domingo, 20 de junio de 2010

O PORTAL DO VAL MIÑOR: - XESÚS. ARRÍA O GALO!, por Antonio Valverde Alonso




Nin se sabe quen era, nin de onde viña. Chamábanlle Xesús e por veces “Jesue” e os rapaces para cabrealo berrábanlle “Xesús. Arría o galo!”.


O caso e que cando o cabreaban baixaba os pantalóns e botaba a correr, para onde fose, berrando coma un poseso A culpa de que eu ande así tena Franco!.


E esa é a única referencia ao seu pasado. Que era?, un represaliado da maldita e absurda e inxusta guerra?, quedara tolo por iso?...... Moitas preguntas, ningunha resposta. Pero.. has culpas botáballas a Franco.


Tampouco tiña nada que ver co veciño de Tabagón que a xente chamaballe "O Jalo" e que sempre andaba fora, seica na Inglaterra, e cando voltaba decian: "Chegou o Jalo" pois él cando se encontraba con alguién saudaba cun "Hello".


A eles sonaballe a "jelou" pero coma nesa bisbarra , e é frecuente en casi toda Galicia costeira, o que lle chaman "gheada", ou sea cambiar a "g" pola "j" e viceversa, acabaronlle chamando a o tal veciño "O Jalo".


Era pequenote, mouro do sol, de pelo crecho e preto, de faciana arruñada e fea, con xesto de tolo mal encarado.


Descalzo sempre, tiña os pes con callos resecos que por veces, de tan resecos, abríanselle cortes nos talóns e o polvo do camiño secáballe o sangue que d’eles saia.

Vestido de farrapos vellos e pouco limpos. Sempre levaba con el un, dos, tres e hasta catro cans ou cadelas, palleiros, grandes ou pequenos, que o seguían onde quisera que el fose e inda que algunha das cadelas estivera recen parida.


Andaba errunte e aparecía ou faltaba en cualquer tempada do ano, e podíalo encontrar por lugares a veces ben distantes encontrar incluso pola zona de Santa Uxía da Ribeira na ría d’Arousa. Pero non andaba perdido, non, coñecía ben por onde andaba.


Unha vez, estaba na Estación da Ramallosa e tiña nas mans unha táboa pintada con lapis de cores, d’eses que levan os rapaces a escola, representando un peisaxe onde aparecía unha casa alta e estreita co tellado pintado de roxo, e das poucas veces que daba conversa, pregúntaba se sabias onde era.


Non che tiña perda, era o transformador que había na parroquia de Abanqueiro no concello de Boiro.


Ao dicirllo, botouse a rir mostrando a fieira de dentes, pequenos, rillados, e sucios e saíndolle a baba polos beizos.


Noutra ocasión, tamén extrana pois non era dado a falar coa xente, anosaba entr’os dedos da man, o índice e o gordo, unha cousa que semellaba unha barriña ambarina, mais ben transparente e cristalina e leitosa. Tamén preguntaba ¿Que era aquilo?. Como ninguén adiviñaba, botábase a rir e dicía. Sonche mocos!.


Outra teima que tiña o Xesús era que lle tocasen as mulleres.
N’unha outra volta que andaba buscando que lle deran unha esmola a o caron da Praza d’Abastos da Ramallosa, unha Dona co mirou caseque a chorar deulle pena e díxolle: Xesús ven cabo da miña casa que che dou unha cunca de caldo.

E ao tempo que lle falaba deulle unha palmadiña nun ombreiro. Mal que fixo!. Xesús. Escomenzou a berrar coma un can adoecido: Esta muller tocoume!


E sacando os pantalóns escomenzou a correr e pola parte d’atrás da Praza botouse cara ao rio para atravesalo e como estaba subindo a marea e a auga chegaballe por enriba do peito, levantaba os pantalóns por cima da cabeza e non deixaba de berrar: Esta Muller tocoume!. ¡ A culpa tena Franco!. ¡A culpa de que eu ande así tena Franco!
.

No hay comentarios: