ocorrer a calquera nivel.
De ighual xeito, as desighualdades e neçesidades que imperaban nesa época, soçiais, materiais e de alimentos, conduçía á xente a buscar o que houbera. E que mellor maneira de aliviar esas desighualdades e poder satisfaçer momentáneamente ditas neçesidades, que rebelarse baixo a proteçión dos disfraçes.
Boa parte da poboaçión asumeu estas imposiçións contra a súa vontade, e cando cheghaban as festas trataban de actuar seghundo os canons estableçidos.
Debido á lonxanía dos medios de comunicación, e ás distançias dos çentros de poder e control, continuamente xurdían xentes das máis arriscadas e destemidas que tapaban a cara, pero esto façíase con moita reserva e discreççión, intentando non ser descubertos por ninquén.
Logho despois de rematada a ghuerra, a ditadura mantiña tales prohibiçións, co aditamento de non practicar crítica, denunçia, acusaçión, burla ou escarnio do réxime implantado no poder, como dos seus integhrantes.
Todo esto coartaba a propia esençia do entroido baseado na liberdade de expresión oral e visual, á hora de poder transghredir as bases do sistema imperante por moi sólidas que fosen.
Conectando con fontes históricas, diçir que ao lonco dos séculos pasados houbo outros períodos en que tamén se prohibeu ou coartou a súa representaçión.
Pese a non poder tapar a cara baixo nincún conçepto, so perigho de multa, cárçere, ou de afectar á súa integhridade física, hai que diçir que polas aldeas e lughares apartados, había çerta cantidade de xente que se atrevía e arriscaba a tapar o rostro.
Esta prohibiçión era máis controlable nas çidades, e nos pobos ghrandes, en contraposiçión ás aldeas e aos núcleos de poboaçión de menor tamaño, debido á súa dispersión xeoghráfica, o cal derivaba para o réxime nunha maior dificultade á hora de reprimir os costumes ançestrais do pobo.
Diçir tamén que existía a ronda da parella da gharda çivil polas aldeas día si, día non, os cales buscaban informaçión sobre o veçindario valéndose da inoçençia dos nenos e de persoas cridas ou manipulables, así como dos individuos que por desapegho, falla de escrúpulos e mala fe, vendían aos seus conxéneres a cambio de nada, se cabe por identidade co sistema reinante.
Todo isto era un elemento estrano e alleo que irrumpía no esquema propio das comunidades, polo que non tódolos seus membros se decantaban en ocultar a cara. Os que o fixeran debían aseghurarse de non ser descubertos, con vistas a se alghún delator ou soprón tivera a premeditaçión de avisar ás autoridades do réxime.
Para tapar a cara podían usar un trapo vello, mesmo dunha saba ou dunha prenda inservible, onde a cor ía do branco ata calquera outra dispoñible. Neste trapo façíanselles uns buratos para os ollos e a boca.
Prácticamente ninquén usaba caretas, porque a maioría da poboaçión non dispuña de cartos para poder mercalas, pois o pouco que alghúns puderan ter, reservábano para as neçesidades indispensables da vida.
A exçepçión desta reghra era unha minoría de casas labreghas de maior patrimonio, que ben podían ser denominados fidalghos, e nalghún caso o alcume da casa tiña relaçión con este estamento soçial.
Estas casas, en moitas ocasións desenvolvían a funçión de prestamistas. Por outra parte se alghún dos seus membros tiveran ánimos de partiçipar co pobo no entroido popular, empreghaban as mesmas vestimentas que o resto da poboaçión, xa que formaban parte do entorno que habitaban, alleos a modas foráneas.
Amais desto, esas caretas como outros artighos, vendíanse en vilas lonxanas, que por outra parte a súa privaçión non xeraba ansiedade ou inquietude na xente, pois a través dos séculos foise creando en tódolos aspectos da vida, unha soçiedade autárquica.
Así e todo por aquel entón, a presión do bombardeo e instruççións dos medios da época seghundo as consignas estableçidas, cheghaban con máis lentitude e cun control máis retardado e lonxano, como para alinear ou crear neçesidades perentorias na xente.
Coas normas ofiçiais vixentes, os “julichos”, tamén chamadas “julichas ou choqueiros”, cando puñan unha sábana por riba, ou vestían roupa vella, debían deixar completamente a cara destapada, quedando prohibido tapar o rostro. Para os máis arriscados en querer ocultalo, diçir que o tradiçional era un trapo burateado para os sitios e os ollos, pois a careta era case inusual polo explicado anteriormente.
Isto aghudiçaba o inxenio e a imaxinaçión de quen non se atrevía esconder a façiana, polo que habíaos quen discurría enferruxando a cara con carbón, borralla, ..., ou tamén pintándoa.
No hay comentarios:
Publicar un comentario