--------------------------------------
Un tipo dille a outro: - ¿Elogho, non che é hora?
¿Como dis?
¿Se non che é hora?
Si, home, si. O carallo e mailas bolas.
------------------------------------------------------------------------
---------------------------------------
Cala ti, home, cala ti. Vai caghar a onde fostes caghar onte, limpa o cu cun pelo de rato e escoita unha trucás. (A trucás é a pomba brava ou silvestre.)
-----------------------------------------
--------------------------------------------------------------------------------------------------
¿Que dis?
Que tela boca debaixo do narís.
----------------------------
--------------------------------------------
¿Que dis?
Lámbelle o cu á perdís.
Lámbella ti, xa que o dis.
Eu non teño narís.
---------------------------------------------------------------------------
----------------------------------------------
¿Onde está a boroa?
Eu ben sei onde está.
¿E onde está?
No forno de miña soghra, no muíño de meu pai.
(Meu pai moía no muíño e miña soghra coçía no forno.)
-------------------------------------------------------------------------------
-------------------------------------------------
¿O can ghrande para que naçeu? – Para morder ao pequeno.
¿E o rico? - Para foder ós probes.
Señora María, señor Manuel, castañas asadas / coçidas e viño con mel.
No campo de Ariñón hai unha vaca manteighueira, que non ten leite nin manteigha.
Unha ghaliña poñedora que canta coma o reiseñor.
Éche / É boa desghraçia, estamos todos na mesma América. (Retranca dando a entender que estamos en terra de miserias e neçesidades.)
(Outra versión). Éche / É boa verdá, estamos todos na mesma América.
Veña a rapela e rápaas todas. (Verba empreghada co sentido de varrer ou levar por diante o que non ghusta.)
Cando hai brétema é tempo dos xurelos. Andan medios apampanados polo mar e açércanse / arrímanse a terra.
O falar non ten cançelas.
(As cançelas úsanse como paso de entrada cando se ghardan os animais, ... Dise de quen en sentido fighurado fala por falar sen exactitude nin veraçidade. Ou mesmamente cando alghuén fala inoportunamente de feitos que non proçede lembrar neses momentos.)
Que morra o conto. (Non seghuir falando do tema porque está por riba de nós ou é molesto falar del.)
Ven o saco a ela. (Cando vas buscar, por exemplo, un encargho nunha tenda, por telo xa pedido antes, ou por costume de mercalo alí outras veçes.)
Cun pouco de sorte imos a peor.(Retranca ou ironía dunha situaçión que empeora.)
Está o mellor de cada casa. (O peor de cada casa.)
Tranquilo morreu caghando. (Sería contraproduçente nunha situaçión desesperada e de emerxençia.)
Miña virxe do perdón, pensamos de amellorar e imos a peor.
¡Ai mundo, mundo! – E lévalas todas. (Lei implacable da vida, a cal non se pode evitar.)
Así non rende o camiño, o traballo, a romaría, a festa, etç ...,
(Cando se van falando cómodamente polo camiño contos coa xente, non che rende o tempo. Nunha romaría cando te divirtes, esquéçestes do tempo. Na época de coller o viño pareçe que hai moito e cóllelo con ghusto, porque se máis houbese, máis collías, sen que che renda o tempo.
En definitiva, que as cousas coas que disfrutas, duran pouco, e o tempo pasa moi depresa ou axiña.)
Díxolle unha vella a un: - Pasa ti que tes lan. (Escollía homes competentes, como se soe diçir: “home peludo, home forçudo”, ou de carácterísticas equivalentes: “de pelo no peito”, “peito lobo”.)
Un home que saeu da misa, e díxolle aos veçiños:
“- Que non marche ninquén que vos teño algho que diçir.
Quero diçir que ninquén bote máis millo do que poda sachar.
Que despois non andedes a diçir, José ven para min, José ven para min.
E botade o que podades sachar.”
Dixéronlle a unha muller, ou pudera ser un home: - ¿Non vas esfollar para fulano?
- Non oh! O que non poda esfollar o millo, que non bote mais do que poda abarcar.
Andar ás encrendas. (Andar por andar, andar ás escuras, andar sen neçesidade, sen rumbo,sen xeito.)
Comer coma un descosido. / Andar coma un descosido.
Teño eu que botar man. (Teño que façerme cargho eu para encarrilalo asunto.)
Darlle millo, verdura, ..., aos animais. / Acomerar os animais.
Non se poña coa cona para riba, ou coa cona para baixo. (Moi amorosa, ou moi falsa mexando por un, respectivamente.)
Mamalo leite. (O pucho á vaca, calquera cría doutro animal, ou un bebé a súa nai.)
Miniño da teta (reçén naçido, bebé.)
A vaca ten a semente. (Xa foi ao boi, no xeito tradiçional, anque hoxe por hoxe, pode ser inseminada artifiçialmente.)
Muller tesa. / Muller de tres estalos. (Muller temperamental, muller botada para diante).
Çesto de espighas, ou calquera outro froito. / Çesto de herba, ...
Criar os pitos, as crias doutros animais, os rapaçes, ...
Durmir de pé. (Estar sen durmir, ou sen ir á cama.)
Lambelas espiñas. (Cando alghuén chegha tarde para comer, dinlle os que xa acabaron: “Xa que non viñestes para comer, aghora lámbelas espiñas.”
Tamén se refire a xente aproveitada ou sen escrúpulos, que ven raspar o pouco que queda de calquera ben particular, ou a nivel comunitario, e por extensión, dun territorio de maior amplitude.)
Cando se entra, polo menos un porco xunta outro, ronca. (Díselle á xente maleducada, que non saúda canda entra en calquera sitio.)
Pelo con pelo, e no medio o pelado. (Situaçión do membro xenital masculino e feminino no acto sexual.)
Un xerro de viño / Unha xerra de viño (O xerro adoita ser máis pequeño cá xerra.)
Quentalos na plancha á vira, vira / Quentalos na plancha nun vira, vira (Pode usarse esta expresión cando se di de preparar algho rápido nunha tixola ou plancha, por exemplo, uns chouriços, carnes, peixes ou calquera alimento.)
Dille un: - Teño medo.
Respóndelle o outro: - Ao cu de Pedro.
Colleu un vimbio para aghulletar un soco, pero non cabía polos ollais. (O vimbio façía de amalloas en épocas de neçesidá, e metíase polos buratos dos ollais para amalloalos ou amarralos socos.)
Eu non quero ghalos, teño ghaliñas bastantes.
Non me veñan con voltas. (Non me embarullen, ou embrollen, diante de algho que teño claro.)
Pincando a lesma / Pincando a candelexa / Pincando a lura (pincando os mocos)
Tanto ten Xan coma Pericán.
Un fieito seco. (Quedar en nada. Plan fallido)
Es máis parvo ca feito de encargha.
Pantullo / Bandullo (Estómagho)
Abafar de calor / Desabafar de calor / Atafeghar de calor / Folghuear de calor / Resollar de calor (Sufocar, asfixiar de calor)
¡Probiño, probiño. E andas rachado.!
Ando rachado coma un probe. / Pois ándoche coma un probe. / Hai que andar rachado coma o probe.
Dunha ves meu tío Domincos do Caseiro de Cures, viña para acá de volta para súa casa, desde a taberna de Xesús da Caseta, na Ameán (aberta un pouco antes do 32 e pechou no ano 50 a cal incluía salón de baile).
Tiña que atravesar o río pola Pontella, chamada tamén a Ponte Pequena, xa na Agra de Cures, antes da subida directa pola casa dos da Eira para adentrarse na aldea de Cures de Baixo. Non existía a estrada de Cures a Ameán pola ponte nova. Tampouco había lus nas casas, e moito menos lus pública.
Ese día, así coma os anteriores, de tanto como chovera o río viña moi cheo de aghua.
Nesa noite, de volta para a casa, levaba o farol de açeite cunha torçida de trapo desde a base do tubo do açeite ata riba para queimar e alumear o farol, e así poder ver o camiño na escuridade.
Ao atravesar con el, mollóuselle polo fondo e apaghouse a lus . Nese intre dixo el:
- O farol polo cu non afogha.
Xa sen lus, e por tanto, sen importarlle que seghuira mollándoselle pola aghua, sighueu atoutiñando ás escuras a través do río, para cheghar a aldea, e despois á súa casa.
Dis que o que perde unha muller boa non sabe o que ghana.
(Así que a que sexa mala, xa é todo. Á viçeversa, tamén a muller o pode aplicar para o home.)
Aparta laxe que che fendo. (Díselle a alghuén que anda presumindo de forte, ou que anda envalentonándose.)
Buenos días.
Buenos palos merecías.
Faise co día. / Faise con día.
Arneghado / Arreneghado sexa o demo. (Expresión de frustraçión, de carraxe, de sorpresa de calquera tipo, …)
Arremimadre. Ten o sentido coma un miniño pequeno, carallo.
Eu non sei que cousas tes. Pareçe que o sentido che vai a menos.
Non ten sentido. Nin pouco, nin moito.
Vaia o demo ben que non é nada. (Façer un traballo con demasiada paçiençia e non façer nada.)
Estas patacas teñen a taramela. (Cando se estonan as patacas vésenlles unhas manchas na parte superior e que, en ocasións, poden cheghar ata o fondo da pataca, que de comelas con estas manchas dan un sabor aghre.)
Petaduras (Manchas, picaduras)
Non coller lúa as patacas / Coller lúa as patacas / As patacas están alunadas. (Despois de apañar as patacas e levalas para a casa, póñense estendeitas no faiado, no soto da casa, no alprende ou cuberto, ... Entón, o paso seghuinte consiste en tapalas con cartóns, mantas vellas, etç …, para resghardalas da lus do día e non se queimaren co sol, así como que non lle dea a lus da lúa pola noite para non alunarse, pois de alunárense viran verde e collen mal sabor. Para máis seghuridade tápanse as xanelas con cartóns ou con contras se as teñen.
Son para un çesto e as máis ghordas para canisas (Símil ou metáfora onde intervén o vimbio, como elemento para indicar que o que se escoita de alghuén non é de fiar, ou non é ecuánime. É cambiante coma o vento seghundo con quen esta persoa estea falando.)
Contos que van para a feira. (Falares de xente que non é formal, e que se deixa pasar sen crer no que di, pola súa falta de honestidade.)
Vai cos da feira e ven cos do mercado (Xente que non é leghal, e que xogha a dúas mans. A todo o mundo lle da a raçón.)
Son de codeso e as máis ghordas para o cu do çesto. (Comentarios ou faladurías de persoas de pouca credibilidade.)
Na boca dun mintireiro pérdense alghunhas verdades. (Cando de entrada se da por feito de non crer nada dun mentireiro, pódense deixar escapar alghunhas verdades.)
Ninquén de nincures / Caghanapira / Pandereta (adulador, feldrellas)
Leimeiro (Cariñoso)
Barballocas / Bormeludo / Baldreu / Xaboco (Parviño, parado, non ben dado, algho escaso do sentido.)
Falabarato / Lencua de trapo / Boca de soco (Persoa moi lareta, ou que non sabe estar calado, podendo ser inoportuno, con informaçión inexacta ou sesghada, sexa a propio intento como por iñorançia. Aquí podería entrar a demaghoxia ou o oportunismo.)
Loló / Víndeo ver (Presumido, vaidoso.)
Trapalleiro / Enleador / Armadanças (Desleal, informal, falso, xogha suxo)
Ghraxa de cabalo / Sebo de pucho ou vaca, calquera de ámbalas dúas empréghase “sen sal” para o coiro dos sapatóns, calçado e outras peles de animais.
Esfolar o carneiro / Espelexar o carneiro (Despois de sacrificalo ou matalo, esfólase = espeléxase, que consiste en sacarlle a pel e se se quer ghardala para usar como impermeable da cama ou doutros usos. Feito esto proçédese a cortar e repartir o animal.)
Anda ela toda recha da súa capaduriña (Dise de alghuén que foi pasado polas coitelas, é diçir, operado, e xa está traballando ou façendo calquera cousa, supoñéndoselle recuperado ou en vías deso.)
É unha neçesidá. (Expresión manifestada diante dunha situaçión de carençia, abandono, inxustiça, …, ou simplemente, por falar en ton parrandeiro.)
Come merda / Come penso (Respóndeselle a alghuén que actúa dun xeito dictatorial querendo asoballarnos, sen saber o sitio que ocupa, ou é un porco falando, un malfalado.)
Vaina rañar / Vai ó carallo / Vai á merda / Vai caghar antro millo / Vai caghar a onde fostes onte
O cabalo do pantalón (É o que se leva antras pernas, sendo destacado na prenda masculina.)
Díxolle o carriço ó burro: - Tendo boa ferramenta calquera traballa.
Ramón, ¿ques / queres un paparrón?
Mecago en la madre que te do. Yo ni fu, ni fo, ni se quien fo.
D´aquí a logho. (Deica logho)
Viños Moughán, tanto se beben no inverno coma no verán.
Santa María morreu miña tía. ¿Cando se enterra? – Mañán polo día.
Santa María reça Pepa.
Se todos están na mesma lareira, a ola ponse para todos.
(Outra versión): Se todos están na mesma mesa, a ola ponse para todos.
Ir polo besado (Ir ao sitio onde xa se mercara, roubara, ..., outras veçes. Sitio conoçido, de costume.)
Diçíalle o pai ao fillo: - ¿De onde está o tempo, rapás.?
Díxolle o fillo: - De Carnota, meu pai.
Respondeulle o pai: - Pois túa avoa nunca boa foi.
De tanto foder xa arde / xa doe o cu. (Estar façéndolle mal a un e empeçar a quentarse ou cabrearse. Por outra banda pode ter o significado que dun xeito explícito se representa.)
Sacalo de raís (Arrincar calquera mala herba, ou outra cousa).
Rirse da paxara parda. (Alghuén que está ben ou se safa para el, nunha situaçión onde os demais non o están.)
Non pagha a pena. (Non compensa. Non vale a pena.)
¿Onde mandastes a fulano? (Preghuntar con retranca querendo saber indirectamente de alghuén.)
¡Ai, Xaquín. Qué desghraçia é a miña! Traballo de día, traballo de noite e non teño nada de meu.
Pós un pé na palma, outro na oliva, levantas o rabo e sobes para riba.
Chamarse de covas. / Escorrer o bulto. (Non querer saber nada, desentenderse.)
Non es máis do que fostes. / Non fostes máis do que es. / Nunca fostes para ser aghora.
Eso xa é fariña doutro saco. (Ese é outro tema que non ven ao caso.)
É moi gharboso o rapás. (Moita ghallardía, fachenda, chulería, moi presumido, moi presuntuoso.)
Canto menos bulto, máis claridá. (Canto menos amontoamento de xente, ou obxectos, máis visibilidade. / Dise do desexo de evitar estar con persoas que non se consideran transparentes na súa conducta. Xente de mala fe. / Cantos menos obstáculos, mellor.)
Non saio do que son. (Non avanço, non vexo loghros, non vexo evoluçión persoal, non esperto potençiais durmidos ou que nunca tiven.)
Hai que deixar sempre as portas abertas. (Cando alghuén se marcha dun traballo ou de calquera sitio con vistas a volver entrar, tentan quedar da mellor maneira posible con quen deixas atrás. ¿É compatible con defender os teus dereitos, ou pasar de todo se che pisan. Vale a pena volver xunto a xente miserable.?)
Prosa vai, prosa ven.
Leghoña vai, leghoña ven.
(Dise de traballar con xeito, cun ritmo levadeiro, entre contos e traballo.)
Vaite lighoña, vente lighoña.
Pídelle a Dios que o sol se poña.
(Desexo de que remate a xornada canto antes para descansar, porque tanto a persoa, como a lighoña están cansos de tanto traballar, e mañán é outro día.)
No hay comentarios:
Publicar un comentario