lunes, 21 de junio de 2010

GALICIA TERRA ENCANTADA, por Marina Filgueira




Nun recuncho de Galicia,
eu nacín e tamén crieime,
con tristura e ledicia,
que xa máis esquecerei.



Terriña de campos verdes,
de montes e grandes prados,

as túas cores son un regalo,

non podo vivir sen verte.



Así, cos nosos montes dourados,
para onde ía eu de rapaza,
pola mañá cedo e descalza,
levando a pacer o noso gando.
por aqueles carreiros de pedras...
saltando ós toxos é- o- orballo.



Xa aquela tardiña baixaba...
e comezan os grilos a cantar,
tamén eu, o cuco escoitaba,
en algún que outro piñeiral.



As andoriñas aniñaban...
no faio do curral do meu fogar,
carrexaban nos- garabullos,
e tamén lama do noso val!,
para unha cama de parrulos.
máis ben un apousento nuncial.



A terra donde eu nacín,
e onde brinquei de rapaza,
sen vela non me sinto feliz, ,
e sinto grande lembranza.



Eu xa quería ser pombiña
que polo aire voase,
e calquera día de tardiña,
naquel lugar se pousase.

pois da-lo sinto morriña
e choro a miña saudade.



Sinto morriña da mi terra máxica,
do meu lugar, daquel regueiriño
onde de meniña eu xogaba ca- auga.



Ai! aquela fonte do regueiro...
auga que danzaba e cantaba...
enchíase os pozos lameiros
para regar nosos herbeiros,
e tamén as veigas de patacas.



Galicia terra de meigas,
bela doce e encantada,
se lonxe de ti morrera,
eu quero que aquí me traian.



Que o meu corpo se queime,
que as miñas cinzas espraian,
no curutiño daquel monte
onde vin nacer o sol de rapaza,
e poñerse o carón da noite.
!Si! Na miña terriña en xebre.



Que as miñas cinzas voen no vento,
onde perpetúan o amor dos soños
e sinta a paz infinita do fondo do val,
ó- correr é murmurar do río pequeno.



E no alto do monte ver a poeira do sol,
e sentir brincar a auga do noso regueiro,
cando a tarde xa derruba e adormece,
e esquece no tempo ese que xa parou.



Nun último suspiro buscado- seu lugar,
pois a noite xa non ten presa nin alento.



Ai! Miña terra... miña xoia...
que ven mereces...sen presa ser vista,
e camiñar por o teu lar...nos carreiros
entre as pedras, esas que fan viaxar,
no tempo, en que o apuro non exista,
nin pro- caso tiña urxencia.



Un tempo, en que a vida tiña harmonía,
e as noites... as noites non tiñan perigo,
alegres coma unha caricia,
o día nacía en calma, esa calma meiga...
desta terra encantada Galicia!



Que sen esforzo sigue sendo ela mesma,

por os séculos dos séculos. Amen.

3 comentarios:

Anónimo dijo...

It's appropriate time to make some plans for the future and it's time to be happy.
I

have read this post and if I could I want to suggest you some interesting things or

suggestions. Perhaps you can write next articles referring to
this article. I want to read more things about it!



My site ... www.gegenstandswerte.de

Anónimo dijo...

An fascinating discussion is price comment. I

believe that you must write more on this matter, it won't be a taboo subject but usually persons are not sufficient to speak on such topics. To the next. Cheers

My webpage: http://atozgate.com/altea-costa-blanca.html-2

Anónimo dijo...

Today, I went to the beachfront with my kids. I found a sea shell
and gave it to my 4 year

old daughter and said "You can hear the ocean if you put this to your ear." She put the shell to her ear and

screamed. There was a hermit crab inside and it pinched her
ear. She never wants to go back! LoL I know this is

completely off topic but I had to tell someone!


Here is my website; Livejournal.com