Rematou o recorrido do elevador, saio á présa, tódalas vivendas están en silençio, o que máis e o que menos dorme a perna solta na cama.
Son as catro e algho da madrughada, meto a chave no pecho da porta e abro. Deixo a bolsa no chan, vou ao baño sen perder un seghundo.
Alí apóiome encurvado na pileta, respiro, quedo en repouso, falo, bebo aghua fresca, e ao pouco xa presinto náuseas con líquido na boca. Axeónllome no báter, pero non me sae nada.
Recupero forças, medio me incorporo quedando encollido outra ves sobre a pileta, e de paso saco a roupa. Cóstame traballo terme en pé, e visto o pixama para ir á cama, haber se podo descansar.
Mañán, se chegho alá, xa recollerei as cousas. Non vou tomar nada porque de seghuro devolverei todo, e so fagho caso do meu corpo, xunto cos consellos dun sector desta práctica que suxire non inxerir ren ata despois de pasadas doçe horas.
Ademáis, é urxente que aproveite estas tres horas escasas antes de erghuerme ás sete da madrughada.
Poño un cuadrante ou comodín enriba da almofada ghrande, co obxectivo de ter a cabeça máis elevada que o aparato dixestivo, e evitar os vómitos. Con este plan, déitome e apagho a lus.
Voume acomodando como mellor podo nesta postura algho elevada, xa que me benefiçia, ao tempo que me axudo con suspiros, expresións, …, sentençiando:
“Da que me librei, por favor. Da que me librei, polo máis saghrado.
A quen se lle conte. Esto non é crible.
Un suçeso dramático que non o cre nin o máis parvo. Nin o máis idiota cre esta aventura.
Como o saiban os máis acheghados, aínda me van mandar a un manicomio.
Non sei o que poderá pasar desde aghora en diante. Haber se non me da nada nestas horas, e se sobrevivo, xa se verá como me atopo ao espertar.”
Começei a entrar en calor, e fun quedando durmido mentres me reconfortaba a min mesmo con profundos suspiros.
Soa o espertador, xa son as sete da madrughada deste martes seis de maio, que xunto coa tarde noite de onte son para non esquençer.
Pareçe que estou calmado. Sinto calor e un requeimón intenso na cabeça e en todo o corpo. É como se o nivel de enerxía vital estivera sobresaturado.
A pesar de que neçesito desaiunar, prefiro non tomar nada ata a hora de xantar, e que pasen sobradamente as doçe horas desde a medianoite de onte. Non vaia ser que volva ao çiclo repetitivo de tomar e botar.
Hoxe cando remate a xornada laboral, e se o momento o permite, poreime en contacto coa persoa que me façilitou este composto.
Levántome, dúchome, lavo os dentes, vístome, collo as cousas e vou para traballar.
Entro ao posto de traballo, e penso que co inferno que sufrín pola noite coa súa madrughada, debería estar por riba de tódalas situaçións posibles, e das actitudes humanas dos demais.
Sighue latente esa onda de calor espallada polo meu corpo e a miña mente. Perçíboa como enerxía sobrante que me axuda a conçentrarme no meu traballo, actuando como un escudo fronte ao que me rodea, anque non podo evitar os ghraves pensamentos do ocorrido nesta noite.
Transcorre a xornada sen problemas durante a cal non probo bocado, de paso que extraio informaçión pola miña conta sobre a mala viaxe da ayahuasca.
Rematou o traballo e abandono o local para dirixirme á casa. Xa dentro, póñome en contacto telefónico coa persoa en cuestión, quen me colle a chamada. Cóntolle o caso e dígholle que na viaxe de retorno desta madrughada xurdíronme “voltas” moi violentas e de máis diversidade que as que tiven no hotel, pero neste caso sen a súa presença nin axuda directa, polo que temín patear e quedar tirado en pleno recorrido, ou ter un aççidente na estrada. Afírmollo con seghuridade e claridade.
A pesares de que el afirmaba non imaxinar que fora tanta a distançia que separa Monforte de Lemos da localidade onde vivo, debo diçir que non foi açertado deixarme marchar con tan pouca marxe de tempo desde o remate da proba, pese a terme preghuntado se me atopaba ben, pois eu desconoçía os riscos que puderan xurdir con posterioridade.
Pola súa parte, sorprendido do que lle estaba contando, dime que estes efectos ou “mareaçión”, viñeron dun xeito retardado, irrompendo en plena viaxe de reghreso
Na súa pretensión de sacarlle ferro ao asunto, chegha a considerar que tales ataques non deberían ter ocasionado nincún desenlaçe fatal. É costume aseghurarse antes da proba de que a persoa non arrastra nincunha enfermidade ou alerxia que poda ter consecuençias perighosas.
Si, pero atopábame so, sen a supervisión da persoa que en teoría “entendía” desto. Podía ter pasado calquera cousa, por complicaçións orghánicas, desesperaçión e toma de deçisións imprudentes, un aççidente de tráfico, …
No meu falar fíxenlle ver que, non se me avisou da posibilidade de que estes síntomas puderan repetirse en plena marcha, xunto con outras manifestaçións novedosas que se sumaron ás primeiras, destacando o consabido perigho de levar un vehículo entre as mans durante tantos quilómetros.
Por se esto fora pouco, atopábame desamparado baixo o çeo da noite, coa estrada case deserta, polo que a desesperaçión e o abandono era absoluto.
A súa intençión, polo de aghora, era aclarar se eu estaba ben. Confirmado este aspecto, declarou que cando o fado colle tal rumbo, non debe crearse por esto unha obsesión ou trauma arredor do suçedido.
Pese a afrontar na soedade da noite eses duros momentos, sen saber que pensar sobre o que me estaba pasando, dispúxose a formular que todo ten un porqué, como unha proba que esta aghardando por min.
Desde o sentido común, e baseándome nas súas xa acumuladas experiençias con estas prácticas, considero que todo foi unha imprudençia ou un erro, tanto o façerme despraçar tan lonxe do meu lughar de orixe, como deixarme marchar tan axiña sen a prudente marxe de espera, coa fin de corroborar se estaba completamente libre de posibles conatos posteriores.
Aghora vin que eses efectos podían ter apareçido máis tardiamente, como así pasou. ¿A que se debeu a súa presa por deixarme marchar xa, naquel intre, dun xeito tan arriscado? ¿Tería que ver a súa viaxe do día seghuinte a Madrid por máis rituais, ou á miña inxenuidade pensando de estar ben.?
Lembreille que preferín que pasaran as doçe horas antes de volver tomar nada, e refireume que fose inxerindo seghundo o meu benestar interno.
Como escape da súa comprometida situaçión, aconselloume que me rira dos medos e os obstáculos que atopase no meu andar, e camiñara con aleghría pola vida.
Si, houbo de ser unha risa de carallo de porco. Non quero pensar en como pudo acabar esto. Mecagho nas curiosidades da merda.
Deçidín xantar pouco a pouco, e pareçe que foi asentando sen problemas no meu interior.
Acordei que esta experiençia inçerta e chea de pánico, na que a miña vida correu perigho, quedara so para o meu coñeçemento.
Sen embargho, dado que seghuía dubidando de toda aquela desfeita, optei no transcurso duns días, por comunicarme co chaval das Rías Baixas, o cal me dera no seu día sinais da existençia destas plantas.
Fun comentándolle a proba, pero no medio da explicaçión púxenme nervioso e saeume unha risa involuntaria, polo que me inquireu: ¿Cáusache ghraçia toda esta experiençia, non?
Despois de todo o que pasei, aínda se me pon así a xente. Debía ser eu quen explotase, e mandar a un sitio que sei, ao informante e ao ofiçiante. Un por aventureiro, iluso e soñador, outro por transmitir prácticas con risco para a saúde e a vida, sexa de xeito directo ou indirecto, e eu por crédulo e confiado.
Dada a súa afeççión por estas prácticas, e posiblemente nese intante, tamén a súa vida persoal estivera afectada por alghún motivo, emerxeulle o mecanismo de suspicaçia deduçindo que toda a miña experiençia fora feita para burlarme tanto del coma de quen ma dou a probar.
Referinlle o suçedido, e quedou sorprendido por terme deixado coller o coche, case ao pouco de rematar a proba. A pesares de intentar ver se me desapareçeran os síntomas, esto é algho ambighuo e inçerto se non se deixa transcorrer máis tempo.
Nas probas de ghrupo en que partiçipa, existe un costume táçito de permaneçeren co ghuía ata comprobar que xa non hai indiçios de síntomas manifestos de calquera índole. A partir deste momento é cando poden coller o vehículo, no cal case sempre viaxan dúas persoas como mínimo.
Co paso dos días entrei na páxina web que fighuraba na tarxeta façilitada polo ghuía ao despedirnos. Ao entrar vino dedicándose a distintos campos, con varias formas de contacto.
Nesa páxina apareçía en distintas situaçións, tanto en paraxes conoçidas de Arxentina, como practicando sobre persoas con xemas minerais en Sudamérica, Alemaña, e por outros países desenvolvendo estas actividades.
Efectúa viaxes de ghrupo polas selvas de Perú, Colombia, Brasil,..., para traballar cos chamáns e mençiñeiros nativos, integhrándose na súa cultura e empreghando as plantas naturais.
Hai un çentro permanente no Perú cun ghrupo de xente metida nestas tarefas, onde atenden persoas, practican xemoterapia, mediçiña natural, ayahuasca ou yahé, reiki, taichí, técnicas de meditaçión, ...
As plantas recóllenas na selva, e elabóranas alá, traendo a bebida consigho ata aquí. É de supoñer que pola pouca cantidade de líquido déixanlla pasar polas aduanas.
En resumidas contas, penso que aínda tendo en conta que esta bebida é considerada unha mediçina primordial e polivalente para os indíxenas da selva, non creo que sexa lóxico alterar e descompoñer á persoa para propoñerlle a súa suposta cura, nin anularlle ou secuestrarlle a conçiençia para levalo a estados aluçinatorios.
Prefiro o equilibrio e o autocontrol sobre min mesmo, antes de que se cumpra o refrán aquel que di: É peor o "remedio" que a enfermidade.
Ademáis, vistas todas as reaççións bruscas e brutais que me provocou a bebida destas plantas, afirmo desde a saúde e a verdade, que tales prácticas son totalmente incompatibles e contrarias ao meu equilibrio, benestar e temperamento de suave fluír, e supoño que para calquera outra persoa, a non ser que se adentren desde a ignorançia ou a inoçençia, e de recuncaren, sería considerado masoquismo ou insconsçiençia.
¿Cómo se pode considerar normal e curativo algho que trastorna, altera, descompón, descontrola e che fai perder a serenidade e a calma do teu ser físico, psíquico e espiritual? ¿E de seghuido, a aventura en solitario recorrendo o camiño de volta con perigho da miña vida?
Por todo este calvario sufrido, intentei averighuar se existían casos rexistrados de persoas que perderan a vida coa toma da ayahuasca, e de plantas semellantes da selva e doutras culturas, sexa en oççidente, ou nos países de onde proçede, podendo comprobar que xa houbo alghúns casos de morte por estas prácticas.
Anque sexa unha porçentaxe mínima, con tal de que exista un caso, xa é sufiçiente. ¿Acaso non puden ser un integhrante máis destas fatales estatísticas?
Excusan diçir misa, arghumentando que se pode morrer en calquera outra situaçión da vida.
¿Entón porque lle atribúen o de ser plantas curativas? Cando entramos nesta práctica imos vivos.
¿Por qué hai que pasar malos momentos ou correr perigho tanto dentro dela, como ao marchar?
Ao carallo os experimentos e os laboratorios. ¿É que se diferençian moito dos psicotrópicos.?
Non me rompades a cabeça.
No hay comentarios:
Publicar un comentario