As bestas empreñan no maio, de ano en ano.
Non se aconsella tomar fighos con uvas, ou fighos con viño, pois fai hinchar moito o bandullo.
Coa raia non se pode beber aghua. (Poida que teña fundamento como explicaçión dixestiva, ou pudera ser unha picaresca da xente que quería beber viño, como aquel dito que a aghua é para as rans.)
Leva pedradas / paus coma o can do muíño. (Os cans ían ao muíño coa xente, e para non estorbaren alí, escorrentábanos con pedras ou paos para que voltasen por sí mesmos á casa.).
Aí estaba o lume. (Presençia destructora.)
Ter arrimado unha cousa a algho.
Estar no seu. (Estar ben asentadas as respectivas partes dunha cousa. / Estar onde debe estar. / Estar na súa propiedade.)
Xa se vai enchelo porco.
Pero, ¿aínda estás a chocar?
(Cando un non se da levantado da cama e está coa lus prendida, ençendeita. Como as ghaliñas cando están a chocar os ovos axudadas polo calor da bombilla. Non se deçide a pórse en pé, a erghuerse.)
Van el e máis Ramón da Arousa porque disque van para alghunha cousa.
Ir ás moitas (Ir a eito, a por todo o que se poda.)
Ir ás poucas (Ir so polo neçesario, ou so o xusto)
É palla (non vale nada. Por ex. nun xogho de cartas, …)
Por non seas caso.
Camiño de pés para ir ao muíño, a unha braña, a unha leira, ....
Os ríos iban de bote en bote (Os ríos ían moi cheos, e a aghua cabalghaba sobre sí mesma coa força que levaba. Saía do cauçe e cubría as leiras.)
As chantas, xeralmente de pedra, polas beiras ou lados, e a calçada, de pedra por baixo. (Á hora de façer un camiño)
Poñer / Por as vacas no timón. (Poñelas no arado)
Mal de San Campio (Quedar parvo)
Os que ían a San Campio botaban rolos de pelo pola boca.
A San Campio aféitano porque lle medra a barba.
Mal de San Láçaro (criar ghrans polo corpo, chaghas.)
A crus do hórreo é símbolo do cristianismo, e a bola é precristián, paghán, que simboliça un falo ou membro sexual masculino. Alghún di en broma sobre a bola que “nós somos os boludos”.
A sabiduría popular conta que a brétema cría os “michocos” na terra, e trae os corpos “tronsados”. (Vermes que se meten na terra e na xente, causando pestes, enfermidades, reumas, …)
Esta peste hai quen lle ataca á cabeça.
Sen embargho, hai días de brétemas sans. Esto é cando a brétema non para nos montes e corre. É brétema corrida, non pasa nada malo.
Cando non corre e se estanca, significa peste. Se está parada e chove, aínda boeno, pois lava.
Tempo aparromado (brétema parada, estancada).
Disque o porco hai que matalo por San Martiño, como di o refrán: "mata o porquiño por San Martiño", pero debe terse presente que nese día non haxa brétema parada.
Ata aínda prinçipios deste século pasado había que dárlle aos curas duçias de ovos, seghundo os matrimonios que houbese na casa. Correspondía unha duçia por matrimonio. Máis atrás no decorrer do tempo, estaba estipulado levarlle çertas partes do porco, unhas determinadas medidas de çereais e outros froitos, …
Cando a xente ía nos acompañamentos detrás dos cadavres, tiñan por costume botar unha réghula (reço)
Na casa de Varela todo mandan elas. Varela nada.
Os rapaçes tiñan un xogho no pasar das follas dos libros, o cal consistía nunha preghunta ao neno ou nena que estaba ao lado:
- ¿Santo ou folla, santo ou folla?
Tiña que elixir entre unha destas. O santo significaba que a folla que viña tiña que ter debuxos.
Se pedía folla, esta representaba unha folla escrita pero sen debuxos.
Eran dous irmáns que se chamaban Xosé e Alexandro. Estaban façendo unha casa que iba ser para Xosé, axudado por Alexandro:
Dille Xosé: - ¡Alexandro! ¡Barro e pedra!
Contéstalle Alexandro: - A casa para Xosé e Alexandro, merda.
Os deste arrabal (desta redonda)
Está petellando a chuvia (chuviscar)
Escribir ó revés, co de riba para baixo. (Façelas cousas mal, ou ao revés)
Despois con todo veu. / Despois con todo vén.(Pensamos que non viña e veu.)
Ao mal tempo, boa cara.
Carro baldeiro
Ghallada de toxos
Non lle subía a pucha (cría da vaca que non subía por tal sitio, leira, camiño, …)
Chamarlle o ghando a labrar (Alghuén que ghuía o ghando coa corda por diante, mentres a outra persoa vai detrás agharrando o arado, a ghrade, a sachadora, …)
Picarlle ao ghando / Aghuilloar o ghando (picarlle ou aghuilloarlle co aghuillón da vara para que andivesen, parasen, arrecuasen, …, pois antes as varas tiñan un cravo ou ferro pequeno na punta. A partir de determinada época prohibíronse por ser doroso ou cruel para o animal. Tamén se prohibiron os cravos das rodas dos carros, para non picar o asfalto, pois estropeaban a estrada, daquela estaba asfaltada únicamente a que pasaba pola vila de Boiro, xa que a de Boiro a Noia era de sarso con morrillo ata que se asfaltou nos anos 60. Os carros de vacas aínda estiveron çirculando ata os anos 80 ou prinçipios dos 90 por camiños, pistas e estradas.)
Hai que almorçar antes de salir da casa, que non colla a un en aiunes, senón anda un cuqueado todo o ano. (Broma esaxerada ao abarcar todo ano.)
Vamos oh!
A cabra coxa non quere sesta. (A persoa que é lenta non pode perder o tempo)
Fuxe por aquí
Fan uns labradores de carallo de porco.
O çerne: É a parte máis dura e san do toro ou talo das árbores, preferida para empreghar na carpintería e contruççións importantes.
O çerne do castaño ou de calquera árbore, aghás o pino
A parte de dentro do pino, chámaselle rija, peça con moito breu, por ser moi boa.
O bao do corpo
En abril sale o cuco a cucar. Ven por Chenlo. Que non estea ninquén na cama para podelo escoitar.
Chenlo: Monte situado por riba de Cures de Riba, xusto despois de pasar a última casa con dirección Noia, queda á man dereita subindo monte arriba.
En abril sale o cuco do cubil.
Vístela curuxa? (Expresión típica de meu tío Domincos do Caseiro ata o final da súa vida. Nunca explicou o seu significado, pero podía ser simplemente calquera cousa: a curuxa como ave, a mesma raposa que equivale a curuxa, algho imaxinario e irreal, outra cousa referida ao sexo feminino, etç…)
O lento da terra: a humidade.
----------------------------------------------------------------------------
Recollido en Bealo: Cando un di unha burrada: ¡Ai, quen che dera co rabo dun burro.!
Verbas recollidas nunha parte de Beluso, indo para a Candosa:
- Ghabear: nese territorio ten un significado ambivalente como é “cavar as viñas, leiras, ...”, e posiblemente tamén teña o significado que ten noutros lughares como: “subir, aghatuñar, ghatear, …”
- Molime: equivalente ao que por Cures chamamos batume, e en menor medida sinalamos como estro. Noutros lughares chámaselle estrume, ...
- Cornexo, codelo, cornecho: cacho ou currucho de leira, de pan, ... Ten o mesmo significado que no meu territorio.
- ¿Sábelo qué? (Xeito típico de por alí ao começar contando algho.)
- A barrenta: o barro
---------------------------------------------------------------------------
Terra barrenta (terra con moito barro.)
Os cartos non baixan do çeo. Costa traballo ghanalos.
Como di a vella: Non vale a pena andar dun souto noutro. (É deçir, non vale a pena andar cambiando seghuido de traballo de aquí para alí.)
Como di a outra: Poucas e boas.
Ó xeito do corpo / Ó xeitiño do corpo
Unhas patacas moi xeitosiñas. / Xeitosas / Limpas, sen petaduras, ou sen manchas, e loghradas, ghrandes.
Éche unha desghraçia
Estou a rosmar / funcar / roñar / refuncar / arneghar
O home estaba caneirado, caldeado (cansado)
Ollos escatalados (abertos e fixos por un instante)
Ollos de boi peghón (ollos moi ghrandes)
Ti moi lancrán es (palanquín, randa)
Se é unha muller non cabalgha por eso (non berra, non bourea por algho que non se considera relevante ou importante)
Estar un día de papas: chubiscar, orballar, brétema, ...
Façer render unha cousa, pasalo tempo, etç...
Es coma un burro preso a unha estaca. (que non se entera ou resolve nada)
Un vexairo: trapo ou roupa delghada que se bota polo lombo, ou se viste.
Non hai vacas coma elas, están acomeradas. É o carallo. (Aí están para ver, queiras ou non aí as tes, acomeradas e de bo ver. Rite do dono.)
Dóenme os renlos, riles
Aí / Eí vai a foleada.
Reunino a renda.
Veño de achegalas leiras de millo, patacas, ... (Cando se acaba de labrar co arado o último regho de terra de paso que se sementa o millo, as patacas, …, debemos aínda cavar coa lighoña a terra que quedou "sen picar" pola beira dos muros, á que non lle pudo cheghar o arado.)
O vello vaise. (Dito por un mesmo ou doutros para un, cando se está moi bebido ou borracho. / Por unha persoa entrada en anos e achacosa. / Unha persoa moi machada polo traballo e a vida dura. / Alghuén que está enfermo ou decaído, …)
Bótame un ghabexo / Bótame un cabaço, ¿cabanaço (sustantivo posiblemente adulterado)?.
Pero ighoal o fai de boca a fóra (Para deçir que está ben con tal de cumplir ou aparentar...)
Era unha xirra: persoa ou cousa delghada coma un fiuncho.
Non quero quiñón. (Dise sobre algho do que se prefire non partiçipar á hora de repartir o posible benefiçio que poida produçirse, debido aos problemas ou consecuençias neghativas que vai traer todo eso.)
Esto vai traer rabo. (Consecuençias ou problemas que trae consigho un acto ou alghún asunto.)
Eso non vai dentro do meu pote. (Non cabe na miña cabeça)
Un plato aperucado (Cheo e con peruco)
Vouche raspar máis (coller, aproveitar)
As uvas nasalladas (estropeadas debido a alghunha causa.)
Mira se ten xughueira (Cando se compraba unha vaca mirábaselle no pescoço por se tiña marcas do xugho, o cal indicaba que era ghando afeito a traballar. Díselle tamén á xente de broma ou en serio, por se ten marcas do traballo ou non.)
Anda por aí o çegho das hortas. (Pode significar alghuén que non ve e vai coller fruta ás hortas alleas, esperando que marchara o dono para conseghuila con tranquilidade. Ou tamén pudera ser o dono çegho coidando da horta e tanteando co bastón polo chan e os frutais.)
Ten a vos tomada = Está rouco
Hai que escabullalas castañas que xa están maduras.
As patacas xa aghomaron coma se estuveran na terra.
Beber polo tutelo (polo tuto do barril, polo da botella, etç...)
Funca a carballelira: expresión cando sopla moito o vento.
Sen xeito nin traça: sen sentido.
Somos todos dunha boca: comemos todos do mesmo.
Colle da rilleira: beiras da empanadeira. (A rilleira tamén é o arame exterior da viña.)
Deus dea fartura.
Uns mandos ou unhas panadas de herba, palla seca, …
Salghar: botarlle sal.
Salghar o porco. (Para esta funçión dánselle uns cortes cun coitelo ou machete á carne e incluso aos ósos para que salghue mellor, é diçir, que poda adentrarse mellor o sal nestas peças cando se van deixar no baño.)
Que fais = Que fas
Botar ó vertideiro / vertedeiro.
En boas mans está o pandeiro. (Persoa competente á hora de façerse cargho dunha cousa.)
Naçín nun outeiro e rebotín / rebotei nunha laxe. (Alghuén que por querer saír dunha dificultade cae noutra.)
Se non chove dá arredas (sinais de que por outras causas atmosféricas non vai façer bo día)
Os balaustres, …, están mancorneados (tortos, non encaixan no sitio).
Xuntarse cada cal co seu quen (Xuntarse unha persoa con quen conxenie.)
Poñer / Estar en sorsa: salsa de allo, viño, ... para sacalo bravío da carne.
Cando se mata o carneiro, o seghuinte paso é espelexalo ou esfolalo, (quitarlle o pelexo), e deseghuido dáselle uns ramallasos de loureiro para sacarlle o bravío.
A da chaqueta amarela, se che encontro no camiño, non che ha de valer non quero.
Andar xente con xente. (Unirse xente que son consideradas persoas entre sí.)
Non é çerto ou çertiño: Non é ben dado. É trosco, tolo, desvariado, desequilibrado mental.
Cásate Domincos, cásate que o amor verdadeiro entra polo caño do mexadeiro. / O amor verdadeiro entra polo caño do mexadeiro. (Eso non vai ter moita dura ou duraçión, posto que o que queda dunha unión vai máis alá do simple sexo.)
Cásate Domincos, cásate, que bestas con pelo hainas no Barbança. (Aconsellar a alghuén dun xeito cómico que, se non quere casarse por desexar seghuir sendo un mullereiro, ou no outro extremo por ser retraído e tímido, ten esta soluçión que lle dan.)
Ti co traballo estás esmadroado (coma arrabentado)
Non enxughan / secan ó intre (non enxughan ao momento.)
¿Ti tes pelos nos ghuevos?
- Eu teño, oh!
- Pois eu téñoos no forno!
Home, vai rascalo carallo.
Boeno, vai ti, que polo momento non se me come.
Era un matrimonio cunha filla. Diçíalle a muller ó home:
- Mentres ti falos labores, eu toco e a rapaça baila, que todo está ben saber.
Deus o faga mellor.
O cu esfolado.
Non vale a pena que o digha porque todo se sabe. / Non digho nada que todo se sabe.
Mañán é día de San Gharabato.
O estar un moito tempo na cama, esmorneca (apampánase)
A mediados de abril, máis ou menos o día vinte, é o tempo de iren as ghueivotas para o Pindo e a monte Louro para aniñar (façelo niño).
Como gane dinero aunque se lleve putos a mear.
Paghala soldada: paghalo xornal.
O pano da man
Hoxe vai queimala chasqueira (moito calor) / Sorralleira / Chisnar
Non lle iban ben as cousas e estuvo a arneghar. / A berrar. / A dálas horas.
Has de caghar e mexar todo xunto.
Coa culpa pódese ben, mentres non che dan coa escoba. (Os homes que cheghan tarde á casa)
Se a envidia fora tiña, moitos tiñosos habería no mundo.
O tempo sighue açeso (Sexa cal sexa o destempero: por frío, calor, vento, xeada, …)
Ir ó pito (ir ás chavalas)
Ó ser vellos arrichan os ósos.
Non ten xeito nin traça
Se lle dá a ghana, traballa, senón anda a ventear.
¡Ai, miña lareira, meu lar, que tantas onçiñas de ouro me vales! (Deçía noutros tempos, xa idos con ela, a señora Manoela da Cacarexa de Carboeiro, nai da non hai aínda moitos anos faleçida señora María)
Non metades moita bulla ou moito barullo. / Non faghades moita bulla ou moito barullo.
Parolar, parolas (conversar frívolamente, de vaghar, tranquilamente, sen moita relevançia ou fundamento, contos, etç...)
Estar peneque (non se ten, estar borracho)
Andan a pincala lura / candelexa / lesma (pincalo moco)
Salto de can, brinco de lebre, mire usted como Benigno bebe.
Pareçe a cuadrilla de Pepa a Loba.
Non me ten conta / Tenme conta
Hasta non pegha nada traballar (non se da traballar co tempo que fai, ...)
Hana de roquear / Ándana a roquear (a conquerir, a conquistar, a convençer, a persuadir, ...)
Cando un ghalo canta polo día, aghás (exçepto) fora dos momentos que amañeçe, dise que sinten chuvia.
Tornalas moscas (espantalas)
Os animais queren comer, senón non telos.
Quen ten tenda que a atenda.
Non pensei de ghañar este chisco (este pouco, esta partida, ...)
Pareçe que vai haber chuvia que brillan as pedras do Coto, xunta o Pico, por riba de Pomar de Río.
Vaiche anda-la mosca no ubre. (presionar, asediar, molestar, incordiar, perturbar, picar, vir os problemas, acorralarche, ...)
Ó apaña-la herba ven máis cantidade de ghomarisa (herba baixa, de talo e follas suaves e brandas, as cales son comestibles para os animais.)
Mentres metes algho na boca, non reças.
É mellor que sea can que cadela.
Ha de pincarlle máis do que lle pincan ós nosos. (cartos, ou calquera outro “prebe”.)
Amolece-lo pan.(Poñer a remollo en aghua o pan.)
Arre los mios aunque sean jodidos. = Vivan os de Lalín con raçón ou sen ela.
Yo me casé para que mi marido me mantuviera. (Casou polo interese.)
Nunca chorou o pucho polo boi.(Tampouco o boi polo pucho. / A cría sempre tirou pola nai, e viçeversa. Ela é quen lle da de mamar e coida del.)
Está a ghourear / ghorxear / A dálas horas. (A falar moi alto ou dar escándalo.)
Meter no seo.(Meter nos seos, peitos.)
Ata-los buços. (buçeiras, ou aparellos de distinto material que se lle pon no fuçiño ao ghando.)
Façer unha aparilloa (Pareçido a un esqueiro-a, pero máis pequeno, para levar cousas ou a alghuén como cama provisional.)
¡¿Qué?! ¡¿É para logho?!
Boeno, ... Para cando ela queira.
Hai moito que leirar.
Un foghuete de sete estalos (son os que máis carghas levan á hora de estalar máis veçes nunha festa. Pode ter doble sentido aplicado a unha persoa.)
Meterse en camisas de onçe varas (meterse en cousas que non van con un, ou meterse en cousas que son difíçiles de resolver e saír, por superar a nosa capaçidade. Complicarse a vida como inconveniençia.)
É unha leira de ferrado e medio, seique. (Un ferrado son 12 cuncas e 1 cunca son 35 m2. Despois existe a medida de 1 cuartillo)
Como di o outro, as festas se non se poden ter, estase sen elas.
Mete moita bulla eso.
Non saio do que son.
Estar rouco: estar coa vos tomada, afónico.
O vaghullo esmornécase / as uvas esmornécanse (avinághranse)
Esmornecar = avinaghrar
E chías coma unha ghaliña choca (Cando alghuén intenta por exemplo en broma, façerlle cochas a outra persoa máis débil, hainas que dun xeito espontáneo, como acto reflexo, emiten sons moi aghudos.)
O que moito escolle unha maula lle cadra.
Anque non nos vexamos, xa estamos neso / xa quedamos neso.
Non dan para remedio. (pouca cousa en cantidade para satisfaçer ou solventar alghunha neçesidade.)
Íbame a meter nun careo / nunha leria.
Irei traballar ou non, se o corpo mo coçe.
Quedei un pouco areçido. (medio adurmiñado)
Empeçar a rever (a pincar, a suar)
Hoxe é festa rachada.
Haber se pártela fada. (Haber se rematas a mala sorte)
Hai que arriala xarda (Hai que paghalos cartos)
Hai que arriala ghaliña (Soltalos cartos.)
Caghar na amalloa / Caghar na maçaroca. (Complicárselle as cousas, apresado, axustiçado, …)
Habedes de caghar amarelo / Habedes de caghar todo xunto / Habedes de paghalas todas xuntas
Antes cando morría alghuén púñase enriba do cadavre un plato con sal e unhas tesoiras para que non inchara o/a defunto-a.
Os cadavres están ben ata as seis horas da súa morte. (conservaçión pasaxeira mentres non se reinvirte o proçeso a descomporse.)
Os cadavres tamén teñen verghoña de estar encoiro, espidos, ... (supónselle unha conçiençia retida durante a estançia de corpo presente diante dos familiares e persoas que alí asisten.)
Cando morre alghuén, a campana da dous toques ghrandes e un pequeno (home), ou un ghrande e dous pequenos (muller)
En tódalas casas se coçiñan fabas e na nosa caçeroladas.
Lambéndolle os marmelos (as tetas)
Eu falo trafullado. (como se tivera papas ou comida na boca.)
Enxaghuar o remexido (lavar o cacharro do remexido ou mesturarlle aghua ó remexido)
Porque vía a Xan, porque vía a Pericán
Andan adobeçidas as moscas (pican moito, móvense moito e son pesadas. Soen actuar así cando hai revoltura ou cambio de tempo, cando tamén hai moito calor, ou en días de brétema estancada.)
A vaca está renca (coxa por mor das ferraduras, das tacholas)
Estar en ghrenllas (Estar apurado façendo algho, intranquilo, con ghanas de acabar ou marchar)
Aghora non hai quen dea apuntada sen nó. (Hoxe en día non hai nada que se fagha de balde, todo custa cartos, hai que paghar)
Aínda será çedo para pandeirar. (traballar, troular, divertirse)
Esto é coma quen cagha e toma (Por ex. cando se está intentando prender o lume e non prende por falta de leña miúda. / Pórse a façer algho e non loghrar nada, ...)
Anotar ou escribir nunha folla de col e botarlla ó porco = Esto é coma quen cagha e toma.
Cando un lle quere mal a outro di: - Façíanche falta uns enxoitos (uns bastonaços, porque os bastóns están enxoitos, secos)
Mesturas fabas con castañas = Mesturar millo con nentellas = Mesturar boroa con pan = Confundir a veloçidade co touçiño = Mesturar unha cousa con outra que non ten nada que ver
Un home mentres non ten uns trinta ou corenta anos, aínda non está ençernado, duro, maçiço.
Antes non deixaban ir ós rapaçes aos velatorios e aos enterros. Se por casualidade pasaba un enterro e estaba un rapas nun balcón, ou diante da casa vendo pasar a xente, os da casa tiñan que collelo para sacalo dalí e afumalo no lume para evitar que lle entrara o aire do defunto, ou por intentar sacarllo de terlle xa entrado. Esto representaba a entrada do demo no corpo, anque desde un punto de vista antropolóxico e físico, podería representar os efluvios tóxicos dun corpo morto, con efectos descoñeçidos para un menor con escasas autodefensas.
As eiras antes de mallalo çenteo, trigho, avea, ..., preparábanse con barro e logho por riba bosta mesturada con aghua para telas alisadas e listas para a malla.

No hay comentarios:
Publicar un comentario