O mal estar interior combátese co pensamento, a reflexión e a imaxinación, mediante as frases enunciadas nesta nota.
O beneficio dun cambio real
Aplicar estas 42 frases guías á vida cotián incentiva a apertura mental e a confianza persoal.
O tótem é a construción, piso por piso, dun orde máis elevado.
A lectura destas afirmacións promove o cambio. A imaxinación enriquécese e un cre que todo é posible.
Teñen un efecto serenador. Elas trazan un cambio a seguir.
Recorren os puntos da vida que todo ser humano debe coidar e que, se o fai, o resultado será reparador.
Diminúen os niveis de estrés, a anguria, a tristura e inquietude interior.
Fundamentalmente, sinalan o camiño a seguir para levar a cabo unha verdadeira transformación, que ademáis é duradeira. ¿Por qué non facer a proba?
Tótem da harmonía e a paz interior
Para ler en voz alta, repetir aos seres queridos e comunicar.
Suxestión: Envíe unha copia destas mensaxes aos seus amigos e a todas aquelas persoas a quen lles quere desexar boa sorte.
1.- Dálle á xente máis do que esperan e faino con gusto.
2.- Non creas en todo o que escoitas, nin gastes todo o que tes, nin durmas todo o que queres.
3.- Cando digas “ámoche”, dio de verdade.
4.- Cando digas “o sinto”, mira á persoa aos ollos.
5.- Cre no amor a primeira vista.
6.- Xamais te burles dos soños dos demais.
7.- Ama profunda e apaixonadamente. Podes saír ferido, pero é a única maneira de vivir a vida completamente.
8.- Afronta os desacordos, xoga limpo, non ofendas.
9.- Non xulgues aos demais polos seus parentes.
10.- Fala lentamente, pero pensa con rapidez.
11.- Cando alguén te faga unha pregunta que non queres responder, sorrille e pregúntalle: ¿Por qué queres sabelo?
12.- Lembra que o mais grande amor, e os mais grandes logros traen consigo os maiores riscos.
13.- Comunícate coa túa nai. Se non é posible, ao menos pensa nela.
14.- Di “saúde” cando escoites a alguén esbirrar.
15.- Cando perdas non esquezas a lección.
16.- Lembra estas tres regras: Respecto a ti mesmo. Respecto aos demais. Responsabilidade en tódalas túas accións.
17.- Non permitas que unha pequena disputa dane unha grande amizade.
18.- Cando te deas conta de que cometestes un erro, toma medidas inmediatas para corrixilo.
19.- Sorrí cando respondes ao teléfono. Quen chama poderao escoitar na túa voz.
20.- Cásate cunha persoa coa que che guste conversar. Cando cheguedes á vellez, o diálogo será máis importante que calquera outra cousa.
21.- Pasa algún tempo en soidade.
22.- Abre os teus brazos ao cambio, pero non te desprendas dos teus valores.
23.- Lembra que o silenzo, é a veces, a mellor resposta.
24.- Le mais libros e mira menos televisión.
25.- Vive unha vida boa e honorable. Cando chegues a vello e lembres o pasado, verás como o disfrutas por segunda vez.
26.- Confía en Deus, pero pecha ben o teu automóbil.
27.- Unha atmosfera amorosa no teu fogar é importante.
28.- Fai o posible para crear un fogar tranquilo e amoroso.
29.- Diante de desacordos cos teus seres queridos, céntrate na situación presente.
30.- Non vivas ancorado no pasado.
31.- Le entreliñas.
32.- Comparte o teu coñecemento. É unha maneira de lograr a inmortalidade.
33.- Sé xentil co planeta.
34.- Xamais interrompas cando estás sendo loado ou eloxiado.
35.- Ocúpate dos teus propios asuntos.
36.- Unha vez ao ano, visita un lugar onde nunca estiveras.
37.- Se ganas moitos cartos, dispono para axudar a outros mentres esteas con vida. É a maior satisfacción que a fortuna pode dar.
38.- Recorda que non conseguir o que queres, é a veces, un golpe de sorte.
39.- Aprende as regras; así saberás como rompelas axeitadamente, se fora mester.
40.- A mellor das relacións é aquela onde o amor entre dúas persoas é mais grande que a necesidade dun polo outro.
41.- Xulga o teu éxito segundo ao que tivestes que renunciar para obtelo.
42.- Aborda o amor e a cociña con ousada entrega.
No hay comentarios:
Publicar un comentario