jueves, 10 de junio de 2010

SAMUEL SOLLEIRO "DZ OU O LIBRO DO ESPERMA" por circulo polar





"Cando un home poeta se atopa cunha muller poeta, ou calquera outra combinacion de xeneros e números entre os que poida existir atraccion física, os dous deben facer todo o posibel por ignorarse mutuamente até que pasen os calores e se escoite por fin o suspiro aliviado do mundo.


O mundo quere que o home poeta se deite coa doutora ou a estudante de xeografia.


O mundo quere que a muller poeta se deite co bombeiro voluntario ou o avogado defensor.


E o mundo, que é intelixente, equivócase moi poucas veces.


Mais os fios da quimica entre os corpos son demasiado fortes e é imposibel deixalo correr todo, esquecerse e entrar nun bar a tomar digamos un café con xeo, é moi importante que os dous procuren mirarse aos ollos o menos posíbel.





Mantelos fechados con moita forza durante os beixos pode ser unha solucion eficaz.


Ademais é importante que non se escriba nin un só verso en todo o tempo que dure a relación, e tamen que cada un ignore sempre o nome do outro, mais que nada porque os nomes son cousa de notarios e oficinista.


E se un poeta empeza a preocuparse por un nome, o mais probabel é que acabe de notario ou de oficinista, e no mundo a dia de hoxe fan mais falta os poetas que os oficinistas, e os notarios.


Un poeta de verdade non debe querer saber de nomes e sempre escoller a carne."





E que sexa meu curmán … é xenial.

No hay comentarios: