CONTO DE XAN GHUINDÁN (Ensinado por meu avó Ramón a miña nai Isolina, e ela quen mo transmiteu a min)
O Xan Ghuindán quer casar e non ten a muller buscada. Vaille façer o amor á filla da tía Xoana.
- Boas noites tía Xoana. ¿Onde lle vai a rapaça?
- Vaime no ghas para a noite, xa me pareçe que tarda.
Nestas palabras entrou a moça pola porta para dentro.
- Boas noites Xan Ghuindán. Tráioche no pensamento.
- E ti diralo de risa pero eu díghocho de veras, que hai un pouco que estou aquí quentando as canelas.
-¿Elogho tes moito frío? ¡Ai, nunca Deus eh me dera!
¿Quiçás que queiras quençer aghora na primavera?
¿Elogho a ti quen cho dixo? ¿Sei que foi Noso Señor?
- Eu queríame casar. Véñoche façelo amor.
-Eu casar ben me casaba, pero tamén che hei contar que teño uns sapatos rotos e un pano todo furado. Se me traes eso logho, casámonos de contado.
Fixeron as moniçións como uso acostumado. Lévanllas ó señor cura que llas lera de contado.
O cura leullas logho no ofertorio da misa. A xente que llas oeu todo lle valeu de risa.
A nena tomou verghonça, ofellas inda servían, e cando foi para casar, díxolle que non o quería.
E Xan Ghuindán quedou teso coma as verghas dun caniso.
Foise para a súa casa, nin sequera adios lle dixo.
Di el:
Alerta moços, alerta, non caiades na rateira. Non vos fiedes nas moças mentres estean solteiras, que a miniña que é bonita e ten o corpo ben feito, repáralle ben para as obras que lle salen do seu peito.
Canta meu compañeiro, canta,
canta que cadramos ben.
Moitas almas se condenan porque nos levamos ben.
(A unha muller morreulle o home no serviço e logho despois morreu a soghra na vía do tren):
- ¡Ai, ai, morreume o meu ben,
Morreu miña soghra na vía do tren.!
E dille un home que a escoitaba:
- ¡Ai, ai, deixala morrer, que a vía do tren heina de romper.!
Baile señor cura, baile.
O señor cura non baila porque tiene la corona.
Baile señor cura, baile porque dios todo lle perdona.
Case me doi una mano, case me doi un dedito,
que lo tengo muy malo, que lo tengo malito. Ai lelelo, ai lelalo.
Así como estamos juntos, así juntos como estamos.
Así como estamos juntos, en el cielo nos veamos.
Ai Dolores, Dolores mía, por tus amores perdín a vida.
Veño dunha romería e mañán vou para outra.
Váiseme o tempiño todo dunha romería noutra.
Era unha moça que sempre presumía de ter, e el diçíalle esto:
- Dices que tienes, que tienes, para mi no tienes nada.
- Tienes la casa caída, las paredes arruinadas.
Mira Maruxiña, mira como veño,
cunha borracheira que xa non me teño.
O río vai para baixo, arriba n´a (non ha) de volver.
O que non foi queridiña, o que non foi ha de ser.
Ai Dolores, Dolores mía, que te he soñado toda la vida.
Vexo Vigho, vexo Vigho,
tamén vexo Redondela.
Vexo a costa de Sampaio,
camiño da nosa terra.
Tomei un viño Albariño por ver se me consolaba.
E o viño como era novo, e o viño, e o viño como era novo, ó ilo a beber, choraba.
Xa veñen as nosas lanchas pola porta da Fincheira,
as moçiñas de Rianxo cando van cheghando cantan na ribeira,
as moçiñas de Rianxo cando van cheghando cantan na ribeira.
Anda Maruxiña, corre de contado que van a cheghare os nosos moçiños,
que veñen do mare, que veñen do mare, veñen polo mare, veñen pola ría,
mira como veñen cheos de sardiñas.
Por debaixo da ponte víronche pasar,
¿de onde ves María?
Veño de lavar, veño de lavar,
de lavar a roupa do meu militar.
Unha vella dixo a outra polo burato da porta.
Ti ghobérnala túa vida, que a miña nada che importa.
Moimenta aghua fría. A aghua de Moimenta moi boas muchachas cría.
Ai Manolito, Manolero.
De la quinta pasada yo te levanté.
De la que ahora viene, no se si podré.
Eu caseime por un ano por saber que vida era. O ano vaise acabando, ¡Ai, solteiriño quen pudera!
Montañesa, montañesa, no vengas a mi rebaño,
que te vas a quedar presa en las redes del engaño.
Miña nai por me casar ofreçeume bois e vacas.
Aghora que estou casada, doume unha taça de papas.
Salghueiros prenden de ponla e ameneiros de raís. Amores que fostes doutros, para min xa non servís.
Adios Ponte da Brea, adios ponte do meu coraçón. Por debaixo pasa aghua, por riba o meu coraçón.
Teño amores en Bealo, tamén os teño en Çespón. Teño na Ponte Beluso que eses sí que os son.
Ourille no pituqiiño, cantos corvos hai no mundo alí van façelo niño.
Era un moço e máis unha moça. A moça era rica e diçíalle a el:
- Vaite daí porco neghro, esterco do meu corral, que se che levo a vender, por ti non dan un real.
Respóndelle el:
- Chamásteme porco neghro, esterco do teu corral. Porco neghro si lo soy, pero non che quero a ti.
Cara de troita lambeta, debaixo do meu sapato teño un corno que che meto / que che meta.
Como diçía a outra (a teçelán):
- ¡Ai, casamento que ha de haber, que se vai casala fame coa ghana de comer.!
Cando esta copla se canta, vai sen ¡Ai! :
- Casamento que ha de haber, que se vai casala fame coa ghana de comer.
Copla sobre o ghaiteiro de Soutelo, recollida a meu tío Domincos do Caseiro, quen afirmaba que este ghaiteiro era de Soutelo, paraxe situado na aldea de Ghuiende, parroquia de Tállara, en Lousame. Sen embargho, deduço que é o famoso ghaiteiro de Soutelo de Montes, na provinçia de Pontevedra.
O ghaiteiro de Soutelo foi tocar a Vilanova, e no medio do camiño botáronlle a ghaita fóra.
(Outra versión):
O ghaiteiro de Soutelo foi tocar a Vilanova, e no medio do camiño botáronlle as tripas fóra.
Estrellita reluciente que vas de par de la luna, quiera dios que lluevan palos por las costillas de algunos.
Estrellita reluciente que vas de par de la luna, dáme noticias de Juan que yo no puedo hallar ninguna.
Vete por el mundo, que el mundo te dará pago. El mundo también arregla a los que andan desarreglados.
No hay comentarios:
Publicar un comentario